Última revisión
17/09/2017
Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 5/2018, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15202/2017 de 24 de Enero de 2018
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Administrativo
Fecha: 24 de Enero de 2018
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 5/2018
Núm. Cendoj: 15030330042018100014
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2018:327
Núm. Roj: STSJ GAL 327:2018
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00005/2018
-Equipo/usuario: IL
Modelo: N11600
PLAZA GALICIA S/N
N.I.G:15030 33 3 2017 0000537
Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015202 /2017 /
Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA
De D./ña. Dolores , Pedro Enrique
ABOGADOMARIA JESUS SARABIA GARCIA, MARIA JESUS SARABIA GARCIA
PROCURADORD./Dª. EVA MARIA FERNANDEZ DIEGUEZ, EVA MARIA FERNANDEZ DIEGUEZ
ContraD./Dª. CONSELLERIA DE FACENDA, TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA
ABOGADOLETRADO DE LA COMUNIDAD, ABOGADO DEL ESTADO
PROCURADORD./Dª. ,
RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
NO NOME DE EL-REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE
JUAN SELLES FERREIRO
FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO
A CORUÑA, vinte e catro de xaneiro dous mil dezaoito.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 15202/2017, presentado por Dª LAURA e Dº Pedro Enrique , representado polo procurador Sra. Fernández Dieguez, dirixido polo letrado Dª Sarabia García, contra o acordo de 19.01.2017 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado e a CONSELLERÍA DE FACENDA, coa asistenza do letrado da Xunta.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO.-Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.
TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.
CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 49.416,37 EUROS.
Fundamentos
PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 19.01.2017 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do I. Sucesións derivado do falecemento de Dª Virtudes o 05.08.2006.
Segundo resulta do expediente, Dª Virtudes faleceu o 05.08.2006: usufructo universal ó esposo e herdeiro o fillo con substitución vulgar ós descendentes.
Inicio de actuacións inspectoras co esposo e fillo: 20.12.2010. Achegan escritura de 30.12.2010 polo que renuncian á herdanza.
O 10.01.2011 os netos Dª Dolores e Pedro Enrique ( fillos de Vicente ) presentaron a relación de bens da herdanza ( modelo D-650 ).
Actuacións inspectoras notificadas o 28.05.2012 con Dº Dolores e Dº Pedro Enrique .
SEGUNDO.-O recurso baséase na discrepancia no valor atribuido ó inmoble da r/ DIRECCION000 núm. NUM000 de DIRECCION000 e da Avd. DIRECCION001 núm. NUM001 de Nigrán ( trátase de bens gananciais ): os recorrentes manifestan que o valor declarado era do 100% das edificacións e non do 50% e así resulta das probas periciais achegadas.
Os letrados da administración subliñan que non se acredita o erro alegado.
Segundo resulta das alegacións das partes o documento de relevancia é o modelo D650 onde os recorrentes relacionaron os bens da herdanza ( folio 411 do expediente ) onde figura que a porcentaxe de titularidade é do 50% respecto dos inmobles urbanos CASA000 ( de 240 m2 ) e APARTAMENTO000 ( de 60 m2 ) e que o valor atribuido é de 196.500 euros ( o 1º) e de 60.000 euros ( o 2º ), establecendo un total de 269.500 euros ( o valor total da herdanza o fixan en 569.211,25 euros ). As autoliquidacións declaráronas con cota 0 ó aplicala rebaixa por parentesco.
Na liquidación practicada pola Consellería a cota a ingresar é de 36.811,76 euros ( mailos xuros ) por cadanseu herdeiro.
Coma quedou dito a administración parte do valor atribuido polo recorrente os bens, dado que, consonte co artigo 18 da LIS : Normas xerais.
1. A Administración poderá comprobar o valor dos bens e dereitos transmitidos polos medios de comprobación establecidos no artigo 52 da Lei Xeral Tributaria .
2. Os interesados deberán consignar na declaración que están obrigados a presentar segundo o artigo 31 o valor real que atribúen a cada un dos bens e dereitos incluídos na declaración do imposto. Este valor prevalecerá sobre o comprobado se fose superior.
O que acontece é que o cumprimento das obrigas tributarias ( formais e materiais ) non xeran unha situación irreversible dado que o artigo 108.4 Lei 58/2003 establece :os datos e elementos de feito reflectidos nas autoliquidacións, declaración, comunicación e demais documentos presentados polo obrigado tributario se presumen certos para eles e só poderán rectificarse polos mesmos mediante proba en contrario.
O que se trata de determinar é se os recorrentes acreditan o ERRO alegado ou non .
A administración entende que non dado que nas demais partidas do modelo D-650 os recorrentes reflectiron correctamente os porcentaxes e valores o que lles leva a concluir que o mesmo aconteceu con respecto os inmobles de Porriño e Nigrán.
Sen dúbida é un dato relevante a ter en conta ( se falaramos dun erro masivo a cuestión non ofrecería discusión ), mais non é determinante: no extenso modelo D-650 é posible cometer un erro nalgun dos recadros e acertar nos demais.
Coma xa dixemos, o determinante é se está ou non acreditado o erro e entendemos que a conclusión debe ser favorable ós recorrentes.
Estos achegaron un informe pericial do arquitecto Sr. Carlos Francisco - de 02.01.2011- que estableceu u valor para o edificio de Porriño de 196.500 euros e para o de Nigran de 60.000 euros. O valor determinado era do 100% de ámbalas dúas propiedades.
É certo que dito informe non é proba indubidable de que o confeccionaran na data indicada; mailo dito, tamén o é que non temos razón ningunha para pensar que a data non é a real (as dúbidas que lle podería suscitar á administración puido correxilas coa proba testemuñal ou coa solicitude da acreditación do pagamento do traballo). Desto resulta que ó tempo de presentalo D-650 os recorrentes contaban cun informe do valor do 100% das propiedades indicadas. Valor (referido ó 100%) que o que indicaron na declaración de bens e, correlativamente, nas cifras globais da autoliquidación (con cota 0).
Verbo das supostas deficiencias do informe indicadas polo TEAR entendemos que non concorren dado que a propia administración parte do informe para facela distribución da porcentaxe da superficie destinada a vivenda e a uso hosteleiro co fin de aplicala deducción por adquisición de vivenda cotián do causante.
A esto engadimos outro dato relevante; a administración non realiza xestión ningunha dirixida a comprobalo VALOR REAL do declarado, cando concorre una evidente discordancia entre o declarado e o valor catastral dos inmobles e, inclusive podemos presupor co valor que a propia Xunta lle atribúia os inmobles. No folio 886 remítese para VALORAR PARA INSPECCIÓN os inmobles obxecto de discrepancia ( noutros indícase non modificar ) e o informe do perito ignora ditos bens ( a explicación no folio 979 verbo do inmoble de Nigrán é desconcertante: o perito coñece datos suficientes do ben - e outro tanto acontece co de O porriño- e non os avalía ).
Sen dúbida un dos principios que rexen a actuación da administración - art. 3.1.h.j. Lei 40/2015 - é o de eficacia e eficiencia, mais tamén o é que debe facelo acorde co principio de obxectividade - art. 103 CE e 3.1.c Lei 40/2015 - e en servicio do cidadán - art. 3.1.a Lei 40/2015 - e ante a evidencia do ERRO na avliación dos bens nos que incorre o administrado non pode darlle prevalencia á formalidade documental - art. 108.4 Lei 58/2003 - obviando conscientemente datos que lle prexudican na consecución dos obxectivos de recadación ( non avaliando os bens maila solicitude dos órganos da propia inspección ), o que carreta que acollámolo recurso o entender acreditado o erro ( os valores declarados dos inmobles de O Porriño e Nigran eran o 100% do valor)
TERCEIRO.Impoñenselle as custas á administración ( nun 50% ó TEAR en un 50% á Xunta ) ata a contía máxima de 1.500 euros para cubrilos custos da representación e asistenza xurídica dos recorrentes, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .
Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu
Fallo
Que ACOLLÉMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por Dª Dolores e Dº Pedro Enrique contra a resolución de 19.01.2017 do TEAR ( Liquidacion I. Sucesións, exped. NUM002 ) anulándoa por contraria a dereito- o valor declarado dos inmobles de Nigran e o Porriño era do 100% das propiedades.
Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACION.- A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, vinte e catro de xaneiro dous mil dezaoito.

