Última revisión
22/10/2010
Sentencia Civil Nº 722/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4351/2008 de 22 de Octubre de 2010
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Civil
Fecha: 22 de Octubre de 2010
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 722/2010
Núm. Cendoj: 36057370062010100640
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00722/2010
CIVIL
Rolo: 4351/2008
Procedemento de orixe: Cambiario 995/07
Órgano de procedencia: Instancia núm. 7 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D.JULIO PICATOSTE BOBILLO, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO E D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ TABARES pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 722/2010
Vigo, vinte e dous de outubro de dous mil dez
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo cAMBIARIO 995/07 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 7 de Vigo ós que correspondeu o rolo 4351/08, nos que aparece como
parte apelante- demandado OMF ARQUITECTOS, S.L. representada polo/a procurador/a D./D.ª Gisela Alvarez Vázquez e
asistida do/da letrado/a D./D.ª Beatriz Senra González e como parte contra da que se apela e demandante INAEC INGENIERIA
Y CONTROL, S.L. representada polo/a procurador/a D./D.ª Rafael Fernández Fernández e asistida do/da letrado/a D./D.ª José
Luis Prieto Esturillo . É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 7 de Vigo de Vigo, con data do 29/4/2008, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Que desestimando la oposición formulada por la procuradora Dª Gisela Alvarez Vázquez en nombre y representación de la entidad OMF ARQUITECTOS,SL, DEBO ACORDAR Y ACUERDO, que siga adelante la ejecución despachada a instancia del procurador D. Rafael Fernández Fernández, en nombre y representación de la mercantil INAEC INGENIERIA Y CONTROL,SL., hasta el completo pago a la parte demandante por parte de demandada, del importe de 23.780,00 euros de principal importe del pagaré litigioso, más la cantidad de -2.064,42.- euros por el concepto de gastos bancarios, lo que hace un total de 25.844,42.- euros, más los intereses legales, con imposición de las costas causadas a la parte demandada."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Gisela Alvarez Vazquez, en representación de OMF ARQUITECTOS,S.L., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 14/10/10.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro: Promovido xuizo cambiario -con fundamento nunha obriga de pagamento-, a primeira cuestión que suscítase é a referida a se fronte a esa acción pode opoñer o debedor non só a excepción de contrato non cumprido, ou de incumprimento total e esencial, senón tamén a de incumprimento parcial do contrato causal subxacente. Pois ben, fronte á postura que podemos chamar tradicional, que admite tan só a primeira posibilidade, foi gañando predicamento a segunda, ainda que nos seus inicios con certas limitacións, ao establecerse que se ningunha dúbida cabe que en caso de que exista incumprimento absoluto ten que entenderse aceptable no xuizo cambiario a excepción de contrato non cumprido, tamén o é para o caso de que o incumprimento, por máis que sexa parcial, sexa esencial, é dicir alcance tal grao de intensidade cualitativa ou cuantitativa que poda determinarse que en esencia o contrato no foi cumprido porque non se deu satisfacción ás pretensións da parte contratante que emitíu o documento que se pretende facer valer no acto do xuizo. E xa é hoxe común -cando non maioritaria- a tese opositora dual, construida ao abeiro da lexislación vixente ( art. 826 en relación cos artºs. 440 e 443 da L.A.C .), ao entender que a remisión ás normas reguladoras do desenvolvimento da vista no xuizo verbal transformaría o procedimento cambiario en un proceso declarativo, no que non existe limitación ningunha de medios de proba nin de actos alegatorios.
Pois ben, esta segunda posición é a que ven mantendo esta Sala: así, na sentenza de 29-6-2.006 temos declarado, e a citamos literalmente, que "Hay un hecho incontestable, y es que, con arreglo al art. 67 de la Ley Cambiaria y del Cheque, al que se remite el 824.2 de la LEC, el deudor cambiario puede oponer al tenedor de la letra, (en este caso, del pagaré), además de las excepciones netamente cambiarias, aquellas otras basadas en sus relaciones personales con él. De este modo, a través de estas excepciones, podrá traerse al proceso la relación jurídico material o causal subyacente, siempre que tales excepciones afecten al ámbito de las relaciones entre demandado y demandante; en consecuencia, el librado demandado (demandado cambiario) podrá hacer emerger, por encima de la relación cartular, la subyacente y esgrimir las excepciones derivadas de todo el contenido propio de esa relación jurídico material. Siendo así, no cabe entender que, en la actual regulación, no pueda la defensa del obligado desplegar todos los efectos que dimanen del negocio causal y entre ellas la excepción que concierne a una insatisfactoria ejecución o cumplimiento defectuoso del contrato (sea en tiempo, cantidad o calidad); la literalidad del art. 67 de la Ley Cambiaria y del Cheque no contiene restricción alguna al ámbito posible de discusión y debate en torno a la relación jurídico-material en conflicto, en este caso, el contrato de arrendamiento de obra del art. 1544 del CC . A la vista de la redacción del vigente art. 67 de la Ley Cambiaria y del Cheque , no se ve razón alguna para que la excepción de cumplimiento parcial o defectuoso del contrato -"exceptio non rite adimpleti contractus"- quede fuera de las posibilidades de defensa del librado demandado en el ámbito del actual proceso cambiario, cuando la demanda para el pago de la letra (en este caso, del pagaré), es promovida por la otra parte interviniente en la que fue relación jurídico-material subyacente. Ninguna razón hay ya para acudir a las consabidas y tradicionales referencias a la sumariedad y estrechez de cauce procesal, razones admisibles en el anterior juicio ejecutivo, pero no en el actual cambiario en lo concerniente a las excepciones extracambiarias vinculadas al negocio subyacente y esgrimibles en cuanto propias de las relaciones personales librador-librado, (en este caso, tenedor del pagaré- firmante del pagaré) ámbito del que no hay ya inconveniente para entender que estamos ante un proceso declarativo por más que sea de carácter especial".
Máis o mantemento da anterior -e abarcante- posición leva necesariamente á concorrencia dun presuposto: A necesidade de que a parte debedora do efecto formule a excepción de incumprimento parcial como fundamento da súa oposición, ora de xeito principal, ora subsidiariamente, ou o que é o mesmo, para o suposto de que o tribunal non aprecie a súa invocación principal, de incumprimento total e esencial do contrato causal. Ou dito doutro xeito, se a parte supostamente debedora do efecto, por unha banda, garda silencio sobre o incumprimento puramente parcial, e por outra, non formula por unha proposta económica, alternativamente inferior, por lóxica, á reclamada polo tenedor do título cambiario, o órgano xudicial non poderá decidir apreciando, dunha parte, ese incumprimento parcial, e procedendo, doutra, a rebaixar a reclamación, non postulada, nin conceptual nin cuantitativamente, polo debedor, por impedilo os insoslaiables postulados dispositivo e de congruencia da sentenza.
Segundo.- Sentadas as coordenadas anteriores, o recurso da parte debedora contra a sentenza ditada en primeira instancia non pode prosperar xa que, invocado tan só a excepción de incumprimento total, referida excepción non aparece acreditada a través dos necesarios instrumentos de proba, exixibles a ese litigante por disposición do artº 217 da L. A. C ., en relación co artº 1.277 do C. C ..
En efecto, e ainda que da proba pericial proposta pola debedora podería inicialmente colexirse ese incumprimento total, pois en apreciación do perito, Jesús , o proxecto de execución está incompleto, sendo entón inexecutable, ou irrealizable, en expresión daquel contendente, o certo é que, por unha banda, ese ditame parte dunha premisa, a de que estamos ante un proxecto de execución propiamente dito, ou de obra inicial ou nova, que non compartimos, e por outra, e en íntima conexión coa anterior reflexión, que devandito ditame se contradí co prestado polo outro perito, Sr. Patricio , designado xudicialmente, ao que damos preferencia polas razóns que exporemos.
En primeiro lugar, que non atopámonos ante un proxecto de execución íntegro ao uso ou dunha obra totalmente nova, senón de reforma e con basamento nun proxecto de execución anterior non ofrece a máis mínima dúbida. Basta para chegar a esta conclusión con botar man da memoria descriptiva do propio proxecto, na que, en afirmación non contradita deste último perito, se sinala que estase tratar da adaptación á lei vixente do proxecto de reforma e ampliación do complexo hostaleiro, que ten licenza outorgada o día 13 de xullo de 1.990. E tan é así que o outro perito, en referencia á documentación facilitada pola propiedade, reseña á relativa ao "Reformado do Proxecto de Execución" (folio 141). E esta puntualización é decisiva na dialéctica e conclusións a extraer das pericias, ou se se está preferir, na determinación do alcance do traballo encomendado á parte actora, e, en último termo, da imputación a este litigante -ao seu proxecto- das deficiencias observadas polos peritos, pois se sostemos -como así o facemos- que tales irregularidades ou carencias non son achacables ao proxecto de execución litixioso, a oposición da propiedade non pode prosperar.
Efectivamente, e en segundo termo, damos maior valor probatorio ao informe do perito, Sr. Patricio , en canto máis exhaustivo, coherente, sólido e rico en explicacións técnicas, que o do outro perito. Pois ben, daquela primeira pericia, tanto escrita, como completada oralmente inferimos: A) Que parte das carencias denunciadas non se axustan á realidade. Estámonos referir aos puntos E), F) e G), en materia de medicións de carpintería, calefacción e climatización. B) Que outras delas, como as concernentes á superfice da xardineira, se califican polo perito de defectos leves e correxibles -letras C) e D)-. C) Que a falta de detalle na cuberta e noutros elementos do edificio se catalogan polo perito de "normais, pois logo se definen pola Dirección da obra" -letra H-. D) Que descoñece o perito se os traballos á que se fai referencia na última letra entregáronse ou non en formato dixital. E) Que se cumpre coas exixencias legais sobre espazos hostaleiros para a categoría de hoteis de tres estrelas -letra B-. F) Por último, e polo que fai aos outros - e importantes- defectos, especialmente ós relativos ás diverxencias observadas nas medicións das superficies ou perímetros, así como sobre desniveis, en extructuras ou forxados, diverxencias que efectivamente existen, o perito non se cansa de advertir, dentro naturalmente do contexto de adaptación á normativa vixente, e de reforma no que movémonos, que mentadas diverxencias poden ser debidas, quer e un defecto de diseño ou do proxecto de execución contratado, quer ao proxecto ou obra anteriores, sen que se incline en ningún momento do seu fundamentado discurso argumental por aquela primeira alternativa.
En definitiva, e a xeito de recapitulación, ante a improbanza de que o proxecto en discusión sexa por se mesmo inexecutábel, a conclusión non pode ser entón outra que a de rexeitar a apelación e a oposición formuladas.
Terceiro.- Non apreciamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto tanto para as custas da primeira instancia, como para as desta alzada polos artºs. 394 e 398 da L. A. C., dado que, en último termo, non atopamos as dúbidas de feito nin xurídicas pregonadas pola parte recorrente.
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitámolo recurso de apelación promovido por OMF ARQUITECTOS,S.L., representado polo procurdor Dña Gisela Alvarez Vázquez contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 7 de Vigo o día 29/4/2008, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

