Sentencia Contencioso-Adm...il de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 221/2019, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15317/2018 de 16 de Abril de 2019

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 14 min

Orden: Administrativo

Fecha: 16 de Abril de 2019

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 221/2019

Núm. Cendoj: 15030330042019100222

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2019:2578

Núm. Roj: STSJ GAL 2578:2019

Resumen:
ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00221/2019

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G:15030 33 3 2018 0000518

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015317 /2018 /

Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Domingo , Edmundo , Purificacion , Ramona

ABOGADOYAGO GONZALEZ CARRO, YAGO GONZALEZ CARRO , YAGO GONZALEZ CARRO , YAGO GONZALEZ CARRO

PROCURADORD./Dª. PASCUAL GANTES BOADO GONZALEZ MORATO, PASCUAL GANTES BOADO GONZALEZ MORATO , PASCUAL GANTES BOADO GONZALEZ MORATO , PASCUAL GANTES BOADO GONZALEZ MORATO

ContraD./Dª. CONSELLERIA DE FACENDA, TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADOLETRADO DE LA COMUNIDAD, ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADORD./Dª. ,

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JOSE MARIA ARROJO MARTÍNEZ

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

A CORUÑA, dezaseis de abril dous mil dezanove.

No recurso contencioso-administrativo que, co número /2017, presentado por Dº Domingo , Carla , Dº Edmundo , Dª Purificacion , Dª Ramona e Dª Julia , Dª Lorena , representado polo procurador Sr. Gantes de Boado, dirixido polo letrado Dº.González Carro, contra o acordo de 23.11.2017 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo letrado do Estado

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 155.618,54 EUROS.


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 23.11.2017 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do I.Sucesións derivado do falecemento do Sr. Abelardo : a) aplicación da limitación do art. 4.8.dos da Lei 19/1991 e outras cuestións.

Os recorrentes herdan 16.588 participaciones da sociedade INVERSAEZ SL; esta sociedade posúe ( 441.513 acciones ) o 22,74% de ALMACENES TORRES Y SAEZ SA, sociedade que, a súa vez, é titular do 100% das sociedades: a) TORRES Y SAEZ DISTRIBUCIÓN SAU, b) HIERROS TORRES Y SAEZ SAU, c) TORRES Y SAEZ MENAJE SAU e d) PROF PLAZA SAU.

SEGUNDO.-O recurso cínguese á non aplicación da bonificación do 95% á sucesión nas participacións da sociedade PROF PLAZA SAU; a administración denegoullo o ser a súa actividade única o aluguer dunha nave a outra sociedade do grupo, sin dispor de empregado ( art. 27.2 LIRPF )- non desenvolve actividade económica- polo que lle sería de aplicación a regra proporcional do art. 4.8.dos Lei 19/1991 .

Os recorrentes alegan que que PROF PLAZA SAU pertenze a un grupo - art. 42 CCOmercio- que tributa en réxime de consolidación fiscal, sendo a sociedade matriz quen desenvolve as actividades de administración e dirección do grupo, contando con persoal dabondo para facelo, do que se deriva que PROF PLAZ SAU desenvolve unha actividade económica; a esto engade que es incorrecta a aplicación a regra da proporcionalidade - non está prevista en el I.Sucesións estatal Lei 29/1987.

Os letrados da administración rebaten a súa pretensión e o letrado do Estado alega que non se esgotou a vía económico administrativa ( recurso de alzada ante o TEAC ).

Compre resolver, con carácter preferente, a pretensión do letrado do Estado de que non se esgotou a vía económico administrativa, en atención á contía da reclamación.

Maila apariencia ( 155.618,54 euros ) a contía do procedemento non supera o limite do art. 241 Lei 58/2003 para poder recorrer en alzada ante o TEAC; o determinante son as normas de determinación da contía e, consonte co art. 230 é posible a acumulación, nunha soa reclamación, da impugnación de varios actos, mais a contía ( os efectos de tramitación e recursos ) a determina a reclamación mais elevada - art. 35.2 e 5 RD 520/2005 , e neste caso as liquidacións individuais non superan os 150.000 euros ( a mais alta é de 45.726,28 euros ), o que carreta que rexeitémola alegación.

TERCEIRO.-Verbo da controversia de fondo, o letrado do Estado sostén que os artigo 5.1 Lei 27/2014 e 27.2 LIRPF autorizan a que a xestión dos alugueres a realice o GRUPO; mailo dito, esto se cumpre se existe un empregado a tempo completo que só ten coma actividade a xestión dos alugueres e nada se acredita; en todo caso, subliña que, de resultar acreditado, aínda así non cumpriría os requisitos do art. 4.8 .dos LIP : PROF PLAZA SAU non desenvolvería unha actividade económica- DXT 14.03.2016

O letrado da Xunta ratifica estas apreciacións e verbo da proporcionalidade sostén que a STS 16.07.2015 solventou a cuestión.

Debemos darlle resposta ás dúas cuestións suscitadas: aluger= actividade económica.

Aínda que na Lei 29/1987 e na Lei 1/1991 non se define expresamente o que debe considerarse coma actividade económica - e algún TSX considera que esta lagoa non se pode encher coa referencia a outro imposto ( TSX Cantabria 171/2014 )- a STS 05.07.2012 a define coma:realización dunha actividade económica ou empresarial, isto é, a existencia dunha organización autónoma de medios materiais e humanos coa finalidade de intervir na produción ou distribución de bens ou servizo ( no mesmo sentido a actual LIS/2014 ),e verbo da actividade de arrendamento de inmobles, a xurisprudenza maioritaria ( TSX Cataluña 342/2014, Baleares 835/2013, TSX Galiza 722/2014... ) entende que deben cumprise as esixencias que a LIRPF impón os arrendamentos de inmobles - art. 27 lei 35/2006 - para ser definidos coma actividade económica, sendo insuficiente a simple constitución coma sociedade de capital.

A recente sentenza do TSX Madrid de 19.01.2016 mantén idéntico criterio, e tras facer un relatorio da súa propia doutrina, conclúe:O concepto de actividade económica no ámbito do arrendamento de inmobles vén determinado na normativa reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, o que non é obstáculo para a súa aplicación a outros impostos porque, como antes indicouse, a interpretación das normas tributarias debe ser integradora e coherente, finalidade que non se lograría se se aplicasen diferentes requisitos en cada imposto para unha mesma actividade.

Fronte ao que se alega na demanda, a conclusión exposta respecta o principio de legalidade que consagra o art. 8 LGT porque fixa os elementos da obrigación tributaria, en concreto o tipo de gravame, precisamente en atención á delimitación que establece a lei tributaria, non podendo esquecerse que os impostos non funcionan como compartimentos estancos, de maneira que non se viola precepto algún polo feito de integrar unha concreta norma acudindo á norma doutro texto legal que delimita un concepto que resulta indispensable para interpretar e aplicar aquela. E, por iso, tampouco se infrinxe o art. 14 da mencionada Lei , posto que a Administración non fixo uso da analogía para rexeitar o beneficio fiscal, senón que o denegou por non cumprir a entidade actora os requisitos que esixen as normas fiscais para a súa aplicación.

Aínda que consideraramos de aplicación o art. 5.1 Lei 27/2014 ( a vixente ó tempo do falecemento Real Decreto Legislativo 4/2004 non recollía a previsión do grupo de sociedades e nese momento era esixible un local afecto )- considerando que simplemente legaliza o criterio da DXT 'a actividade efectuada polas sociedades dedicadas ao arrendamento de inmobles efectúase contando coa necesaria organización ou medios que establece o artigo 27.2 da LIRPF , sempre que os mesmos sexan necesarios e suficientes para a realización de tal actividade considerando cada sociedade participada de forma individual, aínda que estes atópense en sede da sociedade A xestora da actividade de arrendamento, sempre que esta última e aquelas pertenzan ao mesmo grupo de sociedades no sentido do artigo 16 do TRLIS'-, serían esixibles os requisitos do artigo 27.2.b LIRPF ( ou outra proba ); o artigo citado ( trala reforma de 2014 ) require a utilización dunha persoa empregada con contrato laboral e a xornada completa e dito requisito non se cumpre, nin directa nin indirectamente.

A DXT pronunciouse en numerosísimas ocasións no sentido de que o cumprimento dos devanditos requisitos pode facerse por medios propios ou mediante a contratación dun terceiro que dispoña dos medios materiais e humanos adecuados. Nese sentido, as consultas núm. V0133/16 de 19 xaneiro ( JUR 2016, 54749) , núm. V3394/15 de 4 novembro ( JUR 2016, 34911) , núm. V3530/15 de 17 novembro ( JUR 2016, 37235) , núm. V3744/15 de 26 novembro ( JUR 2016, 38764) , núm. V3915/15 de 9 decembro ( JUR 2016, 47773) , núm. V4089/15 de 21 decembro ( JUR 2016, 50553) .

Os recorrentes recoñecen que PROF PLAZA SAU non ten medios propios, e entenden cumprida a esixencia polos medios que subministra o grupo, en concreto, a sociedade dominante ALMACENES TORRES Y SAEZ SA.

O que acontece é que, se ben esta conta con persoal, este non está afecto en exclusiva á actividade de xestión do aluguer.

Partindo desta base normativa, na consulta V2193-13 ( JUR 2013, 303550) exposta por un grupo de SOCIMIs dedicadas ao arrendamento inmobiliario, a DXT concluíu: 'atendendo a unha interpretación sistemática da norma, cabe considerar que o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 27.2 da LIRPF , a efectos de determinar se a actividade de arrendamento desenvolvida polas sociedades L e G ten a consideración de actividade económica, debe observarse a nivel do grupo consolidado (...) na medida en que a sociedade N conta cun local e un empregado para levar a cabo a actividade arrendaticia do grupo e devandito medios materiais e humanos son parcialmente cedidos ás entidades filiais ( L e G), a actividade arrendaticia desenvolvida por estas terá igualmente a consideración de actividade económica'.

A DXT, pola súa banda, en coherencia co disposto pola norma, veu apostilando:

'(...) esta persoa debe prestar servizos relacionados coa xestión da actividade de arrendamento propiamente dita'.

Criterio reiteradi en consultas: V0941-15 ( JUR 2015, 148561) , V0230-13 ( JUR 2013, 63301) , V0239-10 ( JUR 2010, 100265) , V1253-09 ( JUR 2009, 372800) e V1965-07 ( JUR 2007, 334018) , entre outras.

Pero cales serían as funcións concretas que poderían considerarse relacionadas coa xestión da actividade de arrendamento? Aínda que só sexa a título de exemplo, entendemos que cabería considerar as que se citan na recente STSJ de Murcia do 10 de marzo de 2016 ( JT 2016, 790) : emitir recibos, xestionar cobros, pagar débedas, ordenar a limpeza e o mantemento dos inmobles, levar a contabilidade e atender reclamacións. E tamén, tendo en conta que a DXT recoñeceu recentemente a posibilidade externalizar a xestión dos alugueres -nun epígrafe posterior referirémonos a esta posibilidade-, cabería considerar relacionadas coa actividade de arrendamento as que asume o ente encargado da devandita xestión, por exemplo: comunicación co inquilino, seguimento e xestión de reclamacións, xestión de contratos relacionados coa sociedade ou co inmoble, xestión de cobros e pagos, procura de novo arrendatario, negociación e firma do novo contrato, comunicación con entidades financeiras, llevanza de contabilidade, presentación de impostos, de libros contables e depósito de contas anuais, entre outras. Cítanse na consulta V0660-16 ( JUR 2016, 78937) . Tamén poden verse as funcións que se detallan nas consultas V2757-16 ( JUR 2016, 229637) , V1330-16 ( JUR 2016, 121406) e V3549-15 ( JUR 2016, 37273) .

A DXT na consulta V1356-14 ( JUR 2014, 177005) , esixe que:

'polo menos una das persoas contratadas a xornada completa polo arrendador preste os seus servizos unicamente para levar a cabo a xestión da citada actividade de arrendamento de inmobles e non a das restantes actividades'.

Na SAN do 28 de febreiro de 2013 ( JT 2013, 296) , precisamente pola falta de acreditación, rexeitouse que a actividade de arrendamento fose económica: 'non se constatou que os dous empregados aos que se refire o recorrente realicen para o empresario a actividade dirixida ao arrendamento. No caso de dona Beatriz achegouse un contrato de xaneiro de 1992 cuxo obxecto é a 'construción de vivendas' e ao que lle é de aplicación o convenio da construción de Badaxoz. E @respecto de dona Esperanza (a empregada de Granada) non se achegou contrato, senón unicamente unha comunicación ao Ministerio de Traballo de conversión en indefinido dun contrato de obra do 1 de maio de 1997'.

Coma ben indica o letrado do Estado e consonte co dito, non chega con que o grupo teña persoal que poida xestionalo aluguer, senón que se require a existenza de persoal ( e local ó tempo do falecemento ) que teña coma obxectivo único a atención á actividade de aluguer e nada resulta da documental achegada, polo que, non se cumpre coa esixencia de que PROF PLAZA SAU desenvolva unha actividade económica e, polo tanto, non pode beneficiarse da bonificación da lei 29/1987.

Tampouco podemos acollela pretensión verbo da non aplicación da regra da proporcionalidade; a controversia de se a mesma ( prevista na LIP )era ou non de aplicación a regulación da Lei 29/1987 resolveuna o TS na sentenza de 16.07.2015 ( recurso de casación en unificación de doutrina ) que estableceu:Este precepto foi incorporado ao artigo 4. Un. Oito. Dous da Lei do Imposto sobre o Patrimonio pola Disposición Final 4.2 da Lei 35/2006 , do 28 de novembro .

Devandito o anterior, son varias as razóns que permiten chegar á conclusión de que a doutrina correcta é a que mantén a sentenza impugnada.

En primeiro lugar, para que teña lugar a bonificación no Imposto de Sucesións, é necesario que na base impoñible do mesmo inclúanse 'participacións en entidades, aos que sexa de aplicación a exención regulada no apartado oitavo do artigo 4 da Lei 19/ 1991 , do 6 de xuño, do Imposto sobre o Patrimonio ' , engadíndose o requisito de que permanezan en poder do herdeiro un prazo mínimo de dez anos.

Na medida en que a exención no Imposto sobre o Patrimonio recoñécese aos bens e dereitos necesarios para o exercicio dunha actividade empresarial ou profesional, con aplicación do principio de proporcionalidade -este particular dáse por suposto na sentenza de contraste-, é claro que debe aplicarse no Imposto de Sucesións a mesma regra e criterio.

Por outra banda, máis que fixarse na finalidade dos Impostos sobre o Patrimonio e sobre Sucesións e Doazóns, o que ha de facerse é ter en conta o obxectivo perseguido polo lexislador para atribuír o beneficio fiscal da exención ou bonificación e este non é outro que o de favorecer aos bens e dereitos que estean afectos a unha actividade económica e a continuidade da devandita situación.

Por iso, ten razón o Avogado do Estado cando no seu escrito de oposición, referíndose ao criterio das sentenzas de contraste, de que os herdeiros amplian o seu patrimonio con todos os bens que forman parte da empresa familiar, estean ou non afectos, sinala que co devandito criterio prescíndese por completo da finalidade da redución 'que non é outra que beneficiar a continuidade da empresa en funcionamento, non privilexiar a quen é empresarios para que baixo o paraugas da empresa eviten pagar elImpuesto sobre Sucesións que corresponderían pola adquisición de bens que nada teñen que ver coa actividade empresarial'.

A interpretación que se sostén é a máis conforme ao dereito Comunitario, pois a Recomendación da Comisión 94/1069/CE, do 7 de decembro, sinala:

'É conveniente garantir a supervivencia da empresa mediante un trato fiscal adecuado da sucesión e a doazón. Con este fin, convídase os Estados membros a adoptar unha ou varias das medida seguintes:

a)Reducir, sempre que se prosiga de maneira creible a actividade da empresa durante un período mínimo, a carga fiscal que grava os activos estritamente profesionais, en caso de transmisión mediante doazón ou sucesión, incluídos os dereitos de sucesión, doazón e rexistro.

(...)'

O dito obriga a rexeitalo recurso.

CUARTO.-Non facemos declaración das custas ó existir dúbidas fundadas en dereito, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por Dº Domingo , Dª Carla , D. Edmundo , Dª Purificacion , Dª Ramona e Dª Julia , Dª Lorena contra a resolución de 23.11.2017 do TEAR (I.Sucesiones, exped. NUM000 e acumuladas/14).

Non facemos declaración das custas.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.