Sentencia Contencioso-Adm...il de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 240/2019, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15322/2018 de 30 de Abril de 2019

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Administrativo

Fecha: 30 de Abril de 2019

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 240/2019

Núm. Cendoj: 15030330042019100242

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2019:2678

Núm. Roj: STSJ GAL 2678:2019

Resumen:
ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00240/2019

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G:15030 33 3 2018 0000528

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015322 /2018 /

Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Florencia

ABOGADOSABELA VAZQUEZ CARBALLAL

PROCURADORD./Dª. FERNANDO IGLESIAS FERREIRO

ContraD./Dª. CONSELLERIA DE FACENDA, TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADOLETRADO DE LA COMUNIDAD, ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADORD./Dª. ,

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE PTE

JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGAMARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, trinta de abril de dous mil dezanove.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15322/2018, presentado por Dª Florencia , representado polo procurador Sr. Iglesias Ferreiro, dirixido polo letrado Dª Vázquez Carballal, contra o acordo de 23.11.2017 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado e a CONSELLERÍA DE FACENDA, coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA .

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO.-Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 28.593,57 EUROS.


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 23.11.2017 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do ITP derivada da compravenda dun inmoble o 10.09.2014 ( vendedor:SAREB ) por un prezo declarado de 273.500 euros.

Taxación hipotecaria por importe de 544.775,68 euros.

Comprobación de valor: taxación hipotecaria e liquidación.

SEGUNDO.-A recorrente sostén que, previamente á compra, negociara coa Nova Caixa Galicia ( ABANCA ), que realizou un informe de taxación o 19.10.2012 atribuíndolle un valor á propiedade de 380.099,71 euros e que a vivenda estaba deteriorada, polo que, o valor ó tempo da compra sería menor e acorde co pagado; polo demais, subliña que a SAREB e un organismo con capital público o que fai mais veraz o prezo pagado, polo que debería acollerse sen matices coma se falaramos dunha venda en subasta. Tamén sostén que non está vinculado polo informe de taxación de CATSA.

Os letrados da Admnistración opóñense ó recurso.

Partirmos de que, coma indica a doutrina: A totalidade das aproximacións doctrinales ao concepto de valor real como base impoñible do ITPAJD resaltan a súa indefinición e a súa condición de concepto xurídico indeterminado. Esta característica foi tamén resaltada polo TC que, na súa Sentenza 194/2000, do 19 de xullo (RTC 2000, 194) , afirma que 'a Lei, nin define que debe entenderse por valor real, nin especifica que criterios ou parámetros -de entre os múltiples e heteroxéneos que existen- deben terse en conta á hora de fixalo. Deste xeito, non resulta aventurado afirmar que a tarefa de comprobar o 'valor real' dos bens e dereitos, lonxe de arroxar unha cifra... exacta, incontrovertible ou, polo menos, previsible dentro dunha marxe razoable, normalmente dará lugar a tantos resultados como peritos lévena a cabo'. Igualmente, tamén se resaltado as aproximacións a este concepto só poden ser negativas; pois como sinala a citada Sentenza 'non ten por que coincidir co prezo, nin sequera en casos en que este é taxado'.

Do dito resulta que ou valor #podar coincidir co valor de mercado- entendido este como o prezo máis probable polo cal podería venderse, entre partes independentes, un inmoble libre de cargas- , mais non necesariamente co valor escriturado. O valor real, ao non identificarse plenamente co prezo nin co valor declarado, permite á Ad. iniciar o procedemento de comprobación de valores que ten por obxecto verificar que os obrigados tributarios incorporaron no seu autoliquidación ou declaración o valor real dos bens e non outro. É dicir, detectar aquelas situacións nas que se pretende tributar por baixo da verdadeira capacidade económica posta de manifesto e, a tal fin, ocúltase o prezo da transmisión.

A recente STS 843/2018 recolle: que o valor declarado como prezo da compravenda é o efectivamente abonado, pero non corresponde co valor real, que é cousa distinta'.

O art. 134.1 LGT contén a habilitación xenérica á Administración tributaria para a práctica da comprobación de valores, remitíndose en canto aos medios para utilizar nesta tarefa ao disposto polo art. 57 LGT , que non establece a preferencia de ningún medio de comprobación sobre os demais , conforme se declarou, entre outras, pola STS do 7 de decembro de 2011 ( RJ 2011, 7278) , Recurso de casación en interese da Lei núm. 71/2010 .

O art. 157 do RGGI reitera que a Administración tributaria poderá comprobar o valor das rendas, produtos, bens e demais elementos determinantes da obrigación tributaria de acordo co disposto no artigo 57 LGT , salvo que o obrigado tributario declarase de acordo con :

a) O valor que lle fora comunicado para o efecto pola Administración tributaria nos termos previstos no artigo 90 LGT e no artigo 69 RGGI.

Véxanse, entre outras, a STS do 7 de decembro de 2011 ( RJ 2011, 7278) , Recurso de casación en interese da Lei núm. 71/2010 , e, por citar algunha recente, as SSTSJ de Galicia do 13 de febreiro de 2012 ( JUR 2012 , 131432) , 26 de febreiro de 2014 ( JT 2014 , 718) , e 24 de setembro de 2014 ( JT 2014, 1629) .

b) Os valores publicados pola propia Administración actuante en aplicación dalgún dos medios previstos no artigo 57.1 LGT .

Isto entenderase sen prexuízo do establecido na normativa de cada tributo.

TERCEIRO.-Aplicarmos estes principios ó caso de autos e temos que a recorrente asinou a escritura de compravenda coa SAREB por un prezo de 273.500 euros, e, nembargantes a vivenda é avaliada na taxación hipotecaria por importe de 544.775,68 euros.

No artigo 57 g se recolle Valor asignado para a taxación das leiras hipotecadas en cumprimento do previsto na lexislación hipotecaria.

Na STS do 7 de decembro de 2011 ( RJ 2011, 7278) , Recurso de casación en interese da Lei núm. 71/2010 , declarouse como doutrina legal que a utilización pola Administración tributaria deste medio de comprobación de valores non require ningunha carga adicional para aquela respecto a os demais medios de comprobación de valores, polo que non vén obrigada a xustificar previamente que o valor asignado para a taxación das leiras hipotecadas coincide co valor axustado á base impoñible do imposto, nin a existencia dalgún elemento de defraudación que deba corrixirse. Véxanse tamén, entre outras, as Sentenzas do TSJ de Castela-A Mancha ( JT 2015, 358) , ( JUR 2016, 252082) ,do TSJ de Galicia ( JUR 2015, 106221) e ( JUR 2016, 271915) , do TSJ de Aragón ( JUR 2016, 178191) , e do TSJ da Región de Murcia ( JT 2011, 1312) , ( JT 2011, 1432) , ( JUR 2015, 41255) , ( JUR 2015, 85277) , ( JUR 2015, 185230) , ( JT 2015, 1711) e ( JT 2016, 805) .

A recorrente non nega esta circunstancia, é dicir, que exista a taxación hipotecaria de CATSA no expediente de taxación 304-018/14, e aínda que alega que non está motivado, o que figura en autos ( folio 15 ) é unha síntese do informe de taxación, polo que puido solicitala versión ampla de ter calquera dúbida. En todo caso, partirmos de que aceptou o informe de taxación de CATSA ós efectos de solicitar e recibilo préstamo hipotecario ou para realizar alguna operación cunha entidade bancaria.

Agora e fronte ó aceptado e o dito polo TS na sentenza citada de 07.12.2011 presente que debe prevalecelo PREZO PAGADO ou, subsidiariamente, a taxación de NCG do ano 2012.

Verbo da 1ª cuestión; que se pagara un prezo de 273.500 euros e que se taxara a finca ( ós efectos dunha hipoteca ) en 544.775,68 euros acredita, cando menos, a dificultade de determinalo valor real do inmoble que pode ( e neste caso concorre ) non coincidir co que se paga.

Precisamente que se asinara a compravenda coa SAREB non é un dato que autorice a identificalo PREZ0=VALOR DO BEN, e moito menos a entender que sería un suposto semellante á unha adquisición por subasta.

A SAREB creouse coa finalidade de liquidalos activos problemáticos das entidades bancarias no prazo de 15 años e actúa consonte coas regras do mercado e con prezos que fluctúan en atención á oferta é demanda, e o custo de oportunidade ( vendar xa ou asumilos custos que xera a titularidade das vivendas ), polo que, o prezo da escritura no ten porque coincidir co valor real do inmoble.

Tampouco podemos darlle prevalencia ó informe de NCG do ano 2012 dado que a venda é do ano 2014 é non se explica o porqué da diferencia.

Polo dito, en principio, debemos estarmos á taxación hipotecaria da propia recorrente ( figura coma solicitante ); e dicimos que, en principio, dado que, coma indica a STSX Madrid 26.11.2018: Sinala o Tribunal Supremo na sentenza do 7 de decembro de 2011 Recurso: 71/2010 :

' A utilización pola Administración tributaria do medio de comprobación de valores previsto no apartado g) do art. 57.1 da LGT (' Valor asignado para a taxación das leiras hipotecadas en cumprimento do previsto na lexislación hipotecaria'), na redacción dada pola Lei 36/2006, do 29 de novembro , non require ningunha carga adicional para aquela respecto a os demais medios de comprobación de valores, polo que non vén obrigada a xustificar previamente que o valor asignado para a taxación das leiras hipotecadas coincide co valor axustado á base impoñible do imposto, nin a existencia dalgún elemento de defraudación que deba corrixirse'.

E en sentenza do 6 de abril de 2017 , rec. 88812016:

' Ademais, ante o resultado final que resulte, se é superior o valor comprobado ao declarado, o interesado, de non estar conforme, poderá promover taxación pericial contraditoria, como determina o apartado 2 do propio art. 57, ou impugnar o acto de valoración e a liquidación mediante o recurso de reposición ou a reclamación económica administrativa, quedándolle, finalmente, aberta a vía xudicial para demostrar que o valor asignado non se corresponde ao valor real, porque a estimación só pode considerarse válida e admisible sempre que a súa aplicación reflicta o valor real. Por tanto, se, nalgún caso, non é así, o que procede é corrixir a extralimitación, pero non a anulación con carácter xeral do sistema'.

É dicir, é posible acreditar que dito valor non é o correcto; o que acontece é que neste caso non existe unha proba indubitada que demostre que a taxación hipotecaria do ano 2014 estea SOBREVALORADA, e que responda a outros criterios que non sexan a de determinalo valor real da propiedade, e esta falta de proba obriga a rexeitalo recurso.

TERCEIRO.-Non facemos declaración das custas - o tema do valor é sempre discutible-, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por dª Florencia contra a resolución de 23.11.2017 do TEAR (Liquidacion ITP, exped. NUM000 ).

Non facemos declaración das custas.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.