Última revisión
21/11/2007
Sentencia Penal Nº 169/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 523/2007 de 21 de Noviembre de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Penal
Fecha: 21 de Noviembre de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 169/2007
Núm. Cendoj: 36038370022007100462
Núm. Ecli: ES:APPO:2007:2972
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00169/2007
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 523/2007 CR
Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 1 de PONTEVEDRA
Procedemento de orixe: PROCEDIMIENTO ABREVIADO nº 0000292 /2006
SENTENZA NÚM. 169
===========================================================
Maxistrados
Don JOSE JUAN BARREIRO PRADO, presidente
Dona MARÍA MERCEDES PÉREZ MARTÍN ESPERANZA
Dona Mª COVADONGA HORTAS ALVAREZ
===========================================================
Pontevedra, veintiún de Novembro de dous mil sete
Foi visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial na causa instruída co número 523/07, o
recurso de apelación interposto polo procurador don PEDRO ANTONIO LOPEZ LOPEZ, na
representación de don Carlos Manuel , fronte á sentenza ditada polo xulgado do
Penal núm. 1 de Pontevedra; é parte apelada o procurador don JOSE PORTELA LEIROS, na
representación de dona Rocío e o Ministerio Fiscal e actúa como
maxistrado relator don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.
Antecedentes
Primeiro.- Pronunciouse nos autos de referencia a sentenza con data do 5 de xuño de 2007 , que na súa parte dispositiva di literalmente:
"QUE DEBO CONDENAR Y CONDENO a D. Carlos Manuel , como autor criminalmente responsable de un DELITO DE IMPAGO DE PRESTACIONES ECONÓMICAS ESTABLECIDAS EN RESOLUCIÓN JUDICIAL, a la pena de DIECISEIS MESES DE MULTA con una cuota diaria de SEIS EUROS, haciendo un total de DOS MIL OCHOCIENTOS OCHENTA EUROS, apercibiéndole de que en caso de impago quedará sujeto a una responsabilidad personal subsidiaria de un dia de privación de libertad por cada dos cuotas diarias de multa no satisfechas, condenándolo asimismo al abono de las costas del juicio, incluidas las de la acusación particular.
En concepto de responsabilidad civil, Carlos Manuel deberá abonar a Rocío , en concepto de alimentos y pensión compensatoria, la suma de SEIS MIL QUINIENTOS CINCUENTA EUROS CON SETENTA CÉNTIMOS DE EURO (6.550,70 euros), más las actualizaciones del IPC, más los intereses del art. 576 de la LEC desde la fecha de la presente resolución. "
E como feitos probados expresamente recóllense os da sentenza contra a que se apela:
"UNICO.- Por sentencia de fecha 6 de abril de 2000 dictada por el Juzgado de Primera Instancia e Instrucción nº 1 de Ponteareas en el proceso de separación 373/1999, se impuso a D. Carlos Manuel mayor de edad y ejecutoriamente condenado por un delito de abandono de familia en virtud de sentencia de fecha 15 de mayo de 2002 del Juzgado de lo penal nº 1 de Pontevedra a la pena de arresto de trece fines de semana, la obligación de abonar en concepto de pensión de alimentos a favor de sus hijos la suma de 70.000 pesetas (420,71 euros) mensuales, y en concepto de pension compensatoria a favor de su esposa Rocío , la suma de 20.000 pesetas (120,20 euros) mensuales, cantidades que serían actualizables conforme al IPC.
D. Carlos Manuel , a pesar de conocer la obligación de pago de la pensión de alimentos y compensatoria fijada en la resolución judicial mencionada y tener capacidad económica para ello, no abonó las correspondientes a los meses de diciembre de 2001, junio y diciembre de 2002, enero y octubre de 2003, y mayo y septiembre de 2004. En los restantes meses del período comprendido entre diciembre de 2001 y marzo de 2005, sólo efectuó pagos parciales de la cantidad global de 90.000 pesetas (540,91 euros) que en tales conceptos tenía obligación de abonar."
Segundo.- Contra a dita sentenza, a representación procesual do agora recorrente interpuxo o recurso de apelación que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal se atopa unido ás actuacións.
Terceiro.- Tras lle dar a coñece-lo escrito de formalización do recurso a apelada e ó Ministerio Fiscal, estes presentaron uns escritos de impugnación nos que solicitaban a confirmación da sentenza contra a que se recorre xa que se axusta a dereito.
Hechos
Acéptanse e danse por reproducidos os feitos que na sentenza obxecto de recurso se declaran probados.
Fundamentos
PRIMEIRO.- Recorre en apelación Carlos Manuel a sentenza que na instancia o condenou como autor dun delito de impago de prestacións económicas establecidas en resolución xudicial, do artigo 227.1 do Código Penal , na procura dunha súa absolución nesta alzada.
O primeiro dos motivos que a tal efecto desprega consiste na falla do requisito de perseguibilidade dos feitos axuizados que, porén, a mesma sorte negativa ca na insancia merece.
No artigo 228 do Código Penal sinálase que os delitos previstos nos dous artigos anteriores só se perseguirán previa denuncia da persoa agraviada ou do seu representante legal; e que cando aquela fose menor de idade, incapaz ou unha persoa desvalida, tamén poderá denunciar o Ministerio Fiscal.
Pois ben, estase en presenza de delitos semipúblicos sendo así necesario para o comezo das actuacións a denuncia da persoa agraviada ou do seu representante legal; mais, unha vez que se formula a denuncia, ou cumprido o requisito de procedibilidade, o delito convértese en público no sentido de que a persoa ofendida ou agraviada xa non dispón por si mesma do exercicio da acción penal, senón que coa mesma pode proseguir o Ministerio Fiscal, non sendo así a súa posición procesual subordinada e pasando a ser principal. En tal sentido, e para un caso no que a nai renunciou á acción penal, a SAP de Madrid 964/2005, do 21 de outubro , rematou afirmando que como o Fiscal presentara escrito de cualificación provisional dos feitos e seguira adiante exercitando a acusación, debía terse por cumprido non só o requisito de procedibilidade, así como que tampouco se vulnerara o principio acusatorio, ao estar o Ministerio Fiscal legalmente lexitimado para exercer a acción penal. Expresado doutro xeito, a Lei identifica no amentado tipo penal a quen ten a posibilidade, como acto propio de vontade, de encetar o procedemento pero, unha vez presentada a denuncia polas persoas lexitimadas polo tipo, a inmediata consecuencia non é outra co comezo do proceso penal, entrando xa en xogo o Ministerio Fiscal no proceso, e converténdose o denunciante nun intervinte adhesivo (segundo a SAP de Castellón 23/2005, do 27 de xaneiro ), podendo ou non constituírse en parte.
Pero é que no presente caso que nos ocupa, resulta que quen presentou a denuncia contra o acusado-apelante Carlos Manuel foi a súa ex muller Rocío . E esta tiña ao seu prol fixada unha pensión compensatoria ("calquera tipo de prestación económica a favor do seu cónxuxe", di o artigo 228 CP ), así como a pensión alimenticia fixada en beneficio do fillo Miguel, menor de idade cando os períodos impagados e, aínda incluso, cando a data da cumprimentación así do requisito de procedibilidade. Precisamente por isto, o requisito de iniciación do procedemento quedaría fóra de toda dúbida e, como moito, o feito de que a filla María Aranzazu fose maior de idade só afectaría á responsabilidade civil no particular relativo á contía da pensión ao seu prol (así a SAP de Valencia 47/2004, do 9 de febreiro ) que, porén, non se impugnou en tal sentido.
Noutra orde de cousas sosténse polo apelante (que por certo non compareceu á vista oral), que el aboou as pensións que se din por el impagadas (compensatoria e alimenticias) existindo así erro na valoración da proba, así como que o pago parcial outras veces non tería porque xa activar a intervención deste sempre resctrictivo eido penal. Porén, e con expresa remisión ao reflectido na sentenza da instancia, por ningures aparecen satisfeitas as mensualidades das pensións aludidas na sentenza apelada malia a confusión que agora pretende introducir o apelante posta de relevo pola denunciante-apelada na súa impugnación. O cumprimento, total ou parcial, non pode quedar en mans do debedor, pois, do contrario, abondaríalle con abeirando sempre o impago total, pagar o que lle pete para, segundo el, por estarmos en presenza dun pagamento parcial xa non haber lugar ao reproche penal. Mentres que, o actuar e consecuencias da falla de pagamento das pensións postas de cargo do acusado-apelante dende logo que non lle resultarían nada estrañas por canto xa no ano 2002 foi condenado por outro delito de abandono de familia por idénticos motivos.
En canto á responsabilidade civil, ningún erro tampouco se albisca na sentenza apelada toda vez que o seu montante perfectamente explicado se atopa naquela e obedece, en lóxica consecuencia, ás mensuais pensións insatisfeitas polo acusado, total ou parcialmente.
No relativo á pena, a mera comparación da redacción do artigo 227.1 do Código Penal antes e despois da reforma pola Lei Orgánica 15/2003, do 25 de novembro , ben ás claras pon de relevo o carácter máis favorable na actualidade pola posibilidade da alternativa aplicación da pena de multa, que foi a opción escollida polo Maxistrado-Xuíz a quo. A extensión desta última tamén aparece razoada na resolución xudicial impugnada e vinculada á existenza da reincidencia e ao número de pensións impagadas na súa totalidade (seis) e de xeito parcial (trinta e catro). Mentres que a cota diaria de 6 euros nin tan sequera se vén esixindo precisada dunha especial argumentación cando consta, como é o caso, que o acusado non se atopa nin na miseria nin na indixencia económica motivo polo cal, podendo, non facía fronte ás pensións postas do seu cargo.
Rexéitase así o recurso de apelación formulado fronte á sentenza apelada e confírmase esta na súa integridade, asumíndonos así os razoamentos xurídicos da instancia.
SEGUNDO.- Impóñense as custas da presente alzada á parte apelante polo rexeitamento da súa impugnación.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Que debiamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola representacion procesual de Don Carlos Manuel , fronte á sentenza ditada con data do 5 de xuño de 2007 no procedemento abreviado núm. 292/06 (Rolo de apelación núm. 523/07), debemos confirmar a mencionada sentenza. Impoñénselle as custas desta alzada ó recorrente.
Ó notifica-la sentenza, déaselle cumprimento ó disposto no artigo 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial .
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por medio desta Sentenza, da que se achegará un testemuño ó Rolo de Sala. Anótese no rexistro correspondente.
