Sentencia Penal Nº 63/201...io de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Penal Nº 63/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 179/2018 de 05 de Junio de 2018

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Penal

Fecha: 05 de Junio de 2018

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 63/2018

Núm. Cendoj: 36038370022018100063

Núm. Ecli: ES:APPO:2018:694

Núm. Roj: SAP PO 694:2018

Resumen:
TENENCIA DE ARMAS SIN LICENCIA O PERMISO

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00063/2018

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36055 41 2 2016 0000569

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000179 /2018-P-

Delito/falta: TENENCIA DE ARMAS SIN LICENCIA O PERMISO

Recurrente: Dimas

Procurador/a: D/Dª PEDRO SANJUAN FERNANDEZ

Abogado/a: D/Dª JESUS SEREN ROSAL

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 63/2018

=================================================== =======

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

=================================================== =======

Pontevedra a, cinco de xuño de dous mil dezaoito.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 179/2018, o recurso de apelación interposto polo procurador don Pedro Sanjuan Fernández, en representación de Dimas , contra a sentenza ditada no procedemento PA: 33/2018 do Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistradodon José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 14-xuño-2017, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

'QUE DEBO CONDENAR Y CONDENOa D. Dimas , como autor criminalmente responsable de unDELITO DE TENENCIAILÍCITA DE ARMAS, a la pena deUN AÑO Y SEIS MESES DE PRISIÓN, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, imponiéndole asimismo la pena dePRIVACIÓN DEL DERECHO A LA TENENCIA Y PORTE DE ARMAS POR TIEMPO DE CUATRO Y SEIS MESES,con imposición de las costas del jucio.

Se decreta el comiso del arma de fuego, a la que se dará el destino legal.'

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

'ÚNICO.-Probado y así se declara que el día 25 de mayo de 2016, el acusado Dimas , mayor de edad y con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, tenía en el dormitorio de su domicilio, sito en el Lugar DIRECCION000 , DIRECCION001 , nº NUM000 de Tomiñó, un revólver marca LLAMA, modelo MARTIAN, calibre 36 Special, con número de identificación NUM001 , cargado con seis cartuchos (munición metálica de percusión central del calibre 38 Special).

El arma intervenida, para la que el acusado carecía de licencia y guía de pertenencia, estaba en buen estado de funcionamiento y conservación, siendo por tanto apta para disparar.'

Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día da data.


Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.


Fundamentos

Primeiro.- O acusado, Dimas , foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de posesión ilícita de armas, previsto e penado nos artigos 564 e 570 do Código penal , en relación cos artigos 3.1ª e 96.2 do Regulamento de armas. Recorre agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. O fiscal oponse a que acollamos a impugnación.

Segundo.- Teima o recorrente na súa alegación de que impugnou o resultado do rexistro practicado no seu domicilio no transcurso do cal se encontrou a arma. E, como na instancia, debemos dicir que, entón, o que se combatía e impugnaba era o resultado do rexistro e non o auto polo que se acordaba este. Mais se, como semella, agora se pretende atacar o auto de entrada e rexistro por basearse única e exclusivamente no resultado de informacións obtidas a través de intervencións telefónicas cuxa autorización por ningures consta, con este particular tampouco podemos estar de acordo. Abonda coa sinxela remisión á lectura do auto do 25 de maio de 2016 (fs. 13 a 28 destas actuacións) para decatarse de que a entrada e rexistro no domicilio de Dimas no lugar DIRECCION000 , número NUM000 , de DIRECCION001 , se baseou na documental achegada ás actuacións, nos dispositivos de vixilancia e seguimentos realizados polos axentes e, tamén, efectivamente, nas intervencións das liñas telefónicas. E estas xa foran autorizadas por outros autos do mesmo Xulgado de Instrución número 2 de Tui, do 15 e do 22 de decembro de 2015 .

Polo demais, a entrada e rexistro na vivenda do agora apelante o 26 de maio de 2016 realizárona os tres axentes da Garda Civil que compareceron ao acto da vista oral realizado na instancia -cos números de carné profesional NUM002 , NUM003 e NUM004 - e coa presenza tanto do letrado da Administración de xustiza como do propio agora apelante (fs. 31 a 34). E no que era o cuarto que este utilizaba para durmir, en concreto, no oco da persiana, encontrouse a arma (un revólver cargado con seis cartuchos).

Terceiro.- O delito de posesión ilícita de armas dos artigos 563 e 564 do Código penal configúrase como unha infracción de pura actividade contra a seguridade interior do Estado, formal e de risco abstracto -xeral ou comunitario-. Neste sentido, a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 29 de xuño de 2017 ROJ:STS 2654/2017- ECLI:ES:TS:2017:2654 indica o seguinte:

La doctrina científica y jurisprudencial considera el delito de tenencia ilícita de armas como un delito permanente, en cuanto la situación antijurídica se inicia desde que el sujeto tiene el arma en su poder y se mantiene hasta que se desprende de ella; como un delito formal, en cuanto no requiere para su consumación resultado material alguno, ni producción de daño, siquiera algún sector doctrinal prefiere hablar al respecto de un delito de peligro comunitario y abstracto, en cuanto el mismo crea un riesgo para un número indeterminado de personas, que exige como elemento objetivo una acción de tenencia (y por ello es calificado también como tipo de tenencia) que consiste en el acto positivo de tener o portar el arma. Como elemento subjetivo atinente a la culpabilidad se exige el 'animus possidendi', esto es, el dolo o conocimiento de que se tiene el arma, pese a la prohibición de la norma ( SSTS. 709/2003 de 14.5 , 201/2006 de 1.3 , 311/2014 de 16.4 ).

Por tanto, es un delito de amplio espectro porque se consuma con distinta gravedad (siempre por la simple detentación independientemente de que se haga o no uso del arma) desde la posesión más o menos intrascendente, sin mayor proyección, hasta constituir un acto de suma gravedad para la paz social dado el número o calidad de las armas, la personalidad del agente o la presumible finalidad que con ella se persigue.

En definitiva, la tenencia de armas, en cuanto al elemento positivo de la conducta descrita en el hecho objetivo, requiere según el verbo rector la simple tenencia del arma, siempre que falten los elementos legitimadores que como elemento negativo señala: licencia o permisos necesarios y en cuanto a la tenencia esta Sala viene señalando -por todas STS. 1348/2004 de 25.11 - que, como toda relación de hecho con una cosa con relevancia jurídica, la tenencia se integra de un 'corpus' consistente en la relación física con el arma ('corpus rem attingere') que no precisa ser material y constante, pues tal elemento radica en la disponibilidad de la misma por el agente o sujeción a su voluntad, por lo que el 'corpus' se da tanto portando o llevando consigo el agente el arma, como manteniéndola guardada en su domicilio u ocultándola en otro lugar, con tal que mantenga aquella disponibilidad o dominio de hecho sobre la misma, y un 'animus', que no precisa consistir en el 'animus rei sibi habendi' en cuanto la tenencia del arma puede ocurrir en situaciones en que el agente no pretenda adquirir su propiedad o incorporarla a su patrimonio, sino que la posea o detente aun reconociendo la propiedad de un tercero sobre tal arma, por lo que la jurisprudencia viene declarando que son suficiente soporte anímico de la tenencia, tanto el 'animus possidendi', como el más inferior 'animus detinendi', siempre que se dé la detentación y disponibilidad propias del 'corpus', excluyendo solamente de la conducta típica los supuestos llamados de 'tenencia fugaz' como serían los de mera detentación a efectos de contemplación o examen, reparación del arma o de simple transmisión a terceros ( STS. 304/2007 de 25.4 ).

O agora apelante teima tamén na alegación de que non mantiña ningunha relación física coa arma, non a tiña á súa disposición, que se estaba alí el non tiña por que sabelo, etc. E que, se ben el residía na vivenda onde se ocupou a arma, só acudía a ela de xeito esporádico, que estivo varias veces na cadea e hospitalizado e, en fin, insinúa que, por ocupar diversas persoas a mesma vivenda, puideron ser estas as que colocaron a arma no lugar e aduce que sobre el non se practicou ningunha proba que demostrase o seu contacto persoal con ela. Mais repárese en que, a teor da xurisprudencia citada, a relación física coa arma non precisa que sexa material e constante, nin que o autor do delito a leve consigo, pois abonda con que a manteña gardada no seu domicilio, como era o caso, e, en concreto, no oco da persiana do propio cuarto en que durmía o agora recorrente, Dimas .

En conclusión, rexeitamos o recurso e confirmamos a sentenza contra a que se apelaba.

Cuarto.- Impoñemos as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación

Fallo

Quedebemos REXEITARo recurso de apelación interposto pola representación procesual de Dimas , contra a sentenza ditada con data do 14-xuño-2017, no procedemento abreviado nº 104/2017, polo Maxistrado Xuíz do Xdo. do Penal nº 1 de Pontevedra, eCONFIRMAR esta sentenza. Impóndolle as custas ao apelante.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial .

Notifíqueselle a presente sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade con art. 851.1 da Lei de axuizamento criminal , cabe interpor un recurso de casación, que debe prepararse mediante un escrito autorizado por avogado/a e procurador/a, presentado perante este Tribunal dentro dos dez días seguintes á última notificación, e que deberá conter os requisitos esixidos no art. 856 da Lei de axuizamento criminal .

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistradodon José Juan Barreiro Pradodurante a audiencia pública. Dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.