Última revisión
16/09/2009
Sentencia Penal Nº 188/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 193/2009 de 16 de Septiembre de 2009
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Penal
Fecha: 16 de Septiembre de 2009
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 188/2009
Núm. Cendoj: 36038370022009100332
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00188/2009
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000193 /2009 J
Órgano Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 2 de PONTEVEDRA
Procedemento Orixen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO n? 0000085 /2009
Apelante: Mariana
Procurador: Pedro Sanjuan Fernández
Letrado: Evaristo Galiano
Apelados: Paloma
Procurador: Rosario Castro Cabezas
Letrado Sra. Lareo Lodeiro
Banco Caixa Seral
Procurador: Alejandra Freire Riande
Letrado: María José Cosmea Rodríguez
Ministerio Fiscal
SENTENZA NÚM. 188
=============================================================
ILMOS/AS SRES/AS MAXISTRADOS/AS
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente
Dona María Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Rosario Cimadevila Cea
==============================================================
Pontevedra, a dezaseis de setembro de dous mil nove
Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída con número 85/09, o recurso de apelación interposto polo
procurador Pedro Sanjuan Fernández, en representación de Mariana , contra a sentenza ditada polo
Xulgado do penal núm. 2 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente (como acusada), Paloma e _Banco Caixa Xeral SA (como acusacións particulares), e o Ministerio Fiscal, na representación que
lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 15 de abril de 2009 , cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
"Que debo condenar y condeno a Mariana como autora de un delito de falsedad en documento mercantil previsto y penado en los artículos 392 y 390,1,2º del Código Penal en concurso medial con un delito de estafa previsto y penado en los artículos 248 y 249 del Código penal , a la pena de 8 meses de prisión e inhabilitación especial para el derecho a sufragio pasivo durante el tiempo de la condena por el delito de estafa y a la pena de 8 meses de prisión e inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena y multa de 7 meses a razón de una cuota diaria de 6 euros, con la responsabilidad personal subsidiaria establecida en el artículo 53 del Código Penal para el caso de impago por el delito de falsedad, así como al abono de las costas procesales causadas, incluidas las de las acusaciones particualres; debiendo indemnizar a Paloma en la suma de 5399,46 euros por las rentas impagadas con el interés previsto en el artículo 576 de la LEC ".
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
"Resulta probado y así se declara que Mariana era la arrendataria de un local de negocio sito en la calle Cruz Roja número 5-bajo, en Pontevedra, propiedad de Paloma , habiendo hechos el abono de las rentas con normalidad hasta el mes de julio de 2006, incluido. Sin embargo, a fin de aparentar el abono de las rentas correspondientes a los meses de agosto, septiembre, octubre, noviembre y diciembre de 2006 y enero de 2007, que ascendía a 899,91 euros mensuales, cubrió los resguardos de ingreso de la cantidad mensual de 899,91 euros de la oficina del Banco Caixa Geral, de la calle Michelena poniendo una impresión que no se pudo emitir por el sistema de validación mecánica que generan las impresoras del Banco Caixa Xeral; y obtuvo de Paloma los recibís de haber abonado las rentas correspondientes a los meses de agosto a diciembre de 2006 ambos incluidos y enero de 2007, sin que hubiera hecho el efectivo ingreso de dichas mensualidades".
Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentaronse escrito polo Ministerio Fiscal e as representacións procesuais das acusacións particulares escritos de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para resolver.
Fundamentos
Primeiro.- A acusada Mariana recorre perante esta alzada contra a súa condena como autora dun delito de falsidade en documento mercantil dos artigos 390.1.2º e 392 do Código penal , en concurso medial cun delito de estafa dos artigos 248 e 249 do mesmo texto legal .
Comeza por alegar a existencia dun quebrantamento das normas e garantías procesuais, que debería dar lugar á nulidade de actuacións, tal cal solicitou previamente na instancia. Porén, e como nesta, non se pode acceder a tal pretensión.
A acusada Mariana , aos tres días de declarar perante a Comisaría de Policía de Pontevedra, presentou unha querela contra os empregados da sucursal que a entidade Banco Caixa Geral ten na rúa Michelena, número 13, desta mesma cidade. Por un auto do 5 de marzo de 2007 admitiuse a trámite a devandita querela; acumulouse esta ás actuacións que xa se seguían na súa contra en virtude dunha denuncia de Justa como xefa de administración da amentada sucursal bancaria; e, das dilixencias que se requirían, acordouse a práctica da documental e pericial que se solicitaban baixo os números 5 e 6. O resultado destas consta nos autos -fs. 76 e 89, e 118 á 121-. Inmediatamente despois tomóuselle declaración como imputada á agora apelante e a dous empregados da nomeada entidade bancaria, para, xa sen máis, transformar as ata entón dilixencias previas nas correspondentes a un procedemento abreviado. Deste xeito, non protestando con anterioridade pola falla de práctica das restantes probas solicitadas na querela da agora apelante, consentido por esta o auto ditado ao abeiro do artigo 779.1.4ª da Lei de axuizamento criminal -no que só ela figuraba como imputada-, e non figurando a proba agora proposta nesta alzada entre as que solicitou no seu correspondente escrito de conclusións provisionais, non se lle xerou ningunha indefensión material que afectase as súas posibilidades de defensa, nin se pode admitir a pericial proposta ( artigo 790.3 da Lei de axuizamento criminal ).
Segundo.- Alega tamén a recorrente, como motivos de apelación, o erro na apreciación das probas, a indebida aplicación dos artigos 248 e 249 do Código penal , así como a vulneración da presunción de inocencia do artigo 24.2 da Constitución española .
Con carácter previo, debemos lembrar que a invocación conxunta do erro na apreciación da proba e da vulneración da presunción de inocencia resulta conceptualmente incompatible, xa que denunciar aquel erro supón partir da existencia de cando menos unha mínima proba incriminatoria, e o quebrantamento da presunción do artigo 24.2 da Constitución española implica ditar un pronunciamento condenatorio non asentado nunha proba de cargo suficiente e obtida de xeito regular dende o punto de vista procesual.
Mais, á marxe do anterior, o certo é que a maxistrada xuíza a quo si que contou con proba de cargo suficiente como para poder ter por enervada a presunción de inocencia que se considera vulnerada; e na súa avaliación en conciencia (artigo 741 da Lei de axuizamento criminal) non incorreu en ningún erro. Neste sentido, preséntase unha realidade ben contundente: o ingreso das mensualidades da renda dos meses de agosto de 2006 a xaneiro de 2007 -que a acusada, como arrendataria, manifestaba que depositara nunha conta da sucursal de Banco Caixa Geral, na rúa Michelena, de Pontevedra, a nome da arrendadora Paloma -, non só resultou falso e non chegaron os cartos a mans desta última, senón que se intentou simular un soporte documental con aparencia de veracidade de tal aserto. Así, e deixando á marxe as reiteradas invocacións á pretendida inxenuidade da acusada se realmente algo tivese que agachar, o certo é que -como máis polo miúdo se reflicte na sentenza contra a que se apela- de entrada resultaría imposible que os ingresos das rendas se efectuasen na sucursal da rúa Michelena, cando os primeiros díxitos da validación mecánica dos ingresos en efectivo corresponden non a aquela sucursal -3002-, senón á sucursal da rúa Peregrina -3083-. Resulta dabondo demostrado que, por moito que se mudase o sistema informático ou se permutasen as impresoras entre unha e outra sucursal, o número desta que aparecería nos impresos sempre sería o que correspondese ao lugar de ingreso en efectivo. Outro tanto cómpre dicir do número asociado ao posto de caixa dunha e outra sucursal -F02 e F834, respectivamente-, de xeito que tales números figuran asignados ao posto en concreto, non á impresora que expide a validación mecánica. E as impresoras empregadas pola entidade bancaria eran das denominadas matriciais, coas que dende logo que non foron confeccionados os supostos resgardos de ingresos en efectivo presentados pola acusada, tal e como conclúe o contundente informe pericial achegado aos autos e declararon os seus autores -axentes do Corpo Nacional de Policía con números de carné profesional NUM000 e NUM001 -. Este último mesmo chegou a engadir que unha cousa é que poida desaparecer o relevo nos impresos oficiais do banco, e outra ben distinta que desapareza o esmagamento dos fíos que si que é indicativo do emprego dunha impresora matricial, que, como se dixo, sendo a empregada polo banco, non foi usada nos recibos en poder da acusada.
Deste xeito, a conclusión é que os impresos nos que a acusada pretendía sustentar o seu pagamento das rendas do local que ocupaba nin foron validados mecanicamente polas impresoras do banco Caixa Geral, nin os números de operación que incorporan existen como tales nos seus rexistros informáticos e contables. Polo tanto, non obedecen a ningunha operación real, por moito que os empregados da entidade bancaria puidesen diverxer no relativo ao uso das sinaturas, selos, etc., como complemento ou substituto da validación mecánica dos impresos. E non só a xulgadora a quo correctamente avaliou o material probatorio perante ela despregado, senón que a apreciación da estafa -en concurso medial coa falsidade- igualmente ben nidia e atinada se presenta, dende o momento no que a prexudicada confeccionou os recibos de pagamento das mensualidades de renda na crenza de que a acusada fixera os ingresos en efectivo, tal e como esta inicialmente convenceu á arrendadora, ata que se decatou de que, malia a exhibición dos impresos, na súa conta non se ingresaran os correspondentes 899,91 ? durante seis meses consecutivos.
En conclusión, rexeitamos o recurso e confirmamos a sentenza contra a que se apela.
Terceiro.- As custas da presente alzada impoñémosllas á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Mariana , contra a sentenza ditada con data do 15 de abril de 2009 no procedimento abreviado núm. 85/09 do Xulgado do Penal núm. 2 de Pontevedra , e confirmar esta sentenza, con imposición das custas desta alzada á parte recorrente.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder judicial .
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de Sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

