Última revisión
17/09/2017
Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 146/2020, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15142/2019 de 12 de Marzo de 2020
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 15 min
Orden: Administrativo
Fecha: 12 de Marzo de 2020
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 146/2020
Núm. Cendoj: 15030330042020100141
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2020:1522
Núm. Roj: STSJ GAL 1522:2020
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00146/2020
-Equipo/usuario: IL
Modelo: N11600
PLAZA GALICIA S/N
Correo electrónico:sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal
N.I.G:15030 33 3 2019 0000304
Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015142 /2019 /
Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA
De D./ña. Emilio
ABOGADOIGNACIO CASEIRO GOMEZ
PROCURADORD./Dª. SONIA MARIA RODRIGUEZ ARROYO
ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA
ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO
PROCURADOR D./Dª.
RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
NO NOME DE EL-REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
MARIA DOLORES RIVERA FRADE-PTE
JUAN SELLES FERREIRO
FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO
A CORUÑA, doce de marzo dous mil vinte.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 15142/2019, presentado por Dº Emilio, representado polo procurador Sr. Rodríguez Arroyo, dirixido polo letrado Dº Gomez Caseiro, contra o acordo de 25.10.2018 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo letrado do Estado.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.
TERCEIRO. -Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.
CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 23.878,23 EUROS.
Fundamentos
PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 25.10.2018 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación IRPF ano 2010: a) axudas de custo e asignacións de viaxes: 14.400 euros e b) rendas por traballos no estranxeiro ( Portugal ): 32.338,32 euros.
Verbo das axudas de custo nada se alega.
SEGUNDO.-O recorrente alega que a sociedade para a que traballaba - POLIPROPILENO DE GALICIA SAU- da que era Director Xeral, encomendoulle a prestación de servizos por conta da mesma en Portugal, e que da súa labor xurdiron ventaxas para a empresa de Portugal (vinculada co Polipropileno de Galicia SAU ); a empresa portugüesa contaba, neses momentos, co su propio Director Xeral, realizando o recorrente función de supervisión. Percibía un salario de desprazamento.
Traballaba tamén para COMERCIAL INTERNACIONAL DE POLIPROPILENO SLU dende o 16.07.2007 coma director de desenvolvemento internacional; foi esta sociedade quen lle pagou as retribucións polos traballos en Portugal.
Despedírono de Polipropileno de Galicia SAU e de COMERCIAL INTERNACIONAL DE POLIPROPILENO SLU o 03.04.2014.
O letrado do Estado sostén que non se cumpren as esixencias do art. 7.P LIRPF.
A resolución da AEAT e do TEAR - e asemade o letrado do Estado- reflicten varios atrancos para que o recorrente poida acollerse á exención do art. 7.P LIRPF e, a primeria delas, é que o recorrente era o DIRECTOR XERAL de PROPIGAL SAU.
Consonte sinala a doutrina: Están exentos os rendementos do traballo percibidos por traballos realizados no estranxeiro ( art. 7. p) LIRPF e art. 6 RIRPF. A exención aplicarase ás retribucións percibidas durante os días de estancia no estranxeiro, co límite máximo de 60.100 euros anuais.
É necesario que se trate de traballo asalariado . Así, non procede no caso dun traballador que é o administrador único da sociedade, e a socio traballador adscrito ao RETA (DHF Biscaia, resolución de 19 decembro 2013 [ JUR 2014, 51966] ). E non importa que o empregador non distinguise entre a parte das retribucións que correspondían a traballos realizados en España e realizados no estranxeiro . STSJ de Illas Canarias, As Palmas núm. 351-2013 de 5 setembro ( JT 2014, 750) . A exención resulta aplicable aos rendementos do traballo derivados dunha relación laboral ou estatutaria, así como ás relacións laborais de carácter especial , pero non no caso de administradores de sociedades, CV 0273/17 de 2 febreiro ( JUR 2017, 102312) , DHF Álaba, Resolución de 12 xaneiro 2018 ( JUR 2018, 10098) ; autónomo que presta servizos a unha sociedade da que é socio único, CV 0778/16 de 25 febreiro ( JUR 2016, 80071) ; beneficiario dunha bolsa, CV 1136/16 de 21 marzo ( JUR 2016, 118508) ; etc.
Consonte co que resulta da vida laboral, o recorrente estivo de alta no réxime xeral - contratado por Propigal SAU (actualmente Poligal Packaging SA )- dende o 01.08.1994 ata o 03.04.2014, cun contrato rexido polo RD 1382/1985 coma resulta da sentenza do Xulgado do Social núm.1 de Ferrol - proced. 95/2014-R-despido por razóns obxectivas. Outro tanto acontece no caso de COMERCIAL INTERNACIONAL DE POLIPROPILENO SLU.
O art. 1.2 do Real Decreto 1382/1985 do 1 de agosto polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección establece os contornos da figura xurídica do 'persoal de alta dirección' ao sinalar: «Considérase persoal de alta dirección a aqueles traballadores que exercitan poderes inherentes á titularidade xurídica da empresa, e relativos aos obxectivos xerais da mesma, con autonomía e plena responsabilidade só limitadas polos criterios e instrucións directas emanadas dos órganos superiores de goberno e administración da entidade que respectivamente ocupe aquela titularidade.» Quedan excluídas as persoas que ostenten/exerzan pura e simplemente o cargo de conselleiro ou membro dos órganos de administración nas empresas que revistan a forma xurídica de sociedade.
O recorrente alega que non participaba nos órganos superiores de goberno e administración de Polipropigal SAU e COMERCIAL INTERNACIONAL DE POLIPROPILENO SLU - así resulta da certificación do rexistro mercantil - e é de supor que actúaba baixo as directrices e instruccións do socio e administrador único, polo que sería posible considerar que estarmos ante unha relación laboral, é dicir, era un traballador asalariado ben retribuido.
O que acontece é que esto non é así e resulta da documentación que xunta o propio recorrente.
Partirmos de que - coma xa se indicou- as cantidades verbo das que se pretende a exención do art. 7.p LIRPF pagounas COMERCIAL INTERNACIONAL DE POLIRPOPILENO SLU ( actualmente POLIGAL GLOBAL SERVICES SL ),polo que, é a relación que mantiña con esta sociedade a determinante.
No contrato de PRESTACIÓN DE SERVIZOS E CESION KNOW-HOW de 31.12.2010 entre Comercial Internacional de Polipropileno SLU e a sociedade portugüesa, interven o recorrente - Sr. Emilio- no nome da 1º sociedade, e o fai coma ADMINISTRADOR SOLIDARIO segundo a escritura de 02.11.2006.
Este dato non figura na sentenza do xulgado do social.
O que acontece é que, dado que o recorrente tiña a dobre consideración de traballador por conta allea ( de alta no réxime xeral de COMERCIAL INTERNACIONAL DE POLIPROPILENO SLU ) e de membro do consello de administración, podemos entender que as función desenvolvidas no Portugal o foron coma Director de proxectos internacionais - dado o contido dos servizos a prestar- e non coma membro do consello de administración.
Cumpre, polo tanto, o primeiro dos requisitos.
Verbo dos demais; son requisitos para poder aplicala exención do artigo 7. p : 1.- Que os traballos se realicen para unha empresa ou entidade non residente ou un establecemento permanente no estranxeiro .
Resulta aplicable aos rendementos percibidos por funcionarios públicos ou persoal laboral que se achan destinados en comisión de servizo nun organismo internacional situado no estranxeiro e do que España forma parte , (técnicos do Banco de España desprazados ao BCE) sempre que os traballos realícense materialmente fose do territorio nacional e beneficien ao organismo internacional, con independencia de que beneficie así mesmo ao empregador do traballador ou/e a outra ou outras entidades.
O devandito precepto non prohibe que os traballos efectivamente realizados fóra de España consistan en labores de supervisión ou coordinación, e non reclama que as viaxes ao estranxeiro sexan prolongados ou teñan lugar de forma continuada, sen interrupcións . Tribunal Supremo Sentencia 428/2019 de 28 marzo, No mesmo sentido, STS 429/2019 de 28 marzo, RJ 20191284 .
Tamén procede no caso de empregado que se despraza ao estranxeiro dous ou tres días por semana para prestar os seus servizos ( DXT, consulta vinculante núm. 3/2014 de 3 xaneiro [ JUR 2014, 70108] ). Tamén no caso da entidade que despraza a empregados á sede dos clientes para prestar os seus servizos e captar novos interesados ( DXT, consulta vinculante núm. 6/2014 de 3 xaneiro [ JUR 2014, 70111] ). Considérase que se cumpre este requisito cando o traballador desprázase ao estranxeiro nos períodos de tempo concertados para prestar no estranxeiro os servizos contratados, CV 2049/16 de 12 maio (JUR 2016, 211071) .
A Sentenza do TSJ de Madrid núm. 392/2012 de 24 abril ( JT 2012, 528) entende que queda debidamente probado que o seu traballo tiña por destinatario exclusivo o establecemento permanente da sociedade española no Reino Unido aínda tratándose de servizos laborais prestados no seo dun grupo empresarial, e procede por tanto a exención.
Para aplicar a exención requírese que o traballo se preste para unha empresa ou entidade non residente, ou un establecemento permanente radicado no estranxeiro. No suposto que o cliente que faga o encargo sexa unha empresa residente en España e o traballador desprázase a un país estranxeiro onde devandito cliente ten un establecemento permanente; entenderase cumprido o requisito se a beneficiaria ou destinataria última dos traballos realizados no estranxeiro , polos traballadores desprazados, fóra un establecemento permanente radicado no estranxeiro, CV 0035/16 de 8 xaneiro ( JUR 2016, 46809) .
Supostos en que a empregadora e a destinataria dos servizos están vinculados ( coma é o caso actual ) : Neses casos, a lei require que se dean as circunstancias establecidas no actual 18.5 LIS, relativas á dedución nos gastos de apoio á xestión entre entidades vinculadas: que exista un pacto ou contrato, onde se especifique a natureza do servizo e os criterios de distribución do gasto. Así mesmo, segundo o art. 6.1. 1º do RIRPF, entenderanse que os traballos se han realizado para a entidade non residente cando poida considerarse que se prestou un servizo intragrupo á entidade non residente porque o citado servizo produza ou poida producir unha vantaxe ou utilidade á entidade destinataria.
En efecto, non pode entenderse incumprido o requisito polo feito de que os servizos prestados redunden en beneficio de todas as empresas do grupo, incluídas as residentes . Neste sentido, TSJ Cataluña, sentencia núm. 127/2012 de 9 febreiro ( JT 2012, 250) , TSJ Madrid (Sala do contencioso-administrativo, Sección 5ª), sentencia núm. 481/2011 de 31 maio ( JUR 2011, 247192) , núm. 1347/2010 de 13 decembro ( JT 2011, 116) . En Sentenza núm. 540/2012 de 17 maio ( JT 2012, 704) , considera que ha de analizarse en cada suposto se o servizo intragrupo foi efectivamente prestado , tendo en conta que se trata dunha operación vinculada. Para estes efectos ha de considerarse se unha empresa independente houbese estado disposta a pagar ou executase ela mesma devandita actividade. Nesta mesma liña, STSJ de Cataluña, núm. 562-2013 de 23 maio ( JT 2014, 677) e o TSJ Castela e León, Burgos, sentencia núm. 34/2014 de 7 febreiro ( JT 2014, 663) considera que a prestación de servizos de formación no negocio para o persoal da planta da empresa noutro país supuxo unha utilidade para a entidade non residente e por tanto, a exención é procedente. Segundo o TSJ Madrid, sentencia núm. 392/2012 de 24 abril ( JT 2012, 528) a aplicación da exención non require que o único beneficiario dos servizos sexa a empresa non residente , ou, segundo o mesmo Tribunal, a filial non residente, en sentenza núm. 195/2012 de 28 febreiro ( JT 2012, 495) .
Así mesmo, inclúese calquera actividade, tamén a dirección, como indica TSJ Madrid (Sala do contencioso-administrativo, Sección 5ª), sentencia núm. 1292/2010 de 25 novembro ( JT 2011, 11) .
Doutrina administrativa : Para determinar se existiu devandito servizo intragrupo , a DXT ( Consulta vinculante núm. 2997/2013 de 8 outubro [ JUR 2014, 1624] ) propón o seguinte test: habería que determinar se a actividade supón un interese económico ou comercial para un membro do grupo que reforza así a súa posición comercial. É dicir, se, en circunstancias comparables, unha empresa independente houbese estado disposta a pagar a outra empresa independente a execución desta actividade ou se a executase ela mesma internamente . Se a actividade non é das que unha empresa independente houbese estado disposta a pagar por ela ou executase ela mesma, non debería, en xeral, considerarse que o servizo se ha prestado. E considera por tanto, que non serán susceptibles de resultar exentas : - os desprazamentos para a realización de actividades que un membro do grupo realiza debido aos seus intereses e por tanto asociados á estrutura xurídica da matriz. Esta actividade sería das que un membro do grupo, normalmente, a sociedade matriz ou unha sociedade holding rexional, realiza debido aos seus intereses nun ou varios membros do grupo, por exemplo, na súa calidade de accionista - a parte dos servizos intragrupo realizados no estranxeiro que se corresponde con servizos prestados á entidade española non terá a consideración de traballos realizados para unha empresa ou entidade non residente en España, e en consecuencia non estará amparada pola exención. En cambio, serían servizos intragrupo aqueles centralizados na sociedade matriz ou nun centro de servizo de grupo e postas ao dispor do grupo ou de varios dos seus membros. En xeral, adoitan incluír servizos administrativos tales como planificación, coordinación, control orzamentario, asesoría financeira, contabilidade, servizos xurídicos, factoring, servizos informáticos; servizos financeiros tales como a supervisión dos fluxos de tesourería e da solvencia, dos aumentos de capital, dos contratos de préstamo, da xestión de risco dos tipos de interese e do tipo de cambio e refinanciamento; asistencia nas áreas de produción, compra, distribución e comercialización; e servizos de xestión de persoal, especialmente no que se refire ao recrutamento e á formación. Tamén, CV 0032/16 de 8 xaneiro ( JUR 2016, 46828) , CV 1574/17 de 19 xuño ( JUR 2017, 206264) , CV 0635/17 de 13 marzo ( JUR 2017, 100126) ; aplicarase a exención no caso dunha sociedade española con filial residente no estranxeiro, no que o traballador desprazado realizará tarefas que supoñerán vendas para a filial estranxeira. A parte dos servizos intragrupo realizados no estranxeiro para unha empresa radicada en España; se a beneficiaria ou destinataria última dos traballos fose unha empresa ou entidade residente en España, o requisito de traballos realizados para unha entidade ou empresa non residente en España non se entende cumprido, CV 0492/16 de 8 febreiro ( JUR 2016, 74055) .
2.- Que no devandito territorio aplíquese un imposto de natureza idéntica ou análoga ao IRPF , e que non teña a consideración regulamentaria de paraíso fiscal (véxase RD 1080/1991, de 5 xullo [ RCL 1991, 1761] ). Véxase, sobre este requisito, a DXT, consulta vinculante núm. 1108/2013 de 4 abril ( JT 2013, 1122) .
3.- A exención ten un límite máximo anual de 60.100 euros , e é incompatible coa exención dos excesos sobre dietas para funcionarios e empregados con destino no estranxeiro; aínda que o contribuínte poderá optar pola aplicación dun ou outro réxime, no caso de que ambos sexan aplicables.
Determinados os fundamentos da xurisprudenza e doutrina aplicables, debemos precisar que a administración non pon en cuestión que concorran os requisitos 2-3, e a controversia cínguese o 1º, en concreto, a proba da realización dos traballos no estranxeiro, ó contido destes traballos, e a utilidade que resultou para a empresa portugüesa.
A realización de traballos/desprazamentos a Portugal resulta da documentación achegada para xustificalas axudas de custo ( gastos Via Verde, hoteis, comidas.... ) e da declaración do director xeral de Polipropigal e xerente da empresa portugüesa ( 2/3 días por semana ).
O contido dos traballos resulta dos servizos pactados na escritura de decembro de 2010 ( aínda que esta asínase en decembro de 2010, coma resultou da proba testemuñal o recorrente acodía a Portugal 2/3 días por semana ( non ano 2010 ) e facía o mesmo traballo que tiña atribuido en España - semellantes ós do contrato citado- , mais en prol da empresa portugüesa ) e da testemuñal do indicado xerente da empresa de Portugal ( e titular das sociedades ): o recorrente contribuiu ó establecemento da empresa en Portugal e acodía 2/3 días/semana a supervisala, levala dirección administrativa ....
Verbo da utilidade; fronte ó criterio restrictivo que adopta a AEAT e o letrado do Estado, entendemos, xunto coa xurisprudenza citada do TSX Madrid, que é inevitable que xunto coa utilidade que recibe a filial tamén concorra utilidade para a sociedade dominante, mais esto non exclúe a aplicación do art. 7 P.
Consonte coas funcións que realizou o recorrente para a empresa portugüesa- contrato de 2010 e declaración do xerente - entendemos que é evidente a utilidade que o seu traballo tivo para a filial e que, de non facelo o recorrente, a empresa ( filial ) estaba obrigada a contratar a outra persoa para facelo, polo que, se cumpren as esixencias indicadas.
O dito obriga a acollelo recurso neste punto.
CUARTO.-Non facemos declaración das custas , de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional.
Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu
Fallo
Que ACOLLEMOS o recurso contencioso-administrativo presentado por Dº Emilio contra a resolución de 25.10.2010 do TEAR (Liquidacion IRPF ano 2010, exped. NUM000) anulandoa no relativo á exención das cantidades percibidas por traballos no estranxeiro, ó cumprilas esixencias do art. 7.p LIRPF.
Non facemos declaración das custas.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

