Sentencia CIVIL Nº 9/2018...ro de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 9/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 633/2017 de 12 de Enero de 2018

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 12 de Enero de 2018

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 9/2018

Núm. Cendoj: 36057370062018100010

Núm. Ecli: ES:APPO:2018:51

Núm. Roj: SAP PO 51:2018

Resumen:
OTRAS MATERIAS MATRIMONIALES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00009/2018

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO-

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2010 0013047

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000633 /2017

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 12 de VIGO

Procedimiento de origen:MODIFICACION DE MEDIDAS SUPUESTO CONTENCIOSO 0000412 /2016

Recurrente: Jeronimo

Procurador: ALBERTO VIDAL RUIBAL

Abogado: MANUEL ANGEL VEREZ VARELA

Recurrido: Valentina , MINISTERIO FISCAL

Procurador: FRANCISCO JAVIER TOUCEDO REY

Abogado: LUIS SANJIAO GARCIA

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 9/18

Vigo, doce de xaneiro de dous mil dezaoito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Modificación Medidas 412/16 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 12 de Vigo ós que correspondeu o rolo 633/17, nos que aparece como parteapelante e demandado D./D.ª Jeronimo , representada polo/a procurador/a D./D.ª ALBERTO VIDAL RUIBAL e asistida do/da letrado/a D./D.ª MANUEL ANGEL VEREZ VARELA,e comoparte contra da que se apela e demandante D./D.ª Valentina , representada polo/a procurador/a D./D.ª JAVIER TOUCEDO REY e asistida do/da letrado/a D./D.ª LUIS SANJIAO GARCÍA. Es parte nesta apelación óMINISTERIO FISCAL.

É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 12 de Vigo, con data do 20 de abril de 2017, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Estimo parcialmente la demanda formulada y acuerdo fijar en 350 euros mensuales la pensión de alimentos a cargo del padre y a favor de ambos manores (175 euros por cada uno), sin imposición de costas.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Alberto Vidal Ruibal, en representación de D./D.ª Jeronimo , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 11 de xaneiro de 2018.


Fundamentos

Primeiro.En proceso de divorcio do ano 2010 ditouse sentenza o dia 28 de outubro dese ano, aprobándose o convenio regulador, en virtude do cal pactábase unha pensión de alimentos para os dous fillos, e a cargo do pai non custodio, de 400 euros ao mes.

En acordo acadado en procedimento de modificación de medidas do ano 2011 ditouse nova sentenza o día 23 de abril de 2012, na que rebaixábase a pensión a 300 euros.

E solicita agora a nai custodia a través do presente proceso, igualmente de modificación de medidas, que a pensión se eleve a 422,40 euros, suma que resultaría de volver tomar en consideración a primeira pensión, de 400 euros, máis o IPC correspondente aos anos transcurridos.

A sentenza ditada en primeira instancia acorda acoller en parte o recurso, fixando a pensión de 350 euros, decisión que encerra unha certa incoherencia dado que esta resolución declara que non houbo unha alteración substancial das circunstancias, presuposto da substancialidade da modificación requerido pola norma (en esencia, artigos 90, párrafo penúltimo, e 91, último inciso, do Código Civil ).

Recurre a sentenza o pai, interesando que se manteña a pensión de 300 euros.

Segundo: Ata dúas reflexións cómpre realizar para un enfoque correcto da lite.

A primeira estriba en que corresponde á parte demandante, como invocante da actual alteración substancial das circunstancias, comparativamente coas concurrentes ao tempo de ditarse a anterior sentenza matrimonial, a demostración da alteración, de conformidade coas reglas que sobre a carga da proba establece o artigo 217 da L. A. C., onus probandi que acentúase para o caso de que sexa o demandante o que teña, precisamente, a dispoñibilidade e facilidade probatorias.

E a segunda consideración implica que a resolución da controversia pasa necesariamente por examinar as circunstancias persoais, familiares, económicas e doutras diversas índoles, que rodean ao nucleo familiar, entendido este nun senso máis amplo e abarcante que o estricto, constituido por pais e fillos, pois non é infrecuente precisamente que aqueles formen novos nucleos familiares estables, ou teñan nova descendencia, factores todos eles que deben ser loxicamente valorados para a toma da decisión final.

Terceiro: Non apreciándose que teña habido no pai demandado, e hoxe apelante, unha modificación significada das súas percepcións salariais, a parte actora fundamenta a súa pretensión de incremento da pensión nun feito moi concreto: A perda do seu traballo e o paso a unha situación de desemprego, novo estado que suporía por lóxica unha merma dos seus ingresos. Sen embargo, por este simple feito non procede realmente a modificación se temos en conta as circunstancias que deseguido reseñamos.

En primeiro termo, descoñecemos absolutamente a causa desencadeante da situación de desemprego. A demandante semella alegar que foi despedida da empresa por razóns obxectivas, pero non xustifica o aserto, e doado lle sería facelo achegando a correspondente proba documental. Ainda máis, nun determinado intre do seu relato, ao ser interrogada, manifesta que perdeu o traballo 'porque basicamente me botaron', en clara e inequívoca alusión á existencia doutras razóns que a levaron ao paro. Dito doutra maneira, ignoramos se a causa do cesamento da relación laboral foi un despedimento, con causa ou sen causa lexítima, ou un cesamento voluntario.

En segundo termo, e na hipótese de que houber un despedimento sen causa, a demandante tería loxicamente o dereito a unha indemnización, que a mesma admite, e que fixa en torno aos 3.000 euros, pero sen probar tampouco documentalmente que esa foi efectivamente a compensación, e non outra maior.

En terceiro lugar, o despedimento forzoso parece moito máis improbable se cabe se, como a actora recoñece, era enlace sindical.

Non pode esquecer loxicamente este tribunal de apelación, en cuarto lugar, que un dos motivos que podería levar á nai a deixar de traballar sería os graves padecimentos que sufre un dos fillos, e a conseguinte necesidade entón de dedicarlle unha atención permanente, que sería incompatible finalmente co mantemento dun horario laboral, pero a orfandade probatoria sobre estes extremos é absoluta.

Resulta extrano, en quinto e último lugar, que arrastrándose o empeoramento económico que se postula dende o ano 2014, como se indica, se demore a revisión da pensión algo máis de dous anos.

En resumo, a inexplicable incuria probatoria observada pola parte demandante sobre feitos decisivos para resolver sobre a súa petición, tales como a causa, voluntaria ou non, da extinción da relación laboral, ou sobre o montante real da indemnización que recoñece ter recibido, en unión, por unha banda, de que a actora non alegou na demanda- a que constitúe, coa contestación, o acto procesual da parte para fixar o obxecto do proceso, comprensivo tanto da pretensión como das razóns de pedir- como elemento motivador do cese no traballo a necesidade de prestar atención plena ao fillo; e por outra, de que a invalidez que padece a demandante xa é moi anterior ás situacións derivadas da ruptura matrimonial, e polo tanto a non considerar, conducen necesariamente a estimar o recurso de apelación promovido polo demandado, e a rexeitar a demanda, manténdose conseguintemente a pensión alimenticia nos 300 euros mensuais, sen prexuizo, claro é, da súa actualización dacordo co IPC.

Cuarto: Non apreciamos que concurra algunha circunstancia de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais da primeira instancia polo artigo 394 da L. A. C.. Por outra banda, a acollida do recurso conleva non facermos unha especial pronuncia sobre as custas da alzada, conforme ao artigo 398 da mesma Norma.

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con estimación do recurso de apelación formulado por D. Jeronimo representado polo Procurador Sr. Vidal Ruibal contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 12 de Vigo o día 20 de abril de 2017 rexeitamos a petición de incremento da pensión alimenticia interesada pola demandante D. Valentina , impoñendo a esta última as custas procesuais da primeira instancia e sen facer unha especial declaración sobre as desta segunda.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.