Última revisión
17/09/2017
Sentencia Penal Nº 189/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 831/2019 de 25 de Septiembre de 2019
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 12 min
Orden: Penal
Fecha: 25 de Septiembre de 2019
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 189/2019
Núm. Cendoj: 36038370022019100171
Núm. Ecli: ES:APPO:2019:2003
Núm. Roj: SAP PO 2003:2019
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00189/2019
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
Equipo/usuario: PA
Modelo: 213100
N.I.G.: 36042 41 2 2017 0000234
RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000831 /2019-P-
Delito/falta: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)
Recurrente: Frida
Procurador/a: D/Dª ANTONIO DANIEL RIVAS GANDASEGUI
Abogado/a: D/Dª VANESA CAMBRA VILANOVA
Recurrido: MINISTERIO FISCAL
Procurador/a: D/Dª
Abogado/a: D/Dª
SENTENZA NÚM. 189/2019
=================================================== ==========
MAXISTRADO/AS:
Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente
Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo
Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea
=================================================== ===========
Pontevedra, a vinte e cinco de setembro de dous mil dezanove.
Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación nº. 831/2019, interposto polo procurador don Antonio Daniel Rivas Gandasegui, en representación de Frida , contra a sentenza ditada no procedemento PA: 399/2017, do Xulgado do Penal núm. 4 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistradodon José Juan Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 11-xuño-2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
'CONDENO a Frida como autora de un delito de estafa en grado de tentativa ( art 248 , 249,16 y 62 del C.P ) a la pena de TRES MESES DE PRISIÓN con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo.
Todo de ello, con el pago de las costas procesales por parte de Frida .
En concepto de responsabilidad civil, Frida indemnizará a AXA SEGUROS GENERALES SA DE SEGUROS Y REASEGUROS la cantidad por importe de 314,60 euros, por el perjuicio ocasionado en este parte de siniestro NUM000 con intereses legales del artículo 576.1 de la LEC 1/2000 .
SE ACUERDA, una vez firme la sentencia, DEDUCIR TESTIMONIO DE PARTICULARES AL JUZGADO DE GUARDIA DE PONTEAREAS respecto de Indalecio por si su comportamiento pudiera ser constitutivo de delito, de acuerdo con el Fundamento II de esta resolución.
Notifíquese esta sentencia a los perjudicados y ofendidos por el delito (AXA SEGUROS GENERALES SA DE SEGUROS Y REASEGUROS) aunque no se hayan mostrado parte en el juicio oral, conforme a las prescripciones del Estatuto de la Víctima.'
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
'PRIMERO.-Consta acreditado que Frida , mayor de edad penal, con documento de identidad número NUM001 y sin antecedentes penales, el día 26 de noviembre de 2016 denunció ante la Guardia Civil de Ponteareas haber sido víctima de un robo con fuerza en el interior del local que regenta, denominados Bar Coyote, sito en Xinzo-Pereiro, 32 de la localidad de Ponteareas, con la finalidad de lucro propio pretendiendo cobrar una indemnización por tal inexistente siniestro de su compañía aseguradora AXA SEGUROS GENERALES SA DE SEGUROS Y REASEGUROS, con la que tiempo atrás habría firmado como tomadora un contrato de seguro que tenía como riesgo asegurado el robo.
SEGUNDO.-Consta acreditado que tras denunciar a la Guardia Civil, Frida dio parte a su compañía de seguro a través del correo electrónico acompañando una copia de la denuncia por haber sufrido un robo en su local el día 28 de noviembre de 2016, ese mismo día, pretendiendo el resarcimiento de los desperfectos ocasionados en el local y en las máquinas recreativas (futbolín y máquina de dardos) así como el dinero en efectos supuestamente sustraído de la caja registradora y de una caja de caudales, que ascendía a 1.050 € y 300 € respectivamente que nunca estuvo alle, así como 36 botellas de alcohol, que nunca estuvieron en su local.
TERCERO.-Consta acreditado que Frida logró antes de que la Guardia civil descubriese su criminal intención, que AXA SEGUROS GENERALES SA DE SEGUROS Y REASEGUROS le reparase la puerta de entrada del bar que ya estaba dañada de antes, reparación que ascendió a la cantidad de 314,60€, que fue abonada por AXA y que reclama.'
Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.-Logo de trasladarlles o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 24-setembro-2019.
Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Primeiro.- A acusada, Frida , foi condenada na instancia como autora responsable dun delito de estafa no grao de tentativa, previsto e penado nos artigos 248 , 249, 16 e 62 do Código penal , polo que acode agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. O fiscal oponse a que acollamos esta impugnación.
Segundo.- O único motivo de apelación invocado pola apelante no seu recurso, ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal, é o erro na apreciación da proba e a infracción dos artigos 248 e 249 do Código penal , se ben tamén menciona a vulneración da presunción de inocencia e a inaplicación do principioin dubio pro reo.
Resulta incompatible a manida mestura de alegacións do tipo das que se reflicten no recurso de apelación. Así, xúntanse a infracción da presunción de inocencia que inicialmente amparaba a acusada, o erro por parte da maxistrada xuíza da instancia na valoración da proba e a suposta existencia de dúbidas que abocarían a autora da resolución xudicial que se combate ao inexorable pronunciamento absolutorio. A pretendida vulneración do artigo 24.2 da Constitución española - presunción de inocencia- suporía a inexistencia de probas de cargo contra a persoa acusada. O erro na valoración das probas xusto parte da nidia admisión da súa existencia, mais viciadas dunha interpretación equivocada, da cal se discrepa. Mentres que o principioin dubio pro reonon resulta aplicable cando, precisamente, o xuíz non albisca dúbidas verbo do resultado do material probatorio practicado perante el coa súa insubstituíble inmediación.
Só se xustifica o principioin dubio pro reonos casos en que o tribunal teña dúbidas ou recoñeza a existencia de dúbidas na valoración das probas sobre os feitos e as resolva en contra do acusado ( SSTS 999/2007, do 12 de xullo ; 677/2006, do 22 de xuño ; 1125/2001, do 12 de xullo ; 2295/2001, do 4 de decembro ; 479/2003 e 836/2004, do 5 de xullo ; 1051/2004, do 28 de setembro ). Segundo todas estas resolucións, o principio unicamente pode estimarse infrinxido cando, recoñecendo o tribunal sentenciador a existencia dunha dúbida sobre a concorrencia dalgún dos elementos integradores do tipo ou sobre a participación do acusado, opta pola solución máis prexudicial para este; pero non cando, como sucede no caso actual, o tribunal sentenciador non alberga dúbida ningunha.
Cando se alega a infracción do dereito á presunción de inocencia, resulta ben conteste e reiterada a xurisprudencia segundo a cal a función do tribunalad quemnon pode consistir en realizar unha nova valoración das probas practicadas en presenza do xulgador de instancia, porque só a este corresponde esa función valorativa. Pero o tribunal si pode verificar que, efectivamente, o xulgadora quocontou con suficiente proba de signo acusatorio sobre a realización do feito delituoso e a participación nel do acusado para ditar un pronunciamento de condena, asegurándose tamén de que esa proba se obtivo sen violar dereitos ou liberdades fundamentais e de que se respectaron as súas correctas condicións de oralidade, publicidade, inmediación e contradición, comprobando tamén que na preceptiva motivación da sentenza o xulgador expresou o proceso de raciocinio, cando menos nos seus aspectos fundamentais, que o levou a decidir sen infrinxir os criterios da lóxica e da experiencia (por todas, a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 24 de xullo de 2019 -ROJ: STS 2668/2019 - ECLI:ES:TS:2019:2668 -).
A existencia de probas de cargo contra a acusada resulta indiscutible. Así, non só consta a declaración da acusadaapelante, Frida , senón tamén as testemuñais dos axentes da Garda Civil con carnés profesionais NUM002 , NUM003 e NUM004 e de Graciela , Marisol e Indalecio , ademais de, evidentemente, a documental achegada ás actuacións. Na obtención e práctica de todas elas non só non se albisca a máis mínima tacha legal ou regulamentaria posible, senón que nin tan sequera se alega.
Podería ser, entón, que, obtidos e practicados sen a máis mínima tacha os anteriores medios probatorios, a maxistrada xuíza da instancia errase, como se denuncia, no labor da súa avaliación en conciencia ao abeiro do artigo 741 da Lei de axuizamento criminal, pero tampouco. Nisto tampouco podemos acoller o recurso de apelación por coincidirmos de todo co reflectido e razoado fáctica e xuridicamente, de xeito exhaustivo, na sentenza contra a que se apela. Deste modo, só debemos aludir brevemente, con pretendida vocación de reforzo do xa razoado e resolto na instancia, a que a propia acusadaapelante, Frida , era quen figuraba na póliza de seguro do local como a súa tomadora, e foi ela quen presentou a denuncia e deu parte á compañía aseguradora dos supostos danos causados naquel establecemento e polos cartos roubados. A alegación defensiva de que a súa intervención na póliza de seguro, a presentación da denuncia e a concreción do supostamente roubado e danado, máis que a ela, se debe á intervención e influencia da súa entón parella, a referida testemuña Indalecio , non resiste a máis mínima crítica, como pormenoriza a maxistrada xuíza na súa sentenza.
O primeiro dos nomeados axentes da Garda Civil testemuñou dun xeito contundente no xuízo oral que xa dende un principio non lle cadraba o que denunciaba a acusada -non a súa parella sentimental daquela- co que había no local, e que mesmo, por exemplo, a rotura dunha terminal de punto de venda (TPV) obedecía a un suceso anterior. E engadiu que non podían existir todos os obxectos denunciados como roubados porque non había espazo suficiente para eles no almacén, que os cartos nunca estiveran na caixa, e que, se a porta do bar se rompera, fora para simular o delito, porque se seguía a utilizar a mesma chave de sempre.
Nos mesmos termos se expresou o segundo dos axentes e dun xeito máis nidio aínda se cadra, cando, corroborando o xa manifestado polo seu compañeiro e complementándoo por ser quen realizou a segunda inspección ocular ao local, declarou que a pechadura non estaba fracturada, senón desmontada; que nas máquinas de fútbol de mesa e comecartos non había danos de fractura, senón que os seus caixóns estaban sacados pero non forzados, e que a única persoa que lle indicou todo o relacionado co suposto roubo e os danos foi a agora apelante, Frida , e non o seu noivo entón, Indalecio . E o terceiro dos axentes da Garda Civil, reiterando o xa declarado polos seus dous anteriores compañeiros, teimou en que dende o primeiro momento lle estrañaba o que denunciara a acusada pola potísima razón de que el non vira signos de forzamento ningún nas máquinas de fútbol de mesa e de dardos.
No relativo ás manifestacións das dúas entón empregadas do local -as testemuñas Graciela e Marisol -, non fixeron máis que incidir na proba de cargo contra a acusada. Así, a primeira admitiu que a porta do local non estaba rota, que a agora apelante era quen estaba a cargo do establecemento o día do suposto roubo, que a TPV rompera antes destes feitos por mor dunha pelexa, que non podía ser que houbese tantas botellas de alcol como as supostamente roubadas, e que, como moito, os cartos que se facían nun día serían uns 200 €. E a segunda testemuña corroborou que fora ela quen fixera a caixa a noite anterior ao suposto roubo e que habería entre 160 e 200 €, que nin nas mellores noites acadara a cantidade de 1050 €, que no local non collían as botellas de alcol supostamente roubadas, e que a TPV se danara naquela outra ocasión xa mencionada.
Por último, as manifestacións no acto do xuízo oral por parte de Indalecio foron de tal teor que mesmo a maxistrada xuíza acordou a correspondente dedución de particulares pola presunta comisión dun delito de falso testemuño. A pretendida exculpación que intentaba da súa entón compañeira sentimental resultou falaz e nada crible -decolmo del fingimientose chega a cualificar na sentenza contra a que se apela- e en máis que notoria contradición con todas as testemuñais anteriores.
E, se a teor de todo o anterior non se albergaban dúbidas, á maxistrada xuízaa quonon se lle podían impoñer para a determinación dun pronunciamento absolutorio. A recta, obxectiva e imparcial interpretación dos devanditos medios probatorios abocaba a denuncia á sentenza condenatoria do xeito que foi pronunciada na instancia.
Por último, cómpre aclarar que ao que a entidade Axa Seguros Generales renunciou foi a constituírse en parte no presente procedemento, mais non á restitución, reparación ou indemnización que ao seu favor se puidese acordar, razón pola que debemos confirmar o pagamento a ela por parte da acusadaapelante da cantidade de 314,60 € pola reparación da porta de entrada do local.
Terceiro.- Impoñemos as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Quedebemos REXEITARo recurso de apelación interposto pola representación procesual de dona Frida , contra a sentenza ditada con data do 11-xuño-2019, no procedemento abreviado, pola maxistrada xuíza do Xdo. do Penal nº 4 de Pontevedra, eCONFIRMAR esta sentenza.Impóndolle as custas aos apelantes.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial .
Notifíqueselles esta sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 847 da LACrim, cabe interpoñer unrecurso de casación, que deberá prepararse mediante un escrito formalizado por avogado/a e procurador/a, que se presentará perante este Tribunal dentro doscinco díasseguintes á ultima notificación e que deberá conter os requisitos esixidos no art. 856 da LACrim.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará unha certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistradodon José Juan Barreiro Pradodurante a audiencia pública. Dou fe.
