Sentencia CIVIL Nº 74/201...zo de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 74/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 527/2017 de 05 de Marzo de 2018

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 05 de Marzo de 2018

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 74/2018

Núm. Cendoj: 36057370062018100093

Núm. Ecli: ES:APPO:2018:339

Núm. Roj: SAP PO 339:2018

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00074/2018

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO-

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2016 0005508

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000527 /2017

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 13 de VIGO

Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000372 /2016

Recurrente: C.P. CALLE000 NUM000 DE LA CORUÑA

Procurador: GEMMA ALONSO FERNANDEZ

Abogado: ALBERTO FERNANDEZ PIÑEIRO

Recurrido: CONVIÑA SL

Procurador: MARTA ROBES CABALEIRO

Abogado: ROBERTO LAGOA SANTODOMINGO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 74/18

Vigo, cinco de marzo de dous mil dezaoito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 372/16 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 13 de Vigo ós que correspondeu o rolo 527/17, nos que aparece como parteapelante e demandante COMUNIDADE DE PROPIETARIOS CALLE000 , NUM000 DE A CORUÑA, representada polo/a procurador/a D./D.ª GEMMA ALONSO FERNÁNDEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª ALBERTO FERNÁNDEZ PIÑEIRO,e comoparte contra da que se apela e demandada CONVIÑA S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª MARTA ROBES CABALEIRO e asistida do/da letrado/a D./D.ª ROBERTO LAGOA SANTODOMINGO.

É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 13 de Vigo, con data do 20 de marzo de 2017, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Se estima parcialmente la demanda presentada por la Procuradora Dña. Gemma Alonso Fernández en nombre y representación de la Comunidad de Propietarios CALLE000 nº NUM000 (A Coruña) contra la entidad Conviña S.L. representada por la procuradora Dña. Marta Robes Cabaleiro.

Se condena a la demandada al abono de la suma de 23.368,93 euros de principal (más el IVA), con los intereses correspondientes.

Cada parte abonará las costas causadas a su instancia y las comunes por mitad.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª GEMMA ALONSO FERNÁNDEZ, en representación de C.P. CALLE000 , NUM000 (A CORUÑA), presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 1 de marzo de 2018.


Fundamentos

Primeiro: Analizamos os distintos puntos de discrepancia da actora recurrente coa sentenza ditada en primeira instancia, comezando pola primeira invocada, de non terse incluido na partida de danos no local os importes correspondentes aos gastos xerais, do 13%, e do beneficio industrial, do 6%.

O motivo do recurso carece realmente de interese, pois fronte ao mantido pola parte apelante, a sentenza de instancia comprende xa eses dous conceptos, por importes respectivos de 949,67 e 438,31 euros, dacordo co ditamen pericial do folio 96 volto dos autos.

Segundo: A sentenza ditada en primeira instancia exclúe os danos habidos nas fachadas do inmoble, e no patio e nas vivendas, por estimar que os mesmos non son imputables ao demandado. Concretamente, e verbo dos desperfectos apreciados no patio, considera a xulgadora a quo que ao tratarse dun patio aberto -ainda que parcialmente cuberto-, está suxeito ás inclemencias do tempo, e como ademáis carece de sol, precisa de frecuentes labores de mantemento. Ou en expresión da sentenza de instancia, 'non poden imputarse os danos derivados da humidade e da choiva a un defecto de construcción'. En definitiva, o importante tempo transcurrido dende a a venda do local e vivendas, en unión da falta de labores de mantemento por parte dos seus titulares, serían a razón das patoloxías construtivas, e non un defecto construtivo en sentido estricto e, como tal, atribuible ao construtor vendedor. E recurre esas decisións a actora, interesando a íntegra estimación da demanda nestas pretensións.

Terceiro: Este tribunal de apelación, revisadas as probas achegadas á lite (pericias), acorda estimar -xa o adiantamos- o recurso nos termos que se pasa expresar. Non se antes advertir que para resolver a controversia damos preferencia ao ditame prestado pola perito, Dona Socorro , nomeada pola parte demandante, fronte ao rendido por D. Casiano a instancia da demandada. E é que aquela primeira visitou en varias ocasións o edificio, facendo un seguimento das patoloxías, realizou catas en averiguación das causas, examinou o proxecto técnico de edificación, fai un exhaustivo relato dos danos, das súas orixes, e valora, en fin, polo miudo as diversas partidas de obras, todo iso adornado cunha elocuente reportaxe fotográfica, calidades ausentes no outro informe, en demasía escueto, carecente de sistema, e que se presta sen efectuar as necesarias comprobacións, entre delas, e como a máis chamativas, non consultar o proxecto, ou as tendentes a demostrar a causa, alternativa, que propugna sobre os danos no solado do local, da rotura dalgún elemento da tubería de auga, absolutamente orfa de proba.

Pois ben, seguindo o discurso do primeiro informe, non compartimos a liña argumental de sentenza de instancia pois: A) O paso do tempo non exclúe a responsabilidade dos interviñentes no proceso construtivo mentres non trascurran os prazos de garantía que a norma establece. B) Sendo verdade que o local e vivendas foron adquiridos no ano 2006, e que a demanda formúlase dez anos despois, non é menos certo que xa houbo reclamacións anteriores, pois no ano 2014 promoveuse demanda de conciliación, constan na causa emails dos anos 2012 e 2013 nos que xa se denuncia a problemática e, en fin, a emisión do ditame pericial no ano 2014, cun relato dos amplos, xeralizados e consolidados danos, fan presumir vehementemente unha certa precocidade na etioloxía patolóxia. E sendo isto certo, non pode derivarse que houbo un comportamento indilixente dos copropietarios nas tarefas de mantemento, que resulta categoricamente excluida pola perito ('o estado de mantemento é bo', en expresión reiterada da perito). C) A perito ven entón descarta taxantemente esta posibilidade, e establece como motivo dos danos os vicios construtivos que de xeito detallado relata. D) Dun xeito máis preciso e concreto, a perito reseña como causa esencial dos danos nas fachadas, a utilización dun revestimento de morteiro de cemento, en lugar de morteiro de cal, tal como estaba previsto no proxecto técnico, en unión do emprego dunha pintura que impedirían que as paredes respiraran.

Cuarto: Partindo do informe pericial, incluimos na responsabilidade da demandada, ademáis dos importes de 120,06, 115,69, 283,82 e 29,02 euros, xa concedidos, os capítulos de pinturas á cal (896,02 euros), e morteiros de cal (9.913,08 euros). E resultan entón inevitables os gastos previos de andamiaxe e aparato elevador, por importe de 1.554,90 euros, e de embalaxe e traslado do equipo auxiliar e mobeis do local, por valor de 451,69 euros. Todos co IVE. En cambio, non incluimos as partidas de morteiros e pastas de nivelación e tratamentos superficiais de protección, por non aparecer suficientemente aclarados nin tampouco os conceptos de proxecto técnico de rehabilitación e reforma, proxecto de instalación de andamiaxe, gastos de licenza de obra a taxas e gastos administrativos pois, respecto destes últimos, descoñecemos a qué gastos concretos estase referir, e verbo dos outros tres botamos de menos unha explicación sobre porque son esas cifras e non outras, maiores ou menores. É, en definitiva, a incertidume sobre esas partidas e a súa contía o que lévamos rexeitar as últimas peticións.

En resumo, se conceden agora nesta alzada outros 12.815,07 euros, que máis os conceptos de gastos xerais ao 13%, ou sexa, 1.666,04 euros, e de beneficio industrial ao 6%, é dicir, 744,94 euros, danos a cifra de 15.226,05 euros. En total, 38.594,98 euros.

Quinto: A estimación en parte do recurso e da demanda conleva non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias (artigos 394 e 398 da L. A. C.).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con estimación parcial do recurso de apelación formulado por COMUNIDADE PROPIETARIOS CALLE000 , NUM000 - A CORUÑA representada pola Procuradora Sra. Alonso Fernández contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 13 de Vigo o día 20 de marzo de 2017, condenamos á demanda a que indemnice á actora na suma de 38.594,98 euros máis o IVE, cifra que devengará os xuros legais dende a data da interpelación xudicial ata a data da sentenza ditada en primeira instancia, xuros que serán os legais incrementados en dous puntos dende esta última data ata a do completo pagamento. Non facemos unha especial pronuncia sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.