Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 620/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 557/2019 de 20 de Diciembre de 2019
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Civil
Fecha: 20 de Diciembre de 2019
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 620/2019
Núm. Cendoj: 36057370062019100626
Núm. Ecli: ES:APPO:2019:2896
Núm. Roj: SAP PO 2896:2019
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00620/2019
N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - DIRECCION000
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
BN
N.I.G.36057 42 1 2014 0014835
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000557 /2019
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 5 de DIRECCION000
Procedimiento de origen:MODIFICACION DE MEDIDAS SUPUESTO CONTENCIOSO 0000177 /2018
Recurrente: Lucio
Procurador: JOSE FRANCISCO VAQUERO ALONSO
Abogado: VICTORIA AMALIA PICATOSTE BOBILLO
Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Sonia
Procurador: JORGE SUAREZ GARAYO
Abogado: ISABEL MARIA BLANCO FRANCO
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en DIRECCION000, composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JOSÉ FERRER GONZÁLEZ,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 620/19
Vigo, vinte de decembro de dous mil dezanove.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo More Uxorio 177/18 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 5 de DIRECCION000 ós que correspondeu o rolo 557/19, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Lucio, representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE FRANCISCO VAQUERO ALONSO e asistida do/da letrado/a D./D.ª VICTORIA A. PICATOSTE BOBILLO,e como parte contra da que se apela e demandada D./D.ª Sonia, representada polo/a procurador/a D./D.ª JORGE SUÁREZ GARAYO e asistida do/da letrado/a D./D.ª ISABEL BLANCO FRANCOS. Sendo parte nesta apelación ó MINISTERIO FISCAL.
É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 5 de DIRECCION000, con data do 1 de marzo de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Debo desestimar y desestimo íntegramente la demanda interpuesta por la Procuradora Dña. Paula Llordén Fernández- Cervera, en nombre y representación de D. Lucio contra Dña. Sonia, representada por el Procurador D. Jorge Suárez Garayo; con imposición de las costas del procedimiento a la parte demandante.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª JOSE FRANCISCO VAQUERO ALONSO, en representación de D./D.ª Lucio, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en DIRECCION000. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 28 de novembro de 2019.
Fundamentos
Primeiro:No presente proceso de modificación de medidas o actor interesa que a pensión alimenticia para os dous fillos, fixada na sentenza de divorcio en 300 euros ao mes para os dous (a partir de decembro de 2018, 430 euros), se reduza a 100 euros (50 para cada fillo). A sentenza ditada en primeira instancia desestima integramente a petición, recorrido o demandante, quen reproduce nesta alzada a mesma liña argumental que a mantida naquela instancia, argumentario que fai xirar sobre dous eixos, a disminución dos seus ingresos, por unha banda, e a mellora de fortuna da demandada, por outra. Analizamos ambos feitos comezando por este segundo.
Segundo: Segundo a proba documental que consta na lite a demandada percibía ao tempo do divorcio uns 932 euros líquidos ao mes, como dependente dunha perruquería. Agora achega follas de salarios por 500 euros, igualmente netos ao mes, que percibe como socia da empresa que fundou con outra compañeira da perruquería, nova empresa cuxo obxecto social é o mesmo. Pois ben, ainda que contrastando ambas documentais se deduce, obviamente, que existe unha disminución de ingresos, a realidade ten que ser outra, ou se estase prefirir, damos por acreditado que os ingresos da hoxe recurrida son superiores a aqueles primeiros 932 euros, o que coleximos dos seguintes instrumentos de proba, directos e indiciarios: A) Primeiramente, non resulta creible que gozando a apelada dun emprego estable e polo que estaba recibir un salario de 932 euros ao mes, decida pór fin á relación laboral, se non for porque había expectativas fundadas de obter maiores beneficios. O argumento aparece reforzado polo feito de que a demandada, e a súa socia, Dona Eugenia, marcharon da empresa voluntariamante, como así recoñoceuno esta última nas súas declaracións como testemuña, e resulta, en fin, do elocuente dato de non ter cobrado ningunha das dúas indemnización ningunha da empresa, que procedería se os despedimento fora forzoso ou improcedente. B) En segundo termo, estimamos que, fronte ao aseverado pola demandada, a sociedade ten unha significada actividade e produce beneficios. Polo de pronto, consta na causa que no exercicio 2017 houbo unhas gañancias de 14.810,76 euros (folio 144). Existe ademáis outro dato, consistente en que tanto a demandada como a súa socia recoñecen que, ademáis de traballar as dúas, teñen unha empregada. C) En terceiro lugar, a demandada, que vivía en réxime de aluguer pagando 350 euros ao mes, muda de domicilio para pasar a ocupar outra vivenda, igualmente en arrendamento, polo que satisface a renda de 450 euros. Non semella esperable que co novo e reducido salario que se postula, de tan só 500 euros mensuais, poida operarse ese cambio se, finalmente, non hai constancia de ningunha razón atendible para modificar a residencia. D) A demandada formou unha nova parella, percibindo o seu compañeiro entre 1.000 e 1.500 euros mensuais, segundo as propias declaracións deste último, o que ten que facer fronte a sendas pensións alimenticias para dous fillos, en torno a un total de 550 euros. Supoñemos ponderadamente que neste novo contexto familiar a renda será sufragada polos dous, polo que a demandada terá que facer fronte soamente a 225 euros por este capítulo. A nova unidade familiar non supuxo precisamente un empeoramento da situación económica da demandada. Por todo iso estimamos que os emolumentos que percibe esta última son algo superiores aos iniciais, que os fixamos en torno aos 1.200 euros.
Resulta palmario que o actor recorrente padeceu unha disminución drástica de ingresos dado que ao tempo do divorcio cobraba como salario arredor de 1.500 euros mensuais, o que ninguén pon en tela de xuizo, mentres que pouco tempo despois foi despedido -improcedentemente- da empresa, cobrando hoxe unha prestación por desemprego de 430,27 euros ao mes, o que resulta da proba documental, non cuestionada (folio11).
Ainda que a diferencia de percepcións é, xa que logo, notoria, existe, sen embargo, unha circunstancia que non fai tan distante esa diferenza, como é que o actor cobrou unha indemnización por despedimento - improcedente reiteráomolo- de 38.653 euros. E debemos igualmente tomar en consideración que con eses cartos amortizouse o préstamo persoal contraido polos litigantes, tal como, por outra banda, obrigábase o agora apelante en virtude do convenio regulador do divorcio, homologado xudicialmente, e no que se reseñaba expresa e concretamente a cuota mensual a pagar, de 331,71 euros. Como consecuencia da asunción desa obriga, e da cancelación total do préstamo, ao demandante quedábanlle na súa conta 18.750 euros ao 31 de decembro de 2017.
Pois ben, as circunstancias relatadas condúcennos a rebaixar a pensión alimenticia para os dous fillos a 280 euros ao mes.
Terceiro: A estimación en parte do recurso de apelación e da demanda, conleva que non fagamos unha declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias (Arts. 394 e 398 da L.A.C.)
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que con estimación en parte do recurso de apelación e da demanda formulados por D. Lucio representado polo Procurador Sr. Vaquero Alonso, fixamos como pensión alimenticia para os dous fillos en 280 euros ao mes, anualmente actualizable dacordo co IPC sinalado polo Instituto Nacional de Estadística ou Organismo similar. Non facemos unha especial pronuncia sobre as custas procesuais desta alzada.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

