Sentencia Penal Nº 352/20...re de 2012

Última revisión
04/04/2013

Sentencia Penal Nº 352/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 960/2012 de 19 de Noviembre de 2012

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 19 min

Orden: Penal

Fecha: 19 de Noviembre de 2012

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 352/2012

Núm. Cendoj: 36038370022012100359

Resumen:
HOMICIDIO POR IMPRUDENCIA

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00352/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo:213100

N.I.G.:36060 41 2 2006 0301238

ROLO: RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000960 /2012 I

Xulgado procedencia: XDO. DO PENAL N. 3 de PONTEVEDRA

Procedemento de orixen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000239 /2011

RECURRENTE: Alonso

Procurador/a: CARLOS VILA CRESPO

Letrado/a: JOSE CARLOS PALMOU CIBEIRA

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL, Candido , HELVETIA CIA. SUIZA S.A.SEGUROS Y REASEGUROS

Procurador/a: PEDRO SANJUÁN FERNÁNDEZ, PEDRO ANTONIO LÓPEZ LÓPEZ

Letrado/a: BEGOÑA SABORIDO PIÑEIRO, MERCEDES MARTINEZ BLANCO

SENTENZA Nº 352

==========================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sr. don Luis Carlos Rey Sanfiz (Suplente)

==========================================================

Pontevedra a, dezanove de novembro de dous mil doce.

Visto, pola Sección Datos do órgano xudicial desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 960/2012, o recurso de apelación interposto polo procurador Sr. Carlos Vila Crepo, en representación de Alonso , contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e como apelados Candido representado polo procurador Sr. Predro Sanjuan Fernández, defendido pola Letrada Sra. Begoña Saborido Piñeiro, Helvetia Cía. Suiza S.A. de Seguros e Reaseguros representada polo procurador Sr. Pedro A. López López, defendida pola letrada sra. Mercedes Martínez Blanco e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do once de novembro de dous mil doce , cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

'Probado y así se declara que sobre las 14,40 horas del día veintinueve de abril de dos mil seis, el acuado, Candido , mayor de edad, del que no constan antecedentes penales, a quien le habían sido suministrados 60 miligramos de metadona sobre las 12,00 horas de ese mismo día por prescripción facultativa, conducía el turismo Toyota Corola matrícula ....-MNK , asegurado en la compañía HELVETIA PREVISIÓN SA y propiedad de Bárbara que viajaba como ocupante en compañía de su hija, Delfina . Y cuando iba circulando por la avenida de las Sinas de Vilanova de Arosa (partido judicial de Villagarcía), a la altura del albergue juvenil 'As Sinas' y en un tramo recto, se quedó dormido al volante, invadiendo el carril contrario de circulación y la acera correspondiente a dicho carril, colisionando lateralmente contra un muro y aooryando a los peatones Josefa y Alonso , que transitaba por la misma, impactando finalmente contra un poste del tendido eléctrico.

Como consecuencia de estos hechos Josefa sufrió un grave traumatismo cráneo encefálico con hematoma subdural y herniación sufacial con afectación de centros vitales que le provocaron el fallecimiento, el cual se produjo a las 10,00 horas del día uno de mayo de dos mil seis. Los herederos de la fallecida fueron indemnizados por la entidad aseguradora HELVETIA.

Alonso resultó con fractura de arco posterior vertebral de C4, contunsión medular de C4-C5, lesión medular nivel C5 incumpleta ASIA D (Síndrome centromedular) y herida inciso contusa en región frontal, permaneciendo hospitalizado durante 42 días y precisando para la estabilización de sus lesiones 388 días impeditivos para sus ocupaciones habituales, restándole como secuelas tetraparesia funcional sin afectación de esfínteres de carácter leve, trastorno depresivo reactivo de carácter moderado y cicatriz de 6x4 centímetros aproximadamente a nivel frontal central de forma irregular.

Bárbara resultó con politraumatismo con fractura de 1/3 medio de húmero derecho, fractura orbitaria izquierda con hundimiento, fractura de pelvis, precisando para su sanidad 200 días impeditivos de los cuales 58 permaneció hospitalizada, restándole como secuelas cicatrices quirúrgicas de 5 centímetros en el brazo izquierdo, cicatriz de 2 centímetros en dorso nasal, cicatriz en la lengua, hundimiento ligero de la órbita izquierda y pómulo izquierdo sin repercusión en la visión que causa defecto estético con el ojo hundido, hombro doloroso derecho, material de osteosíntesis en húmero derecho, disyunción pélvica y sacroilíaca con affectación de la estática vertebral y función locomotriz.

Delfina , de cinco años de edad, resultó con traumatismo craneal y abdominal con rotura del bazo, precisando para su curación 60 días impeditivos de los cuales permaneció seis hospitalizada, restándole como secuelas cicatriz postquirúrgica de 10 centímetros y esplenectomía sin repercusión hemato-inmunológica.

La reparación del poste de tendido eléctrico ascendió a la suma de 1.280,11 euros'.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

'Que debo CONDENAR Y CONDENO a Candido , concurriendo la circunstancia atenuante de dilaciones indebidas, como autor penalmente responsable de un delito de homicidio por imprudencia grave previsto en el artículo 142.1 y 2 del Código penal , en concurso ideal con tres delitos de lesiones por imprudencia grave de los artículos 152.1. 1 ª y 2 del Código penal , a penar por separado, imponiéndole las siguientes penas:

-Por el delito de homicidio imprudente, un año de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, y privación del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores durante un año.

-Y por cada uno de los tres delitos de lesiones por imprudencia grave, tres meses de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, y privación del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores durante un año.

Con imposicion de las 4/5 partes de las costas incluidas las de las acusaciones particulares, salvo la ejercida por Alonso .

Y debo absolver y absuelvo a Candido del delito contra la seguridad vial del artículo 379 del Código Penal del que se le acusaba, declarando de oficio 175 parte de las costas.

En concepto de responsabilidad civil, el acusado solidariamente con la entidad aseguradora HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA SA indemnizará a Bárbara , en 32.983,43 euros por las lesiones y secuelas por ella sufridas y en 12.064,96 euros por las lesiones y secuelas de su hija Delfina .

A Fenosa en 1280,11 euros.

Y a Alonso en 75.915,65 euros, con los intereses del artículo 576 de la Ley de Enjuiciamiento Civil '.

Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, para a súa resolución.


Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.


Fundamentos

Primeiro.-O acusado Candido foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de homicidio por imprudencia grave do artigo 142.1 e 2 do Código penal, en concurso ideal con tres delitos de lesións por imprudencia grave do artigo 152.1.1 º e 2º do mesmo texto legal . Amais de ás correspondentes penas, o mesmo acusado foi condenado, en concepto de responsabilidade civil, solidariamente coa entidade Helvetia Compañía Suiza, S.A., a indemnizar a Bárbara , a Fenosa e a Alonso nas respectivas cantidades que polo miúdo se detallan e que definitivamente se fixaron na parte dispositiva da sentenza contra a que agora apela unicamente o último dos mencionados. Xa que logo, o recurso de apelación circunscríbese ao apartado relativo á responsabilidade civil a favor de Alonso .

Segundo.-A nulidade de actuacións, por infracción do disposto no artigo 120.3 da Constitución española dada a vulneración do deber de motivación da sentenza, por omisión da valoración da proba practicada, constitúe o primeiro dos motivos da apelación. Porén, ningunha razón ten o recorrente.

A obrigación de motivar as sentenzas e os autos non é só unha obriga imposta aos órganos xudiciais polo artigo 120.3 da Constitución española , senón tamén, e principalmente, un dereito dos intervenientes no proceso, que forma parte do dereito fundamental á tutela xudicial efectiva proclamado polo artigo 24.1 da CE . Este dereito unicamente se satisfai se a resolución xudicial, de modo explícito ou implícito, contén os elementos de xuízo suficientes para que o destinatario e, eventualmente, os órganos encargados de revisar as súas decisións poidan coñecer cales foron os criterios xurídicos que fundamentan a decisión. É polo tanto unha garantía esencial para quen é xulgado, mediante a cal é posible comprobar que a decisión xudicial é consecuencia da aplicación razoada do ordenamento xurídico e non o froito da arbitrariedade. Ou como conclúe, entre outras, a STC 37/2001, do 12 de febreiro , unha sentenza que non dea resposta ás cuestións formuladas no proceso, ou de cuxo contido non se poidan tirar cales son as razóns próximas ou remotas que a xustifican, é unha decisión xudicial que non só viola a lei, senón que vulnera o dereito á tutela xudicial efectiva ( SSTC 13/1987, do 5 de febreiro, FX 3 ; 56/1987, do 14 de maio, FX 3 ; 14/1991, do 28 de xaneiro, FX 2 ; 122/1991, do 3 de xuño, FX 2 ; 165/1993, do 18 de maio, FX 4 ; 122/1994, do 25 de abril, FX 5 ; 5/1995, do 10 de xaneiro, FX 3 ; 115/1996, do 25 de xuño, FX 2 ; 79/1996, do 20 de maio, FX 3 ; 50/1997, do 18 de marzo, FX 4 ; e 139/2000, do 29 de maio , FX 4).

Mais tamén subliña o TC que ao xulgador non se lle pode esixir unha determinada extensión da motivación xurídica, nin un razoamento explícito exhaustivo e pormenorizado de todos os aspectos e perspectivas que as partes poidan ter da cuestión sobre a que se pronuncia a decisión xudicial. De aí que as devanditas sentenzas do TC insistan en que, aínda que o control das decisións xudiciais non debe limitarse a comprobar a existencia de motivación, senón a se a existente é suficiente para considerar satisfeito o dereito constitucional das partes, non debe levarse máis alá da constatación de se as resolución impugnadas (contempladas no conxunto procesual do que forman parte, isto é, no contexto global do proceso) permiten coñecer que a decisión xudicial é froito dunha interpretación e aplicación do ordenamento xurídico recoñecible. Isto esixe valorar as circunstancias concorrentes que singularizan o caso concreto, tanto as que están presentes, implícita ou explicitamente, na propia resolución combatida como as que, non existindo, constan no proceso.

Pois ben, o apelante reflicte no seu recurso as probas documentais, testemuñais, testemuñais-periciais e periciais que solicitou e que constan practicadas no procedemento. E non só se laia de que a maxistrada xuíza a quonon fixese concreta e individualizada mención de cada unha delas na sentenza, senón que en tal ausencia pretende ver unha nulidade da resolución máis que das actuacións, como menciona. E á marxe de que, como vimos, non resulta esixible un razoamento explícito exhaustivo e pormenorizado de todos os aspectos e perspectivas que a parte poida ter da cuestión sobre a que se pronuncia a decisión xudicial, resulta que unha sinxela lectura da sentenza contra a que se apela nos amosa a falta de razón no referido motivo de apelación.

Así, encontramos referencias ao ditame e á intervención no xuízo oral do perito Gerardo , aos testemuños de Rafaela (filla do apelante) e de Porfirio (representante legal de DIRECCION000 , C.B.), aos recibos de desprazamento, manutención e asistencia de terceiras persoas, etc., no ben longo e traballado fundamento de dereito terceiro da sentenza contra a que se apela. Todo isto desmente así toda posible idea de descoñecemento ou voluntaria preterición da proba practicada á solicitude de quen agora impugna. Unha cousa é que non se mencionen polo miúdo todos os medios probatorios dos que a parte se valeu e outra moi distinta é que a ausencia da súa concreta alusión implique que o xulgador non reparase neles. Precisamente, por decatarse do seu resultado para os fins da motivación da resolución, prescindiu a xulgadora a quoda súa invocación, por consideralas probas inocuas, reiterativas doutras do mesmo estilo ou contrarias ás conclusións ás que en conciencia chegou ( artigo 741 da Lei de axuizamento criminal ).

En conclusión rexeitamos a invocada, que non finalmente solicitada, nulidade de actuacións (a nulidade da sentenza, en realidade).

Terceiro.-A infracción do artigo 24.1 da Constitución española , isto é, a vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva, é o segundo dos motivos de apelación. O propio apelante recoñece que se encontra intimamente relacionado co anterior. E tanto é así que se limita a reproducir o seu dereito á obtención dunha resolución xudicial fundada que, segundo el, non logrou pola falla de valoración de toda a proba practicada. Por iso, as mesmas razóns que nos levaron a rexeitar o primeiro dos motivos son aplicables a este segundo e, sen máis, rexeitámolo.

Cuarto.-Ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal alega o apelante o erro na apreciación da proba, con reflexo, neste caso si, na solicitude final do seu recurso e no recoñecemento e incremento da indemnización civil no seu favor. Resultan patentes os esforzos argumentativos verbo deste motivo; porén, non os compartimos.

O apelante Alonso estivo hospitalizado 42 días e precisou para a estabilización das súas lesións 388 días impeditivos para as súas ocupacións habituais. Como secuelas quedáronlle unha tetraparesia funcional de carácter leve sen afectación de esfínteres, un trastorno depresivo reactivo de carácter moderado e unha cicatriz de forma irregular de aproximadamente 6 x 4 cm na parte frontal central. Así o informou o médico forense. E o feito de que a xulgadora a quolle concedese maior credibilidade ao devandito informe médico-forense, pola súa imparcialidade e acreditados coñecementos técnicos, refórzase aínda máis no presente caso porque ninguén impugnou as súas conclusións. Se o médico forense se limitou, como se afirma, a avaliar as secuelas sen entrar noutro tipo de consideracións, razón de máis para que a parte solicitase a ampliación ou aclaración do ditame daquel e máis aínda se, como tamén se insinúa, o forense non puido opinar verbo da suposta grande invalidez do apelante porque non tivo acceso a outras probas que si constaban nas actuacións e se obtiveron no propio xuízo oral.

Polo demais, resulta ben estraño e dificilmente asumible que no correspondente parte de sanidade do médico forense non se fixese a máis mínima alusión ao suposto carácter de grande inválido do apelante, o que en boa lóxica autoriza a concluír que, se non o reflectiu, foi porque considerou tal situación como inexistente. Pero, por maior abastanza, ben se encargou a maxistrada xuíza da instancia de deixar expresa constancia de por que non acollía as solicitudes que agora nesta alzada reitera o recorrente, decisión que nós agora non podemos máis que reproducir.

Os grandes inválidos son as persoas afectadas por secuelas permanentes que requiren a axuda doutras persoas para realizar as actividades máis esenciais da vida diaria, como vestirse, desprazarse, comer ou análogas (tetraplexías, paraplexías, estados de coma víxil ou vexetativos crónicos, importantes secuelas neurolóxicas ou neuropsiquiátricas con graves alteracións mentais ou psíquicas, cegueira completa, etc.). Así se definen no táboa IV, do anexo do Real decreto lexislativo 8/2004, do 29 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos de motor.

Xa dixemos que o médico forense se abstivo de ter o apelante por un grande inválido. O informe do médico Gerardo reflicte que Alonso é autónomo para vestirse e espirse, aínda que cunha grande lentitude e con limitacións para abrochar/desabrochar os botóns e maiores limitacións e lentitude de cintura para abaixo, non sendo capaz de usar calzado con cordóns. E engade este último facultativo que precisa de axuda para acceder á ducha, así como supervisión e axuda para lavar a metade inferior do corpo e para a administración das múltiples menciñas que debe tomar. Así as cousas, con seren importantes as graves limitacións que de por vida lle restan ao lesionado, o certo é que non acadan a categoría de grande invalidez por, fundamentalmente, non precisar doutra persoa para actividades tan esenciais na vida como vestirse (que o pode facer aínda que con lentitude), desprazarse (que pode cun bastón por seguridade, segundo o informe dun centro hospitalario da Coruña), comer (sobre o que ninguén dende o punto de vista médico fixo mención) ou análogas. Amósase así acertada a decisión da xulgadora respecto deste punto.

A indemnización para a adecuación da vivenda (do seu cuarto de baño) tamén foi rexeitada na instancia con evidente siso, xa que, se o desgraciado accidente de circulación ocorreu o 29 de abril de 2006, se presupostaron os traballos o 14 de outubro de 2009 e na data de pronunciamento da sentenza contra a que se apela -o 11 de xaneiro de 2012 - aínda non se arranxou, malia contar o prexudicado co diñeiro adiantado a conta da cantidade pola indemnización final. Xa que logo, non se explica como durante tanto tempo -máis de seis anos- se puido aturar tal situación.

Os prexuízos morais familiares foron rexeitados tanto pola falla de lexitimación do apelante para solicitalos, non o fixo directamente Rafaela -a filla coa que pasou a vivir o recorrente-, como pola falla de demostración da súa existencia. E verbo disto cómpre subliñar que, efectivamente, o apelante tiña daquela 74 anos, vivía coa súa dona que faleceu por mor do accidente, e pasou así a vivir coa súa filla. E, á marxe doutro tipo de consideracións, por ningures consta que esta vise alterada a súa actividade de redeira ou aparelladora de embarcacións na súa propia residencia.

Os gastos por desprazamentos, manutencións de familiares, atención, coidados e rehabilitación non menos acertadamente foron rexeitados. Ao longo do número 4 do fundamento de dereito terceiro da sentenza contra a que se apela, debúllanse polo miúdo toda unha serie de contradicións e suspicacias verbo do reclamado polos devanditos conceptos. A discordancia nas datas dos documentos coas pretendidas necesidades dos correspondentes gastos, o seu pagamento, a distancia xeográfica entre o lugar do desembolso económico e o lugar e o motivo que precisamente deberan dar lugar a el, a xeneralidade e pouca concreción noutros casos, etc., son algúns dos motivos que levaron á xuíza da instancia a desconfiar da súa razón de ser e, en consecuencia, a denegar o seu recoñecemento como tales.

O pagamento dos xuros do artigo 20 da Lei de contrato de seguro non procedía. De todo menos de renitente e inactiva se pode ter a conduta observada pola aseguradora Helvetia Compañía Suíza, S.A. Dentro dos tres meses seguintes ao sinistro automobilístico efectuou a correspondente consignación a prol do agora apelante con expresa solicitude de suficiencia, que non foi atendida nin con tal motivo nin cando seguiu efectuando as restantes consignacións. Deste xeito, antes do informe de sanidade médico-forense, o apelante recibira a conta 54 533,84 € e constaba consignado pola aseguradora no Xulgado, descontadas as entregas a conta, a cantidade de 68 480,78 €. Abonda con remitirnos ás actuacións e aos detalles que sobre o particular se reflicten nos oito últimos parágrafos da sentenza contra a que se apela para confirmar que a aseguradora non puido despregar unha actitude máis dilixente ao longo de todos estes anos; e non se lle pode realizar o máis mínimo reproche verbo da non adxudicación definitiva das sumas económicas que foi facendo ao prexudicado.

Quinto.-En materia de custas, as da primeira instancia impuxéronse ao acusado en catro quintas partes, incluídas as das acusacións particulares, agás a que exercía o agora apelante Alonso . O motivo fundamental foi que formulou unhas solicitudes inviables, para as que carecía nalgún caso de lexitimación.

Fronte aos máis de 650 000 € que solicitaba, obtivo 76 000 €. Tamaña diferenza, á marxe doutras consideracións, dende logo que autorizaba a repensar o en ocasións automatismo da imposición das custas, canto máis cando a súa diferenza estriba en que para a xulgadora a quoforon solicitudes inasumibles, o que, ao fin e ao cabo, ratificamos nesta alzada. Neste sentido, a STS do 12 de decembro de 2011 (ROJ: STS 8580/2011 ) lembra que as custas do acusador particular deben incluírse entre as impostas ao condenado, agás que as súas pretensións fosen manifestamente desproporcionadas, erróneas ou heteroxéneas en relación coas deducidas polo fiscal ou coas recollidas na sentenza, como é o caso. Aínda así, declaramos de oficio as custas que nesta segunda instancia se puidesen xerar.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debemosdesestimar o recurso de apelacióninterposto pola representación procesual de Alonso , contra a sentenza ditada con data do 11 de novembro de 2012, no procedemento abreviado núm. 239/2011, polo Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra , e confirmaresta sentenza, con declaración de oficio das custas desta alzada.

A presente resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial .

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado don José Juan Barreiro Pradodurante a audiencia pública. Dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.