Última revisión
17/09/2017
Sentencia Penal Nº 11/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 4, Rec 30/2016 de 11 de Marzo de 2020
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 43 min
Orden: Penal
Fecha: 11 de Marzo de 2020
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: MIGUEL ARAMBURU GARCíA-PINTOS
Nº de sentencia: 11/2020
Núm. Cendoj: 36038370042020100002
Núm. Ecli: ES:APPO:2020:3
Núm. Roj: SAP PO 3:2020
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 4 PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00011/2020
-
ROSALIA DE CASTRO,Nº 5 - PALACIO DE JUSTICIA
Teléfono: 986805137/36/38/39 Correo electrónico:
Equipo/usuario: MA Modelo: N85850
N.I.G.: 36057 48 2 2016 0000243
PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000030 /2016
Delito: HOMICIDIO
Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL, Florinda Procurador/a: D/Dª , OLGA CASABLANCA GARCIA
Abogado/a: D/Dª , ANGELES MARGARITA GIMENEZ LAGO Contra: Julio
Procurador/a: D/Dª ISABEL DOMINGUEZ QUINTAS Abogado/a: D/Dª ALEJANDRO VEGA VAZQUEZ
SENTENZA Nº11/20
MAXISTRADOS/A
Don José Juan Barreiro Prado
Dona María Rosario Cimadevila Cela
Don Miguel Aramburu García-Pintos (Relator)
Pontevedra, a once de marzo de dous mil vinte
Foi visto pola Sección 4ª da Audiencia Provincial de Pontevedra o procedemento ordinario levado nesta sección co número 30 de 2016, seguido polo delito de asasinato en grao de tentativa, no cal foron partes:
1.Como acusado, don Julio, de nacionalidade portuguesa, con carta de identidade portuguesa NUM000, nado o día NUM001 de 1959, fillo de Pablo e de Violeta, representado pola procuradora dona María Isabel Domínguez Quintas e defendido polo avogado don Alejandro Vega Vázquez.
2.Como acusación particular, dona Florinda, representada pola procuradora dona Olga Casablanca García e defendida pola avogada dona Ángeles Margarita Giménez Lago.
3.O Ministerio Fiscal, que interveu sostendo a acusación.
Actuou como relator o maxistrado Miguel Aramburu García- Pintos.
Antecedentes
Primeiro.As presentes actuacións foron instruídas polo Xulgado de Violencia sobre a Muller de DIRECCION000, que ditou un auto de procesamento contra Julio, e, concluído o sumario, o procesamento foi confirmado por esta Audiencia Provincial, que acordou a apertura do xuízo oral por medio dun auto ditado o día 12 de xuño de 2018.
Unha vez dado o traslado para a cualificación, o Ministerio Fiscalpresentou un escrito de conclusións provisionais nos seguintes termos: é autor o acusado, a teor dos artigos 27 e 28 do Código penal, dun delito de asasinato en grao de tentativa dos artigos 139.1.1º, 15, 16.1 e 62 do Código penal, concorre nel a circunstancia agravante de parentesco do artigo 23 do Código penal e, en consecuencia, procede imporlle a pena de prisión de 12 anos e inhabilitación absoluta durante o tempo da condena. Así mesmo, conforme ao artigo 57 do Código penal, solicita que se impoña ao acusado a prohibición de aproximarse a unha distancia non inferior a 500 metros respecto da señora Florinda, do seu domicilio, lugar de traballo ou lugares que esta frecuente, e de comunicarse con ela por calquera medio, e todo isto por un período de tempo superior en dez anos á pena de prisión. Para o cumprimento desta pena solicitou o control mediante pulseira telemática para aqueles períodos en que o acusado non estea ingresado de forma efectiva nun centro penitenciario.
En concepto de responsabilidade civil, o Ministerio Fiscal solicitou que o acusado indemnice a Florinda na contía de 500 euros polas lesións físicas, 4500 euros polas secuelas das lesións físicas, 5500 euros polas lesións psíquicas, que tardaron en curar 180 días de prexuízo persoal básico, e 4500 euros polas secuelas psíquicas. Así mesmo, o acusado deberá indemnizar o Servizo Galego de Saúde (Sergas) na contía de 779,30 euros pola atención médica subministrada a Florinda.
As cantidades fixadas como responsabilidade civil deberán ser incrementadas segundo dispón o artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Finalmente, o Ministerio Fiscal solicita que se impoña ao acusado o aboamento das custas procesuais.
A acusación particularpresentou un escrito de conclusións provisionais polo que solicitaba a condena do acusado como autor dun delito de asasinato en grao de tentativa dos artigos 139.1.1º, 16 e 62 do Código penal, e, concorrendo a circunstancia mixta de parentesco como agravante, pediu a imposición dunha pena de 14 anos de prisión, accesoria de inhabilitación absoluta polo tempo da condena, a prohibición de aproximarse a unha distancia non inferior a 500 metros respecto da señora Florinda, do seu domicilio, lugar de traballo ou lugares que esta frecuente, e a prohibición de comunicarse con ela por calquera medio, e todo isto por un período de tempo superior en dez anos á pena de prisión. Para o cumprimento desta última pena solicitou o control mediante pulseira telemática para aqueles períodos en que o acusado non estea ingresado de forma efectiva nun centro penitenciario.
En concepto de responsabilidade civil, solicitou que Julio indemnice a Florinda coa suma de 10 400 euros polos días que estivo impedida para realizar as súas ocupacións habituais, 6000 euros polas secuelas físicas e 6000 euros polas secuelas psíquicas, cantidades que deberán ser incrementadas co xuro legal.
Segundo.A defensa presentou un escrito de conclusións provisionais polo que solicitaba a libre absolución do seu defendido.
Terceiro.O día 6 de maio de 2019 ditouse unha sentenza na presente causa que, unha vez impugnada, foi declarada nula por unha sentenza ditada en apelación polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que acordou a devolución das actuacións para un novo axuizamento da causa, con nova composición do órgano.
Cuarto.Tras seren recibidas as actuacións, acordouse a realización do xuízo en dúas sesións, os días 28 e 30 de xaneiro de 2020, no cal se practicaron as seguintes probas: declaración do acusado; testemuñal de Florinda, Marcelino, Apolonia, Benita, Camino, Casilda, Rodrigo, Dolores, dos funcionarios do Corpo Nacional de Policía con números de carné profesional NUM002, NUM003, NUM004, NUM005, NUM006, NUM007, NUM008 e NUM009, de Virgilio e de Carlos Jesús; testemuñal-pericial dos funcionarios do Corpo Nacional de Policía con números de carné profesional NUM010, NUM011 e NUM012; pericial da médica forense Leticia, da psicóloga forense Marta, da traballadora social Rosa e dos médicos forenses Cayetano, Visitacion e Darío, e proba documental.
Quinto.O Ministerio Fiscal mudou en definitivas as súas conclusións provisionais e solicitou que se deducise tanto de culpa respecto de Dolores.
A acusación particular mudou en definitivas as súas conclusións provisionais, salvo a responsabilidade civil, que modificou engadindo a suma de 10 000 euros polas secuelas físicas, 20 000 polas psíquicas, 410 euros por resonancia magnética nuclear (RMN) e 85 euros por sesións de psicólogo. Solicitou tamén que se deducise testemuño fronte a Dolores.
A defensa do acusado solicitou a dedución de testemuño fronte ao axente NUM005, e mudou en definitivas as súas conclusións.
Primeiro. Julio, nado o día NUM001 de 1959, e Florinda casaron en setembro de 2015 e levaban varios anos de convivencia antes do casamento.
Segundo.Os días 1 e 2 de maio de 2016 ambos estaban aloxados no Hotel DIRECCION001 sito no número NUM015 da RUA000 de DIRECCION000.
O día 2 de maio, cando eran arredor das 8:20 horas, estando ambos no cuarto que compartían no referido hotel, mentres Florinda permanecía no baño tras ducharse, de costas ao dormitorio e agachada, entrou no baño Julio, quen, coa intención de causar a morte da súa muller, a golpeou cunha maceta de canteiro na parte traseira da cabeza varias veces; entón, nun momento determinado, Julio colleu a Florinda polo pescozo, rodeándoo co brazo, e continuou golpeándoa coa maza na cabeza, coa mesma intención de causarlle a morte.
Nese momento, Florinda berraba e intentaba zafarse do seu marido e ambos caeron ao chan e, nesta situación, Julio agarrouna coas mans polo pescozo e comezou a golpeala contra o chan.
Florinda, no curso destes feitos, puido coller a maza, achegarse á porta do cuarto e saír ao corredor do hotel, a onde acudiron para auxiliala uns empregados do establecemento que escoitaran con anterioridade os seus berros.
Terceiro.Os empregados do hotel trasladaron a Florinda a un cuarto situado a carón daquel onde aconteceron os feitos e, nel, Florinda golpeou o talón dereito contra a pata dunha mesa con bordo metálico.
Cuarto.Como consecuencia dos golpes que lle deu Julio, Florinda tivo as seguintes lesións: un traumatismo cranioencefálico leve, unha ferida inciso-contusa occipital vertical de 5 centímetros coa metade inferior estrelada, anfractuosa, unha ferida contusa parietal superior esquerda con ramificación superior de 6,1 centímetros de lonxitude, anfractuosa, ferida contusa parietal posterior superior dereita, anfractuosa, oblicua na súa parte superior, de 5,2 centímetros e cunha ramificación de 1,3 centímetros, ferida contusa centroparietal de 4,5 centímetros de lonxitude, lixeiramente arqueada, hematoma no pulso da man dereita na parte que ocupa o dorso metacarpiano con dor á presión dixital no nivel mediocarpiano, hematoma retroarticular dereito, equimose na zona posterior dereita do ombro dereito á altura da escápula, dor á palpación na zona cervical en apófises espiñosas das primeiras vértebras cervicais, dor na cara anterior do costado dereito na parte inferior das costelas flotantes, dor bilateral na cara anterior do pescozo na zona do esternocleidomastoideo, ferida en colgallo leve na cara lateral externa do talón dereito no terzo posterior do pé, de morfoloxía irregular, duns 4,5 centímetros de lonxitude, hematoma no xeonllo dereito, hematoma subgaleal occipital e parietal e un trastorno de estrés postraumático moderado.
Estas lesións precisaron para a súa curación dunha primeira asistencia médica, limpeza e sutura das feridas con grampas e puntos de sutura e tratamento farmacolóxico para o trastorno de estrés postraumático.
As lesións tardaron en curar 180 días, dos cales un foi de hospitalización e os restantes de prexuízo persoal básico, e, como secuelas, a Florinda réstanlle catro cicatrices na rexión parietooccipital dereita, tapadas polo pelo, e un estrés postraumático moderado.
A asistencia médica prestada a Florinda polo Sergas xerou a esta entidade uns gastos de 779,30 euros.
Fundamentos
Primeiro.Cuestións previas
(a)Sobre a petición de retroacción de actuacións ao momento de apertura de xuízo oral
Ao inicio do plenario a defensa do acusado solicitou a nulidade dos actos posteriores ao sinalamento do xuízo, entendendo que se vulnerou o dereito a un xuíz imparcial polo que consideraba que procedía retrotraer as actuacións ao momento en que se ditou o auto de apertura de xuízo oral.
No auto do día 19 de decembro de 2019 xa explicamos as razóns polas que entendiamos que non era posible a retroacción das actuacións ao momento previo a ditar o auto de apertura de xuízo oral e dámolas neste momento por reproducidas. Ademais, non é inútil sinalar que a pretensión da parte é, como se indicou no plenario e tamén no escrito do 5 de decembro de 2019 (folio 761 verso), propor novos medios de proba que se concretaron no xuízo en reiterar a proba denegada anteriormente e un informe pericial biomecánico sobre a versión dos feitos dada polo acusado.
A proba que a defensa manifestou que pretendía solicitar no hipotético novo traslado para cualificación revélase innecesaria e, xa que logo, non se pode producir a indefensión que motivaría a existencia dun vicio de nulidade. No que atinxe á proba documental, esta basicamente pretendía indagar sobre o coñecemento que podía ter a señora Florinda sobre a existencia de procedementos tributarios en Portugal respecto de empresas onde ela constaba como administradora. Non albiscamos a necesidade de practicar a dita proba, que se revela como non relacionada co obxecto do proceso.
No que atinxe ao informe biomecánico, estamos ante unha pericia médica e para tal efecto é necesario salientar que no plenario declarou o médico forense que examinou o acusado e foi preguntado pola posible orixe das súas lesións; incluso a parte tivo ocasión de preguntar a este e ás demais forenses sobre a compatibilidade das lesións da señora Florinda coa versión do acusado. Daquela, a parte realizou preguntas sobre a súa versión dos feitos, polo que entendemos que non concorre a indefensión alegada.
(b)Petición de nulidade dos documentos dos folios 627 a 640 e os informes derivados destes
Sobre este punto debemos indicar que na causa, folio 641, consta que o día 2 de novembro de 2016 o xulgado de instrución acordou unir os documentos achegados pola acusación particular e, posteriormente, determinouse a práctica dun exame do teléfono citado nesa documentación. O exame materializouse nos informes dos folios 1219 e seguintes, e do 1344 ao 1350. Os ditos informes fixéronse baixo a información, coñecida pola defensa, de que o teléfono era da señora Florinda e de que esta o atopou no domicilio común. Ante esta manifestación e o silencio da defensa do acusado, non existía a necesidade de realizar unha habilitación xudicial para acceder ao teléfono, polo que entendemos que a petición de nulidade non é estimable. Pero, ademais, debemos lembrar que o señor Carlos Jesús (o fillo do acusado) testemuñou que ese teléfono era de Florinda (minuto 44 da gravación da vista do día 30 de xaneiro), daquela, o acceso ao terminal telefónico unicamente precisaba da autorización da súa propietaria.
Por outra parte, a falta de utilidade da información obtida no terminal telefónico é patente e en nada afecta a decisión.
Segundo.Valoración da proba
No plenario contamos con dúas versións diverxentes sobre os feitos acontecidos no cuarto do hotel. Así, o acusado deu unha versión en que el se proclama como vítima e, pola contra, Florinda declarou que ela foi a persoa agredida polo acusado. Procede, en primeiro lugar, recapitular o manifestado por ambos os dous.
O señor Julio narrou como estaba no cuarto do hotel coa súa dona e ela foi ducharse; cando rematou, el foi ao baño e, de súpeto, foi atacado pola muller. Dixo que a viu polo espello do baño, que levantou a modo de defensa unha toalla que levaba e que notou que algo lle tocou na man. Engadiu que a empurrou e que Florinda caeu cara atrás, que logo tiveron unha agarrada e que tentou facela rodar, que ela non lle deixaba abrir a porta e que Florinda, ao saír do cuarto, caeu de costas coa maceta na man.
A versión de Florinda varía substancialmente. Así, narrou como se levantou da cama ás 8:22, foi ao baño para ducharse e que, cando saíu da ducha e estaba no baño fronte ao espello, dándose crema, o seu home entrou e díxolle que se ía duchar el; que de súpeto sentiu un golpe na cabeza, por detrás; que Julio seguía golpeándoa e que ela soamente quería soltarse; que el a puido agarrar co brazo polo pescozo mentres lle pegaba na cabeza, entón caeron ao chan e el colleuna polo pescozo coas mans e comezou a baterlle a cabeza contra o chan; que ela berraba ('grité ayuda, gritaba siempre ayuda'); que despois conseguiu ceibarse e saíu pola porta do cuarto, que colleu algo que el tiña nas mans, 'recuerdo que salí de la habitación con una cosa muy fría'.
Entendemos que, á vista das demais probas practicadas que corroboran o testemuño da señora Florinda, debemos considerar este como un testemuño veraz e apto para desvirtuar a presunción de inocencia do acusado.
É de sobra coñecida a xurisprudencia da Sala Segunda do Tribunal Supremo verbo do valor da declaración da vítima como proba apta para fundar unha condena, así, na Sentenza 337/2018, do 5 de xullo ( ECLI:ES:TS:2018:2658 ), fundamento segundo, dise:
Bajo la guía de la STS 584/2014, de 17 de junio recordemos la posibilidad de que una prueba testifical, aunque sea única y aunque emane de la víctima, desactive la presunción de inocencia. El viejo axiomatestis unus testis nullus fue erradicado del moderno proceso penal. Eso no puede desembocar ni en la disminución del rigor con que debe examinarse la prueba, ni en una debilitación delin dubio. La palabra de un solo testigo puede ser suficiente en abstracto para alcanzar la convicción subjetiva. Pero junto a ello la exigencia de una fundamentación objetivamente racional de la sentencia hace imposible fundar una condena sobre la base de la mera 'creencia' en la palabra del testigo', a modo de un acto de fe ciego. Se hace imprescindible una valoración de la prueba especialmente profunda, respecto de la credibilidad. Cuando una condena se basa, en lo esencial, en un testimonio ha de redoblarse el esfuerzo de motivación fáctica. Sus exigencias se acrecientan.
En ese contexto encaja bien el triple test -del que se hacen eco sentencia, recurso e impugnación del Fiscal- que se viene estableciendo por la jurisprudencia para valorar la credibilidad del testigo víctima -persistencia en sus manifestaciones, elementos corroboradores, ausencia de motivos de incredibilidad diferentes a la propia acción delictiva-. No
se está definiendo con ello un presupuesto de validez o de utilizabilidad, sino estableciendo meras orientaciones que han de ser ponderadas pues ayudan a acertar en la decisión. Son puntos de contraste que no se pueden soslayar. Pero eso no significa que cuando se cubran las tres condiciones haya que otorgar 'por imperativo legal' crédito al testimonio. Ni, tampoco, que cuando falte una o varias, la prueba ya no pueda ser valorada y,ex lege, por ministerio de la ley -o de la doctrina legal en este caso-, se considere insuficiente para fundar una condena.
Ni lo uno ni lo otro. Es posible que no se confiera capacidad convictiva de forma razonada a la declaración de una víctima (porque se duda del acierto de su reconocimiento, v.gr.), pese a que ha sido persistente, cuenta con elementos periféricos que parecerían apuntalarla y no se ha identificado ningún motivo espurio que ponga en entredicho su fiabilidad; y, según los casos, también es imaginable que una sentencia condenatoria tome como prueba esencial la única declaración de la víctima huérfana de elementos corroboradores de cierta calidad, que ha sido fluctuante por ocultar inicialmente datos o por cambios o alteraciones en las diferentes declaraciones; y pese a identificarse una animadversión dilatada en el tiempo entre víctima y acusado, siempre que el Tribunal analice cada uno de esos datos y justifique por qué, pese a ellos, no tiene dudas de la realidad de los hechos y la autoría (aunque no es lo más frecuente, tampoco es insólito encontrar en los repertorios supuestos de este tenor).
En relación co testemuño da señora Florinda contamos con distintas probas que corroboran a súa versión dos feitos.
En primeiro lugar, debemos remitirmos ao testemuño dos empregados do hotel que acudiron ao cuarto ante os gritos da señora Florinda, testemuñais que procede recapitular: 1) a señora Apolonia, gobernanta do hotel, narrou como baixou ao lugar onde estaba ela unha camareira que lle dixo que había unha pelexa nun cuarto, subiu e viu unha muller no chan 'acurrucada' e espida, que gritaba que ía morrer, tamén viu no corredor a maceta e aclarou que ela a moveu co pé, tamén dixo que escoitara berros antes de chegar pero non sabe se eran de home ou de muller; 2) Benitatestemuñou que estaba no cuarto situado ao lado do NUM014 e escoitou un golpe moi forte, pensou que alguén caera na bañeira, e que na porta escoitou golpes fortes e gritos ('eran gritos de muller'), que baixou á recepción para avisar e cando volveu viu unha moza tirada no chan espida e con salpicaduras de sangue; 3) Caminodeclarou que se atopaba na segunda planta -os feitos aconteceron na primeira-, que escoitou gritos, choros e que era unha muller; 4) Rodrigo contou que estaba na recepción cando unha compañeira baixou e lle dixo que había unha muller tirada no corredor, que subiu e a viu espida e ensanguentada, tamén viu a maza, que entrou no cuarto e viu un home deitado e que 'pedía ayuda', que non lle viu lesións e dicía que 'le dolía el corazón'.
Todas estas persoas ou estaban próximas ao lugar dos feitos e escoitaron o acontecido ou viron o lugar xusto despois da agresión; do narrado por eles derivan, entendemos, as seguintes conclusións: a persoa que berraba era unha muller, a persoa que tiña lesións físicas era a señora Florinda e a maza estaba no exterior do cuarto.
Na causa consta unha reportaxe fotográfica, folios 311 a 323, do lugar dos feitos e pódese apreciar como o cuarto NUM013, onde se atopaba a señora Benita, está preto do NUM014, no cal aconteceron os feitos, e, ademais, pódese constatar nesas fotos que no baño do cuarto NUM014 había pezas de roupa manchadas de sangue e que no corredor estaba a maza.
Debemos engadir a estas probas o resultado das periciais médicas que se practicaron no plenario.
Tírase dos informes forenses que as lesións que tiña Florinda se produciron na parte superior e traseira da cabeza, así consta nos informes dos folios 67 e 68 e 1256 e 1258 dos autos; tamén declararon isto no plenario os médicos forenses que os elaboraron. Así, identifícanse lesións na cabeza na zona parietal occipital ou na zona parietal, ademais dun hematoma na retroauricular dereita; o que evidencian todas estas lesións é que os golpes que causaron as feridas da señora Camino non foron dados de fronte, senón desde atrás.
A recapitulación das probas lévanos a concluír que está corroborada suficientemente a versión da señora Florinda. Contamos con dúas testemuñas que, cando están acontecendo os feitos, escoitan berros dunha muller, o que é un claro indicio de que a persoa que estaba nunha situación de risco era a muller e non o home; doutra banda, estas mesmas testemuñas declaran que a única persoa que tiña lesións evidentes era a muller. Ademais, a localización das feridas e a súa natureza son totalmente compatibles co relato dado pola señora Florinda: lesións na parte posterior da cabeza, o que evidencia un ataque polas costas, e outros golpes en distintas partes da zona parietal e na parte posterior da orella dereita. A confirmación da declaración da vítima que deriva da valoración destas probas é clara.
Non podemos compartir a tese da defensa apuntada no interrogatorio dos médicos forenses relativa a que a señora
Florinda se autolesionou. Tanto a señora Leticia e o señor Cayetano, cando declararon conxuntamente, como a señora Visitacion, ao declarar coa primeira, indicaron que estas lesións na zona occipital son difíciles de producirse por un mesmo, e tamén desbotaron a posibilidade de que fosen compatibles cunha caída e tres rebotes da cabeza contra o chan. A hipótese da defensa de que a propia señora Florinda se golpeou coa maza varias veces na parte posterior da cabeza ao tempo que berraba demandando auxilio ou que caeu ao chan e rebotou varias veces non é asumible á vista do resultado destas probas.
Pero, ademais, existen outras probas cuxo resultado tamén ratifica a declaración da vítima. Do testemuño dos funcionarios do Corpo Nacional de Policía que acudiron ao lugar dos feitos tírase que varios apreciaron que o acusado tiña lesións, 'golpes en la espalda', nun costado , 'rojeces', segundo declarou o funcionario con número de carné profesional NUM007 e tamén o axente con número de carné NUM006, quen apreciou 'una rojez'; e tamén viron como a señora Florinda estaba lesionada, segundo narrou este último funcionario, ela estaba 'atendida en una de las habitaciones, sangrando abundantemente por la cabeza' e indicou que a señora Florinda lle dixo que o acusado a golpeara coa maceta cando ía entrar na ducha. Estas testemuñas tamén corroboran o manifestado polas testemuñas anteriores: como estaban o señor Julio e a señora Florinda e as lesións que apreciaron.
A alegación da defensa de que o funcionario NUM005 mentiu no plenario non a podemos compartir, non albiscamos dato ningún do cal poidamos derivar tal conclusión. O feito de que aquel non apreciase lesións no acusado non indica que mentise, é posible que non vise as lesións; e a manifestación que
espontaneamente lle fixo o acusado sobre a compra da maceta é irrelevante atendendo ao resultado das demais probas.
A proba de descargo practicada no plenario non desvirtúa as conclusións que se derivan da proba anterior. Procede o seu exame.
En primeiro lugar, debemos referirnos ao testemuño da señora Dolores.Segundo declarou no plenario, o día 1 de maio de 2016 atopábase nun bar da DIRECCION002, en DIRECCION000, e no baño do establecemento coincidiu cunha muller que estaba 'con una maza y un bolso marrón revolviendo en el bolso' e que tiña a maza na man. Este testemuño entendemos que non é aceptable, consideramos que puido mentir na súa declaración. Existen varios motivos para dubidar da súa veracidade. Primeiramente, non é razoable pensar que, meses despois deste suceso, como declarou a testemuña, vise a nova dos feitos en Internet e recoñecese a señora Florinda. Non se deu ningún dato verbo da fonte da información: nin do medio nin en que consistiu a nova que leu. En segundo lugar, a señora Dolores, cando lle foi exhibida a maceta, dixo que era marrón e negra a pesar de que, como se pode apreciar, é nova e por tanto de cor metálica (prateada) e da cor da madeira clara no seu mango. Por outra banda, cando foi preguntada polo vestido que levaba a muller que viu, dixo que 'zapatos marrones y negros', o que se contradí co que deriva dos fotogramas do folio 283, onde, con nitidez, pode apreciarse como a señora Florinda calzaba unhas sandalias brancas ou claras. Estes fotogramas correspóndense coa chegada do matrimonio ao aparcadoiro despois de marchar da DIRECCION002. Concluímos que esta testemuña puido cometer un delito contra a Administración de xustiza polo que procederá deducir un testemuño pola posible comisión dun delito.
As outras testemuñas de descargo tamén se revelan como irrelevantes.
Virgilio narrou como se coñeceron en Bucarest o señor Julio e a señora Florinda e como ela se trasladou a vivir a Portugal co acusado. Tamén narrou que nunha ocasión uns mozos pretenderon secuestrara señora Florinda e que esta coñecía os problemas económicos do seu marido. Non se albisca motivo ningún que relacione tales feitos coa conduta da señora Florinda imputada polo acusado na súa declaración. O feito de que as empresas do acusado tivesen problemas económicos ou as circunstancias en que ambos se coñeceron son irrelevantes.
O mesmo acontece respecto do testemuño do fillo do señor Julio, Carlos Jesús. Da súa declaración o único dato relevante, ao cal se fixo antes referencia, é o relativo á titularidade do teléfono móbil, carecendo de importancia os demais datos sobre os seus alcumes empregados nas redes sociais.
Fronte a esta proba de descargo, o resultado das demais probas consideramos que xustifica claramente a declaración de feitos probados. O relato da señora Florinda está corroborado por testemuñas que non teñen ningún tipo de relación nin con ela nin co acusado e que estaban accidentalmente no lugar como empregados do hotel. Doutra banda, a versión da señora Florinda é coincidente coas lesións que tiña e a súa causa é compatible totalmente co narrado por todas as testemuñas e coincide cos informes médicos e as valoracións das lesións realizadas polos peritos médicos, polo que a proba de descargo non fai xurdir ningunha dúbida sobre a forma de producírense os feitos. Sen que desvirtúe as conclusión o feito de que a señora Florinda, como deriva da testemuñal, cando foi atendida reclamara asistencia médica e que non se chamara a policía, é evidente que a súa intención era ser atendida médicamente e por iso pedía que se chamara ao servizo médico e non a policía.
Por último, debemos xustificar a declaración de feitos probados no que atinxe aos feitos de que poida derivarse a responsabilidade civil.
En primeiro lugar, non podemos considerar probado que a lesión que a señora Florinda tiña no pé dereito derive da agresión. Conforme ao testemuñado pola señora Apolonia, esta lesión tivo a súa orixe cando a señora Florinda golpeou co seu pé unha banqueta, o que corroboran as fotografías do folio
316. Daquela, non é imputable á conduta do acusado a causa desta lesión.
No que atinxe ás demais lesións e ao seu alcance, considerámolas probadas de acordo cos informes forenses dos autos, folios 67 e 68 e 1256 e 1258, e debemos aternos ao que deriva deles ante a ausencia doutras probas que os desvirtúen.
Ademais consta na causa a cuantificación do custo da asistencia sanitaria prestada á señora Florinda polo Sergas. Así deriva da proba documental do folio 1385 e tamén do testemuño do señor Marcelino.
Terceiro.Cualificación dos feitos
O artigo 139 do Código penal di:
1. Será castigado coa pena de prisión de quince a vinte e cinco anos, como reo de asasinato, quen mate outro concorrendo algunha das circunstancias seguintes:
1ª. Con aleivosía.
2ª. Por prezo, recompensa ou promesa.
3ª. Con asañamento, aumentando deliberada e inhumanamente a dor do ofendido.
4ª. Para facilitar a comisión doutro delito ou para evitar que se descubra.
2. Cando nun asasinato concorra máis dunha das circunstancias previstas no número anterior, imporase a pena na súa metade superior.
Consideramos que os feitos declarados probados son un delito de asasinato previsto nesta norma, xa que concorre a circunstancia primeira, a aleivosía; e, dado que non se produciu o resultado típico na vítima, os feitos non son consumados, senón en tentativa do artigo 16 do Código penal.
A proba practicada evidencia, e así o recollen os feitos que declaramos probados, que a agresión realizada por Julio sobre a súa muller foi executada coa intención de matala e acadamos esta conclusión polas circunstancias da agresión: en primeiro lugar, o instrumento empregado para executar o feito, a maceta, que é un obxecto pesado e susceptible de causar graves lesións e claramente apto para fracturar ósos; en segundo lugar, o lugar do corpo da señora Florinda en que se produciu o ataque, a cabeza, que para calquera persoa se representa como parte vital, e, ademais, o feito de que, precisamente, para golpear o cranio da señora Florinda se empregase un obxecto susceptible de rompelo; en terceiro lugar, o número de golpes que recibiu a señora Florinda na cabeza, ata cinco lesións recolle o informe forense, ademais da forma de executalos, así, tras un primeiro golpe, o acusado, co brazo dobrado, agarrou a vítima polo pescozo e dáballe golpes na cabeza; e, por último, o feito de que, tras forcexar, o señor Julio agarrase coas mans o pescozo da señora Florinda e continuase dándolle golpes contra o chan.
A recente Sentenza 12/2020, do 23 de xaneiro, do Tribunal Supremo, en relatorio do Excmo. Sr. Colmenero, di no seu fundamento primeiro:
A estos efectos, la jurisprudencia de esta Sala ha entendido que, para afirmar la existencia del ánimo propio del delito de homicidio, deben tenerse en cuenta todos los datos existentes acerca de las relaciones previas entre agresor y agredido; del comportamiento del autor antes, durante y después de la agresión, lo que comprende la existencia de agresiones previas, las frases amenazantes, las expresiones proferidas, la prestación de ayuda a la víctima y cualquier otro dato relevante; del arma o de los instrumentos empleados; de la zona del cuerpo a la que se dirige el ataque; de la intensidad del golpe o golpes en que consiste la agresión, así como de las demás características de ésta; de la repetición o reiteración de los golpes; de la forma en que finaliza la secuencia agresiva; y, en general de cualquier otro dato que pueda resultar de interés en función de las peculiaridades del caso concreto. ( STS nº 57/2004, de 22 de enero ). A estos efectos, y aunque todos los datos deben ser considerados, tienen especial interés, por su importante significado, el arma empleada, la forma de la agresión, especialmente su intensidad, y el lugar del cuerpo al que ha sido dirigida.
As variables que o Tribunal Supremo identifica como aptas para poder identificar o animus necandison totalmente aplicables a este caso. O señor Julio empregou un instrumento capaz de causar a morte, de peso importante, dirixiu o seu ataque a unha zona vital do corpo, a cabeza, e o ataque foi reiterado nesta mesma zona; a intención de afectar un órgano vital é clara, e, polo tanto, tamén o é a intención de matar.
Ademais debemos cualificar o ataque como aleivoso.
Na Sentenza 636/2019, do 19 de decembro ( ECLI:ES:TS:2019:4282 ), en relatorio da Excma. Sra Ferrer García, o Tribunal Supremo sinala no seu fundamento terceiro o seguinte:
2.La alevosía que cualifica el homicidio en asesinato del artículo 139.1 CP aparece descrita en el artículo 22.1 CP , según el cual concurre 'cuando el culpable comete cualquiera de los delitos contra las personas empleando en la ejecución medios, modos o formas que tiendan directa o especialmente a asegurarla, sin el riesgo que para su persona pudiera proceder de la defensa por parte del ofendido'.
A partir de esa definición legal, la jurisprudencia de esta Sala ha exigido para apreciar la alevosía: en primer lugar, un elemento normativo consistente en que se trate de un delito contra las personas. En segundo lugar, como requisito objetivo, que el autor utilice en la ejecución medios, modos o formas que han de ser objetivamente adecuados para asegurarla mediante la eliminación de las posibilidades de defensa, sin que sea suficiente el convencimiento del sujeto acerca de su idoneidad. En tercer lugar, en el ámbito subjetivo, que el dolo del autor se proyecte no solo sobre la utilización de los medios, modos o formas empleados, sino también sobre su tendencia a asegurar la ejecución y su orientación a impedir la defensa del ofendido, eliminando así conscientemente el posible riesgo que pudiera suponer para su persona una eventual reacción defensiva de aquél. Y en cuarto lugar, que se aprecie una mayor antijuridicidad en la conducta derivada precisamente delmodus operandi, conscientemente orientado aaquellas finalidades ( SSTS 907/2008, de 18 de diciembre ; 25/2009, de 22 de enero ; 37/2009, de 22 de enero ; 172/2009, de 24 de febrero ; 371/2009, de 18 de marzo ; 854/2009, de 9 de julio ; 1180/2010, de 22 de diciembre ; 998/2012, de 10 de diciembre ; 1035/2012, de 20 de diciembre ; 838/2014, de 12 de diciembre ; 110/2015, de 14 de abril o 253/2016, de 31 de marzo ).
Recordábamos en la STS 253/2016, de 31 de marzo que en lo que concierne a las modalidades, instrumentos o situaciones de que se vale el agente para asegurar el resultado excluyendo toda defensa y el consiguiente riesgo para su persona, esta Sala ha distinguido tres supuestos de asesinato alevoso: la llamada alevosía proditoria o traicionera, si se ejecuta el homicidio mediante trampa, emboscada o a traición del que aguarda y acecha. La alevosía sorpresiva, caracterizada por el ataque súbito, inesperado, repentino e imprevisto. Y la alevosía por desvalimiento, en la que el agente se aprovecha de una especial situación y desamparo de la víctima que impide cualquier reacción defensiva, como cuando se ataca a un niño o a una persona inconsciente.
Respecto a la reacción de la víctima, dijimos en la STS 51/2016 de 3 de febrero que la eliminación de toda posibilidad de defensa que la alevosía exige ha de ser considerada desde la perspectiva de su real eficacia, y es compatible con intentos defensivos nacidos del propio instinto de conservación pero sin capacidad verdadera de surtir efecto contra el agresor y la acción homicida (en este sentido STS 626/2015, de 18 de octubre y las que ella cita).
A xurisprudencia é reiterada na identificación da aleivosía sorpresiva que se identifica na sentenza. Así, na Sentenza 86/2015, do 25 de febreiro ( ECLI:ES:TS:2015:677 ), en relatorio do Excmo. Sr. Berdugo, podemos ler:
Entre las distintas modalidades ejecutivas de naturaleza alevosa, esta Sala por ejemplo S. 49/2004, de 22.1, viene distinguiendo:
a) alevosía proditoria, equivalente a la traición y que incluye la asechanza, insidia, emboscada o celada, situaciones en que el sujeto agresor se oculta y cae sobre la víctima en momento y lugar que aquélla no espera.
b) alevosía súbita o inopinada, llamada también 'sorpresiva', en la que el sujeto activo, aun a la vista o en presencia de la víctima, no descubre sus intenciones y aprovechando la confianza de aquélla actúa de forma imprevista, fulgurante y repentina. En estos casos es precisamente el carácter sorpresivo de la agresión lo que suprime la posibilidad de defensa, pues quien no espera el ataque difícilmente puede prepararse contra él y reaccionar en consecuencia, al menos en la medida de lo posible.
c) alevosía de desvalimiento, que consiste en el aprovechamiento de una especial situación de desamparo de la víctima, como acontece en los casos de niños de corta edad, ancianos debilitados, enfermos graves o personas invalidas, o por hallarse accidentalmente privada de aptitud para defenderse (dormidas, drogada o ebria en la fase letárgica o comatosa).
En estos casos, hay una mayor peligrosidad y culpabilidad en el autor del hecho, que revela con estos comportamientos un animo particularmente ruin, perverso, cobarde o traicionero (fundamento subjetivo) y también una mayor antijuricidad por estimarse más graves y más lesivas para la sociedad este tipo de conductas en que no hay riesgo para quien delinque (fundamento objetivo).
De lo antes expuesto, se entiende que la esencia de la alevosía se encuentra en la existencia de una conducta agresiva, que tienda objetivamente a la eliminación de ladefensa. Como señala la STS. 19.10.2001 , es precisamente el carácter sorpresivo de la agresión lo que suprime la posibilidad de defensa, pues quien no espera el ataque difícilmente puede prepararse contra él, al menos en la medida de lo posible. Esta modalidad de la alevosía es apreciable en los casos en los que se ataca sin previo aviso.
Nun suposto similar ao dos autos, na Sentenza 215/2019, do 24 de abril ( ECLI:ES:TS:2019:1412 ), en relatorio do señor De Porres, verbo dun ataque nun cuarto de hotel cando a vítima se atopaba desprevida, o Tribunal Supremo apreciou a aleivosía indicando, tras enumerar os tipos de aleivosía, o seguinte:
Junto a ellas, la última jurisprudencia, contempla también la modalidad denominada convivencial o doméstica, que en palabras de la STS 527/2012, de 29 junio , se la ha designado como una modalidad especial de alevosía, basada en la relación de confianza proveniente de la convivencia, generadora para la víctima de su total despreocupación respecto de un eventual ataque que pudiera tener su origen en acciones del acusado ( SSTS 1289/ 2009, del 10 diciembre , 16/2012, del 20 enero ). Se trata, por tanto, de una alevosía derivada de la relajación de los recursos defensivos como consecuencia de la imprevisibilidad de un ataque protagonizado por la persona con la que la víctima convive día a día ( STS 39/2017, de 31 enero ; o 299/2018, de 19 de junio ).
Vistas las circunstancias fácticas en que se desarrolló la acción homicida resulta incuestionable que en el caso sometido a nuestro examen casacional se dan todas las circunstancias necesarias para la apreciación de la alevosía por sorpresa, en situación de desvalimiento y doméstica. El autor agredió de forma sorpresiva a la víctima y aprovechó su aturdimiento, por los golpes y por la previa ingesta de alcohol y antihistamínicos. Aprovechó también las condiciones del lugaren que se produjo el ataque, el lugar común de residencia, precisamente donde la víctima estaba más confiada, y con todo este cúmulo de circunstancias consiguió eludir toda posibilidad de defensa.
O feito que consideramos probado é que o señor Julio, cando a súa muller estaba agachada, no baño e totalmente desprevida, atacouna de súpeto e coa intención de matala empregando un instrumento apto para iso. Estamos ante un caso de aleivosíasúbitapois a señora Florinda non podía defenderse precisamente pola relación de confianza que existía co acusado e as circunstancias en que se produciu o ataque: a vítima estaba despreocupada dándose crema, de costas ao seu home. A posibilidade de que se puidese representar o ataque e, xa que logo, defenderse deste era nula. Daquela, débese concluír que o señor Julio empregou un modo de execución que eliminaba a posibilidade de defensa. Cuestión distinta é que o señor Julio fracasase na execución, o que permitiu a defensa e a fuxida posterior da señora Florinda. O ataque nunha perspectiva ex anteera claramente aleivoso, o feito de que fracasase non exclúe que se pretendese evitar a defensa da vítima.
A condición de autor dos feitos do acusado é indubidable, el realizou os actos típicos: agrediu a súa muller coa intención de causarlle a morte. Estamos ante un caso de autoría directa do artigo 28, primeiro parágrafo, do Código penal.
Por último, no que atinxe á cualificación dos feitos, non precisa xustificación o feito de que o delito non foi consumado, a morte da persoa atacada non se produciu, o que nos sitúa no ámbito do artigo 16 do Código penal.
Esta última conclusión exclúe, fronte á pretensión da defensa, a cualificación dos feitos como constitutivos dun delito de lesións. Xa explicamos anteriormente as razóns polas que consideramos que a intención do señor Julio era a de matar a súa muller, non simplemente causarlle lesións.
Cuarto.Circunstancia de parentesco como agravante
É aplicable a este caso, como solicitaron as acusacións, a circunstancia mixta de parentesco como agravante. É un feito probado, e non cuestionado, que o señor Julio e a señora Florinda eran matrimonio no momento de aconteceren os feitos. Daquela, é aplicable o artigo 23 do Código penal, que di:
É circunstancia que pode atenuar ou agravar a responsabilidade, segundo a natureza, os motivos e os efectos do delito, ser ou ter sido o agraviado cónxuxe ou persoa que está ou estivo ligada de forma estable por análoga relación de afectividade, ou que sexa ascendente, descendente ou irmán por natureza ou adopción do ofensor ou do seu cónxuxe ou convivente.
Neste caso, a circunstancia debe apreciarse como agravante. Estamos ante un suposto en que os vínculos existentes nunha relación matrimonial xustifican a apreciación desta circunstancia como agravante. Na Sentenza 534/2019, do 5 de novembro ( ECLI:ES:TS:2019:3543 ), da Sala Segunda do Tribunal Supremo, en relatorio do Excmo. Sr. De Porres, dise sobre esta circunstancia:
Precisa la STS 610/2016, de 7 de julio que el parentesco como circunstancia agravante encuentra su justificación en el plus de culpabilidad que supone la ejecución del hecho delictivo contra las personas unidas por esa relación de parentesco o afectividad que el agresor desprecia, integrándose la circunstancia por un elemento objetivo constituido por el parentesco dentro de los límites y grado previsto, y el subjetivo que se concreta en el conocimiento que ha de tener el agresor de los lazos que le unen con la víctima, bastandosólo ese dato y no exigiéndose una concurrencia de cariño o afecto porque como tal exigencia vendría a hacer de imposible aplicación de la agravante pues si hay afecto, no va a haber agresión, salvo los supuestos de homicidiopietatis causa en los que el parentesco podría operar pero como circunstancia de atenuación.
Estas circunstancias concorren no presente caso, o autor dos feitos e a vítima estaban casados, e precisamente esta é a circunstancia que debe valorarse aquí.
Quinto.Penalidade
A individualización da pena neste caso esixe valorar, en primeiro lugar, que os feitos non foron consumados, polo que, consonte o artigo 62 do Código penal, a pena debe rebaixarse nun ou en dous graos respecto da do delito consumado; e, en segundo lugar, a concorrencia da referida circunstancia mixta como agravante.
De acordo co artigo 62 do Código penal, a determinación da pena da tentativa debe valorar o 'perigo inherente ao intento e ao grao de execución alcanzado'. Neste caso, dado que se iniciaron os actos de execución golpeando a señora Florinda en varias ocasións na cabeza, co risco que para a súa vida supón tal feito, consideramos que a pena debe imporse nun grao inferior ao do tipo básico do delito de asasinato. Xa que logo, dado que o tipo penal prevé unha pena de 15 a 25 anos, conforme á regra do número 2º do artigo 70.1ª, a pena inferior en grao é de 7 anos e 6 meses e 1 día de prisión a 15 anos.
Pero, ademais, a concorrencia da circunstancia de parentesco como agravante obriga a impor a pena na metade superior da pena resultante, así se tira do artigo 66.1.3ª. Dado que a metade da pena resultante é de 3 anos e 9 meses, o marco final é de 10 anos e 15 meses a 15 anos.
Daquela, entendemos proporcionada aos feitos a pena de prisión de 11 anos e 4 meses, que está moi próxima ao mínimo legal, atendendo a que o resultado producido non xustifica unha pena maior.
O artigo 48 do Código penal di:
Os xuíces ou tribunais, nos delitos de homicidio, aborto, lesións, contra a liberdade, de torturas e contra a integridade moral, trata de seres humanos, contra a liberdade e indemnidade sexuais, a intimidade, o dereito ápropia imaxe e a inviolabilidade do domicilio, a honra, o patrimonio e a orde socioeconómica, atendendo á gravidade dos feitos ou ao perigo que o delincuente represente, poderán acordar nas súas sentenzas a imposición dunha ou varias das prohibicións determinadas no artigo 48, por un tempo que non excederá dez anos se o delito for grave, ou de cinco se for menos grave.
Non obstante o anterior, se o condenado o for a pena de prisión e o xuíz ou tribunal acordar a imposición dunha ou varias das ditas prohibicións, farao por un tempo superior entre un e dez anos ao da duración da pena de prisión imposta na sentenza, se o delito for grave, e entre un e cinco anos, se for menos grave. Neste suposto, a pena de prisión e as prohibicións antes citadas serán cumpridas necesariamente polo condenado de forma simultánea.
2. Nos supostos dos delitos mencionados no primeiro parágrafo do número 1 deste artigo cometidos contra quen sexa ou fose o cónxuxe, ou sobre persoa que estea ou estivese ligada ao condenado por unha análoga relación de afectividade, aínda sen convivencia, ou sobre os descendentes, ascendentes ou irmáns por natureza, adopción ou afinidade, propios ou do cónxuxe ouconvivente, ou sobre os menores ou persoas con discapacidade necesitadas de especial protección que con el convivan ou que se achen suxeitos á potestade, tutela, curatela, acollemento ou garda de feito do cónxuxe ou convivente, ou sobre persoa amparada en calquera outra relación pola cal se encontre integrada no núcleo da súa convivencia familiar, así como sobre as persoas que pola súa especial vulnerabilidade se encontran sometidas á súa custodia ou garda en centros públicos ou privados, acordarase, en todo caso, a aplicación da pena prevista no número 2 do artigo 48 por un tempo que non excederá dez anos se o delito for grave, ou cinco se for menos grave, sen prexuízo do disposto no parágrafo segundo do número anterior.
Estamos nun caso dos previstos no número 2 do artigo citado, xa que logo, é imperativa a imposición dunha pena de afastamento do artigo 48.2 do Código penal por un tempo de 18 anos de duración, pena que suporá que o penado non se poderá achegar a menos de 500 metros da vítima e dos demais lugares enumerados nesta última norma. Entendemos tamén proporcionada a duración da medida e a distancia co fin de garantir a seguridade da vítima dadas as circunstancias dos feitos.
Ademais, o control da medida cando o penado non estea materialmente privado de liberdade deberá realizarse mediante un dispositivo telemático cuxa concreción é alcance deberá determinarse no momento de execución da sentenza atendendo ao feito de que ambas partes teñen nacionalidade distinta e que a súa localización no momento de goce de liberdade polo acusado pode facer inútil ou moi complicada a implantación dun dispositivo de control.
Sexto.Responsabilidade civil
O artigo 109 do Código penal di no seu número primeiro:
A execución dun feito descrito pola lei como delito obriga a reparar, nos termos previstos nas leis, os danos e perdas por el causados.
De conformidade con esta norma e co que dispón os artigos 110 e 116 do Código penal, dado que o señor Julio é autor (responsable) do delito de asasinato intentado, tal e como se razoou anteriormente, procede declaralo responsable civil dos danos e perdas causados e, en consecuencia, condenalo a pagar a indemnización correspondente.
A contía da indemnización que terá que pagar debe partir da determinación dos danos causados, xa que non se reclaman perdas. Para a súa determinación seguiremos con carácter orientativo, que non vinculante, o 'baremo' da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos de motor, tendo en conta que estamos ante un feito doloso. Xa que logo, entendemos que as cantidades previstas nesta norma deben incrementarse atendendo a este tipo de delito.
É evidente que o dano material que debe ser indemnizado son as lesións causadas na súa vertente de tempo empregado para a curación e das secuelas que lle restan á señora Florinda. Así, consonte os informes forenses dos autos, os días de curación das lesións (tanto as físicas como as psíquicas) foron 180 non impeditivos, dos cales un foi de hospitalización. En consecuencia, consideramos axeitada a cantidade por este concepto de 6000 euros.
No que atinxe ás secuelas, dunha banda a señora Florinda ten catro cicatrices na zona parietooccipital que quedan cubertas polo pelo. Daquela, estas cicatrices non son visibles polo que entendemos que procede fixar unha indemnización por elas de 4000 euros Ademais debemos considerar unha secuela de estrés postraumático moderado (que, tendo en conta o baremo da Lei sobre responsabilidade civil e seguro, ten o código 001159, táboa 2.A.1). Segundo esta norma tería unha puntuación de 3 a 5, o que determinaría unha indemnización de aproximadamente 3500 euros. Porén, dada a natureza dolosa das lesións, entendemos que debe ser indemnizada con 6000 euros por esta secuela.
Por último, entendemos que, conforme ao artigo 110 do Código penal, procede establecer unha indemnización polo dano moral derivado dos feitos. Cremos que a situación de temor e angustia vivida pola señora Florinda merece tal indemnización, literalmente viuse a piques de morrer e, por tanto, fixamos por este concepto a suma de 6000 euros.
Reclamáronse, ademais, no plenario outras cantidades que pretenderon xustificarse cunha documentación en lingua estranxeira. É aplicable o que dispón o artigo 144 da Lei de axuizamento civil, que esixe que os documentos se presenten en idioma oficial. Un dos documentos presentados está escrito nunha lingua romance, entendemos que romanés, pero non é comprensible para o tribunal; e os outros dous documentos, en portugués, mais pola aplicación da norma citada consideramos que non son valorables. En todo caso, para engadir á indemnización os conceptos que reflicten tales documentos sería necesario que os tratamentos estivesen prescritos por un médico, o que non é o caso. Polo tanto, tamén por razóns de fondo deben rexeitarse estes documentos.
Finalmente, para o Servizo Galego de Saúde solicítase a suma de 779,30 euros. Esta cantidade correspóndese coa prestación dada pola sanidade pública e, por tanto, o acusado deberá ser condenado a indemnizar este servizo.
Sétimo.Custas
Conforme ao artigo 123 do Código penal, procede a condena en custas do acusado, custas que, segundo se solicitou deben incluír as da acusación particular.
Fallo
Que condenamosa Julio, como autor dunha tentativa de asasinatodos artigos 139.1.1ª e 16 en relación co artigo 62 do Código penal, concorrendo a circunstancia agravante de parentesco do artigo 23 do mesmo texto legal, coas seguintes penas:
1.Prisión de 11 anos e 4 mesese inhabilitación absoluta durante o tempo da condena.
2.Prohibición de achegarsea menos de 500 metros de Florinda, ao seu domicilio, lugares que frecuente ou lugar de traballo por un tempo de 18 anos.
Condenamos a Julio a que indemnice a seguinte persoa e entidade coas cantidades indicadas, que serán incrementadas co xuro legal:
1.A Florinda coa suma de 22 000 euros.
2.Ao Sergas con 779,30 euros.
Impónselle as custas, incluídas as da acusación particular, a Julio.
Dedúzase testemuño desta sentenza, do atestado dos folios 275 a 285, da gravación e da acta do xuízo e remítase ao Ministerio Fiscal por se a testemuña Dolores cometeu un delito contra a Administración de xustiza na súa declaración no plenario.
Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 847 da Lei de axuizamento criminal, cabe interpor un recurso de apelación, que deberá prepararse mediante un escrito formalizado perante este Tribunal dentro dos dez díasseguintes á última notificación.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da cal se levará unha certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
