Última revisión
02/03/2015
Sentencia Civil Nº 654/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 447/2013 de 14 de Noviembre de 2014
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 23 min
Orden: Civil
Fecha: 14 de Noviembre de 2014
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 654/2014
Núm. Cendoj: 36057370062014100745
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00654/2014
CIVIL
Rolo: 447/2013
Procedemento de orixe: Ordinario 224/2012
Órgano de procedencia: instancia núm. 1 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARFZABAL, PRESIDDENTE, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA NUM. 654/2014
En Vigo, catorce de novembro de dous mil catorce.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 224/2012 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 447/2013, nos que aparece como parte apelante e demandado PLANIN, SL.,representada polo/a procurador/a D./D.ª José Vicente Gil Tranchez e asistida do/da letrado/a D./D.ª Alfonso Espada Mendez ,e como parte contra da que se apela e demandante C.P. COMPLEJO RESIDENCIAL DIRECCION000 DE VIGO, , representada polo/a procurador/a D./D.ª Emilio Alvarez Pazos e asistida do/da letrado/a D./D.ª Carlos Coladas- Guzman Larraya.
É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo, con data do 19/2/2013, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Estimando parcialmente la demanda promovida por la representación de la Comunidad de Propietarios Complejo Residencia DIRECCION000 contra Planin, SL., debo condenar y condeno a la demandada a ejecutar las obras necesarias para reparar las deficiencias estimadas en el fundamento de derecho tercero de esta resolución.
No se hace expresa imposición a ninguna de las partes de las costas procesales causadas en esta instancia.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª José Vicente Gil Tranchez, en representación de Planin, S.L., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 13/11/2014.
Terceiro:Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro:A Comunidade de propietarios Complejo Residencial DIRECCION000 interesa no suplico da demanda que se condene á demandada, a promotora, Planin, S.L., 'a executar as obras necesarias para reparar as deficiencias presentes en elementos comúns e privativos do inmoble obxecto de lite, denunciadas, sobre a base dos informes periciais' que achega. E está promover, non só a acción de responsabilidade por ruina, ex artigo 1591 do Código Civil , senón tamén a acción de indemnización de danos e prexuizos por culpa contractual, dada a cualidade de vendedora da promotora. Así o coleximos do relato de feitos, e moi especialmente da fundamentación xurídica da propia demanda, cando nela se reseña (fundamento de dereito IV, número 3, baixo o rótulo 'responsabilidade'), non só a calidade da promotora da demandada para imputarlle a responsabilidade, senón tamén cando se lembra a súa condición de vendedora. Así se di que 'por outra banda, cabe esixir responsabilidade, así mesmo, á entidade promotora da edificación en canto entidade vendedora das divesas vivendas e locais... en definitiva, o promotor, en calesquera caso (establecérase ou non a súa responsabilidade no ámbito da construción) está obrigado a responder fronte aos compradores, polo contrato de compravenda subscrito entre ambos...'.
Segundo:As puntualizacións anteriores levan necesariamente a rexeitar a formulación da parte demandada, verbo da aplicación retroactiva da LOE de 5 de novembro de 1999, tanto pola doble invocación antes referida, como por prohibilo o postulado xeral de irretoactividade das leis ( artigo 2.3 do CC ), e a previsión específica contida na Disposición Transitoria Primeira daquela primeira norma. Conseguintemente, os distintos prazos de garantía da LOE non resultan aplicables.
Terceiro:A promotora demandada nega a lexitimación da Comunidade de Propietarios demandante por unha doble razón: por unha banda, porque non pode accionar polo vicios ruinóxenos habidos nos elementos privativos do inmoble, ao estimar que non existe autorización dalgúns dos donos das vivendas e locais para a promoción da presemte demanda. E por outra, porque en relación cos sotos destinados a garaxes existe unha comunidade especialmente constituida e independente da comunidade de vivendas e locais de todo o edificio, sendo, xa que logo, aquela primeira a única lexitimada para reclamar polos defectos existentes nos sotos. Doble alegación que rexeitamos, compartindo esta Sala a liña argumental da sentenza de primeira instancia, sobre a que simplemente abundamos.
Cuarto:A lexitimación da Comunidade de Propietarios dunha edificación en réxime de propiedade horizontal -a través do seu Presidente-, tanto para reclamar polos vicios que afecten a elementos comúns como a elementos pivativos, aparece xurispriudencialmente proclama sempre, claro é, que non conste a oposición dalgún dos donos destes últimos, declaración que obedece, loxicamente, a unha unha interpretación ampla e flexible do instituo da lexitimación, adaptándoa a aqueles casos, como os dunha comunidadae en réxime de propiedade horizontal na que, polos numerosos titulares dos predios (como sucede no caso contemplado, de máis de cen) e as súas propias circunstancias persoais, ou xeográficas, por citar tan só algunhas delas, sería moi duifícil, cando non practicamente imposible obter a autorización expresa, específica e por escrito de cada membro da comunidade afectado pola ruina, para que a comunidade poidera realizar os seus lexítimos e non poucas veces perentorios dereitos.
Como reseña a sentenza do Tribunal Supremo de 24 de outubro de 2013 'dice la sentencia de 18 de julio de 2007 , y reproducen las posteriores de 30 de abril de 2008 , 16 de marzo de 2011 y 23 de abril de 2013 , en línea con l a jurisprudencia contenida, entre otras, en la Sentencia de 8 de julio de 2003 , que las Comunidades de Propietarios, con la representación conferida legalmente a los respectivos Presidentes, ex artículo 13.3 de la Lei de Propiedad Horizontal , gozan de legitimación 'para demandar la reparación de los daños causados tanto a los elementos comunes como a los privativos del inmueble - STS de 26 de noviembre de 1990 -, y no puede hacerse por los extraños discriminación en punto a si los distintos elementos objetivos son de titularidad dominical privada o común, pues tal cuestión queda reservada a la relación interna entre los integrantes subjetivos de esa Comunidad - STS de 24 de septiembre de 1991 -, sin perjuicio, por ello, de las obligaciones del Presidente de responder de su gestión - SSTS de 15 de enero y 9 de marzo de 1988 -, pero cuya voluntad vale como voluntad de la Comunidad frente al exterior - STS de 20 de abril de 1991 -. En definitiva, la jurisprudencia del Tribunal Supremo ha extendido las facultades del Presidente a la defensa de los intereses afectantes a los elementos privativos del inmueble, cuando los propietarios le autoricen. Lo anterior deriva de las peculiaridades de que gozan las facultades de representación conferidas legalmente a los Presidentes de las Comunidades de Propietarios, sin que haya razón alguna para reducir tal autorización a los 'vicios y defectos de construcción', strictu sensu considerados, por afectar también el interés de la Comunidad a los incumplimientos contractuales afectantes a viviendas en particular ( SSTS 10 de mayo 1995 ; 18 de julio 2007 ; 23 de abril 2013 )'.
Xa de xeito moito máis rotundo afirman as sentenzas de 20 e 31 de decembro de 1996 , que 'el Presidente no necesita la autorización de la Junta para intervenir ante los Tribunales, cuando ejercite una pretensión en beneficio para la Comunidad, salvo en los supuestos expresamente excluidos en la Ley, o que exista, como puntualizan las Sentencias de 3 de marzo de 1995 y 16 de octubre de 1996 , una oposición expresa y formal'.
E últimamente, e neste máis categórico sentido, proclama a recente sentenza de 11 de abril de 2014 , no que agora ten interese que 'tratándose de la reclamación de vicios constructivos del edificio y ejercitándose dicha reclamación en beneficio de la comunidad, es suficiente con el acuerdo de autorización para el ejercicio de acciones judiciales sin que resulte necesario que se acompañe la autorización expresa de los propietarios para la reclamación de los daños ocasionados en los elementos privativos de la comunidad, salvo que exista oposición expresa y formal a la misma'.
Quinto:As reflexións anteriores levan ao rexeitamento da invocación de falta de lexitimación, non só porque non temos a máis mínima constancia da oposición á reclamación litixiosa por parte dalgún membro da comunidade (a parte demandada non cita realmente nin un só opositor), senón porque existen incluso elementos de proba, directos e indiciarios, demostrativos da autorización por parte de todos os titulares das vivendas, locales e sotos, como é o acordo da Xunta de Prpopietarios de data 29 de xuño de 2011, onde de forma unánime, e por decilo de xeito resumido, decídese promover un acto conciliatorio e logo, no seu caso, unha demanda contra o promotor polos vicios ruinóxenos. E este acordo ten unha importancia capital na probanza da autorización negada, xa que del coleximos: A) Que antes da decisión adoptada a administración da comunidade tiña que distribuir entre os propietarios a parte do informe pericial que afectaba a cada copropietario, para que 'cada veciño poida comprobar que todas as reclamacións están incluidas no informe'. B) Que necesariamente entón, o autor do informe, antes de realizalo, tivo que entrar nas distintas vivendas, locais e sotos, para comprobar os vicios, facilitándolles obviamente cada copropietario afectado a entrada nas súas dependencias, como unha manifestación máis da súas respectivas vontades de reclamar polos defectos habidos nos seus respectivos elementos privativos. C) En fin, que nesa reunión se acorda prorratear entre todos os comuneiros sen excepción -de maneira claramente proporcional as súas cotas de participación- os gastos derivados dos honorarios do Letrado que defendería os seus intereses. E se a todo o dito engadimos que o acordo comunitario non foi impugnado por ningún copropietario, nin temos o máis mínimo dato expresivo dunha oposición, a conclusión non pode ser razoablemente outra que a de dar por sentadas as autorizacións postas en tela de xuizo, inconsistetemente, pola parte recurrente.
Sexto:Non mellor sorte adversa debe correr a invocación da falta de lexitimación da comunidade actora, por corresponder á comunidade dos sotos. E é que, con independencia dos acertados razoamentos da xulgadora a quo sobre este extremo, cómpre engadir: A) Que as previsións estatutarias sobre a existencia de subcomunidades son loxicamente para a relación interna, entre os membros de todo o edificio, pero non exclúe que poidan actuar de consuno nas relacións externas, como neste caso, de reclamación fronte a terceiros. B) Que esa actuación conxunta e inseparable semella máis obrigada que nunca nos supostos - como o de lite- onde como a ruina afecta a elementos comúns do inmoble, non resulta posible, nin consonte a unha economía procesual, esixir a promoción de accións separadas. C) Que a alegación da parte apelante choca frontal e irreconciliablemente co feito de participación da propiedade dos sotos nas xuntas de propietarios, e máis concretamente, na xunta de data 29 de xuño de 2011, na que acórdase proceder contra a promotora. D) Que a afirmación da parte é igualmente irreconciliable co feito da aceptación por parte da propiedade dos sotos, que acudiu á reunión, de contribuir proporcionalmente ao aboamento dos honorarios do Letrado, devengados pola reclamación insdiscriminada.
Setimo:O argumento esencial, afectante á cerna propiamente dita do asunto, invocado pola recurrente, consiste en negar a natureza ruinóxena dos vicios, ao afirmar, ora que estamos ante defectos de uso e mantenmento, ora que atopámonos ante meras imperfeccións correntes, menores e doadamente subsanables. Pois ben, a argumentación da parte é inconsistente, se contradí coa realidade e se opón a doutrina xurisprudencial sobre o concepto de ruina. E todo iso sen esquecer que a actora demanda non só ao abeiro do instituto da ruina do artigo 1591 do CódigoCivil, senón tamén con fundamento na cualidade de vendedora da demandada, tal como quedou sentado -segunda acción para cuxo exercicio está autorizado o presidente da comunidade, de conformidade coas sentenzas do Tribunal Supremo, xa citadas, de 10 de maio de 1995 , 18 de xullo de 2007 , e 23 de abril de 2013 .
Como proclama a sentenza do Tribunal Supremo de 15 de outubro de 2006 , con cita da de 4 de novembro de2002 «en materia de vicios ruinógenos incardinable en el art. 1591 del Código Civil la doctrina de esta Sala distingue, junto a las hipótesis de derrumbamiento total o parcial (ruina física) y de peligro de derrumbamiento o deterioro progresivo (ruina potencial), en las que destaca el valor físico de la solidez, la denominada ruina funcional que tiene lugar en aquellos supuestos en que los defectos constructivos inciden en la idoneidad de la cosa para su normal destino, y por consiguiente afecta al factor práctico de la utilidad, como exigencia, junto a la seguridad, de una adecuada construcción. Se aprecia la ruina funcional cuando los defectos tienen una envergadura o gravedad que exceden de las imperfecciones corrientes haciendo inútil o impropia la cosa para su finalidad.» Ou en declaracións da sentenza de 25 de outubro de 2006 'el concepto de ruina (que no es un supuesto de saneamiento por vicios ocultos) no es el restrictivo que significa destrucción de la obra, sino uno mucho más amplio, el deruina funcional que alcanza o bien a toda la construcción o bien a una parte o elementos de la misma, excediendo de imperfecciones corrientes. La doctrina de esta Sala es reiterada: lo que expresaron las sentencias de 4 de abril de 1978 y 8 de junio de 1987 se ha venido repitiendo una y otra vez; la doctrina que reiteradamente ha venido manteniendo esta Sala para perfilar el concepto de ruina, abunda en la idea de separarle de una interpretación literal, identificativa con el derrumbamiento de un edificio, para comprender en él aquellos graves defectos que hacen tener la pérdida del inmueble o le hagan inútil para la finalidad que le es propia, así como aquellos otros que por exceder de las imperfecciones corrientes, configuren una violación del contrato o incidan en la inhabilidad del edificio. Lo que significa que la ruina funcional configura una autentica violación del contrato y superador del significado riguroso y estricto del arruinamiento total o parcial de la obra hecha, tal como dijo la sentencia de 1 de febrero de 1988 y en el mismo sentido, la de 6 de marzo de 1990 ( sentencia de 30 de enero de 1997 )'.
En definitiva, o Tribunal Supremo segue un criterio amplo sobre o concepto de ruina, integrádose nesa institución aqueles defectos que non mirados na súa estricta individualidade, senón considerados globalmente, afecten significativamente á seguridade, habitabilidade e normal gozo das cousas, é dicir, das vivendas, locais e elementos comúns do edificio. Así, a sentenza de 12 de abril de 1988 aprecia como ruina potencial ou funcional 'todos aquellos defectos que conjuntamente hacen inútil o, por lo menos, gravemente irritante o molesto el uso de las viviendas conforme a su natural y buscado de propósito destino al convenir la adquisición de las mismas'. Ou como deixa sentado a sentenza de 19 de outubro de 2006 , apreciando a ruina, ' se trata de un edificio en el que, con independencia de la importancia que tiene cada uno de ellos, el conjunto de todos entraña indudablemente el concepto de ruina funcional'.
Pois ben, volcando esas pautas xurispudenciais sobre o presente caso carece de razón a parte apelante, ao negar a existencia de ruina xa que, por unha banda, algún dos vicios existentes no inmoble litixioso xa fanse merecentes de ser conceptuados, por si sós, como graves e ruinóxenos; por outra, a apreciación da ruina debe realizarse, en todo caso, dende un prisma global (sería un sensentido e un abxurdo xurídicos ter que accionar separadamente contra o promotor e vendedor por cada deficiencia construtiva, segundo fose ou non ruinóxena); e por outra, e en todo caso, ao accionar a demandante contra a demandada nas súas respectivas cualidaes de compradora e vendedora, o que fai que as restriccións apuntadas, e derivadas da ruina, non serían aplicables no contexto ou alternativa da esixencia de cumprimento contractual, prantexado pola primeira. En consecuencia, a estratexia procesual seguida pola demandada e apelante nos seus respectivos escritos de contestación á demanda e recurso de apelación contra a sentenza de instancia, de negar a aplicación da ruína, por ser cada defecto unha mera e cativa imperfección, facilmente correxible, non pode levar ao resultado absolutorio por ela propugnado por chocar, insistimos, coa concepción unitaria e abarcante da ruina, seguida polo Tribunal Supremo. Examinamos, conseguintemente, as distintas partidas dos vicios, postas en entredito pola apelante, dende a vertente, fundamentalmente, da súa acreditación pois, dunha parte, a súa individualidade ruinóxena carece de relevancia determinante do sentido do fallo, máxime se consideramos - non cansámonos de lembralo- a condición de vendedora da demandada, e doutra, esa condición, en conxunción coa de promotora, fan igualmente innecesario entrar na etioloxíoa dos defectos, de ser imputables a algún dos intervinientes no proceso construtivo, como sería do caso.
Oitavo:Seguemos a orde expositiva do recurso de apelación.
A) Fendas e fisuras en diversos elementos. A sú existencia colixese palmariamente, ademáis da elocuente e abundante proba documental fotográfica, das periciais achegadas, mesmo do informe rendido a instancia da parte demandada, que recoñece a súa realidade, e achacando a causa a un problema, non menor precisamente, de deformación dos forxados 'excesiva e inadmisíbel', que inevitablemente conleva a rotura da tabiquería e dos elementos construtivos máis fráxiles. E esta partida xa podería por sóa integrar o concepto de ruína, dada multiplicidade e gravidade dos vicios observados nos elementos comúns, vivendas e locais do inmoble, cuxos titulares e adquirintes non teñen por qué soportar estoicamente unhas deficiencias que afectan ao normal gozo e recta habitabilidade das súas propiedades respectivas.
B) Humidades en parede medianil co edificio lindeiro.
Recoñecidas as humidades existentes nas vivendas que dan a esa parede, a parte apelante as achaca ao edificio lindeiro, e en apoio da súa tese cita o ditame do perito , Victorino . Pero ademáis de que esta pericia tan só apunta, pero non aseguráo, que a causa estea nesa edificación inmediata, existen certos datos que lévanmos ao entendimento contrario. Primeiramente, que non todas as vivendas desa banda presentan o defecto, e o perito non ofrece ningunha explicación sobre esa diversidade. En segundo lugar, que o perito non indica o fallo -permítase a expresión- habido da edificación limítrofe, que desesncadería hipoteticamente as humidades. E en terceiro lugar, que e algo cabería colexir, a falta doutras explicacióne e probanzas, que aquí non existen, da situación dunha edificación pegada a outra é que se protexen reciprocamente de posibles entradas de auga. Derradeiramente, se esa parede estiver suficientemente impermeabilizada, non resulta creíble que se presentasen humidades.
C) Escorrentías polo borde do aleiro.
A existencia de humidades en vivendas dos andares quinto e sexto colíxese da pericia achegada pola parte actora, e prestada polo perito, Sr. Elias , así como da proba documental fotográfica. E acreditada entón a patoloxía, a mesma pode ser debida, a falta doutras alternativas, ora ao deficiente sistema de recollida e evacuación das augas procedentes das chuvias e das terrazas superiores, ora a un defecto de selado desas últimas.
D) Xuntas abertas en tarima flotante e desprendimento de embellecedor baixo porta.
A alegación, realmente única, de que non estamos ante un vicio ruinóxeno, xa recibíu resposta anteriormente.
E) Humidades en distintas estancias.
A invocación de atoparmos ante defectos de puro remate, e non de vicios ruinóxenos, merece a mesma resposta que a precedente.
F) Ruidos en zonas próxima a baixantes.
A realidade de ruidos molestos no dormitorio da vivenda NUM000 NUM001 ( RUA000 ), procedentes das baixantes foi verificada polo perito, Don. Elias , o que non pode quedar desvirtuado pola outra pericia, pois este segundo técnico omitiu acudir ao lugar en día de chuvia, como o mesmo recoñece. E pola localización do vicio é imputabel lóxicamente a un defecto de illamento da caixa que tapa as baixantes. E, finalmente, non pode acollerse a afirmación de Victorino , de que ao tempo de redacción do proxecto de obra non existía normativa que establecese un valor mínimo de illamento acústico para ese elemento, dado que con independencia da existencia ou inexistencia desa previsión normativa, o propietario da vivenda non ten por qué soportar ese deefcto, máxime se o mesmo localízase nunha dependencia destinada ao descanso nocturno (dormitorio).
G) Fisuras entre encontros de distintos tipos de tabiquería.
As fisuras, pola súa multiplicidade, e en canto que teñen que ser integradas con outros defectos, entran dentro da ruína, no amplo, abarcante e conxunto concepto da mesma, tal como ficou razoado.
H) Patoloxías de variada entidade e etioloxía. Malia que poider ser consideradas estas patoloías ( roturas de pezas do solado, desprendimento de alicatados, diferenza de cor nos cristais dunha ventá, descuadre de portas, aperturas das xuntas dos pavimentos...) como de menor entidade ou de simples imperfeccións, a consideración global da ruina fai inatendíbel o argumento.
I) Humidades en soto.
A parte apelante, no escrito de contestación á demanda, atribúe os vicios -graves- indubidablemente existentes, ao feito das 'inundacións habidas na cidade de Vigo entre os dias 21 e 21 de agosto de 2011', en unión a un 'grave problema no funcionamento dos colectores da rede de alcantarillado'. Ou en expresión do escrito de recurso de apelación 'ás terribles inundacións' desas datas. Pero a formulación da parte non goza precisamente do respaldo probatorio das pericias - incluso da rendida a súa instancia-. E é que ainda admitindo a efectos polémicos a realidade e importancia daquel suceso, existen, en todo caso, outras causas, internas ao edificio, que provocan as patoloxías.
Efectivamente, e en primeiro termo, as humidades e filtracións de augas aparecen no só na data reseñada e nos días posteriores, senón tamén moito antes. Bastaría con reseñar que o informe do perito, Sr. Octavio , é do mes de maio de 2007, e o do outro perito, Don. Elias , é de maio de 2011, e este último visita o edificio os días 6, 7, 8, 9, 18, 27 e 29 de abril e 5 de maio deste último ano (folio 146). Os vicios xa eran anteriores, e ademáis non eran puntuais, senón que estaban persistir no tempo.
Máis é que, en segundo lugar, os tres informes constatan unhas patoloxías achacables á propia construcción, e conseguintemente, á promotora apelante. En ditámenes esencialmente contextes os peritos, Sres. Octavio e Elias , con ilustrativa reportaxe fotográfica, enuncian defectos construtivos, orixinadores das filtracións e humidades, tales como o carácter tosco e a carencia de estanqueidade do paramento que separa o inmoble do terreo contiguo, o insuficiente dimensionado das arquetas, canaletas, reixas e tuberías, ou o defecto de estanqueidade nas unións das xuntas dos forxados, e das canaletas coa rede desaneamento. E a pericia de Victorino informa verbo da existencia de escorrentías de auga ('ao parecer de cativa entidade' se di) procedentes do terreo a través do muro de fábrica de pedra, e de fortes cheiros a fecais, afirmando que o groso do problema se encontra da rede de fecais (do propio inmoble), e apuntando como posibles causas, simplemente, xunto a un atasco ou a un acopio de augas procedentes da rede pública, a un deseño incorrecto dalgún dos encontros da rede de fecais propia.
Noveno:Recapitulamos: A) Atopámonos ante vicios ruinóxenos. B) A demandada, como promotora da edificación, e vendedora, resulta responsable dos mesmos fronte aos copropietarios, e con independencia, claro é, das accións que poida ter, no seu caso, contra os demáis intervinientes no proceso construtivo. C) Non está demostrato que o suceso fortuito -ou de forza maior- que invoca sexa o causante dos vicios. D) Non se proba que a ruina -nalgún dos extremos- sexa atribuible a un defecto de uso nin de mantemento. E) Tampouco está demostrado o comportamento neglixente, serodio e desviado, que a recurrente imputa á Comunidade de Propietarios na denuncia dos vicios, os que, polo demáis, tiñan que ser forzosamente coñecidos en grande medida pola promotora, pola súa exteriorización e polas reclamacións emprendidas por aquela primeira. F) En derradeiro lugar, e contrariamente ao defendido pola recurrente, outorgada a licenza municipal de obra o día 25 de xuño de 1999, non resulta aplicable a Lei de Ordenación da Edificación de 5 de novembro de 1999, non só por vedalo o principio xeral de irretroactividade das norma, do artigo 2.3 do Código Civil , senón tamén por previsión específica daquela primeira Norma.
Décimo:Non se estima o recurso de apelación promovido, co corolario, xa que logo, de impor as custas procesuais desta alzada á parte apelante, xa que non apreciamos que concurra circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artigo 398, en relación co artigo 394, ambos da L. A. C..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que desestimamos o recurso de apelación formulado por PLANIN, S.L., representada polo procurador D. José Vicente Gil Tranchez contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia num. 1 de Vigo o día 19/2/2013, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguirntes a súa notifiacción na forma establecido no artº 479 da LAC.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

