Sentencia CIVIL Nº 8/2018...ro de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 8/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 617/2017 de 12 de Enero de 2018

Relacionados:

Tiempo de lectura: 11 min

Orden: Civil

Fecha: 12 de Enero de 2018

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 8/2018

Núm. Cendoj: 36057370062018100012

Núm. Ecli: ES:APPO:2018:53

Núm. Roj: SAP PO 53:2018

Resumen:
DIVORCIO CONTENCIOSO

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00008/2018

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO-

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2015 0008889

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000617 /2017

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 5 de DIRECCION000

Procedimiento de origen:DIVORCIO CONTENCIOSO 0000851 /2015

Recurrente: Silvia

Procurador: PURIFICACION RODRIGUEZ GONZALEZ

Abogado: ISABEL MARIA BLANCO FRANCO

Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Ambrosio

Procurador: CARINA ZUBELDIA BLEIN

Abogado: CELIA MARIA TIELAS AMIL

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 8/18

Vigo, doce de xaneiro de dous mil dezaoito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Divorcio 851/15 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 5 de DIRECCION000 ós que correspondeu o rolo 617/17, nos que aparece como parteapelante e demandante D./D.ª Silvia , representada polo/a procurador/a D./D.ª PURIFICACIÓN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª ISABEL BLANCO FRANCO, adhiríendose parcialmente o MINISTERIO FISCAL;e comoparte contra da que se apela e demandada D./D.ª Ambrosio , representada polo/a procurador/a D./D.ª CARINA ZUBELDIA BLEIN e asistida do/da letrado/a D./D.ª CELIA Mª TIELAS AMIL.

É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 5 de DIRECCION000 , con data do 3 de amio de 2017, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'En la demanda interpuesta por la Procuradora de los Tribunales Sra. Rodríguez González, en nombre y representación de Dña. Silvia , contra D. Ambrosio , representado por la Procuradora de los Tribunales Sra. Zubeldia Blein y en el que ha intervenido el Ministerio Fiscal, DECLARO DISUELTO por divorcio, el matrimonio formado los referidos cónyuges, con los efectos legales inherentes a dicha declaración, realizando los siguientes pronunciamientos:

Primero.- La guarda y custodia de los hijos menores se atribuye a la Sra. Silvia , sin perjuicio de la patria potestad compartida por ambos progenitores.

Segundo.- El Sr. Ambrosio podrá estar en compañía de sus hijos en los términos establecidos en el fundamento de derecho tercero de la presente resolución.

Tercero.- El Sr. Ambrosio satisfará en concepto de alimentos para sus hijos la cantidad de 1.000 euros mensuales, que abonará dentro de los cinco primeros días de cada mes en la cuenta corriente que al efecto designe la madre, cantidad que se actualizará anualmente conforme al Indice de Precios al Consumo.

Cuarto.- Ambos progenitores abonarán por mitad los gastos extraordinarios de los menores, entre los que se incluyen los médicos no cubiertos por la seguridad social o seguro médico privado, no teniendo la consideración de gastos extraordinarios los derivados de libros, material escolar, comedor y transporte escolar, uniformes ni actividades extraescolares.

Quinto.- El uso de la vivienda y ajuar familiar se atribuya a la Sra. Silvia , en cuya compañía quedan los hijos menores.

Sexto.- La hipoteca que grava la vivienda a será abonada por mitad entre ambos cónyuges, sin perjuicio de que si uno de ellos la abonara en su totalidad o en parte, tales cantidades serán tenidas en cuenta en el momento de la liquidación de la sociedad conyugal. También ambos cónyuges abonarán por mitad los gastos inherentes a la titularidad de la vivienda (IBI y cuotas extraordinarias de la comunidad de propietarios), mientras que la cuota ordinaria de dicha comunidad será abonada por la usuaria de la vivienda así como la tasa por la recogida de basura.

No se hace expresa imposición de costas.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Purificación Rodríguez González, en representación de D./D.ª Silvia , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 11 de xaneiro de 2018.


Fundamentos

Primeiro:En proceso contencioso de divorcio ditouse sentenza na que estableceuse a favor dos dous fillos do matrimonio, Higinio e Marino , hoxe de nove e seis anos de idade, e a cargo do pai non custodio, unha pensión alimenticia de 1.000 euros ao mes, anualmente actualizable. E contra esta decisión álzase a nai demandante polo canle do presente recurso de apelación contra aquela resolución, interesando que a pensión se eleve a 1.600 euros, igualmente mensuais.

O pedimento da actora recurrente lévamos examinar as circunstancias de toda índole, e moi especialmente as económicas do nucleo familiar.

Primeiramente, os nenos non teñen necesidades especiais, ou se estase preferir, teñen os gastos propios de nenos da súa idade. Ademáis dos gastos de educación ou comedor, teñen outros derivados de actividades extraescolares. Atendendo a todos estes conceptos consideramos como ponderada a postura da sentenza de instancia, que ven reseñar para este capítulo de necesidades unha suma mensual cercana aos 400 euros ao mes polos dous fillos, suma que non resulta posta realmente en cuestión polos contendentes. E a esta partida haberá que agregar obviamente outras, tales como as derivadas de vestimenta, calzado, libros, manutención en periodos de non escolarización, así como os consabidos gastos lúdicos, a considerar igualmente no caso examinado, dada a situación, que calificamos se moi desafogada, do nucleo familiar, moi especialmente polas importantes percepcións salariais da figura paterna, como seguidamente exporemos.

Un segundo elemento a considerar é a situación na que se atopa a familia, dado que mentres que nai e fillos residen en España, no que foi o domicilio familiar ao tempo da normalidade matrimonial, o pai dos menores reside en Brasil dende hai varios anos, e así vai permanecer invariable, presumiblemente, esa situación. A circunstancia non é precisamente irrelevante ou menor dado que, por unha banda, o pai, por razón da distancia, terá que facer desembolsos engadidos aos usuais e ordinarios para os casos de proximidade xeográfica, se quere exercitar o dereito de comunicación paterno-filial; máis, por outra, e como o pai non poderá estar cos fillos coa habitualidade acostumada (fins de semana alternas, visitas intersemanais...), esta última circunstancia implica naturalmente un impedimento para o aforro que supón para o proxenitor custodio que os nenos estean co non custodio neses períodos.

En terceiro termo, o pai ten que facer fronte ás necesidades dun terceiro fillo, de moi curta idade, froito dunha nova relación, ignorando completamente a Sala as circunstancias tanto económicas como de todo tipo, concernentes á nova muller.

En cuarto lugar, a nai custodia renunciou durante este proceso á percepción dunha pensión compensatoria, inicialmente solicitada. Segundo as súas propias menifestacións dispón hoxe de traballo, percibindo arredor de 340 euros ao mes tan só.

O uso da vivenda -e enxoval- familiares, en quinto lugar, atribuíse á nai e fillos, vivenda que é propiedade do matrimonio.

A última e moi especial circunstancia a tomar en consideración está naturalmente nos ingresos do demandado, moi superiores aos da súa exconsorte.

A contificación das percepcións salariais do pai entraña certas dificultades. E é que ao carón do soldo propiamente dito, percibe outros conceptos, ora en especie, ora en metálico. Gastos de desprazamento por razón de negocios, de equipamento, de casa, de coche -que poderá utilizar para fins privados 'dentro dun uso razoable', como reza o pertinente contrato de traballo- e outros semellantes son sufragados pola empresa. Igualmente, o demandado percibe outras sumas por obxectivos. Sen embargo, existe na causa proba documental dabondo -facilitada a maior parte dela polo demandado nun loable actuar procesual- para determinar as súas retribucións dentro dun certo relativismo -claro-, e partindo, en fin, de que na realidade o mesmo está parcibir dous salarios, un en España e o outro en Brasil.

En efecto, e a título de mero exemplo, en xaneiro de 2015 percibíu en España 3.154,80 euros netos -descontado incluso o IRPF-, e en Brasil 4.929 reais, o que a razón de arredor de catro reais o euro danos a cifra algo superior a 1.400 euros, o que fai o montante total para ese mes de algo mais de 4.550 euros. Cantidade semellante é a correspondente, por exemplo, ao mes de maio de 2016, 3.214 +1.400 euros, total 4.614 euros. Pódese xa que logo concluir reseñando como ingresos líquidos do demandado arredor de 4.500 euros, sen contar, en fin, coas compensacións económicas a que antes fixemos mención, que ainda que non poidan ter o concepto de salario propiamente dito, implican, quérase ou non, un aforro de gastos.

Pois ben, as circunstancias reseñadas lévamos acoller en parte o motivo do recurso, e fixar a cifra de 1.200 euros ao mes como a máis ponderada para atender ás necesidades da prole, sen prexuizo da contribución dos proxenitores aos gastos extraordinarios, tal como dispón a sentenza impugnada, cunha pronuncia non combatida.

Segundo: Non procede estimar, pola contra, o motivo do recurso referido ao aboamento das amortizacións do préstamo hipotecario contraido para a adquisición da vivenda familiar. A sentenza ditada en primeira instancia acorda axeitadamente que sexa pagada por mitade entre os cónxuxes prestameiros, co acertado argumento, sancionado xurisprudencialmente, de que estamos ante unha débeda da sociedade de gananciais, e non ante unha carga matrimonial propiamente dita, que podería establecerse entón a cargo dun dos proxenitores. Damos por reproducida, en evitación de indesexadas repeticións, a liña argumental de dita resolución, así como a cita das sentenzas do Tribunal Supremo que nela faise en apoio daquela. Sen que sexa óbice para a toma de decisión os escasos recurso económicos que di ter a apelante, extremo que descoñecemos exactamente.

Terceiro: Interesa finalmente a recurrente que os períodos de vacacións de verán dos menores en caso de realizarse en Brasil, se fixen por quincenas nos meses de xullo e agosto, e en compaña dun familiar.

O motivo do recurso non pode ser estimado por non aparecer debidamente xustificado. Contrariamente: A) O feito de que o pai teña un período vacacional menor que os fillos non supón evidentemente que o dereito de comunicación paterno-filial deba restrinxirse a aquel primeiro. B) A decisión ten moito máis sentido nun suposto como o presente, no que o pai, por razóns de distancia, vai ter uns contactos cos nenos moito menores que os estandarizados. C) Por último, non se demostra, nin se alega tan siquera algún comportamento incumpridor ou desviado do recurrido no exercicio da comunicación cos menores, que faga aconsellable a presenza permanente dun familiar. Esta presenza familiar, ante a falta de xustificación, suporía unha inxerencia inadmisible no exercico do dereito, que corresponde exclusivamente a pai e fillos.

Cuarto: A estimación en parte do recurso conleva non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada (artigo 398 da L. A. C.).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con acollida en parte do recurso de apelación formulado por Dª Silvia representada pola Procuradora Sra. Rodríguez González contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 5 de DIRECCION000 o día 3 de maio de 2017, fixamos como pensión alimenticia para os fillos e a cargo do pai a suma de 1.200 euros ao mes, anualmente actualizable. Confirmamos a sentenza apelada en todas a súas demáis pronuncias. E non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.