Sentencia Penal Nº 19/201...io de 2010

Última revisión
07/06/2010

Sentencia Penal Nº 19/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 13/2010 de 07 de Junio de 2010

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 13 min

Orden: Penal

Fecha: 07 de Junio de 2010

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 19/2010

Núm. Cendoj: 36038370022010100205

Resumen:
APROPIACIÓN INDEBIDA

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00019/2010

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Tfno.: 986.80.51.19 Fax: 986.80.51.14

41300 EXHORTO (HASTA NOTIFICACION DE SENTENCIA)

Número de Identificación Único: 36038 37 2 2010 0000851

Rollo : PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000013 /2010-A

Órgano Procedencia: JDO. DE INSTRUCCION N. 2 de PONTEVEDRA

Proc. Origen: 0003026 /2009

Contra: Justiniano

Procurador/a: SENEN SOTO SANTIAGO

Letrado/a: ELOY ARTIME COT

Acusación particular: SONYTEL GALICIA, S.A., MINISTERIO FISCAL

Procurador: RAFAEL BARRIOS PEREZ,

Letrado:SR. NIETO PAREJA,

SENTENZA NÚM. 19

==========================================================

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona M. Mercedes Pérez Martín Esperanza

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra, siete de xuño de dous mil dez

VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 3026/09,

procedente do Xulgado de Instrución núm. 2 PONTEVEDRA , e seguida polo trámite de procedemento abreviado, polo delito de

APROPIACION INDEBIDA contra Justiniano , con DNI número NUM000 , nado o día

17.03.1976, en ROSAL DE LA FRONTERA HUELVA, fillo de FRANCISCO e de MARIA, con domicilio en C/ DIRECCION000 ,nº NUM001 , NUM002 NUM003 , sin antecedentes penais, solvente, situación de liberdade por esta causa, representado

pola procuradora Sra. SENEN SOTO e defendido pola letrada Sra. ELOY ARTIME. Exercitouse a acusación particular por

SONYTEL GALICIA, que estivo representado polo procurador BARRIOS PEREZ, defendido polo avogado Sr. Nieto Pareja. E

como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro.- O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais relatou os seguintes feitos:

Los hechos relatados constituyen un delito continuado de apropiación indebida articulo 252 del Código Penal , en relación al. 250 cir. 6ª del mismo y art.. 74.1 y 2 de dicho Código y otro delito continuado de falsedad en documento mercantil art.. 392 del Código Penal en relación al. Art. 390.2ª y 3º del mismo y art. 74.1 de dicho Código . Ambos delitos se hallan en la relación de concurso medial previsto en articulo 77 del Código Penal .

Es responsable en concepto de autor de los hechos relatados el acusado.

No concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal.

Procede imponer a Justiniano , 4 años de prisión y multa de 10 meses con inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo. Costas.

El acusado indemnizará a la empresa " SONYTEL " en 42.716,93 euros.

Segundo.- A acusación particular en su escrito de calificación relatou os seguintes feitos; los hechos narrados son constutivos de:

A)UN DELITO DE APROPIACION INDEBIDA ( Articulo 74 del Código Penal ) previsto y penado en el artículo 252, en relación con el 249 y 250 agravante 6ª )

B) DE UN DELITO DE APROPIACION INDEBIDA definido en el articulo 252, en relación con el artículo 249, de dicho Código punitivo .

C) DE UN DELITO CONTINUADO ( Art.. 74 del C.P . )DE FALSEDAD EN DOCUMENTO MERCANTIL, previsto y penado en el articulo 392, en relación con el artículo 390 1º y 2º .

De todos los delitos expresados en los anteriores apartados es responsable en concepto de autor D. Justiniano .

No concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal.

Procede imponer al acusado D. Justiniano , la pena de SEIS AÑOS de prisión, con la accesoria de inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo por el mismo tiempo, conforme a lo dispuesto en el articulo 56 del Código Penal )POR EL DELITO CONTINUADO DE APROPIACION INDEBIDA. Así como la pena de DOS AÑOS Y SEIS MESES DE PRISIÓN ( con la misma accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio de sufragio por ese mismo tiempo) DOCE MESES DE MULTA A RAZON DE 200 EUROS DIARIOS (con responsabilidad personal subsidiaria, en caso de impago, conforme al. Articulo 53 del Código Penal ) por el DELITO CONTINUADO DE FALSEDAD EN DOCUMENTO MERCANTIL.

Al acusado además procede CONDENARLE AL PAGO DE LAS COSTAS CAUSADAS, incluídas la de esta acusación particular ( articulo 123 y 124 del Código Penal en relación con los artículos 239 y siguiente de la Lei de Enjuiciamiento Criminal .

El acusado DON Justiniano , deberá indemnizar a SONYTEL GALICIA S.A. por la cantidad de 83850.53 euros, cantidades que se incrementarán con el interés legal del dinero, más dos puntos, de conformidad con lo dispuesto en el articulo 576.1. de la Ley de enjuiciamiento Civil .

Tercero- A defensa do acusado, en idéntico trámite, solicitou a libre absolución do seu representado con todos os pronunciamentos favorables, e que se tivese en conta de xeito subsidiario a atenuante de dilacións indebidas moi cualificada do art. 21.6 .

CUARTO.- O Ministerio Fiscal no acto do xuicio oral celebrado o día 1 de junio de dous mil dez, modificó a suas conclusións provisionais na siguiente forma:

A primeira, suprimir el párrafo que dice " aun que parece un probable..." hasta el punto y seguido siguiente y añadir " de las que se apropio en su propio beneficio el acusado".

A la indemnización elevarla en 34.606,56 euros. El resto a definitivas.

Las demás partes personadas a definitivas.

Fundamentos

Primeiro.- A acusación particular imputáballe ao acusado Justiniano a comisión dun delito continuado de apropiación indebida, previsto e penado nos artigos 74, 249, 250.6ª e 252 do Código penal ; dun delito de apropiación indebida do artigo 252 en relación co artigo 249 do Código penal ; e dun delito continuado de falsidade en documento mercantil dos artigos 74, 390.1º e 2º, e 392 do mesmo texto legal . Mentres que o fiscal o acusaba por un delito continuado de apropiación indebida do artigo 252 do Código penal , en relación co artigo 250.6ª e 74.1 e 2 do mesmo texto legal ; e por outro delito continuado de falsidade mercantil do artigo 392 do Código penal , en relación cos artigos 390.2º e 3º, e 74.1, todos eles do mesmo texto legal , ambos os delitos en relación de concurso medial do artigo 77 do Código penal . Porén, tendo en conta o instruído e o visto e oído no xuízo oral, existen máis que fundadas dúbidas verbo da comisión por parte do acusado das referidas infraccións delituosas que se lle imputaban.

Coa querela no seu día formulada por Sonytel Galicia, S.A., contra Justiniano , e que deu orixe á incoación das presentes actuacións, achegábase un documento -fs. 23 ao 28 vto.- denominado Diferencias de inventario-Diferencia valor stock, datado o 27 de abril de 2009. Segundo este texto, na tenda de Sonytel en Pontevedra, os artigos contados foron 3036, os artigos teóricos serían 4354, o valor total contado era de 76661,258 ?, o valor total teórico sería de 111267,821 ?, e o valor total da diferenza era duns 34606,563 ? de menos, suma esta que as acusacións, tanto pública como privada, remataron coincidindo en que se apropiara dela o acusado. Agora ben, radicalmente negado o feito por este, o certo é que a referida manifestación de parte, finalmente asumida polo fiscal, goza do único respaldo da mera afirmación da querelante con pretendido sustento nunha simple listaxe informática do que, segundo ela, sería a diferenza entre a entrada das mercadorías no local e a súa falta do mesmo na data de realización do amentado inventario. Mais por ningures se achegou a fidedigna proba da real entrada das mercadorías que se botan en falla na sucursal de Sonytel en Pontevedra, nin os seus correspondentes asentos contables, informáticos ou similares. Ninguén solicitou, nin se practicou, unha mínima proba pericial que permitise constatar a saída das mercadorías, a súa chegada á tenda da querelante en Pontevedra, e que xusto fosen as que agora se botan en falla pola contía reclamada por tal concepto as que nin foran vendidas nin figuraban no almacén depositadas con tal finalidade. Máis que dubidarse da realidade da listaxe presentada pola querelante co pretendido desfase na súa contra de 34606,563 ?, a deficiente instrución da causa coa conseguinte falla de proposta e práctica de elementos probatorios ao respecto, dende logo que non contribúen a dotar da contundencia necesaria a devandita listaxe informática da parte como para, sen máis, chegar á conclusión de que, como a empresa di que lle faltan mercadorías, estas teñan que xusto cadrar coas que refire, polo importe que demanda, e que a causa non se deba a ningunha outra continxencia que a pretendida apropiación ilícita no seu propio e evidente beneficio por parte do acusado. Pretendía tamén demostrarse que o acusado se apropiara das diversas mercadorías por un total de 34606,563 ? mediante o achegamento aos autos dun caderno vermello que, ao parecer, pola letra que neste consta e por aparecer no despacho que só el fundamentalmente usaba, ninguén máis ca el manexaría. Pero, á parte das consideracións anteriores verbo da listaxe informática da empresa coas mercadorías das que supostamente se apropiou o acusado, resulta que tampouco coincide a lista coas anotacións no devandito caderno, ata o punto de que, avaliándose o importe destas últimas en 28273,94 ?, existiría así o desfase nada desprezable de 6332,623 ?, non xustificados. Repárese, amais, en que nun anterior inventario realizado en xullo de 2008 a empresa recoñece que non encontrou a máis mínima incidencia de importancia, e que foi no que se levou a cabo en abril de 2009 no que se detectaron as irregularidades de mención, nunha época na que o acusado xa levaba uns catro meses de baixa e, xa que logo, sen acceso ao seu antigo lugar de traballo.

En canto á suposta apropiación de fondos existentes na caixa durante o ano 2008 por importe duns 22777,41 ?, como consecuencia das vendas que facía el mesmo ou os comerciais e dependentes da empresa, polo procedemento de non contabilizar os ingresos que realizaban os clientes que pagaban ao contado, tampouco a consideramos probada coa precisión e nitidez que se demanda neste eido penal para poder efectuar un reproche en tal sentido. A querelante achegou ás actuacións unha relación -documento 10- das operacións supostamente non contabilizadas e das fichas contables de cada operación, da que deducía que a contía defraudada era a referida de 22777,41 ?. Agora ben, á marxe da non exacta correspondencia entre as chamadas fichas contables -fs. 45 ao 65- e o pretendido resumo que das mesmas se efectúa nos dous cadros intitulados Listado facturas pendientes en contabilidad y pagadas por clientes -fs. 43 e 44-, igualmente botamos en falla unha mínima acreditación documental contable por parte da empresa e unha pericial da mesma natureza hipoteticamente acreditativa do pretendido desfase económico. Pero é que, por maior abastanza, tratándose segundo as acusacións de facturas pendentes en contabilidade e, porén, pagadas polos clientes, ningún destes - Abel , Darío , Isidoro , Ramón , Luis Enrique , Basilio , Felix , Matías , Jose Ignacio , Alfredo , IES Francisco Asorey, Gregorio , Oscar , Luis Alberto , IES Pedro Floriani, Elevenca Electrocomunicación, Electrocoirón, S.L, Cesareo , Comercial García Padín, e Camilo González Leiro, S.L.- declarou na fase de instrución, nin foi proposto como testemuña para o acto da vista oral. Só testemuñou Julián , en cuxo caso se refire que faltarían por contabilizar uns 280 ?, pero tamén carecemos dun mínimo apunte ou vestixio da contabilidade oficial da empresa querelante tendente á demostración de que tivo entrada na caixa de Sonytel en Pontevedra e, porén, non chegou ás contas da entidade, á parte de que tamén brillaría pola súa ausencia a xustificación de que, logo de recibir tal suma o acusado, a fixese propia no seu beneficio, con prexuízo así da querelante. En tal sentido, e remitíndose o acusado a afirmar que a xustificación de todos os pagamentos que recibía constaría na correspondente conta corrente bancaria da empresa, tampouco ninguén se preocupou de achegala e, unha vez máis, sobre ela practicar a máis que pertinente pericial contable.

Igualmente, a apropiación dos 4909,03 ?, efectuada polo acusado a través da confección de albarás ficticios e reproducións dos tíckets nos que figuraban supostos clientes descoñecidos como supostos debedores de sumas xa aboadas por outros clientes, e dos 400 ?, pola venda dunha televisión, tampouco a consideramos demostrada. A pretendida proba en tal sentido ten a mesma eiva que vimos sinalando: a unilateral confección por parte da querelante dunha documental informática sen máis acreditación que o que así irrefutablemente se pretende deducir da mesma e, neste caso, da testemuñal. A documental número 6 achegada coa querela -f. 33- pretende ser un resumo da que se uniu deseguido -fs. 34 á 38-. E tratándose de supostas vendas feitas polo viaxante Carlos José a diversos clientes - Epifanio , Luis , Evangelina , Jose Miguel , Aquilino e Federico -, ningún destes declarou nin foi proposto como testemuña para o acto da vista oral. Todo isto e a tamén ausencia do fiel contraste entre o importe dos amentados recibos e a contabilidade da empresa, en demostración de que nesta non constaban os seus importes nin tampouco ingresados na súa conta bancaria como alega o acusado, desbotan a pretendida suficiencia do citado cadro e documental que figuran nas referidas follas 33 á 38 das presentes actuacións. Incluso botamos en falla os albarás ficticios e as reproducións dos tíckets nos que figuraban os supostos clientes descoñecidos. E no relativo á televisión vendida a Julián por 400 ?, o acusado refire que deixou esta suma dentro dun sobre por tratarse dun aparato xa descatalogado, que xa saíra varias veces da tenda, e que procedera así para comentalo á hora do correspondente inventario, e que logo desapareceu tal suma do interior do sobre dende que o acusado figura de baixa o 2 de decembro de 2008.

Dos outros 14636,22 ? dos que, supostamente, o acusado tamén se apropiou a través dunhas vendas de mercadorías documentadas mediante a confección de facturas a nome de supostos clientes que non as aboaron, facéndose así coas amentadas mercadorías o acusado -fs. 66 á 131-, debemos referir que só en tres casos os supostos compradores non terían aboado nada por tal concepto, e nos restantes dezaoito casos si que constarían pagamentos parciais dos devanditos supostos compradores. Pero é que, e á marxe da credibilidade da explicación que en tal sentido deu o acusado na vista verbo da documentación de mercadorías a nomes de persoas que non se correspondían cos seus compradores, o certo é que ninguén se preocupou de intentar localizar a unha serie de persoas - Luis Enrique , Mariano , Carlos Alberto , Baltasar , Gonzalo , Rogelio , Ángel Jesús , Daniel , Leoncio , Mariana , Jose Antonio , Antonio , Fulgencio , Patricio , Juan Luis , Celestino , Jacobo , Sergio , e Agapito - perfectamente identificadas e co seu respectivo enderezo. Máis aínda, dun deles, Julián -fs. 79, 80 e 81-, poderase dicir todo menos que se trataba dun suposto cliente, como máis enriba deixamos razoado, e dado o seu directo testemuño no acto da vista oral.

En consecuencia, e a teor de todo o dito, este Tribunal abriga máis que fundadas dúbidas verbo da participación do acusado Justiniano nos delitos que lle imputaban as acusacións, tanto pública como particular, e en correlativa aplicación do principio in dubio pro reo, debemos absolvelo, con todos os pronunciamentos legais inherentes.

Segundo.- As custas da presente instancia declarámolas de oficio.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación

Fallo

Que debiamos absolver e absolvemos a Justiniano dos delitos que lle imputaban tanto o fiscal como a acusación particular, con todos os pronunciamentos legais inherentes, e con expresa declaración das custas de oficio.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que

contra ela poden interpoñer o recurso de casación, ante a

Sala Segunda do Tribunal Supremo, por infracción de lei ou

quebrantamento de forma, no prazo de cinco días, que se

contarán desde a última notificación.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta

sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que

se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACION.- La anterior sentencia fue leída y publicada por el Magistrado D. José Juan Barreiro Prado, durante la audiencia pública.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.