Sentencia Contencioso-Adm...io de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 376/2019, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15912/2018 de 22 de Julio de 2019

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Administrativo

Fecha: 22 de Julio de 2019

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 376/2019

Núm. Cendoj: 15030330042019100367

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2019:4589

Núm. Roj: STSJ GAL 4589:2019

Resumen:
ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00376/2019

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G:15030 33 3 2018 0001685

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015912 /2018 /

Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Ricardo

ABOGADOANTONIO ALVAREZ GONZALEZ

PROCURADORD./Dª. SUSANA SORIA PINO

ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGAMARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e dous de xullo dous mil dezanove.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15912/2018, presentado por Dº Ricardo , representado polo procurador Sra. Soria Pino, dirixido polo letrado Dº Álvarez González, contra o acordo de 31.07 2018 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo letrado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA .

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 2.805,78 EUROS .


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 31.07.2018 do TEAR que acolle parcialmente ( anula as sancións dos IRPf anos 2011-12 e a liquidación do ano 2009 ) a reclamación económico administrativa contra as liquidación/sanción anos NUM000

SEGUNDO.-O recorrente alega: a) a prescrición do dereito a liquidalo IRPF anos 2011 dado que o procedemento de verificación de datos non foi válido para interrompela prescrición e b) caducidade/prescrición do ano 2012.

Debemos acollelo motivo; no procedemento de verificación de datos dos IRPF anos 2011/12 avaliouse a deducción pola vivenda cotían e remataron con liquidación e sanción (12/04/2014); trala reclamación económico administrativa o TEAR, en acordo de 17.10.2016, anulou as liquidacións.

É o 29.05.2017 cando se lle comunica o inicio do expediente de comprobación limitada do ano 2011/2012, do que se deriva que, de entender que o procedemento previo non interrompeu a prescrición, o dereito da administración a liquidar estaría prescrito verbo do ano 2011.

Segundo o art. 131 da LXT a Administración tributaria pode utilizar este procedemento de verificación de datos nos casos seguintes: a) Cando a declaración ou autoliquidación do obrigado tributario adoeza de defectos formais ou incorrese en erros aritméticos. No suposto de erro en autoliquidación ao computar dedución por innovación tecnolóxica e non a correcta de dedución por investigación e desenvolvemento, non se produce nin cualificación nin valoración xurídica pola Administración senón a mera constatación do erro na casa marcada, Tribunal Supremo Sentencia núm. 145/2017 de 31 xaneiro ( RJ 2017, 1010) .

b) Cando os datos declarados non sexan coincidentes cos que se conteñen noutras declaracións presentadas polo mesmo obrigado tributario, ou cos obrantes en poder da Administración tributaria.

c) Cando se aprecie unha indebida aplicación da normativa e iso resulte patente da propia declaración ou autoliquidación presentada, ou dos xustificantes achegados con ela. d) Cando se requira a aclaración ou xustificación dalgún dato referente á declaración ou autoliquidación presentada, sempre que non se refira ao desenvolvemento de actividades económicas . Pola súa banda o TEAC en reiteradas ocasións manifestou que os supostos que se recollen neste art. 131 da LXT constitúen unha lista pechada, non atopándose entre eles a posibilidade de realizar a través deste canle actuacións de comprobación limitada ou de comprobación de valores. Resolución do TEAC do 5 de xullo de 2016 ( JT 2016, 1012) , que estimou un recurso extraordinario de alzada para unificación de criterio interposto en relación para os efectos da utilización indebida do procedemento de verificación de datos, recóllese unha moi completa exposición do contido e alcance deste procedemento. Sinalouse a este respecto o seguinte: - É improcedente a utilización do procedemento de verificación de datos para levar a cabo actuacións de comprobación de valor, debido a que ditas actuacións non figuran entre os supostos do art. 131 LXT en que cabe iniciar aquel. Así, en mero desenvolvemento deste precepto o art. 159 RGGI non inclúe, senón que precisamente exclúe, o procedemento de verificación de datos ao relacionar os distintos procedementos tributarios en cuxo seo pode realizarse como actuación concreta a comprobación de valores ( RG 1200/2012, do 13 de maio de 2015; RG 8562/2012 do 11 de xuño de 2015 [ JT 2015, 1090] ). - É improcedente a utilización do procedemento de verificación de datos para a comprobación de datos concernentes a actividades económicas, pois así o dispón claramente o propio art. 131 LXT no seu apartado d) ( RG 1922/2012 do 21 de maio de 2015; RG 1819/2013, do 17 de marzo de 2016 [ JT 2015, 921] ).- Resulta obvio, á vista da redacción dos catro apartados do art. 131 LXT, que o procedemento de verificación de datos só pode iniciarse cando existise previa declaración ou autoliquidación presentada por parte do obrigado tributario ( RG 1922/2012, do 21 de maio de 2015 [ JT 2015, 921] ); RG 1819/2013, do 17 de marzo de 2016 ( JT 2016, 570) . Niso insiste a letra c) do art. 163 RGGI. - E en supostos diferentes aos tres anteriores, nos que en principio cabería o inicio dun procedemento de verificación de datos, en todo caso hai que ter presente que este procedemento esgótase no mero control de carácter formal da declaración presentada e da súa coincidencia cos datos provenientes doutras declaracións ou en poder da Administración, non supoñendo o exercicio dunha actividade de comprobación en sentido estrito, para o que a propia LXT prevé outros procedementos como son o de comprobación limitada ou o de inspección. Iso non significa que dentro do procedemento de verificación de datos non poidan substanciarse discrepancias xurídicas, pero estas, á vista dos preceptos da LXT que regulan o procedemento, deben ser moi simples ( RG 1151/2011 do 19 de xaneiro de 2012 [ JT 2012, 310] ; RG 2498/2010, do 23 de febreiro de 2012 [ JT 2012, 345] ). En coherencia co anterior, a tramitación dun procedemento de verificación de datos amparado en concreto no suposto contemplado no apartado c) do art. 131 LXT, nace cunha clara limitación: que a indebida aplicación da norma sexa patente, isto é, manifesta, evidente, notoria e clara, á vista da propia declaración presentada ou dos xustificantes achegados, no seu caso, xunto con aquela ( RG 2498/2010 do 23 de febreiro de 2012 [ JT 2012, 345] ). O efecto pola utilización indebida do devandito procedemento é a nulidade de pleno dereito se desde o seu inicio exista un incumprimento frontal, manifesto, evidente e ostensible das normas que o regulan . É dicir, existe unha utilización indebida do procedemento de verificación 'ab initio'. Tribunal Supremo Sentencia núm. 1128/2018 de 2 xullo, JUR 2018199738 , Recurso de Casación núm. 696/2017 .

Esto último foi o que aconteceu no caso presente; a discrepancia ( xurídica e de feito ) entre a autoliquidación do IRPF dos anos 2011/12 do recorrente e a administración era evidente que non tiña encaixe en ningún dos supostos do art. 131 Lei 58/2003 : non estarmos ante un requerimento para xustificar algún dato senón ante unha apreciación da administración ( a vivenda verbo da que se aplica a deducción non é a cotián ) con datos alleos á autoliquidación ( consumos eléctricos e outros ) que inclusive afectan a terceiros ( os país do recorrente ).

Estarmos, polo tanto, ante un incumprimento frontal, evidente e ostensible das posibilidades que o artigo 131 LXT outorgaba á AEAT e a consecuencia é a declaración de NULIDADE DE PLENODEREITO de todo o actuado, o que carreta a prescrición do dereito da administración para liquidar o exercicio 2011.

TERCEIRO.-Verbo da caducidade e correlativa prescrición do ano 2012.

A recorrente parte do 24.11.2016 coma a data na que a AEAT coñece a resolución do TEAR de 17.10.2016, e dado que a liquidación notificouse o 29.05.2017 xa excederán o prazo de 6 meses.

A administración computa o prazo de seis meses dende a notificación do acordo de inicio do expediente de comprobación limitada de 29.05.2017, para entender que non se superou o prazo do art. 104 lei 58/2003 .

Debemos concordar coa recorrente en que a STS de 31.10.2017 e a recente Asentenza de 23.05.2018 do TS fixou como doutrina legal.

1º) O artigo 66.4 RGRVA, en relación cos apartados 2, 3 e 5 do mesmo precepto, debe interpretarse no sentido de que, anulada na vía económico-administrativa unha comprobación de valores por falta de motivación e, polo tanto, a liquidación derivada da mesma, ordenando retrotraer as actuacións para que se practique nova comprobación e apróbese outra liquidación, as novas actuacións realizadas no procedemento retrotraído e a resolución que se dite non quedan sometidas á disciplina do artigo 66 RGRVA, en particular ao prazo dun mes previsto no seu apartado 2.

2º) Tratándose de procedementos tributarios de xestión, o tempo no que debe ser ditada a nova resolución, despois de retrotraídas as actuacións, réxese polo artigo 104.1 LXT e non polo artigo 150.5 LXT (actual artigo 150.7).

3º) O artigo 104 LXT debe ser interpretado no sentido de que, nunha situación como a do presente litixio, a Administración tributaria debe tramitar o procedemento retrotraído e notificar unha resolución ao interesado no prazo que reste desde que se realizou a actuación procedemental causante da indefensión do interesado, que determinou a anulación do acto administrativo que puxo fin ao procedemento (nun caso como o litixioso o tempo gastado desde a valoración inmotivada). Devandito prazo empeza a contarse desde o día seguinte a aquel en que se comunica a resolución anulatoria con retroacción de actuacións ao órgano competente para levala a puro e debido efecto.

Aínda que, neste caso, formalmente non existe unha retroacción de actuacións, si existe unha anulación da actuación da administración - nulidade de pleno dereito- e sería pouco congruente que, neste casos dun defecto mais grave, a administración contara cun prazo maior para realizalas novas actuacións de comprobación que naqueles casos de retroacción expresa por simples defectos formais, o que nos leva a entender caducado o procedemento e a correlativa prescrición do dereito a liquidar.

CUARTO.-Non facemos declaración das custas, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

Que ACOLLEMOS o recurso contencioso-administrativo presentado por Dº Ricardo contra a resolución de 31.07.2018 do TEAR (Liquidacion IRPF anos 2011/12/15) anulando as liquidacións do IRPF anos 2011/12 por prescrición do dereito da administración a liquidar.

Non facemos declaración das custas.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.