Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 85/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 287/2018 de 21 de Febrero de 2019
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 32 min
Orden: Civil
Fecha: 21 de Febrero de 2019
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 85/2019
Núm. Cendoj: 36057370062019100068
Núm. Ecli: ES:APPO:2019:261
Núm. Roj: SAP PO 261:2019
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00085/2019
N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
BN
N.I.G.36057 42 1 2016 0009708
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000287 /2018
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 14 de VIGO
Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000607 /2016
Recurrente: SEGURCAIXA ADESLAS S.A DE SEGUROS Y REASEGUROS
Procurador: JOSE FERNANDEZ GONZALEZ
Abogado: PATRICIA MAORTUA SANCHEZ
Recurrido: Elisa , Jose Pedro
Procurador: RAFAEL ANGEL FERNANDEZ FERNANDEZ
Abogado: LAURA MARIA RODRIGUEZ CASAL
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JAIME CARRERA IBARZÁBAL,Presidente D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 85/19
Vigo, vinte e ún de febreiro de dous mil dezanove.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 607/16 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 14 de Vigo ós que correspondeu o rolo 287/18, nos que aparece como parte, comoparte contra da que se apelante-impugnada e demandada SEGURCAIXA ADESLAS S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSÉ FERNÁNDEZ GONZÁLEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª PATRICIA MAORTUA SÁNCHEZ. E comoapelado-impugnante e demandante D. Jose Pedro e D.ª Elisa , representada polo/a procurador/a D./D.ª RAFAEL FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª LAURA RODRÍGUEZ CASAL
É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 14 de Vigo, con data do 4 de decembro de 2017, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'1. Estimar en parte la demanda interpuesta por doña Elisa y don Jose Pedro Segurcaixa Adeslas S.A., llenando la demandada a indemnizar a doña Elisa en 166.513,13 euros y don Jose Pedro en la cantidad de 71,897 euros, en ambos casos con los intereses legales desde la interpelación judicial.
2. Intereses previstos en el artículo 576 de la que Ley de la Enjuiciamiento Civil .
3. Cada parte abonará las costas causadas a su instancia y la mitad de las comunes'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a ó Procurador D. JOSÉ FERNÁNDEZ GONZÁLEZ en representación de SEGURCAIXA ADESLAS S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC). Polo Procurador D. Rafael Fernández Fernández impugnou a sentenza.
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 31 de xaneiro de 2019.
Fundamentos
Primeiro:Antes de entrar na cerna propiamente dita do asunto -e do estudo da excepción de prescripción invocada- cómpre realizar unha serie de puntualizacións para delimitar adecuadamente o obxecto da controversia nesta segunda instancia, na súa relación cos postulados dispositivo, de congruenza das sentenzas e da interdición da indefensión: A) A parte actora formula demanda de responsabilidade civil profesional (médica, e nun contexto curativo) contra a compañía de seguros, pivotando aquela sobre dous pilares, un primeiro, a existencia dunha mala praxis ou dun obrar culposo por parte do médico que practicou a intervención cirúrxica, e o segundo, a inexistencia do consentimento informado, ao terse subministrado a paciente unha información incompleta e insuficiente. B) A sentenza ditada en primeira instancia rexeita que poida apreciarse responsabilidade civil por neglixencia médica, que declara que non aparece suficientemente acreditada. C) Pola contra, remata por estimar a demanda con fundamento na segunda das invocacións, da falta do consentimento informado ou do incumprimento do deber de información. D) A demandante aquiétase con aquela primeira decisión da sentenza, que declara a inexistencia de culpa médica, impugnando devandita resolución soamente verbo das indemnizacións que establece ao seu prol. E) Por conseguinte, e ante este aquietamento da actora sobre e declaración xudicial de indemostración da culpa causal da responsabilidade -ao igual que aquíetase obviamente a parte demandada ao tratarse dunha pronuncia que lle beneficia completamente-, debe quedar fora desta segunda instancia o problema relativo á mala praxis médica. Ou por decilo doutro xeito, este tribunal de apelación non pode realizar unha nova valoración das probas atinentes á culpa médica para, no seu caso, e discrepando da apreciación probatoria do xulgador a quo, proclamar agora a existencia de responsabilidade culposa no acto médico propiamente dito. F) A parte demandada recurre a sentenza , invocando, primeiro, a concurrencia da excepción de prescrición; segundo, que non aparece probado que o dano neurolóxico padecido pola demandante teña a súa orixe nunha embolia gaseosa xurdida durante o transcurso da operación; terceiro, que deu debido cumprimento ás exixencias legais e xurisprudenciais establecidas verbo do instituto do consentimento informado; por último, que as indemnizacións acordadas a favor da parte demandante son excesivas.
Segundo: Por razóns metodolóxicas comezamos polo exame da excepción de prescrición alegada pola demandada partindo, claro é, de que atopámonos ante un suposto de responsabilidade civil extracontractual ou aquiliana, do artigo 1902 do código civil , e non de resposabiliade contractual, tal como declarou a sentenza de instancia, nun pronunciamento non impugnado. Concretamente, a discusión céntrase no dies a quo para o cómputo do prazo dun ano disposto polo artigo 1968-2º do mesmo código . Ou se prefírese, cal debe ser a data da alta da paciente, ou sexa, cando acada esta unha estabilidade lesional, que lle proporcionará entón todos os elementos de xuizo precisos para poder determinar os resultados danosos e prexudiciais definitivos, e poder así exercitar oportunamente e con pleno coñecemento de causa a acción (así debe entenderse as expresións 'dende que sóuboo o agraviado', e dende o día que as accións 'poideron exercitarse', empregadas polos artigos 1968 e 1969, respectivamente).
Terceiro: A excepción non pode ser estimada, pois a parte recurrente reseña como dies a quo o da alta hospitalaria, o 10 de abril de 2015, e non o da alta definitiva, que tivo lugar o día 30 de xullo dese ano. En efecto, a alta definitiva ten lugar nesta última data, tal como colíxese: A) Da proba documental (folios 103 e seguintes, e 112 e seguintes). B) Das declaración prestadas pola Médico rehabilitadora, a testemuña, Dona Nuria , que atendeu á paciente no seu proceso curativo. Efectivamente, e en manifestacións desta última -resumidas- , e por unha banda, o proceso de curación seguíuse en dúas faxes, unha primeira, moito máis ríxida, di elocuentemente a testemuña, en réxime de internamento hospitalario, e unha segunda, en réxime ambulatorio ou domiciliar; e por outra, a estabilización lesional prodúxose ao tempo da alta definitiva, rematado este segundo período. En último termo, e se examinamos a proba documental de altas, hospitalaria e definitva, deducimos, contrariamente ao afirmado pola demandada apelante, que o según periodo non foi precisamente paliativo, senón sanador. 'Continuará o tratamento en réxime ambulatorio nas áreas de FST neurolóxica, TO, Logopedia, e Neuropsicoloxía...' ,establece como plan de actuación médica a documental de alta hospitalaria (folio 107), en clara e inequívoca expresión da necesidade da continuación do tratamento curativo, ata que 'se considera o proceso rehabilitador estabilizado', segundo a fórmula empregada coherentemente na documental de alta definitiva (folio 114 volto).
Pero existe, en segundo termo, outro feito que impide igualmente apreciar a excepción, como é o acto interruptivo da mesma, resultante da reclamación extraxudicial realizada polos demandantes. En efecto, ante a invocación da excepción pola demandada, os actores achegaron á lite copia da carta realizando a correspondente reclamación. E ante a impugnación do documento por parte da demandada, foi requerida polo xulgado para que aportare o orixinal, o que fixo, comprobándose así a autenticidade do documento e a súa recepción (folio 24). A impugnación resultaba así infundada, e ata desleal, pois a demandada tiña pleno coñecemento da existencia e bondade da carta, que ainda conservaba.
En definitiva, presentada a demanda o día 28 de xullo de 2016, e obtida a alta definitiva o día 30 de xullo do ano anterior, non teríase esgotado en ningún caso o prazo do ano, prazo ademáis que aparecería interrumpido pola reclamación extraxudicial operada pola carta, que foi recepcionada o día 4 de decembro de 2015.
Cuarto: A demandada fai xirar a súa postura sobre dous eixos fondamente vencellados entre si. Por unha banda, descarta a embolia gaseosa como causa desencadenante das graves doenzas padecidas pola demandante. E por outra, asevera que acatou escrupulosamente a normativa reguladora do consentimento informado.
A primeira das cuestións non é precisamente baladí dado que, de ser certo que a etioloxía do resultado lesivo estaba noutro feito distinto da embolia gaseosa, non teríase que informar sobre esta complicación -moi grave- e, por conseguinte, non cabería anuar a acción de responsabilidade por falta de información despregada a esa carencia informativa. Estaríase dicir que se o accidente xurdíu por outras causas, ningunha relevancia tería informar sobre aquela complicación. A paciente tomaría igual decisión.
Quinto: A tese da inexistencia dunha embolia gaseosa atoparía o seu fundamento probatorio na pericia médica que se achega pola parte demandada, e prestada por D. Cosme , Neurólogo, e D. Desiderio , Radiólogo (folios 170 e seguintes e declaracións complementarias no acto do xuizo). E esa conclusión -non segura, como logo veremos- dedúcenna dun feito para eles esencial e inequívoco, como é a ausencia de aire nas probas diagnósticas de imaxe practicadas á paciente poucas horas despois da intervención cirúrxica. E seguindo a liña argumental dos peritos, o significado decisivo desa carencia non pode verse desdita pola afirmación do Neurólogo que asistíu á paciente, D. Emiliano , diagnósticando a 'embolia gaseosa cerebral masiva', porque esta conclusión tómase, segundo o ditame pericial -exclusivamente, debemos así entendelo-, 'apoiada na similitude do caso clínico coa literatura revisada por el mesmo'. Dito doutra maneira, os peritos veñen apuntar a que este segundo feito, da similitude, xeralizada ou sen discriminación, de casos, non era dabondo para chegar a aquel diagnóstico.
A aseveración dos peritos carece da necesaria consistencia.
Primeiramente, a afirmación pericial, de que o Neurólogo, Dr. Florencio , basea a súa conclusión diagnóstica -de embolia gaseosa- nesa similitude é unha simple conxetura, ao carecer de refrendo probatorio. Pola contra, semella lóxico, e ata obrigado, entender que este doctor, pola súa especialidade, precisamente, en neuroloxía, non circunscriba a diagnose a tan insubstancial ou abstracto factor. Pola contra, outros elementos debeu considerar para ela. E así o fixo, tal como veu resultar das súas declaracións como testemuña (calificada), e do propio historial da paciente redactado por devandito doctor, e ao que faremos alusión en momentos postreiros. En efecto, se analizamos as súas manifestacións no xuizo comprobamos que fai referencia a que o dano era recente, a que a fibrinolise resultó ineficaz, ou a unha normalización do ritmo cardíaco da paciente, en claras e contextes manifestacións, que en unión do embolismo múltiplo, xustificarían a súa toma de postura. As argumentacións engadidas de D. Emiliano , en favor desa gravísima complicación, da inmediatez entre a intervención e a complicación, e moi especialmente, de que houbo 'siembra de aire', en expresión do técnico, viría pechar o seu lóxico razoar, que vai máis aló nunha simple e xenérica coincidencia casuística, reiterámolo.
E, en segundo lugar, observamos no ditame, escrito e oral, dos peritos unha serie de omisións e incoherencias que fannos dubidar da bondade ou certeza deste instrumento de proba, e que procedemos reseñar separadamente.
Sexto: Ante todo, os peritos parten para a emisión do informe, exclusivamente, das probas documental e pericial (do Dr. Jacobo ). Non examinan a paciente (a diferenza do perito xudicial), nin temos constancia de que contactaran cos doctores relacionados coa intervención cirúxica e o seguimento curativo da enferma, na busca de toda a información suplementaria que podería servirlles para soster con todo o rigor posible as súas conclusións, especialmente co neurólogo, Dr. Florencio , para determinar, por exemplo, respecto deste último, se a súa diagnose de embolia gaseosa tomáraa polo mero feito da coincidencia de supostos, como afirman os peritos para basear o seu posicionamento. Sairían naturalmente de dúbidas se cosultaran a súa afirmación co propio médico.
En segundo lugar, os peritos non descartan realmente a embolia gaseosa como causa dos resultados danosos, senón que simplemente ditaminan unha 'etioloxía indeterminada' que, como tal, non exclúe esa posibilidade.
Supón, en terceiro lugar, unha incoherencia que se diga, sen embargo, que a causa 'máis probable' é un embolismo múltiplo de orixe cardiaca, cando non se detectou nin no preoperatorio nin durante a intervención ningunha anomalía arrítmica, ainda que for unha fibrilación auricular paroxística ou intermitente (nada propicia, por certo, para provocar un émbolo segundo declaracións do perito, D. Desiderio ), que non aparece avalada polo Anestesista nin por ningunha outra fonte médica. E se descarte, en cambio, practicamente, a embolia gaseosa cando, o criterio temporal e a multiplicidade embólica apoian significativamente esta tese. Os peritos toman partido tan inxustificado como interesado dentro desa disxuntiva. A ausencia de 'factores de risco vascular coñecidos', conforme á afirmación reiterada da pericia; o fracaso da fibrinolise (ainda que con eficacia xeral limitada segundo os peritos) realizada á paciente; a existencia dun foramen oval permeable, feito nos discutido; a rotura de vasos sanguíneos na pupila para poder extraer o cálculo; a existencia de aire; o inevitable presionado do aire, derivado da utilización dos balóns - o informe fala, ao folio 132, de hiperpresión que se derivaría do procedimento endoscópico elexido), apuntalarían de xeito coincidente e decisivo a segunda das hipóteses e non a primeira, incrementando entón o sensentido da elección da embolia sólida como a causa máis probable. En definitiva, e con independencia da súa frecuencia, dábanse todos os condicionantes para a aparición da embolia gaseosa, e non dunha embolia por sangue, absolutamente indemostrada e altamente improbable pola falta de antecedentes na paciente .
En cuarto lugar, e malia que os peritos, para xustificar a súa inferencia 'dunha etioloxía indeterminada', aseveren que non estamos ante un caso infrecuente, recoñecen , sen embargo, que nos movemos nunha porcentaxe en torno á do 15% tan só, indeterminación as veces debida, precisamente, á falta dun estudo completo. Por decilo doutro xeito, se no caso esgotáronse os estudos, esa porcentaxe de indeterminación, xa de por si pequena, veríase disminuida.
Existen, en quinto lugar, outras tres circunstancias que botan ainda máis por terra o pericia que estamos analizando. Referímonos, por unha banda, ao momento no que practicouse o TAC, debendo salientarse verbo deste extremo que a pericia fala en determinados momentos do relato de precocidade na realización das probas, ou de que a ausencia no TAC de alteracións relevantes explicaríase dado 'o escaso tempo transcurrido' entre a intervención cirúrxica e a proba (folio 182 volto). Por outra, a que de conformidade coa bibliografía médica reseñada polos propios peritos no seu informe, a proba sería ineficaz para detectar unha embolia gaseosa con émblos de menos de 1,5 milímetros de tamaño. E por outra, e abundando na postura que sostemos, a que o Neurólogo, D. Emiliano , non limitou a súa conclusión sobre a embolia gaseosa como causa do infarto cerebral á coincidencia -aséptica- de casos sen máis. Pola contra, e á hora de redactar a historia clínica da enferma, despois de expresar que ás 19,30 horas do 28 de agosto volveu valorar a paciente da UCI, e de que media hora máis tarde reuníuse coa familia, engade literalmente que 'explico que efectivamente as imaxes do RM carebral que figuran nunha desas publicacións son compatibles co caso actual e que penso que efectivamente a causa dos múltiplos infartos pode ter sido por embolismo aéreo e non por émbolos fibrina e plaquetas'. O doctor basea o seu diagnóstico, non na existencia, sen máis, na literatura médica deses supostos, como semella indicar a parte apelante, senón exactamente na coincidencia de imaxes das RM que se aprecian entre os supostos alleos ao presente e este último. A conclusión do Neurólogo está plenamente fundamentada.
Sétimo: A xeito de recopilación e compartindo plenamente a apreciación probatoria do xulgador a a quo, á que remitímonos, damos por acreditado que foi o embolismo gaseoso e non a embolia de orixe cardíaca o elemento causal desencadeante do infarto cerebral, o que coleximos dos seguintes datos e factores: A) A inexistencia de antecedentes cardíacos desfavorales para a paciente. B) Que non houbo ningunha anomalía cardíaca durante a intervención cirúrxica. C) Que resulta plenamente explicable o embolismo gaseoso nun acto médico comprensivo dunha rotura de vasos sanguíneos por mor do corte da pupila, e do emprego de balóns de dilatación e de presión do aire, en unión da existencia do foramen oval permeable entre as dúas cavidades auriculares, que permitía a chegada do aire ao cerebro. D) A ineficacia da fibrinolise. E) A multiplicidade e multiterritorialidade dos infartos, moito máis explicables -e menos apreciables-, por lóxica, para un elemento gaseoso, que para un elemento sólido, como son émbolos de fibrina e plaquetas. F) Que os peritos non descartan esa complicación como a causante do infarto. G) Que hai 'sementeira de aire' segundo o Neurólogo, doctor Florencio . H) A inmediatez da complicación é o outro -e máis ostensible- elemento que pecha o círculo argumental.
Oitavo: A lei 8/2008, de 10 de xullo, de Saúde de Galicia determina no artigo 8 , como dereito relacionado coa autonomía de decisión do paciente 'a que se solicite consentimento informado nos termos establecidos na Lei 3/2001, de 28 de maio, e na Lei 3/2005, de 7 de marzo, de modificación da anterior. Entenderase por consentimento informado o prestado libre e voluntariamente pola persoa afectada para toda actuación no ámbito da súa saúde e unha vez que, recibida a información adecuada, tivera valorado as opcións propias do caso'.
E o artigo da Lei de 2001 dispón: '2. A información será verdadeira, comprensible, adecuada ás necesidades do paciente, continuada, razonable e suficiente. 3. A información facilitarase coa antelación suficiente para que o paciente poida reflexionar e decidir libremente. 5. A información deberá incluir..riscos frecuentes e riscos pouco frecuentes, cando sexan de especial gravidade e estean asociados ao procedimento dacordo co estado da ciencia'.
Por outra banda, a ratio na norma estriba, como indica a sentenza do Tribunal supremo de 8 de abril der 2016 (en interpretación e aplicación da normativa estatal), en que 'esta responsabilidad se residencia no en una negligente o defectuosa práctica del acto médico quirúrgico, sino en la falta adecuada de información al paciente sobre los riesgos de la intervención, privándole de la oportunidad de valorarlos y de decidir con libertad y conocimiento de causa si consentía aquélla... provocándose la incertidumbre causal en torno a la secuencia que hubieran tomado los hechos de haber sido informado el paciente...'.
En expresión da sentenza do mesmo tribunal de 28 de novembro de 2007 'esta Sala ha declarado reiteradamente que la información al paciente ha de ser puntual, correcta, veraz, leal, continuada, precisa y exhaustiva, es decir, que para la comprensión del destinatario se integre con los conocimientos a su alcance para poder entenderla debidamente y también ha de tratarse de información suficiente que permita contar con datos claros y precisos para poder decidir si se somete a la intervención que los servicios médicos le recomiendan o proponen'.
Noveno: O volcado das normas e criterios xurisprudenciais precedentes sobre o caso de lite lévamos á conclusión, en coincidencia coa sentenza de primeira instancia, de que non houbo información adecuada e completa, dado quer o risco da embolia gaseosa, ainda que infrecuente -moi infrecuente-, existía e era coñecido da ciencia médica. Boa proba disto é que o Anestesista que intervíu na operaciíon, ante o fracaso inicial da fibrinolise, como solución médica para por couto ao infarto cerebral xurxido, deuse conta entón, e alertou, como alternativa por el coñecida, sobre a posible existencia do embolismo gaseoso, como explicación alternativa da doenza. E chegados a este punto do discurso, ignoramos exactamente a frecuencia do mal, ainda que debemos consideralo como moi baixa. Máis esta apreciación aparece moi relativizada se temos en conta que un factor esencial para determinar o verdadeiro e exacto grao de frecuencia atoparíamolo na comparativa entre o número de casos habidos e o tipo de endoscopia practicado, neste caso caracterizado polo emprego de balóns de aire, e polo exercicio dunha presión sobre este elemento, o que en unión do corte practicado na papila e o contacto entón dos vasos sangúineos co aire, poderían provocar o grave desenlace, da embolia gaseosa a consecuencia da colangiopancreatografía retrógrada endoscópica (CPRE). En manifestación literal do perito médico xudicial, D. Luis Alberto , despois de expresar que se ben a embolia gaseosa non é unha complicación frecuente da CPRE, 'ainda que cada vez son máis frecuentes e variadas as complicacións secundarias á realización de técnicas endoscópicas debido ao grande aumento deste tipo de procedimentos'. A ciencia prevé esta complicación -gravísima-, e a mesma ata era coñecida polo Anestesista que intervíu nese acto médico. En resumo, non estamos ante un suceso descoñecido pola ciencia e, xa que logo, debeu subministrarse información sobre el á paciente. Neste senso, o Tribunal Supremo, na sentenza de 16 de xaneiro de 2012 , nun suposto de responsabilidade profesional médica baseada na falta de información (e non nunha mala práxis médica na realización da intervención cirúrxica), estimou infrinxida a normativa sobre a información ao omitirse unha complicación moi grave cunha frecuencia entre o 0,2 e 0,4 %. Como se reseña nesa resolución 'la complicación surgida es de escasa incidencia estadística (entre el 0,2 y el 0,4), pero el riesgo de resultados como el enjuiciado en una operación vertebral es lo suficientemente importante como para no haber sido omitido'.
Décimo: Para fixar a correspondente indemnización, os criterios seguidos para os casos de responsabilidade por incumprimento do deber médico de informar non son os mesmos que para os de responsabilidade por culpa médica propiamente dita, ou sexa, cando o profesional vulnera a lex artis. Neste caso, a relación causal do dano indemnizable aparece co acto médico culposo, mentres que no primeiro coa obriga de informar. En efecto, e como advirte a sentenza do Tribunal Supremo de 8 de abril de 2016 , 'la relación de causalidad se establece entre la omisión de la información y la posibilidad de haber eludido, rehusado o demorado el paciente la intervención médica cuyos riesgos se han materializado'.
Continúa dicir a sentenza que 'se ha venido distinguiendo entre supuestos en los que, de haber existido información previa adecuada, la decisión del paciente no hubiese variado y, en principio, no habría lugar a indemnización ( STS 29 de junio de 2007 ), sin perjuicio de que en ciertas circunstancias, se pudiese determinar la existencia de un daño moral, de aquellos otros en que, de haber existido información previa adecuada, la decisión del paciente hubiese sido negarse a la intervención, por lo que, al no existir incertidumbre causal, se concede la indemnización íntegra del perjuicio que se ha materializado ( SSTS 23 de abril de 1992 ; 26 de septiembre de 2000 ; 2 de julio de 2002 ; 21 de octubre de 2005 )'.
E engade como un terceiro suposto, no que descoñecéndose con certeza a decisión que tomaría o paciente, e se o acto médico tiña unha finalidade curativa 'es razonable que, en principio, se asumiese el riesgo, pero también lo es que, al no informarse de ello al paciente, nos encontramos en esa franja intermedia de incertidumbre causal que debe ser merecedora de indemnización por privarse al lesionado de autonomía de voluntad para decidir'.
Pola súa banda, a sentenza de 16 de xaneiro de 2012 afirmaba que 'e n definitiva, existe una evidente incertidumbre causal en torno a la secuencia que hubieran tomado los hechos de haber sido informado el paciente, en base a lo cual y dentro del ámbito de la causalidad material o física que resulta de la sentencia, es posible hacer efectivo un régimen especial de imputación probabilística que permite reparar en parte el daño, como es la pérdida de oportunidad, que toma como referencia, de un lado, el daño a la salud sufrido a resultas de la intervención y, de otro, la capacidad de decisión de un paciente razonable que valora su situación personal y decide libremente sustraerse o no a la intervención quirúrgica sin el beneficio de conocer las consecuencias para su salud una vez que estas ya se han producido. Ello exige una previa ponderación de aquellas circunstancias más relevantes desde el punto de vista de la responsabilidad médica, que en el caso se concretan en una intervención clínicamente aconsejable, en la relación de confianza existente entre paciente- médico, en su estado previo de salud, el fracaso del tratamiento conservador, las complicaciones de escasa incidencia estadística y en las consecuencias que se derivaron de la misma'.
Por último, citamos a sentenza de 4 de marzo de 2011 , a teor da cal e verbo do deber de información, se indica que este ' está especialmente vinculado a la clase de intervención: necesaria o asistencial, voluntaria o teniendo en cuenta las evidentes distinciones que la jurisprudencia de esta Sala ha introducido en orden a la información que se debe procurar al paciente, más rigurosa en la segunda que en la primera dada la necesidad de evitar que se silencien los riesgos...' E esta resolución establece unha serie de parámetros a considerar para a fixación do quantum indemnizatorio, que sen representar un numerus claussus, consistirían no grao de información, a frecuencia da complicación, a probabilidade de que o paciente, de coñecer todas as consecuencias resultantes do acto médico programado, non se tiver sometido a el, a gravidade e finalidade da intervención (curativa ou simplemente asistencial, por exemplo), a posibilidade doutras alternativas terapéuticas, o alcance do resultado danoso, material e moral, ou o estado previo e circunstancias do paciente.
Décimo Primeiro:A demandada postula, con carácter supletorio, e para o caso de que se estime a demanda, por apreciarse infracción do deber legal de informar, que a indemnización que a sentenza de instancia establece na porcentaxe do 50% se reduza ao 10%. Pois ben, valorando todos os factores, obxectivos e subxectivos, precedentemente enumerados decidimos acoller en parte este motivo de recurso. Para iso temos en conta: A) Que estamos ante un acto médico curativo . B) Que a operación cirúrxica, que facíase con anestesia xeral, non revestía inicialmente especial garavidade nin riscos significados. C) Que había outras alternativas terapéuticas, das que non temos a debida constancia das súas ventaxas e inconvenientes respectivos, en comparación coa litixiosa. D) Que as consecuencias na saúde física e mental, e prexuizos patrimoniais e morais para a paciente foron moi graves. E) Que atopámonos ante unha paciente que ao tempo da intervención tiña 71 anos de idade, e da que non temos constancia dalgunha patoloxía salientable -agás da que motivou a operación-. F) Que a embolia gaseosa representa unha complicación moi excepcional, ainda que coñecida pola ciencia médica. Todo iso lévamos fixar como ponderada a porcentaxe indemnizatoria do 30%.
Décimo Segundo:Seguindo o esquema do recurso de apelación interposto pola parte demandada, esta ven invocar en realidade a súa carencia de lexitimación para soportar unha acción, que ten a súa causa de pedir na infracción do deber de información. Na versión da apelante, dado que o deber de información trátase dunha obriga persoalísima do médico, a responsabilidad deste último non podería facerse extensiva a ela, como allea, en fin, a toda relación co médico que realizou a intervención e omitíu a información.
O motivo do recurso non pode aceptarse pola súa inconsistencia xurídica, xa que o posicionamento da parte implica obviar, tanto que a información trátase dun acto médico máis, como o instituto da culpa in vigilando, así como a existencia dun acordo ou concerto entre a demandada e o centro hospitalario no que está integrado o médico que realizou a intervención cirúrxica.
En efecto, e en primeiro lugar, e como xa deixamos sentado, a normativa reguladora do consentimento informado establece este como un dereito do enfermo e á vez como unha obriga do médico. E sendo certo que estamos ante un deber persoalísimo, iso non empece a responsabilidade da demandada, ao igual que sucede cos restantes actos médicos, igualmente asumidos de forma persoal, directa e exclusiva polo facultativo que asiste ao enfermo. A dicotomía que pretende realizar a parte carece de substento xurídico.
E, en segundo lugar, a responsabilidade da demandada nace do artigo 1903 do código civil , por culpa in eligendo, en relación coa normativa reguladora da relación entre a demandada e o centro médico concertado, e no que prestaba os seus servizos o médico que realizou a intervención cirúrxica.
Así, o Real Decreto Lexislativo 4/2000, de 23 de xuño, polo que apróbase o texto refundido da Lei sobre Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado, dispón no artigo 17. 1 que a asistencia sanitaria facilitarase pola Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, quer directamente, quer por concerto con outras endidades ou establecimentos públicos ou privados. E o artigo 280 c) do Real Decreto Lexislativo 3/2011 , de 14 de novembro, por el que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, establece entre outras obligacións do contratista: C) Indemnizar os danos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira o desenvolvimento do servizo (excepto cando o dano sexa producido por causas imputables á Administración'. En definitiva, e en virtude do concerto entre a demandada e os centro médicos que libremente elexía, aquela asumía toda responsabilidade derivada da actuación profesional dos facultativos pertecentes ao centro respectivo.
A lexitimación pasiva da demandada aparece sancionada pola xurisprudencia, ora de maneira expresa, ora implicitamente, estimando demandas por responsabilidade médica contra ela formuladas.
Como expresa a sentenza de 19 de xuño de 2001, despois de proclamar que 'ha quedado probado la producción del resultado lesivo en el ámbito del contrato de asistencia médica concertada entre las partes por una defectuosa prestación del servicio por personal perteneciente al cuadro médico de la aseguradora', que 'debe estimarse que, en virtud del contrato suscrito, la entidad recurrente asumió no sólo el pago de los gastos médicos, sino la efectiva prestación de la asistencia sanitaria a través de los facultativos y los medios que la misma determina y en las condiciones y requisitos que la póliza detalla, los cuales no son de absoluta libre elección por el asegurado, que ha de limitarse al cuadro de centros y profesionales de la compañía'.
A lexitimación da entidade concertada dedúcese igualmente da sentenza do Tribunal Supremo (do Pleno) de 13 de outubro de 2015 , mencionada na sentenza ditada en primeira instancia ('debe destacarse que la acción del mutualista contra la entidad concertada o contra los centros o facultativos del cuadro médico de la misma no nace de una relación personal contractual entre ambos, sino del compromiso contraído por la entidad con la Mutualidad con la que ha celebrado el concierto como contrato de servicio público, con obligación, merced a la Ley que los regula, de no causar daños a terceros como consecuencia del desarrollo del servicio').
Admiten tamén a lexitimación, de maneira implícita, as sentenzas de 8 de novembro de 2007 e 6 de febreiro e 20 de setembro de 2018 , algunha delas nas que é parte litigante a hoxe demandada, e permitíndose incluso por esta última resolución o exercicio dunha acción de repetición dunha aseguradora médica fronte aos medicos do seu cadro médico.
Derradeiramente, o discurso argumental pechámolo co feito de que a parte demandada admitíu no escrito de contestación á demanda ser a que pon a disposición dos mutualistas os cadros médicos, dentro dos cales deben elexir estes últimos (feito primeiro).
Décimo Terceiro:O recurso formulado pola parte actora circunscríbese aos montantes indemnizatorios fixados pola sentenza de instancia.
O primeiro motivo de discrepancia da parte demandante coa sentenza de instancia radica en que esta resolución 'garda silencio sobre o factor correitor de lesións permanentes que constituen unha incapacidade permanente absoluta, sen proceder contificar dita partida'.
O motivo do recurso non pode admitirse, dado que o que está prantexando a parte apelante é a existencia na sentenza dun vicio de incongruenza omisiva, que exixe que previamente á formulación do recurso se faga uso do remedio do complemento das sentenzas sancionado polo artigo 215 da L. A. C. ( sentenzas do Tribunal Supremo de 14 de setembro de 2016 e 23 de novembro de 2018 , e auto de 28 de novembro de 2018 ).
Por outra banda, existiría un obstáculo engadido que impediría igualmente estimar a pretensión, como é que a mesma non foi oportunamente deducida na demanda. En efecto, nos antecedentes de feito da mesma (decimoquinto) faise alusión á grande invalidez, pero non á incapacidade permanente absoluta. E por se algunha dúbida restare -que non queda-, a mesma aparecería esvaecida polo propio suplico da demanda, onde novamente reséñanse os capítulos reclamados (dias de curación, secuelas, danos morais complementarios, grande invalidez), sen mención do factor que agora extemporaneamente se postula.
Décimo Cuarto:Discrepa igualmente a parte demandante da pronuncia do xulgador a quo, rexeitando apreciar o factor correitor por danos morais complementarios. Dito de maneira simplificada, o problema se circunscribe a determinar se na aplicación dese factor correitor temos que acudir á suma global aritmética das secuelas concucrrentes ou, contrariamente, debemos aplicar a fórmula Balthazar.
A cuestión aparece resolta no primeiro dos sentidos pola sentenza do Tribunal Supremo de data 15 de xullo de 2013 , ditada en aplicación da norma vixente ao tempo do presente suceso. Di literalmente esta resolución que 'la Tabla IV prevé un factor de corrección que viene a incrementar las indemnizaciones básicas por lesiones permanentes, titulado ' daños morales complementarios' que 'se entenderán ocasionados cuando una sola secuela exceda de 75 puntos o las concurrentes superen los 90 puntos, siendo durante el año 2005 hasta un máximo de 77.639,12 euros.'
'La sentencia impugnada ha concedido por este concepto una cantidad de 75.000 euros, mientras que la aseguradora recurrente considera que no se dan los requisitos necesarios para tal reconocimiento. Es cierto que no existe secuela alguna cuya puntuación exceda de 75, pero también lo es que la suma aritmética de los puntos reconocidos por secuelas alcanza la cantidad de 149, excediendo con mucho de los 90 señalados en la Tabla IV, debiendo precisarse al respecto que aquí ha de tenerse en cuenta la suma aritmética de puntos pues se habla de puntuación correspondiente a 'secuelas concurrentes' y no la ' puntuación conjunta' que se obtiene tras la aplicación de la fórmula de Balthazar, lo que pone de manifiesto la voluntad del legislador de referirse en este caso a la suma aritmética y no a la ponderada'.
O criterio xurisprudencial aparece seguido pola xurisprudencia menor ( sentenzas de 27-9-2014, da Sección 8ª da AP de Sevilla ; de 29-3-2016, da Sección 1ª da AP de Álava ; de 28-12-2017, da Sección 14ª da AP de Barcelona ; de 8-1-2018, sa Sección 28ª da AP de Madrid ; e de 8-1-2018, da Sección 4ª da AP de Barcelona).
Tendo en conta o silencio observado pola parte actora na concreción económica deste concepto, que o deixa ao arbitrio do tribunal, e atendendo ao alcance das lesións e secuelas resultantes, que acadan unha puntuación global de 110 puntos, contificamos esta partida nun mínimo de 20.000 euros, do que satisfarase a porcentaxe xa expresada do 30%.
Décimo Quinto:A estimación parcial do recurso e da impugnación conleva que non fagamos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada (artigo 398 da L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que con estimación en parte do recurso de apelación promovido por SEGURCAIXA ADELAS S.A. representado polo Procurador Sr. Fernández González e da impugnación formulada por D. Jose Pedro e Dª Elisa representados polo Procurador Sr. Fernández Fernández, contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 14 de Vigo o día 4 de decembro de 2017: A) Declaramos aplicable o factor correitor de danos morais complementarios pola suma de 20.00o euros. B) Se reducen as corespondentes indemnizacións ao 30%. Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta segunda instancia.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012028718, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado
