Sentencia CIVIL Nº 621/20...re de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 621/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 373/2019 de 20 de Diciembre de 2019

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 20 de Diciembre de 2019

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 621/2019

Núm. Cendoj: 36057370062019100632

Núm. Ecli: ES:APPO:2019:2920

Núm. Roj: SAP PO 2920:2019

Resumen:
OTRAS MATERIAS MATRIMONIALES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00621/2019

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - DIRECCION000

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2013 0008088

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000373 /2019

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 5 de DIRECCION000

Procedimiento de origen:MODIFICACION DE MEDIDAS SUPUESTO CONTENCIOSO 0000326 /2018

Recurrente: Pedro

Procurador: MARIA DEL CARMEN SANCHEZ FERNANDEZ

Abogado: JULIO CESAR DORADO CALVIÑO

Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Natividad

Procurador: MARIA DEL CARMEN VAZQUEZ CUETO

Abogado: ANGELA RECONDO RUIZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en DIRECCION000, composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, D. JOSÉ FERRER GONZÁLEZ e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 621/19

Vigo, vinte de decembro de dous mil dezanove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Modificación Medidas 326/18 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 5 de DIRECCION000 ós que correspondeu o rolo 373/19, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Pedro, representada polo/a procurador/a D./D.ª CARMEN SÁNCHEZ FERNÁNDEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª JULIO DORADO CALVIÑO,e como parte contra da que se apela e demandada D./D.ª Natividad, representada polo/a procurador/a D./D.ª CARMEN VÁZQUEZ CUETO e asistida do/da letrado/a D./D.ª ÁNGELA RECONDO RUIZ. Sendo parte nesta apelación ó MINISTERIO FISCAL.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 5 de DIRECCION000, con data do 13 de marzo de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'En la demanda interpuesta por la Procuradora de los Tribunales Sra. Sánchez Fernández, en nombre y representación de D. Pedro, contra Dña. Natividad, representada por la Procuradora de los Tribunales Sra. Vázquez Cueto, y en el que ha intervenido el Ministerio Fiscal, DESESTIMO la misma, manteniendo la pensión de alimentos en su día establecida.

Las costas se imponen a la parte demandante.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª CARMEN SÁNCHEZ FERNÁNDEZ, en representación de D./D.ª Pedro, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en DIRECCION000. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 19 de decembro de 2019.


Fundamentos

Primeiro: No escrito de demanda de modificación de medidas o actor interesa que a pensión alimenticia para as tres fillas, establecida pola sentenza de divorcio ditada o día 29 de xaneiro de 2014 en 1.200 euros mensuais -anualmente actualizables de acordo co IPC- se reduza a 450 euros, igualmente ao mes. E recoñecendo que a posición económica da demandada non sufríu ningún cambio significativo, basea a súa pretensión en dous feitos: A) As menores necesidades das fillas. B) O empeoramento da súa situación económica. Procedemos examinar ambos feitos coa debida separación e á luz das probas que obran na lite.

Segundo: Non temos constancia de que as necesidades das tres fillas sexan no seu conxunto menores que as concurrentes ao tempo do divorcio no ano 2014. E é que ainda que a filla menor teña pasado de estudar nun centro privado a outro público (Instituto), co conseguinte aforro que este feito poidera reportar, o mesmo debe estimarse sobradamente compensado polas novas circunstancias que rodean ás outras dúas fillas. En efecto: A) A filla maior, María Purificación, de 21 anos, cursa estudos universitarios nunha Univesidade privada en Mondragón, pagando no curso 2018-2019 a suma de 8.250 euros ao ano soamente polo curso propiamente dito, ao que ten que engadirse os consabidos gastos de aluguer e por alimentación no sentido amplo e abarcante do artigo 142 do código civil. B) A filla Alejandra estuda igualmente nunha Universidade privada en Cantabria, tendo gastos parecidos polos dous capítulos anteriores, así como de 6.700 euros polo curso. A proba documental achegada pola demandada, e non contradita porlo actor, demostran esas realidades.

Terceiro: O demandante apelante estima que os seus ingresos e a súa situación económica son mais desfavorables hoxe que antes, dado que: A) Está en paro. B) Vendeuse a que fora vivenda da familia por un valor moi inferior ao real. C) Que cos cartos obtidos pola venda tivo que facer fronte, tanto á amortización do préstamo hipotecario que gravaba a vivenda, como ao pagamento das pensións alimenticias atrasadas, xa que soamente aboaba en torno aos 600 euros ao mes. D) Que paga un aluguer de 400 euros mensuais.

Pois ben, das catro causas reseñadas, as tres últimas non amparan precisamente a súa pretensión reduccionista pois: A) O aluguer xa tiña que satisfacelo o recurrente ao tempo do divorcio, tal como colíxese da data do propio documento contractual (contrato de 22 de agosto de 2013). B) Non hai ningunha proba, directa nin indiciaria, de que o prezo de venda da vivenda fora efectivamente inferior ao seu valor real nin, no seu caso, que a diferenza de valor fora de tal entidade que produxera unha perda efectiva para o demandante. C) A amortización do préstamo (ao cincuenta por cento coa súa ex-esposa) tampouco implica en realidade un empeoramento pois, de non amortizarse anticipadamente o crédito, tería que satisfacerse igualmente, ainda que se fixer por mensualidades. D) Non resulta dende logo invocable un empeoramento económico por ter que cumprir, precisamente, cunha obriga esencial e xudicialmente acordada, do pago dos alimentos.

Cuarto: A valoración, á par global e individualizada das probas practicadas (documental e interrogatorio) lévamos a sentar as seguintes premisas fácticas, despois de realizar a necesaria comparativa circunstancial entre o ano da ruptura matrimonial (2'14) e o ano da formulación da presente demanda de modificación de medidas (2018): A) Partindo dos feitos probados, proclamados pola sentenza de divorcio do ano 2014 o hoxe recurrente era Conselleiro Delegado dunha empresa familiar, cargo polo que percibía daquela un salario mensual neto de 4.746 euros, cargo do que foi cesado en agosto de 2013 sen percepción de ningunha indemnización. B) O recurrente atopábase en paro á data do 18 de maio de 2018, percibindo unha prestación de 430 euros ao mes (folios 24 volto e 122 volto) para, a partir do día seguinte, pasar a traballar como traballador autónomo no sector de compra e venda de vehículos (folio 123). C) Figuran declarados por este último concepto no exercicio 2018 uns ingresos de 4.662,48 euros (folio 208). D) Como consecuencia do acordo escrito dos cónxuxes, de 2 de maio de 2018, de venda da vivenda familiar, o apelante obtivo, despois de satisfeitas as débedas resultantes da amortización do préstamo hipotecario e do pagamento das pensións alimenticias atrasadas, a suma neta de arredor de 83.000 euros. E) Consta igualmente que nos anos 2014, 2015 e 2016 o apelante percibíu da empresa familiar a suma total de de case 64.000 euros por reparto de dividendos (folio 157). F) O actor recurrente continúa hoxe a ostentar un 2% das participacións sociais na sociedade familiar.

En conclusión, as circunstancias relatadas, da persistencia de moi parellas necesidades da prole e das percepcións económicas do apelante, que consideramos lixeramente inferiores lévamos a rebaixar a pensión alimenticia para as fillas a 1000 euros mensuais.

Quinto: A estimación en parte do recurso e da demanda conleva que no fagamos unha especial declaración subre as custas procesuasis de ningunha das duas instancias (arts. 395 e 398 da L.A.C.)

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con estimación en parte do recurso de apelación e a demanda formulados por D. Pedro representado pola Procuradora Sra. Sánchez Fernández, fixamos a pensión alimenticia para as tres fillas na suma de 1000 euros mensuais, anualmente actualizable. Non facemos unha especial sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.