Sentencia Social 215/2024...o del 2024

Última revisión
11/12/2024

Sentencia Social 215/2024 Juzgado de lo Social de Vigo nº 6, Rec. 227/2024 de 28 de mayo del 2024

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 24 min

Orden: Social

Fecha: 28 de Mayo de 2024

Tribunal: Juzgado de lo Social nº 6

Ponente: ALEJANDRO COUSELO BARRIO

Nº de sentencia: 215/2024

Núm. Cendoj: 36057440062024100010

Núm. Ecli: ES:JSO:2024:1181

Núm. Roj: SJSO 1181:2024

Resumen:
ORDINARIO

Encabezamiento

XDO. DO SOCIAL N. 6

VIGO

SENTENCIA: 00215/2024

RÚA PADRE FEIJOO NÚM. 1 ANDAR 16 36204-VIGO

Tfno:886218430-218952-53 Correo Electrónico:social6.vigo@xustiza.gal

Equipo/usuario: LH

NIG:36057 44 4 2024 0001584

PEF DCHO CONCILIA VIDA PERSONAL,FAM Y LABORAL 0000227 /2024

DEMANDANTE/S D/ña: Marí Luz

ABOGADO/A:PATRICIA MARIÑO RODRIGUEZ

DEMANDADO/S D/ña:AIRPORT FOOD OUTLETS, S.L.

ABOGADO/A:ITZIAR RUEDAS RETUERTO

SENTENZA

Vigo, 28 de maio do 2024.

Visto e oído por min, Alejandro Couselo Barrio, Maxistrado Xuíz do Xulgado do Social nº 6 de Vigo, o procedemento número 227/2024 do Xulgado do Social nº 6 de Vigo dos que se seguen nese xulgado, cuxo obxecto o constitúe unha acción de reclamación contra a vulneración do dereito á conciliación da vida laboral e familiar e acumulada de vulneración de dereitos fundamentais, pronuncio esta sentenza.

Foron partes no procedemento:

1.- demandante: Marí Luz, que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendida pola Avogada dona Patricia Mariño Rodriguez.

2.- demandada: Airport Foods Outlet S.L.. que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendida pola Avogada Dona Itziar Ruedas Retuerto.

3.- O Ministerio Fiscal, que non compareceu no procedemento no seu propio nome e interese.

Antecedentes

PRIMEIRO.-O día 5 de marzo do 2024 a parte demandante presentou no Decanato dos Xulgados do Partido Xudicial de Vigo demanda. Na mesma, logo de expor os feitos e os fundamentos de dereito que tivo a ben, solicitou que se ditase unha sentenza na que se declarara que, consonte ó contido do artigo 34.8 do Estatuto dos Traballadores, a traballadora ten dereito á axeita-la xornada do xeito no que solicita, consistente na prestación de servizos 35 horas semanais nunha quenda fixa de mañá de luns a venres.

Solicitou, asemade, que se lle indemnizara na cantidade de 3.000 euros polos danos morais padecidos por causa da vulneración dos seus dereitos fundamentais.

SEGUNDO.-A demanda foi admitida a trámite e se convocou ás partes a xuízo, que tivo lugar o día 27/05/2024, co resultado que consta na acta.

Compareceron todas as partes do procedemento, agás o Ministerio Fiscal que presentou escrito indicando que non consideraba precisa a súa asistencia.

No acto do xuízo practicouse a proba documental, e todas partes comparecidas concluíron como tiveron a ben sobre o resultado das probas practicadas.

Hechos

PRIMERO.-A demandante, Dona Marí Luz con DNI NUM000 ven prestando os seus servizos para a empresa demandada cunha antiguidade do 08/07/2015 por causa dun contrato de traballo indefinido e unha categoría de Camareira.

A traballadora percibe unha remuneración mensual bruta, incluído o rateo das pagas extras, por importe de 1.523,53 euros.

A traballadora veu recoñecida pola empresa na data 27/05/2022 unha solicitude de redución da xornada a 35 horas semanais dende o 01/06/2022 nunha quenda de maña de luns a domingo (feitos non controvertidos, documentación achegada pola demandada no acto da vista).

SEGUNDO.-A traballadora solicitou da empresa demandada por escrito de data 06/02/2024 o seguinte:

"Mediante la presente solicito una vez emitida alta médica a partir del 6 de febreiro de 2024, la continuación de reducción por guarda legal de 35 horas semanales con la siguiente concrección horaria: 35 horas semanales de lunes a viernes en turno fijo de mañana".

A empresa demandada contestou á traballadora por medio de escrito datado o 06/02/2024 no que indicaba:

"acusamos recibo de su escrito de hoy 06 de febrero de 2024, en el que solicita la continuación de su guarda legal de 35 horas semanales con la siguiente concreción horaria. 35 horas semanales de lunes a viernes en turno fijo de mañana.

En cuanto a la concreción horaria que usted solicita en horario de fijo de mañana, de lunes a viernes, le comunicamos que, tal y como establece el artículo 37.7 del TRLET, la concreción horaria deberá estar comprendida DENTRO DE SU JORNADA ORDINARIA.

Como usted bien sabe, su jornada ordinaria está establecida desde el pasado 01 de marzo de 2020, en turno fijo de mañana de lunes a domingo (según el acuerdo de aceptación de su anterior empresa).

Posteriormente, según acuerdo del 27 de mayo de 2022, usted se acogió a una reducción de jornada de 35 horas por Guarda Legal, a partir del 01 de junio de 2022, aplicando a esa reducción de una hora diaria, de acuerdo a la concesión de conciliación de fecha 01/03/2020, en la que se estableció una jornada ordinaria, en turno fijo de mañana de lunes a domingo.

Tal como indica la última STS 983/2023, de 21 de noviembre, que unifica doctrina en materia del derecho de los trabajadores a la reducción de jornada por guarda legal, concluye que la reducción no puede implicar una modificación unilateral del sistema de trabajo a turnos ni alterar la jornada ordinaria.

Es por ello que, a partir de mañana, fecha en la que reiniciará su actividad, deberá continuar c on su jornada ordinaria, con la reducción a 35 horas semanales, en 5 jornadas diarias de 7horas, en turno fijo de mañana, de lunes a domingo con descansos rotativos, como tiene pactado".

TERCEIRO.-A traballadora demandante ten establecido un réxime de visitas en relación co seu fillo dende o ano 2017. O fillo da demandada ten recoñecida unha discapacidade do 99 %.

No réxime de visitas determínase que pai do menor poderá estar na compaña deste tres tardes á semana e todos os sábados dende as 11:00 ás 21:00 horas (sentenza de divorcio, feito non controvertido).

Fundamentos

PRIMERO.-Compre termos en conta que os feitos declarados probados xorden fundamentalmente do contido dos documentos achegados ó procedemento por ambas partes, documentos cuxa autenticidade non foi impugnada, coa consecuencia que, para esta circunstancia, determinan os artigos 319 e 326 da Lei de Axuízamento civil.

SEGUNDO.-A primeira precisión que debemos facer atinxe á caste de petición realizada pola traballadora á empresa demandada, petición cuxa denegación motiva o presente procedemento.

Dicimos isto porque, tal coma se desprende do contido do Estatuto dos Traballadores, os traballadores contan con varias posibilidades para concilia-la súa vida laboral e familiar. Unha delas é o dereito e posibilidade que establece o artigo 34.8 do devandito texto legal para "solicitar las adaptaciones de la duración y distribución de la jornada de trabajo, en la ordenación del tiempo de trabajo y en la forma de prestación, incluida la prestación de su trabajo a distancia, para hacer efectivo su derecho a la conciliación de la vida familiar y laboral".

A segunda son as diversas posibilidades que contempla o artigo 37 do ET, e, polo que agora interesa, concretamente o parágrafo 6 do devandito precepto, que recoñece o dereito da traballadora á redución da xornada por garda legal.

Ambos instrumentos de conciliación son distintos, porque se ben o primeiro dos que aludimos parte da base de que a adaptación que se adopte teña en conta tanto os intereses da persoa traballadora coma da empresa, e se adopte no seo dunha negociación, o segundo dos devanditos instrumentos configúrase coma un dereito da persoa traballadora que decide, cos límites que recolle o devandito precepto, tanto a amplitude da redución coma a concreción da mesma dentro da súa xornada ordinaria.

A diferenza, xa que logo, é esencial porque o dereito do artigo 37.6) e 7) do ET implica que é o traballador o que decide dentro dos límites legais sen que a empresa, dentro destes límites, poida oporlle atranco algún, mentres que no caso do artigo 34.8 do ET, o traballador só ten a expectativa da adaptación negociada no caso de que fora posible e tendo en conta tanto os intereses do traballador coma os da empresa.

Pois ben, no presente caso a traballadora non indentifica na súa comunicación cál das dúas figuras está a exercer, polo que non podemos dar por suposto, coma fai a demanda, que está a exercitar a solicitude de adaptación da xornada que se contén no artigo 34.8 do ET e que impugna, entre outras razóns, por non ter seguido a empresa o proceso negociador que impón necesariamente o devandito artigo 34.8 do ET.

Se nos atemos á dición do escrito da traballadora de data 06/02/2024, o que literalmente solicita a traballadora é "la continuación de la reducción por guarda legal de 35 horas semanales con la siguiente concrección horaria".

Tal dición se axusta ó contido e expresións empregadas no artigo 37. 6) e 7) do ET, porque a traballadora confirma unha reducción horaria dunha hora ( artigo 35.6) do ET) e indica a concreción da mesma ( inciso primeiro do artigo 37.7) do ET) , empregando precisamente as verbas que empregan os preceptos citados: redución e concreción.

Porén, o fai obviando a precisión do artigo 37.7) do ET de que a concreción débese facer dentro da xornada ordinaria, porque muda a xornada que viña facendo de luns a domingo por outra de luns a venres.

A conclusión é que a traballadora non lle solicitou á empresa unha adaptación da xornada ó abeiro do contido do artigo 34.8 do ET, senón unha redución da xornada con concreción horaria do artigo 37.6) e 7) do ET, pero o fixo sen cinguirse á súa xornada ordinaria.

Polo tanto, non procede estimarmo-la pretensión principal da demanda.

TERCEIRO.-Alega a traballadora a vulneración dos seus dereito fundamentais e reclama unha indemnización por importe de 3000 euros.

Para resolvermos a cuestión é preciso atendermos a varios parámetros, o primeiro deles a xurisprudencia do Tribunal Constitucional, que argumenta na súa sentenza do 20/10/2008, recurso 2899/2006, o seguinte:

"Tratándose de la tutela frente a actos lesivos de derechos fundamentales, hemos subrayado de forma reiterada la importancia que en relación con la misma tiene la regla de la distribución de la carga de la prueba. Con objeto de precisar con nitidez los criterios aplicables en materia probatoria cuando están en juego posibles vulneraciones de derechos fundamentales en el ámbito de las relaciones laborales resulta oportuno remitirse a lo señalado en nuestra STC 87/2004, de 10 de mayo (FJ 2). Decíamos allí, sistematizando y resumiendo nuestra reiterada doctrina anterior, que la necesidad de garantizar que los derechos fundamentales del trabajador no sean desconocidos por el empresario bajo la cobertura formal del ejercicio por parte de éste de los derechos y facultades reconocidos por las normas laborales para organizar las prestaciones de trabajo, pasa por considerar la especial dificultad que en no pocas ocasiones ofrece la operación de desvelar en los procedimientos judiciales correspondientes la lesión constitucional, encubierta tras la legalidad sólo aparente del acto empresarial. Una necesidad tanto más fuerte cuanto mayor es el margen de discrecionalidad con que operan en el contrato de trabajo las facultades organizativas y disciplinarias del empleador. Precisamente la prevalencia de los derechos fundamentales del trabajador y las especiales dificultades probatorias de su vulneración en aquellos casos, constituyen las premisas bajo las que la jurisprudencia constitucional ha venido aplicando la específica distribución de la carga de la prueba en las relaciones de trabajo, hoy recogida en los arts. 96 y 179.2 de la Ley de procedimiento laboral (LPL ).

La finalidad de la prueba indiciaria no es sino la de evitar que la imposibilidad de revelar los verdaderos motivos del acto empresarial impida declarar que éste resulta lesivo del derecho fundamental ( STC 38/1981, de 23 de noviembre , FFJJ 2 y 3), finalidad en torno a la cual se articula el doble elemento de la prueba indiciaria. El primero, la necesidad por parte del trabajador de aportar un indicio razonable de que el acto empresarial lesiona su derecho fundamental ( STC 38/1986, de 21 de marzo , FJ 2), principio de prueba dirigido a poner de manifiesto, en su caso, el motivo oculto de aquél; un indicio que, como ha venido poniendo de relieve la jurisprudencia de este Tribunal, no consiste en la mera alegación de la vulneración constitucional, sino que debe permitir deducir la posibilidad de que aquélla se haya producido (así, SSTC 114/1989, de 22 de junio, FJ 5 , y 85/1995, de 6 de junio , FJ 4). Sólo una vez cubierto este primer e inexcusable presupuesto puede hacerse recaer sobre la parte demandada la carga de probar que su actuación tiene causas reales absolutamente extrañas a la pretendida vulneración de derechos fundamentales, así como que aquéllas tuvieron entidad suficiente como para adoptar la decisión, único medio de destruir la apariencia lesiva creada por los indicios. Se trata de una auténtica carga probatoria y no de un mero intento de negar la vulneración de derechos fundamentales - lo que claramente dejaría inoperante la finalidad de la prueba indiciaria ( STC 114/1989, de 22 de junio , FJ 4)-, que debe llevar a la convicción del juzgador que tales causas han sido las únicas que han motivado la decisión empresarial, de forma que ésta se hubiera producido verosímilmente en cualquier caso y al margen de todo propósito vulnerador de derechos fundamentales. Se trata, en definitiva, de que el empleador acredite que tales causas explican objetiva, razonable y proporcionadamente por sí mismas su decisión, eliminando toda sospecha de que aquélla ocultó la lesión de un derecho fundamental del trabajador ( SSTC 38/1981, de 23 de noviembre, FJ 3 , y 136/1996, de 23 de julio , FJ 6, por ejemplo)".

Precisa, pola súa banda, a sentenza do Tribunal Constitucional de 22/06/1989, recurso nº 661/1987, que:

" La exigencia es probatoria, consiste para el empresario en una verdadera carga probatoria, y no en un mero intento probatorio. Por lo mismo, ha de llevar al ánimo del juzgador no la duda, sino la convicción de que el despido fue absolutamente extraño a todo propósito discriminatorio. Y esto ha de ser así en uno u otro aspecto, porque de otro modo, si bastaran el mero intento probatorio y la simple duda en el juzgador, el encubrimiento empresarial del despido discriminatorio sería tan fácil como inoperantes, por falta de adecuada y suficiente protección, los derechos fundamentales acogidos en los arts. 14. 16 y 28.1 de la Constitución en su proyección laboral".

Recollendo esta xurisprudencia do Tribunal Constitucional, o Tribunal Supremo en relación coa pretensión de nulidade do despedimento e a articulación da carga da proba nestes supostos, argumenta, tal como se reflicte na súa sentenza de data 14 de febreiro do ano 2012:

"- Sin embargo, y esto es lo determinante, para que opere este desplazamiento al empresario del onus probandi no basta simplemente con que el trabajador afirme su carácter discriminatorio [ STC 266/1993, de 20/Septiembre , F. 2), sino que ha de acreditar la existencia de indicio que «debe permitir deducir la posibilidad de que aquélla [la vulneración constitucional] se haya producido» ( SSTC 114/1989, de 22/Junio , F. 5 ; 85/1995, de 06/Junio , F. 4 ; 144/2005, de 06/Junio, F. 3 ; y 171/2005, de 20/Junio , F. 3), que genere una razonable sospecha, apariencia o presunción en favor de semejante afirmación; es necesario que por parte del actor se aporte una «prueba verosímil» ( STC 207/2001, de 22/Octubre , F. 5) o «principio de prueba» revelador de la existencia de un panorama discriminatorio general o de hechos de los que surja la sospecha vehemente de una discriminación por razón de sexo, sin que sea suficiente la mera afirmación de la discriminación (por todas, SSTC 308/2000, de 18/Diciembre , F. 3 ; 41/2002, de 25/Febrero , F. 3 ; 17/2003, de 30/Enero, F. 3 ; 98/2003, de 02/Junio , F. 2 ; 188/2004, de 02/Noviembre, F. 4 ; 38/2005, de 28/Febrero, F. 3 ; 175/2005, de 04/Julio, F. 4 ; 326/2005, de 12/Diciembre, F. 6 ; 138/2006, de 08/Mayo, F. 5 ; 168/2006, de 05/Junio, F. 4 ; 342/2006, de 11/Diciembre, F. 4 ; y 74/2008, de 23/Junio F. 2).

Además, ese indicio no consiste en la mera alegación de la vulneración constitucional, sino que debe permitir deducir la posibilidad de la lesión ( SSTC 21/1992, de 14/Febrero, F. 3 ; 266/1993, de 20/Septiembre , F. 2 ;87/1998, de 21/Abril ; 293/1993, de 18/Octubre ; 140/1999, de 22/Julio ; 29/2000, de 31/Enero ; 308/2000, de 18/Diciembre, F. 3 ; 136/2001, de 18/Junio ; 142/2001, de 18/Junio, F. 5 ; 207/2001, de 22/Octubre ; 214/2001, de 29/Octubre ; 14/2002, de 28/Enero , F. 4 ; 29/2002, de 11/Febrero , F. 5 ; 30/2002, de 11/Febrero , F. 5 ; 41/2002, de 25/Febrero, F. 3 ; 48/2002, de 25/Febrero F. 5 ; 84/2002, de 22/Abril F. 3, 4 y 5 ; 5/2003, de 20/Enero ; 617/2003, de 30/Enero ; 151/2004, de 20/Septiembre ; y 326/2005, de 12/Diciembre , F. 6). Y «tendrán aptitud probatoria tanto los hechos que sean claramente indicativos de la probabilidad de la lesión del derecho sustantivo, como aquellos que, pese a no generar una conexión tan patente y resultar por tanto más fácilmente neutralizables, sean sin embargo de entidad suficiente para abrir razonablemente la hipótesis de la vulneración del derecho fundamental. Esto es, dicho en otras palabras, son admisibles diversos resultados de intensidad en la aportación de la prueba que concierne a la parte actora, pero deberá superarse inexcusablemente el umbral mínimo de aquella conexión necesaria, pues de otro modo, si se funda la demanda en alegaciones meramente retóricas o falta la acreditación de elementos cardinales para que la conexión misma pueda distinguirse, haciendo verosímil la inferencia, no se podrá pretender el desplazamiento del onus probandi al demandado» ( ATC 89/2000, de 21/Marzo ; y SSTC 17/2003, de 30/Enero ; y 151/2004, de 20/Septiembre ). No obstante, el indicio ha de ser acreditado por hechos indicativos de la probabilidad de la lesión o la razonable hipótesis de ella, pero no simples alegaciones retóricas ( SSTC 111/2003, de 16/Junio , F. 4 ; 79/2004, de 5/Mayo, F. 3 ; y 168/2006, de 05/Junio".

No presente caso non se aprecia a existencia de tales indicios. A empresa cinguíuse a contestar a pretensión da traballadora, formulada fora dos límites que lle permitía o artigo 37.6) e 7) do ET facéndolle advertencia do exceso en relación cos devanditos límites nunha análise da legalidade ordinaria.

A conclusión é que existe simplemente unha denegación por razóns legais a unha pretensión que non constitúe un dereito absoluto da traballadora, senón que ten límites que non foron respectados pola traballadora na súa petición, polo que debe ser desbotada a pretensión de declaración da existencia de vulneración de dereito fundamental e indemnización conseguinte.

CUARTO.-Contra esta resolución cabe interpor recurso á vista da existencia de pretensión de declaración de vulneración de dereitos fundamentais.

DAQUELA

Fallo

DESESTIMO a demanda presentada por Marí Luz contra Airport Foods Outlets S.L., á que ABSOLVO das pretensións formuladas contra dela.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra a mesma poderán interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no que atinxe ó pronunciamento verbo da vulneración de dereitos fundamentais, recurso que poderán anunciar por comparecencia ou por escrito diante deste Xulgado no prazo de cinco días a partires da notificación da presente resolución.

Así por esta sentenza o pronuncio, mando e asino.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.