Última revisión
08/04/2025
Sentencia Social 531/2024 Juzgado de lo Social de Vigo nº 6, Rec. 817/2023 de 20 de diciembre del 2024
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 14 min
Orden: Social
Fecha: 20 de Diciembre de 2024
Tribunal: Juzgado de lo Social nº 6
Ponente: ALEJANDRO COUSELO BARRIO
Nº de sentencia: 531/2024
Núm. Cendoj: 36057440062024100023
Núm. Ecli: ES:JSO:2024:2861
Núm. Roj: SJSO 2861:2024
Encabezamiento
SENTENCIA: 00531/2024
RÚA PADRE FEIJOO NÚM. 1 ANDAR 16 36204-VIGO
Equipo/usuario: LH
Vigo, 20 de decembro do 2024.
Visto e oído por min, Alejandro Couselo Barrio, Maxistrado Xuíz do Xulgado do Social nº 6 de Vigo, o procedemento nº 817/2023 deste xulgado, cuxo obxecto o constitúe unha reclamación de cantidade, pronuncio a presente sentenza. Foron partes no procedemento:
1.- demandante: Alejandra, que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendida polo Avogado don Francisco Javier Abalde Iturbe.
2.- demandados: Bordartres S.L. e a súa Administración concursal Hugo que non compareceron no procedemento no seu propio nome e interese; Fondo de Garantía Salarial, que non compareceu no procedemento no seu propio nome e interese.
Antecedentes
Non compareceron as demandadas.
Foi proposta e practicada a proba de documental e a demandante concluíu coma tivo por convinte.
Hechos
A traballadora presta os seus servizos cunha redución da xornada do 12,5 %, 35 horas semanais.
A demandante percibía un salario bruto mensual, incluído o rateo das pagas extras, por importe de 1.464,99 euros para a xornada completa (interrogatorio da parte demandada, feitos declarados probados na sentenza firme ditada no proceso de despedimento nº 176/2024 do Xulgado do Social nº 4 de Vigo).
Fundamentos
A primeira precisión que debemos facer atinxe á pretensión de recoñecemento de clasificación profesional. Entre as partes seguiuse un proceso de despedimento no que foi ditada sentenza, agora firme, na data 16/05/2024.
Malia indicárense nesta sentenza da que tratamos a existencia do presente procedemento e aludir ó instituto da litispendencia, o certo é que é un presuposto indispensable para resolver verbo da pretensión de declaración do despedimento coma improcedente a resolución verbo da categoría da traballadora e o seu salario, porque tales conceptos son esenciais e determinantes tanto á hora de determinar a propia improcedencia (porque a estimación dunha categoria ou salario distintos implicarían unha determinación defectuosa da indemnización recoñecida, ó que, á súa vez conduciría á declaración de improcedencia) e á hora do cálculo da indemnización para o caso de que, coma xa indicamos, o despedimento fora declarado improcedente.
Pois ben, tendo en conta o que antecede, o certo é que, malia coma xa dixemos, aludir á litispendencia, na sentenza citada determinanse expresamente tanto unha categoría coma un salario e, con base a esta determinación se decide a improcedencia do despedimento.
Parécenos evidente que se resolveu nesta sentenza sobre estas dúas cuestións, categoría e salario nun proceso seguido entre as mesmas partes, o que implica que neste procedemento do que tratamos, debamos aplicar o instituto da cousa xulgada.
Tal coma argumenta a sentenza do Tribunal Supremo do 17/10/2013: "2. El recurso no debe prosperar porque la doctrina ajustada a derecho se contiene en la sentencia impugnada. Partiendo sin duda de la doctrina que esta Sala ya consideró unificada desde antiguo (ATS 14-1-1999 ) cuando admitió que "
Según se desprende del art. 400.2 LEC
Y, desde luego, como ya hemos adelantado, en contra de lo que al respecto decía erróneamente la sentencia referencial, de la misma forma que no hubo acumulación indebida en el proceso inicial de despido, en el que el aquí demandante ya articuló simultáneamente su pretensión sobre cesión ilegal (posibilidad perfectamente reconocida también por esta Sala: STS 14-10- 2009, R. 217/09
Xaquelogo, non podemos variar neste procedemento nin a categoría da traballadora nin o salario que lle correspondía.
Á vista do contido do escrito de concreción de cantidades demandadas, axeitado ó contido da sentenza de despedimento que vimos de citar, compre estimarmos a demanda na cantidade total de 4.306,21 euros, dos que 484,34 euros se corresponden co plus de absentimo do segundo trimestre do 2022, 935,02 euros en concepto de pagar extraordinaria de decembro do 2022, 440 euros en concepto de plus de incentivos do ano 2023, 509,29 euros en concepto de plus de absentismo do primeiro semestre do 2023, 963,53 euros correspondentes á paga de convenio e 974,03 euros correspondentes á paga extraordinaria do mes de xullo do 2023.
Dado que a empresa non probou o seu pagamento, coma lle atinxía a teor do contido do artigo 217 da Lei de Axuízamento civil, debe ser condenada ó pago.
Dado que estas cantidades constitúen salario, devengarán xuros moratorios liquidados ó tipo do 10 % anual.
A Administración concursal deberá estar e pasar polo contido desta resolución.
No que atinxe ó Fogasa, compre absolvérmolo, sen prexuízo das súas responsabilidades subsidiarias consonte ó artigo 33 do Estatuto dos Traballadores.
Fallo
ACOLLO a demanda presentada por Alejandra contra Bordartres S.L., o Administrador concursal Hugo e o Fondo de Garantía Salarial.
CONDENO a Bordartres S.L. a facerlle pagamento á demandante da cantidade de 4.306,21 euros, mailos xuros da mesma liquidados ó tipo do 10 %.
A Administración concursal deberá estar e pasar polo contido desta resolución.
ABSOLVO ó Fogasa.
Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra a mesma cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Así, por esta a miña Sentenza, pronúncioo, mando e asino.
