Sentencia Penal Nº 137/20...io de 2012

Última revisión
10/01/2013

Sentencia Penal Nº 137/2012, Audiencia Provincial de Lugo, Sección 2, Rec 92/2012 de 31 de Julio de 2012

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 20 min

Orden: Penal

Fecha: 31 de Julio de 2012

Tribunal: AP - Lugo

Ponente: FERREIRO BAAMONDE, XULIO XOSE

Nº de sentencia: 137/2012

Núm. Cendoj: 27028370022012100247


Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

LUGO

SENTENCIA: 00137/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de LUGO

-

Domicilio: PALACIO DE JUSTICIA - PLAZA DE AVILÉS, S/N

Telf: 982 29 48 40

Fax: 982 29 48 43

Modelo: SE0200

N.I.G.: 27031 41 2 2010 0202376

ROLLO: APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000092 /2012

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N. 2 de LUGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000164 /2011

RECURRENTE: Tamara

Procurador/a: MARIA ISABEL DE LA FUENTE MORADO

Letrado/a:

RECURRIDO/A: Juan Manuel

Procurador/a: JOSE ANGEL PARDO PAZ

Letrado/a:

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEGUNDA

LUGO

ROLO: 92/12-H-

ORGANO PROCEDENCIA: XDO PENAL Nº 2 DE LUGO.

PTO DE ORIXE: P.A. 164/11

SENTENCIA NÚMERO 137

ILMOS. SRES.:

Dª. MARIA LUISA SANDAR PICADO.PRESIDENTA.

D. JOSE MANUEL VARELA PRADA.

D. XULIO XOSE FERREIRO BAAMONDE.SUPLENTE.

Lugo, trinta un de xullo de dous mil doce .

A Ilma. Audiencia Provincial de Lugo viu en grao de apelación o Rolo de Sala N.º 92/12 , dimanante dos autos de Procedemento Abreviado N.º 351/10 , tramitados polo Xulgado de Instrución nº 2 de Monforte, e fallados polo Xulgado do Penal N.º 2 de Lugo no Rolo N.º 164/11, polo delito de calumnia e inxuria; sendo apelante Tamara , representada pola procuradora Sra. De la Fuente Morado e apelado Juan Manuel , representado polo procurador Sr. Pardo Paz; actuando como Relator o Maxistrado, Ilmo. Sr. D. XULIO XOSE FERREIRO BAAMONDE.

Antecedentes

PRIMEIRO .- Con data 29-02-12, o Xulgado do Penal n.º 2 de Lugo, ditou sentencia nos referidos autos, cuxa parte dispositiva di: "FALLO:Que debo condenar y condeno al acusado Juan Manuel , como autor responsable de una falta de injurias ya definida, sin la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, a la pena de multa de veinte dias con cuota diaria de 12 euros, con responsabilidad personal subsidiaria en caso de impago de un dia de prisión por cada dos cuotas no satisfechas, asi como a indemnizar a Tamara en la cantidad de 3.000 euros y con aplicación de lo previsto en el seno de los arts.576 de la LEC y 1108 del CC , y al pago de las costas causadas, incluyendo las de la acusación particular, con el límite de las correspondientes a un juicio de faltas. Igualmente debo absolver y absuelvo a Juan Manuel de los delitos de calumnia e injuria de los que venía acusado con declaración de las costas de oficio. ".

SEGUNDO .- Contra a anterior resolución se interpuso recurso de apelación que formuló la representación de Tamara , sendo admitido en ambos efectos, elevándose os autos a esta Audiencia para a resolución procedente.

TERCEIRO .- Na tramitación do presente recurso observáronse os trámites legais.

Hechos

Acéptanse os da sentencia apelada, que son da teor literal seguinte: "UNICO.- En el mes de abril de 2009 se celebró proceso electoral en el Club Fluvial de Monforte de Lemos, siendo elegida la candidatura presentada por Tamara que desde entonces ostentaría el cargo de presidenta de la referida sociedad deportiva. El acusado Juan Manuel , mayor de edad y sin antecedentes penales, era empleado de dicha socidad en aquellas fechas, manteniendo discrepancias con la nueva Junta Directiva, por lo que desde la conexión a internet que tenía contratada en su dommicilio sito en CALLE000 nº NUM000 - NUM001 de Monforte de Lemos y a través de la línea telefónica NUM002 participó entre los meses de septiembre de 2009 a febrero de 2010 en los foros de internet dedicados a la actualidad de Monforte de Lemos denominados "foro ciudad" y " foro ribeira sacara", en los que se dirigió en términos despectivos a la presidenta del Club Fluvial Tamara y concretamente emitió los siguientes comentarios:

Sobre las 16,21 horas del dia 8-9-09: ".. una presidenta que no es capaz de encauzar ni su propia vida personal,.." Sobre las 19,34 horas del dia 11-09-09: " .. sobre la vida de la presidenta os tengo que decir que hay libertad de expresión y desde luego una persona que echa a su madre de casa no es buena persona,.." Sobre las 7,33 horas del dia 22-01-10; ".. parece que en esta nueva junta hay muchos racistas y como los empleados eran de color molestaban,.." Sobre las 21,10 horas del dia 22-1-10, ".. pero la presidenta a lo suyo, a dar que hablar. Parece que hasta se puso busto, parece que en su anterior romance no le fue muy bien y el bombero no tenía donde agarrarse..". Sobre las 21,17 horas del dia 22.1.10: ".. cual erá el próximo romance de la presidenta es la apuesta para esta nueva temporada, unos dicen que un compa de la junta, otros que un médico y otros que un abogado, bueno será interesante ver quien acierta..." sobre las 20,13 horas del dia 10-2-10: ".. estos directivos no saben ni gobernar su casa..". ".

Fundamentos

PRIMEIRO .- Confírmanse os pronunciamentos contidos na sentencia de instancia, agás no que se contradigan coa presente resolución.

SEGUNDO .- O presente recurso foi interposto pola representación procesual de Dna. Tamara , que exerceu a acusación privada no proceso por delitos de calumnias e inxurias, resolto por sentencia do Xulgado do Penal nº 2 de Lugo de 29 de febreiro de 2012 . No seu escrito de interposición, a apelante amosa a súa conformidade cos feitos probados que se conteñen na sentencia, amosando a súa discrepancia, sen embargo, coas consecuencias xurídicas que o órgano a quo extrae de tales feitos e, en concreto, impugna os seguintes pronunciamentos da sentencia: 1) a inexistencia dun delito de calumnias; 2) a cualificación como falta de inxurias do art. 620.2 CP que se fai polo xulgador de instancia dos feitos delituosos, estimando que estes deberían ser considerados como delito do art. 208 do CP ; 3) a contía fixada en concepto de responsabilidade civil, por estimala insuficiente; 4) a denegación da solicitude de publicación da sentencia como parte da reparación do dano.; 5) a limitación da contía dos custes ás establecidas para un xuízo de faltas.

Concedido trámite de audiencia á parte condenada, de acordo co art. 790.5 LACrim , para responder ao recurso presentado pola acusación, esta non só se opón ao mesmo senón que se adhire, de acordo co establecido no art. 790.1 LACrim , solicitando a súa libre absolución por non considerar os feitos declarados probados constitutivos de delito e, subsidiariamente, de seguir apreciándose a falta de calumnias, unha rebaixa da pena imposta e contía fixada como responsabilidade civil.

TERCEIRO .- Procede, pois, antes de dar resposta ás alegacións realizadas, establecer cal é o ámbito do recurso de apelación. O art. 790.1 LACrim establece que " a parte que non apelase no prazo sinalado poderá adherirse á apelación no trámite de alegacións previsto no apartado 5, exercitando as pretensións e alegando os motivos que ao seu dereito conveñan ". Esta Audiencia Provincial vén entendendo que, pese a que o lexislador non deixa claro cal é o alcance da adhesión á apelación regulada no precepto mencionado, a configuración procedimental que se fai da tramitación da apelación no procedemento abreviado dá a entender que neste trámite non poden alegarse cuestións totalmente novidosas non apuntadas no recurso respecto ao cal se adhire, e menos aínda contrapostas ao mesmo, xa que tales impugnacións deberían ter sido elevadas a esta Audiencia a través dun recurso de apelación autónomo interposto durante o prazo que se lle outorga á parte adherinte ( SAP de Lugo de 3 de xaneiro de 2012 ). En sentido semellante se manifesta a xeneralidade das Audiencias Provinciais, como pode verse nas Sentencias das AAPP de Palencia de 22 de maio de 2000 , Madrid de 19 de abril de 2002 , León de 25 de xullo de 2008 , Zaragoza de 4 de marzo de 2011 , ou Murcia de 6 de febreiro de 2012 .

Tal é o que sucede no caso da adhesión ao recurso de apelación proposta pola representación procesual de D. Juan Manuel que, lonxe de apoiar os motivos de impugnación sinalados pola recorrente procesual, inclúe no seu escrito de impugnación e adhesión novos motivos de sentido contrario aos orixinarios, de xeito consecuente coa súa postura procesual. Mantendo o criterio xurisprudencial constante desta Sala procede, en consecuencia, inadmitir a impugnación incluída en tal escrito e circunscribir o ámbito desta apelación aos estremos sinalados pola parte acusadora, segundo o principio tantum apellatum quantum devollutum .

CUARTO .- Pasando a analizar, polo tanto, os motivos de apelación sinalados pola representación procesual de Dna. Tamara , a primeira cuestión que esta sala debe responder é a relativa á posíbel cualificación xurídica dos feitos como un delito de calumnias do art. 205, concorrendo a circunstancia de publicidade do art. 211, ambos do Código Penal . Tal e como sinala a sentencia recorrida, é xurisprudencia constante do Tribunal Supremo e das Audiencias Provinciais (por todas, SAP de Madrid (4ª) de 10 de xuño de 2008) que o delito de calumnia vén determinado pola converxencia dos seguintes requisitos: a) a imputación a unha persoa dun feito delituoso; b) que dita imputación sexa falsa, dende o punto de vista subxectivo, por terse realizado con manifesto desprezo de toda confrontación da realidade ou a sabendas da súa inexactitude; c) non abondan atribucións xenéricas, vagas ou analóxicas, senón que han de recaer sobre un feito inequívoco, concreto e determinado, preciso na súa significación e catalogábel criminalmente, dirixíndose a imputación á persoa concreta e inconfundíbel, de indubidábel identificación, en radical aseveración, lonxe da simple sospeita ou feble conxectura, debendo conter a falsa asignación os elementos requiridos para a definición do delito atribuído, segundo a súa descrición típica, aínda que sen necesidade dunha cualificación xurídica por parte do autor; d) o delito atribuído ha de ser perseguíbel de oficio; e) ha de precisarse a concorrencia do elemento subxectivo do inxusto, consistente no ánimo de infamar ou intención específica de difamar, vituperar ou agraviar ao destinatario desta especie delituosa, vontade de prexudicar a honra dunha persoa, " animus infamandi ", revelador do malicioso propósito de atribuír a outro a comisión dun delito con finalidade de descrédito ou perda de estimación pública, sen que sexa esixíbel tal ánimo como única meta do ofensor, abondando con que aflore, transcenda ou ostente papel preponderante na súa actuación, sen prexuízo de que podan facer acto de presenza calquera outros móbiles inspiradores, con tal de que o autor coñeza o carácter ofensivo da súa imputación.

Pois ben, tendo en conta estes requisitos, non cabe senón observar a súa correcta aplicación pola sentencia de instancia. Tal e como esta sinala, na atribución de feitos que se realiza polo acusado non se poden observar os elementos constitutivos dos delitos que a acusación privada pretende imputados, xa que a mesma se realiza de xeito vago e indeterminado, sen que se podan incardinar tales feitos nin no delito de abandono de familia do art. 226 CP , nin no de delito de discriminación laboral do art. 314 do CP , respectivamente, dándose por reproducidos os argumentos da sentencia recorrida a estes efectos no Fundamento Xurídico Segundo, e desestimando este motivo de impugnación.

QUINTO .- A recorrente estima improcedente a cualificación xurídica como falta das frases inxuriosas, pola súa gravidade, pola publicidade das mesmas, pola continuidade delituosa e pola afectación ao honor da vítima, tendo en conta, ademais, o contexto no que foron proferidas as mesmas, que é o dunha poboación relativamente pequena como Monforte de Lemos, onde tal tipo de actuación adquire unha relevancia de carácter xeneral, polo que considera que " relegar tan graves afirmacións á mera falta, resulta inaxeitado e desaxustado coa efectiva perturbación causada ao ben xurídico protexido" . A sentencia de instancia entende que, sen embargo, as inxurias deben reputarse de carácter leve, tendo en conta o carácter circunstancial destas infraccións penais, en concreto, que se produciron en tres ou catro comentarios efectuados nun foro de internet dunha comarca da provincia de Lugo, sen que conste unha difusión excesiva dos mesmos, e que se trata de expresións groseiras que necesariamente han de causar unha vexación inxusta ao seu destinatario mais que, no contexto en que se emitiron e no momento actual da nosa sociedade, considéranse simplemente constitutivas dunha falta de inxurias leves do art. 620.2 CP .

A distinción entre delito e falta para o caso das inxurias é unha cuestión eminentemente valorativa do xulgador que se centra na gravidade da conduta, xa que segundo o art. 208 do Código Penal unicamente serán constitutivas de delito as inxurias que, pola súa natureza, efectos e circunstancias, sexan tidas no concepto público por graves. ( SSTS de 22 de outubro de 1987 , 17 de novembro de 1987 , 17 de decembro de 1987 , 28 de novembro de 1989 , 22 de maio de 1991 ; SSAAPP de Alacante (3ª) de 2 de outubro de 2001 ; Madrid (27ª) de 16 de maio e 28 de decembro de 2007 ). Como sinala o propio Tribunal Supremo na Sentencia de 22 de maio de 1991 , " a gravidade como circunstancia xurídica de agravación xurídico penal é unha expresión xeral que, en función das circunstancias de persoas, de tempos de lugar, de ocasión, de relación entre quen ofenda e quen é ofendido, é ou non de aplicación a cada caso concreto. Trátase dun concepto xurídico indeterminado, cuxa proxección obriga ao xuíz, de acordo cos factores xa sinalados, e coa propia realidade social á que o art. 3.1 do Código Civil chama para integrarse no complexo fenómeno da procura e alcance das normas xurídicas, a graduar as características da ofensa para decidir despois se o feito é grave ou constitúe, polo contrario, unha inxuria liviá ".

No caso presente, a sentencia de instancia realiza unha axeitada ponderación das circunstancias presentes, tendo en conta a limitada publicidade das inxurias - habida conta das visitas escasas que os foros de internet onde se proferiron tiñan - do propio contido dos feitos imputados, evidentemente groseiros e causantes de vexacións inxustas, mais que, na actualidade, non poden ser considerados como graves, como habitualmente vén facendo a xurisprudencia con outras expresións inxuriosas, mesmo de maior calado que as aquí apreciadas. En canto á continuidade, non se pode apreciar, xa que foron unicamente emitidos 6 comentarios, non todos eles da mesma entidade, no prazo de cinco meses, o que debe reputarse insuficiente para apreciar tal circunstancia. En consecuencia, esta Sala non atopa argumentos para mudar a decisión da instancia, habida conta dos axeitados razoamentos que, ao efecto, se conteñen no Fundamento Xurídico Terceiro da mesma, que se acollen na súa integridade, desestimando este motivo de recurso.

SEXTO . A recorrente impugna o pronunciamento da sentencia relativo á indemnización fixada ao considerar esta insuficiente, tendo en conta, ao seu xuízo, o xeito reiterado dos comentarios, a posición social da denunciante, e a repercusión social das noticias relativas ao club fluvial en Monforte de Lemos. A sentencia de instancia entendeu suficiente a cantidade de 3000 euros por este concepto, ao apreciar que os comentarios e expresións despectivas e gratuítas causaron prexuízos á vítima sen que consten prexuízos efectivos.

Os responsábeis penalmente das faltas sono tamén civilmente dos danos e prexuízos derivados dos feitos que integren esas infraccións ( arts. 109 e seguintes do Código Penal ); e por outra banda, esa responsabilidade comprende a indemnización polos prexuízos materiais e morais ( arts. 110.3 e 113 CP ). Os prexuízos morais inclúen calquera dano ou sufrimento na integridade moral dunha persoa, que sexa persoalmente sentido e socialmente valorado como inaceptábel, e comprenden os susceptíbeis de valoración económica pola súa repercusión no patrimonio da vítima, como pode ser, por exemplo, a diminución da súa clientela; e os que non producindo quebranto patrimonial (danos morais en sentido estrito) consisten na simple dor derivada do ilícito penal, referíndose neste sentido a xurisprudencia á inquedanza, a preocupación, a anguria, o terror, a deshonra, a tristura e a melancolía ( SSTS de 29 de xuño de 1987, 10 de xullo de 1987 , 22 de abril de 1989 e 17 de outubro de 1997 ). Esta distinción ten unha consecuencia importante: tratándose de danos morais con repercusión económica, é precisa para o seu resarcimento a proba dos prexuízos efectivamente producidos. Pola contra, dada a natureza dos danos morais en sentido estrito, é considerábel a discrecionalidade do xulgador para avalialos unha vez, dende logo, que se fixen os supostos de feito dos que se infira necesariamente tanto a súa existencia como a súa entidade ( SSTS de 29 de xaneiro de 1993 , 2 de marzo de 1994 11 de decembro e 1998 e SAP de Sevilla de 23 de marzo de 2001 ). En consecuencia, como sinala - entre outras - a STS de 26 de xaneiro de 2007 , o dano moral non esixe bases cuantificadoras respecto ás ofensas dolosas ocasionadas, dependendo o seu sinalamento do prudente arbitrio xudicial, que ponderará a gravidade e persistencia das mesmas, o contexto no que se produciron, os seus efectos en casos especiais, de recibir tratamento psíquico ou psicolóxico, e, en definitiva, o alcance cuántico que en casos semellantes adoitan outorgar os tribunais.

De acordo con estes criterios, non se atopan no caso presente elementos de xuízo que poidan determinar a causación dun prexuízo economicamente cuantificábel para a vítima, como poda ser unha repercusión na súa actividade laboral na forma de perda de clientela ou gastos derivados da necesidade de tratamento terapéutico debido aos comentarios inxuriosos. Evidentemente, os feitos son, como sinala o fundamento xurídico quinto da sentencia apelada - que se asume na súa integridade - susceptíbeis de causar prexuízos á mesma na localidade onde reside e traballa, mais as circunstancias concretas de difusión, gravidade, e reiteración, xa analizados no anterior fundamento xurídico, así como as contías que os tribunais impoñen en casos semellantes, fan que a valoración xudicial sobre os mesmos e a súa cuantificación económica poda estimarse suficiente, sen que existan razóns para que esta Sala substitúa na súa apreciación a quen puido valorar a proba con inmediación sobre a mesma. Este motivo, polo tanto, desestímase.

SÉTIMO .- Polo que respecta á publicación da sentencia, esta contémplase como un xeito especial de reparación do dano para o caso dos delitos de calumnia e inxuria, segundo o art. 216 do Código Penal que, sen embargo, non se prevé para o caso do art. 620.2 do Código Penal , infracción pola que foi condenado o acusado na instancia, condena confirmada no fundamento xurídico quinto desta sentencia de apelación onde se desestimaron as alegacións da recorrente sobre a cualificación como delito dos feitos declarados probados. En consecuencia, tal e como sinala a sentencia impugnada, non procede ordenar a publicación da sentencia, na forma sinalada. En todo caso, mesmo se se entendese aplicábel este tipo concreto de reparación en virtude das normas xerais contidas nos arts. 110 e 112 do Código Penal , a forma na que se solicita a mesma, é dicir nun diario de notoria difusión a nivel local, excede a necesaria proporcionalidade que tal reparación debera ter, tendo en conta a limitada difusión apreciada ás inxurias verquidas nos foros de internet mencionados nos feitos probados da sentencia de instancia. Polo tanto, este motivo de apelación debe ser desestimado.

OITAVO .- Resta por analizar a impugnación do pronunciamento relativo aos custes procesuais que fai o órgano a quo . A sentencia recorrida fai expresa imposición de custes ao condenado, de acordo co art. 123 do Código Penal , mais limitando as mesmas á contía correspondente a un xuízo de faltas. A recorrente entende, sen embargo, que esta límitación non se axusta a dereito, posto que, ao ser o presente un xuízo por delitos privados, a acusación veuse obrigada a impulsar de oficio o procedemento, debendo inquirirse en fase instrutora a identidade da persoa que incluíu os comentarios ofensivos nos foros de internet.

O art. 123 do CP sinala que o responsábel de delito ou falta deberá sufrir tamén a imposición dos custes procesuais, establecendo o seguinte artigo 124 que tales custes incluirán no caso dos delitos perseguíbeis a instancia de parte - como o que de aquí se trata - os honorarios da acusación privada. Pola súa banda , o art. 240 LACrim sinala a posibilidade de impoñer os custes aos procesados, excepto cando fosen absoltos. Para o caso de que, sendo acusado dun delito, o condenado o fose simplemente por unha falta, o Tribunal Supremo tense pronunciado de xeito reiterado ( SSTS de 30 de outubro de 1990 e 9 de marzo de 1991 , entre outras, e SAP das Illas Baleares, de 21 de xuño de 2001) no sentido de que a condena por infracción criminal leve ten que desembocar indefectibelmente na imposición dos custes correspondentes a un xuízo de faltas; é dicir, que pese a terse seguido procedementos esixentes de postulación, a constatación final de que a conduta axuizada é meramente constitutiva dunha infracción criminal leve, non permite incluír nos custes os gastos derivados da asistencia técnica nin da representación procesual. Tal criterio semella responder, precisamente a que, se aquela conduta podería ter sido axuizada sen necesidade de tales gastos (por ser leve e tramitábel mediante un simple xuízo de faltas), non resulta axeitado cargalos sobre a parte que non os provocou. Así, admitindo a razonabiidade dos argumentos presentados pola acusación ao respecto, esta Sala debe, sen embargo, fallar en consecuencia coa doutrina xurisprudencial do Tribunal Supremo, desestimando o motivo de apelación e confirmando o pronunciamento da sentencia recorrida.

Vistos os artigos citados e demais de xeneral e pertinente aplicación

Fallo

Que debemos inadmitir e INADMITIMOS adhesión a apelación interposta pola representación procesual de D. Juan Manuel .

Que debemos desestimar e DESESTIMAMOS recurso de apelación interposto pola representación procesual de Dna. Tamara , CONFIRMANDO NA SÚA INTEGRIDADE os pronunciamentos da sentencia ditada neste procedemento polo Xulgado do Penal nº 2 de Lugo, o 29 de febreiro de 2012 , declarándose os custes desta alzada de oficio.

Notifíquese a presente resolución ás partes persoadas. Remítase testemuño desta sentencia xunto coa causa ao Xulgado do Penal para o seu coñecemento e efectos pertinentes

Así por esta nosa sentencia, da que se unirá testemuño ao Rolo de Sala, pronunciámolo, mandámolo e asinamos

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.