Convenio Colectivo de Empresa de HIJOS DE RIVERA, S.A. (90016242012007) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
15/09/2003

Convenio Colectivo de Empresa de HIJOS DE RIVERA, S.A. (90016242012007) de Galicia

Tiempo de lectura: 40 min

Tiempo de lectura: 40 min

Resolución do 14 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S. A. (Diario Oficial de Galicia num. 173 de 05/09/2003)

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

2. Ademais dos salarios que se especifican na táboa que antecede, os traballadores percibirán as pagas extraordinarias e demais complementos que se refiren nos artigos seguintes deste convenio.

3. Complemento de productividade. Co fin de ir introducindo fórmulas de retribución variable vinculadas a resultados, para os anos 2004 e 2005 establécese un complemento anual para as distintas categorías profesionais, o importe do cal, para o primeiro ano (2004) , aparece recollido no anexo III. No caso de que o IPC do ano 2003 for superior ó 2,5%, estas contías actualizaranse coa dita diferencia.

Faise constar que as contías referidas son o resultado de aplica-lo 0,5% sobre os conceptos anuais de salario base, complemento convenio, complemento de asistencia teórico anual, festividade da patroa e bolsa de vacacións, establecidas para 2003.

Para o ano 2005, as cantidades actualizaranse conforme o establecido no artigo 6º.

No marco de cada negociación colectiva, a dirección e o comité de empresa acordarán os criterios para fixar esta retribución variable, tanto na súa contía como nos índices aplicables (productividade, resultados, plans de mellora ou os que se consideren oportunos) .

Este complemento percibirase en febreiro do exercicio seguinte ó do devengo.

Sección segunda Complementos salariais

Artigo 13º.-Complemento de convenio. Establécese un complemento de convenio sobre os salarios do artigo anterior, que para o ano 2003 será de 224,95 euros mensuais, sen distinción de categorías profesionais. Este complemento terase en conta para tódalas pagas extraordinarias, pero non para efectos de antigüidade e horas extras.

Artigo 14º.-Complemento de antigüidade. Os traballadores fixos desfrutarán dos bienios que lles correspondan en razón da súa antigüidade na empresa, ata un límite de doce bienios, computándose os seus anos de servicio desde a data de ingreso na cadro de persoal fixo da empresa.

O importe da antigüidade calcularase sobre as retribucións consignadas na táboa de antigüidade, (anexo I) e aboaráselle ós interesados consonte a categoría de cada un, sen perde-la antigüidade por ascenso dunha categoría a outra, pasándose a paga-la totalidade desta sobre o soldo de referencia da nova.

1. Ó persoal que permanecía de alta antes da sinatura do presente convenio, repéctanselle os dereitos que posuía con respecto a este complemento de antigüidade, sendo de aplicación :

a) Porcentaxe dos bienios: 1º Os bienios cumpridos ata o 31-12-2000 serán do 5%.

2º Os bienios cumpridos a partir do 1-1-2001 serán do 4%.

b) Ó persoal que xa posúe antigüidade respéctaselle-la cantidade consolidada, á que se irán sumando os novos bienios co seu novo valor, ata cumpri-los doce.

2. Acórdase en troca de continuar fomentado a estabilidade no emprego (conforme o establecido no artigo 33º do presente convenio) e do incremento resultante pola aplicación das novas táboas salariais, modifica-lo concepto de antigüidade para o persoal que ingrese na empresa a partir da sinatura do presente convenio (20 de xuño de 2003) , que sufrirá as seguintes modificacións:

a) Porcentaxe dos bienios: Os bienios cumpridos desde a data de sinatura do presente convenio serán do 2%, ata o límite xa mencionado de 12 bienios.

Así mesmo, en compensación polo cambio de sistema, establécese unha paga para cada categoría profesional, que aparece recollida no anexo IV.

3. Garantía de actualización: acórdase que tanto a táboa de antigüidade como a paga á que se refire o punto 2, parágrafo segundo da alínea a) deste artigo se actualizarán anualmente na mesma porcentaxe que o IPC real do ano anterior, salvo que as partes negociadoras acorden outra cousa. Esta garantía comezarase a aplicar a partir do 1 de xaneiro de 2002.

4. As percepcións dos complementos establecidos nos puntos 1 e 2 serán incompatibles entre si.

Artigo 15º.-Complemento de asistencia. Co fin de mellora-lo economía do persoal comprendido neste convenio, así como para estimula-lo no cumprimento dos seus deberes, establécese un complemento de asistencia que para 2003 será de 5,99 euros por cada día traballado, laborable ou non laborable, para tódolos traballadores calquera que for a súa categoría.

Artigo 16º.-Limitacións ó complemento de asistencia. O complemento de asistencia devengarase polos días efectivamente traballados, sexan laborables ou non. Tendo en conta que o complemento antes citado terá carácter de estímulo á asistencia e puntualidade, sen prexuízo da sanción regulamentaria que corresponda, poderá ser suprimido e, por tanto, deixará de percibirse os días que o productor cometa faltas de asistencia temporal ó traballo, e tamén nos casos de falta reiterada de puntualidade ou abandono de traballo. A determinación da reiteración e o número de días de privación do referido complemento por falta de puntualidade ou abandono de traballo farase a través de expediente, no que deberá constar necesariamente o informe do comité de empresa.

Artigo 17º.-Pagas extraordinarias. Ademais das pagas extraordinarias establecidas regulamentariamente en xullo e decembro, o persoal percibirá nos meses de maio e outubro de cada ano unha gratificación extraordinaria polo importe dunha mensualidade ou a parte proporcional que lle corresponde se o persoal é de novo ingreso ou cesa antes de termina-lo ano.

O persoal que presta servicio por horas, xornada reducida ou quenda de traballo, terá dereito a iguais gratificacións, na parte que lle corresponda, polos salarios percibidos.

Estas gratificacións calcularanse sobre o salario base máis os complementos de convenio e antigüidade previstos nos artigos 12º, 13º e 14º que anteceden.

As dúas pagas extraordinarias anteriores e as establecidas regulamentariamente devengaranse por sextas partes mensuais nos períodos seguintes:

a) A paga de maio devengarase desde o 1 de novembro anterior ó 30 de abril, ambos inclusive. Farase efectiva o 5 de maioou oseguinte hábil se este coincide en festivo.

b) A paga de xullo devengarase desde o 1 de xaneiro anterior ó 30 de xuño, ambos inclusive. Farase efectiva o 15 de xullo ou o seguinte hábil, se este coincide en festivo.

c) A paga de outubro devengarase desde o 1 de maio anterior ó 31 de outubro, ambos inclusive. Farase efectiva o 5 de outubro ou o seguinte hábil, se este coincide en festivo.

d) A paga de Nadal devengarase desde o 1 de xullo anterior ó 31 de decembro, ambos inclusive. Farase efectiva o 20 de decembro ou o seguinte hábil, se este coincide en festivo.

As fraccións de mes traballadas computaranse como meses completos para efectos do seu devengo.

Artigo 18º.-Gratificación por asistencia e productividade extraordinaria.

O persoal en activo que durante os tres meses anteriores non causase baixa na empresa por causa ningunha, percibirá no mes de setembro de cada ano unha gratificación extraordinaria por asistencia e productividade, con independencia do complemento regulado nos artigos 14º e 15º que anteceden. Farase efectiva o 15 de setembro ou o seguinte hábil se este coincide en festivo.

A dita gratificación será igual a unha mensualidade, calculada sobre o salario base, máis os complementos de convenio e antigüidade, previstos nos artigos 12º, 13º e 14º deste convenio.

Exceptúase do requisito esixido no parágrafo primeiro deste artigo o persoal que fose baixa por causa de accidente laboral ou desfrute vacacións ou licencias autorizadas pola dirección da empresa, que, non obstante, terá dereito en tal caso á gratificación por asistencia e productividade extraordinaria. Para tódolos demais casos, acórdase que o aboamento mínimo será do 75% do valor desta gratificación.

Artigo 19º.-Traballos en festivos. O persoal que por imperativos da producción traballe en día festivo desfrutará o seu descanso en día labo rable e, ademais, en compensación, percibirá un complemento o importe do cal será o 150% do seu salario base e complemento de antigüidade diarios, previstos nos artigos 12º e 14º que anteceden, correspondentes á súa categoría laboral ou á superior que estivese desempeñando.

Para o persoal que traballe na quenda de noite os días 24 e 31 de decembro, así como os días (as tres quendas) de Nadal e Ano Novo, percibirá en compensación 50 euros por xornada. Esta contía actualizarase en 2004 e 2005 na mesma porcentaxe establecida no artigo 6º.

Artigo 20º.-Complemento de traballo nocturno.

1. O persoal que traballe entre as vintedúas e as seis horas percibirá un suplemento por traballo nocturno equivalente ó 35% do complemento convenio e salario base establecido en convenio para a súa categoría laboral ou a superior que estivese desempeñando.

2. Hai que distingui-los seguintes supostos: 2.1. Quen traballe dentro do período indicado polo tempo que non exceda de catro horas percibirá o complemento soamente sobre as horas traballadas entre as vintedúas e as seis.

2.2. Se as horas traballadas no período nocturno exceden de catro, o complemento que se establece percibirase polo total da xornada realizada.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias. O persoal da empresa realizará as horas extraordinarias necesarias, a xuízo da dirección da empresa, sempre que o número delas non excedan os límites legais.

Isto non obstante, ante a grave situación de paro existente, e co obxecto de favorece-la creación de emprego, ámbalas partes acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias consonte os seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias habituais: supresión 2. Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios ou urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas: realización

3. Horas extraordinarias por pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza de que se trate: mantemento, sempre que non caiba a utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas na lei.

O traballador poderá optar entre cobra-las horas extraordinarias na contía que no parágrafo seguinte se sinala ou compensalas en tempo equivalente de descanso retribuído.

A contía da hora extraordinaria en día laborable ou festivo será o resultado de dividir entre 1.800 horas o salario base, complemento de antigüidade, e pagas extraordinarias previstas nos artigos 12º, 14º,e 17º que anteceden, ó resultado do cal se aplicará o 75% de recarga.

Artigo 22º.-Axudas de custo. A partir da entrada en vigor do presente convenio o persoal que viña percibindo axudas de custo polo desempeño das súas funcións fóra do termo municipal do seu centro de traballo, pasará a cobralas nas seguintes contías:

-Inspectores e promotores de vendas: Axuda de custo completa: 39,22 euros. Media axuda de custo: 19,61 euros.

-Prevendedores, persoal de repartición e/ou técnico de S. PV.

Axuda de custo completa: 24,18 euros. Media axuda de custo: 7,98 euros. Os directores e xefes de departamento e/ou sección viaxarán con gastos a xustificar. As contías destas axuda de custos non serán de aplicación para o resto do persoal se se viaxa con gastos a xustificar.

Artigo 23º.-Gratificación por festividade da patroa. Establécese unha gratificación que para 2003 será de 162,90 euros para todo o persoal, sen distinción de categoría profesional, que se fará efectiva o día 9 de setembro de cada ano Artigo 24º.-Premio de antigüidade. Pagamento dunha mensualidade de salario base máis antigüidade e complemento de convenio, no mes de cumprir vinte anos de servicio na empresa e outra mensualidade da mesma contía ós trinta anos de servicio, mensualidade que se entende ó momento de percibi-los premios

Artigo 25º.-Comisións e compensación por repartición. Enténdese por comisións aquelas cantidades que percibe o persoal propio de distribución e/ou repartición en compensación pola posible prolongación da xornada de traballo e en prol da calidade do servicio prestado.

A partir da entrada en vigor do presente convenio, as referidas comisións son as que a seguir se indican:

Cervexa: Barril de 50 litros: 0,5497 euros. Barril de 30 litros: 0,3312 euros. Caixa de 1/3: 0.0768 euros. Caixa de 1/5: 0,0654 euros. Caixa de 1/4: 0,0555 euros. Caixas de latas, 1906 e HR (24 unidades) : 0,0768 euros.

Caixas de 1906 e HR (12 unidades) : 0,0385 euros.

-Auga:

Caixa de 1½ (PET) : 0,0768 euros. Caixa de 1/2, 1/3, e 1/4 (PET) : 0,0555 euros. Caixa de 1/1 (vidro) : 0,0768 euros. Caixa de 1/2 e 1/3 (vidro) : 0,0654 euros. Os importes anteriores aboaranse por cada barril e/ou caixa de cervexa e auga vendida e os percibirá ó 100% o vendedor-repartidor cando realice a ruta el soamente. Se a ruta a comparte con outra persoa ou se realiza prevenda, o vendedor-repartidor percibirá o 50% e o acompañante ou prevendedor o outro 50%.

Artigo 26º.-Compromiso de negociación.

Ámbalas partes acordan continuar en seguintes negociacións colectivas na liña de traballo iniciada nesta, na que se introducen numerosas modificacións, co fin de redistribuír con outros criterios a masa salarial, adaptándoa ás tendencias actuais, así como de mellora-la organización da empresa.

Capítulo IV Melloras sociais

Artigo 27º.-Complementos de indemnización.

1. Todo o persoal da cadro de persoal da empresa percibirá en caso de incapacidade temporal e ata o esgotamento das prestacións da Seguridade Social a diferencia entre o que lle corresponde percibir polo réxime de Seguridade Social e a retribución base máis antigüidade e complemento de convenio que tivese asignada ó tempo de contrae-la enfermidade ou sufri-lo accidente.

2. Así mesmo, o persoal de cadro de persoal fixo da empresa percibirá durante a prórroga especial da incapacidade temporal (de 18 a 30 meses) a cantidade de 83,63 euros mensuais.

Artigo 28º.-Comprobación de situación. Durante o transcurso da situación de incapacidade temporal, a empresa poderá comproba-la evolución desta e, se se apreciar que o traballador dado de baixa non observa as normas prescritas para a súa curación ou fai simulación orientada a prolongar indebidamente a situación de baixa, será privado dos beneficios que se establecen o artigo anterior, todo isto sen prexuízo da responsabilidade doutra orde en que poida estar incurso.

Artigo 29º.-Xubilación. A empresa queda facultada para xubila-lo persoal ó cumpri-los sesenta e cinco anos de idade, co consentimento do traballador. Non obstante, establécese a posibilidade de xubilación anticipada ós traballadores maiores de 60 anos, que será de libre ofrecemento e aceptación tanto por parte da empresa como polo traballador, podéndose amortiza-las vacantes producidas por estes supostos.

Se as idades mínimas de xubilación fosen modificadas por disposición legal, as presentes normas modificaranse automaticamente, no que á idade se refire, substituíndo os 60 e 65 anos actuais pola idade que se implante.

Artigo 30º.-Sistema de previsión social. O sistema de previsión social para o persoal en activo o 24 de maio de 2002 finánciase a través dun plan de pensións do sistema de emprego, establecido no Regulamento do plan de pensións do sistema de emprego de Hijos de Rivera, S. A., coas seguintes características básicas:

1) Contribución definida para xubilación, invalidez permanente total, absoluta ou grande invalidez e falecemento en activo; este sistema de contribucións e prestacións establécese no Regulamento do plan de pensións do sistema de emprego de Hijos de Rivera, S. A.

2) Prestación definida para invalidez permanente absoluta ou grande invalidez por calquera causa, e falecemento en activo por causas naturais, morte por accidente e morte por accidente de circulación, sendo os capitais garantidos os seguintes:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

O sistema de previsión social para o persoal pasivo é o establecido no convenio colectivo para os anos 2000-2001 e financiarase mediante unha póliza de seguro colectivo de vida, subscrita cunha entidade aseguradora de recoñecido prestixio e solvencia. As prestacións para este colectivo son as que aparecen recollidas no anexo II, as cales se revalorizarán anualmente un 1%.

As condicións e características do novo sistema de previsión social están contidas no mencionado regulamento do plan de pensións, así como no acordo que con tal fin, asinaron a dirección e o comité de empresa o 24 de maio de 2002.

Seguro colectivo de vida e invalidez. Serán de aplicación para os fixos e fixos descontinuos en canto permanezan en activo e non sexan partícipes do plan de pensións os capitais para caso de morte ou invalidez absoluta e permanente sinalados no punto 2 do presente artigo. Para isto, Hijos de Rivera, S. A. subscribirá unha póliza de seguro colectivo, nas condicións que figuren na póliza subscrita para o efecto e sempre que fosen aceptados nela pola compañía aseguradora, tendo en conta o seu estado de saúde.

Artigo 31º.-Equipamentos de traballo. A empresa entregaráós traballadores que presten servicios nas seccións que se detallan, o seguinte equipamento de traballo:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

A entrega dos equipamentos enumerados anteriormente efectuarase no transcurso do primeiro semestre, coa excepción do anorak, que se entregará no terceiro trimestre.

Ó longo do ano 2003, o comité de seguridade e saúde laboral procederá a revisa-lo cadro de asignación de equipamentos de traballo para axustalo ás necesidades. Artigo 32º.-Entrega de cervexa. Os traballadores poderán retirar da empresa cervexa para consumo exclusivo no seu domicilio, ata 60 caixas anuais de calquera tipo de cervexa, ó prezo que se facture ós establecementos da praza onde se achar a fábrica, cunha reducción do 30 por 100. A partir do 1 de xaneiro de 1999 a reducción será do 50 por 100.

Capítulo V Ingresos, cesamentos e promocións

Artigo 33º.-Estabilidade no emprego.

1. Salvando a liberdade de contratación da dirección e o respecto á lexislación vixente, ámbalas partes acordan continuar fomentando a estabilidade e a calidade no emprego propiciando, na medida do posible, a contratación indefinida fronte á eventual.

2. Ben que practicamente a totalidade do cadro de persoal posúe contrato indefinido, dirección e comité de empresa acordan afondar na transformación dos fixos descontinuos en fixos a xornada completa, o que suporá un estímulo para este colectivo e un recoñecemento ó seu bo facer profesional.

3. Nesta liña, ó longo de 2003 e 2004 tódolos traballadores con contrato de fixo descontinuo na data de sinatura do presente convenio converteranse en fixos a tempo completo.

Artigo 34º.-Ingresos de persoal fixo. Os ingresos do persoal fixo axustaranse ó disposto no Estatuto dos traballadores, así como nas leis vixentes en materia de colocación, axustándose no posible ás seguintes normas:

1. No suposto que a vacante por cubrir sexa un cargo de mando, subalternos, oficial de 1ª e 2ª técnicos e administrativos, promotores de venda e prevendedores, a dirección da empresa designará libremente a persoa que será admitida para ocupa-la praza.

2. Para cubri-las restantes vacantes e unha vez esgotado o trámite de selección entre o persoal da empresa, de acordo co art. 38º deste convenio, a dirección poderá cubrilas con persoal alleo á empresa.

3. As prazas de auxiliares ou axudantes, ambas de especialistas de oficio, de carácter fixo do cadro de persoal, quedarán reservadas para o persoal da dita categoría provenientes da escala de persoal que preste servicios en traballos que teñan o carácter de fixo-descontinuo, que accederán ás ditas prazas por rigorosa orde de antigüidade.

Artigo 35º.-Ingreso e cesamento do persoal que presta servicios en traballos que teñan o carácter de fixos-descontinuos.

O ingreso na escala de persoal que preste servicios en traballos que teñan o carácter de fixo-descontinuo axustarase ó disposto na lexislación laboral vixente en cada momento.

Cando no escala do dito persoal se produzan vacantes nas categorías de auxiliares de segunda especialistas de oficio, os fillos de empregados terán preferencia para ocuparen as vacantes nun 50%.

Os traballadores incluídos na expresada escala deberán ser chamados cada vez que se leven a cabo os traballos fixos e periódicos na actividade da empresa, pero de carácter descontinuo, levándose a cabo o chamamento por rigorosa orde de antigüidade dentro de cada categoría.

Os ditos traballadores pasarán a ser fixos de cadro de persoal se prestan servicios na empresa de forma continuada máis de 270 días naturais dentro do ano civil.

A condición de traballador fixo de cadro de persoal adquirirá o traballador que preste servicios en traballos que teñan o carácter de fixo-descontinuo, por rigorosa orde de antigüidade, sempre que sexa para cubri-las vacantes correspondentes ás categorías de auxiliares ou axudantes, especialistas de oficio.

Este persoal percibirá ócesar, e en concepto de indemnización, o importe de 7 días do salario percibido en xornada normal, incrementándose a indem nización nun día máis por cada mes ou fracción de mes que exceda dos tres primeiros traballados dentro de cada chamamento.

Para a reducción ou cesamento dos que presten servicios en traballos que teñan o carácter de fixos-descontinuos comezarase polos traballadores máis modernos da escala e comunicarase no taboleiro de anuncios con 8 días naturais de anticipación, ó menos.

Artigo 36º.-Ingreso e cesamento do persoal eventual e interino.

A contratación e cesamento do persoal eventual e interino e a regulación desta relación axustarase ó disposto na lexislación laboral vixente en cada momento. Salvando a liberdade de contratación que ten a empresa para este tipo de contratos e non renunciando a ese dereito, procurarase dar preferencia ós fillos de empregados para ocupa-lo 50% das prazas que se convoquen para ocupar eventual ou interinamente prazas de auxiliar de segunda obreiro.

O persoal que traballase na empresa, mediante contratos eventuais ou de interinidade, non terá dereito a reserva da praza para novas contratacións; isto non obstante, procurarase nutri-la escala do persoal que presta servicios en traballos que teñan o carácter de fixo-descontinuo, con traballadores que fosen contratados baixo esta modalidade, para o cal se terá en conta o seu comportamento anterior e que as aptitudes persoais e profesionais sexan as adecuadas para o posto que se desexe cubrir.

Artigo 37º.-Comunicación de vacantes e solicitude de ingreso.

Os postos vacantes por calquera causa e os de nova creación que se produzan, de calquera categoría, publicaranse no taboleiro de anuncios, logo de comunicación ó comité de empresa. Quen desexe ingresar na empresa deberá presentar solicitude por escrito, segundo o modelo establecido e dirixido á dirección. A falsidade nos datos persoais, profesionais ou familiares anulará a solicitude presentada e será considerada como falta moi grave.

A empresa establece como condición previa a todo ingreso do persoal a realización dunhas probas de aptitude que serán fundamentalmente médicas, culturais, profesionais e psicotécnicas, do resultado das cales dependerá a admisión. Cando se trate de persoal de libre elección, a dirección determinará, en cada caso, as condicións de admisión.

Artigo 38º.-Ascensos.

1. Os postos vacantes que por calquera causa non fosen amortizados e os de nova creación que se produzan na empresa cubriranse da seguinte forma:

1.1. Por libre designación absoluta da dirección da empresa: cargos de mando, así como subalternos, oficial de 1º e 2º técnico ou administrativo, promotores de venda e prevendedor.

1.2. Por libre designación da dirección dentro do persoal da empresa: o resto de persoal.

Neste suposto a dirección designará logo de reunión consultiva coas persoas designadas polo comité de empresa, entre as solicitudes dos traballadores recibidas pola dirección da empresa ou presentadas polo propio comité, a persoa ou persoas que vaian ocupar vacante, podendo a empresa somete-los aspirantes a unhas probas de aptitude e encargándose a persoal especializado de Hijos de Rivera, S. A. ou a unha empresa especializada a realización destas probas. Se as ditas vacantes non se cubrirsen, a dirección poderá decidir convocalas entre persoas alleas á empresa.

2. Tódolos operarios de carretas con antigüidade de quince anos neste posto como traballadores fixos na empresa ascenderán automaticamente á categoría de oficial de primeira obreiro, sen outro requisito.

3. Avánzase na mellora do sistema de promocións, acordándose para este convenio tres liñas de actuación:

a) Ascensos automáticos: Dado que os traballos manuais están a desaparecer, (e o farán a maior ritmo nos próximos anos) , ó tempo que se incrementan os requisitos de acceso do novo persoal, se convén en fixar como categoría mínima, unha vez transcorrido un período de formación básica, a de axudante, quedando as categorías de auxiliar, como de acceso. Desta forma e no sucesivo produciranse ascensos automáticos unha vez transcorridos os prazos que a seguir se sinalan:

Ascenso de: A: Prazo que debe transcorrer Auxiliar de segunda Auxiliar de primeira 6 meses de antigüidade Auxiliar de primeira Axudante esp. oficio 12 meses como aux. primeira

Para a aplicación deste novo sistema ó persoal en activo que actualmente posúe estas categorías, terase en conta o tempo de servicios prestados.

b) Fomento da polivalencia: créase a categoría de oficial de terceira especialista de oficio, destinada ós axudantes que cobren máis dun posto de traballo. En principio, aplicaráselle ós traballadores que cobren os postos de despaletizador de vidro novo e inspector do grupo número tres.

Así mesmo, os traballadores que cobren os postos de encaixonadora-desencaxionadora do novo grupo 2 que saiban, ademais, manexa-los paletizadores-despaletizadores e robogrip, ascenderán á categoría de oficial de segunda especialista de oficio. Se non manexasen estas últimas máquinas, a categoría será a de oficial de terceira especialista de oficio.

Os axudantes de filtración que cubran o posto de filtrador, ascenderán á categoría de oficial de primeira especialista de oficio.

c) Recualificacións de postos existentes: dado que determinados postos están a requirir un nivel formativo e de desempeño cada vez maior, acórdase revisa-la categoría que teñen asignada, modificándoa se for procedente. Dentro deste suposto, convense en elimina-lo

categoría de axudante técnico, ascendendo os seus ocupantes á categoría superior, isto é, a oficial de segunda técnico. Igualmente, acórdase ascender ó nivel 7 os subalternos de primeira. Artigo 39º.-Formación. A dirección da empresa establecerá os programas e actividades que crea necesarios para a formación continua do persoal. Para isto, elaborará un plan anual de formación coa participación do comité de empresa, do que dará cumprida información ós representantes dos traballadores.

Para o persoal que asista a accións formativas organizadas pola empresa fóra do horario de traballo, percibirá un complemento de 3,11 euros por cada xornada, co fin de supli-los gastos nos que puidesen incorre-los traballadores por asistir ós cursos (gastos de desprazamento, peaxe, etc.) .

Así mesmo, os gastos de manutención correrán a cargo da empresa, sempre que transcorran menos de dúas horas entre a hora de finalización ou inicio dun curso e a hora de comezo ou finalización da xornada de traballo.

Capítulo VI Cadro de persoal, escala e mobilidade funcional

Artigo 40º.-Cadro de persoal. A dirección da empresa confeccionará o cadro de persoal, segundo as necesidades de persoal que esixa o proceso de producción.

Artigo 41º.-Escala.

1. A dirección da empresa redactará a escala do persoal ó seu servicio, con separación dos grupos que o integran, tendo en conta para a colocación nela os seguintes puntos:

-Grupo laboral.

-Categoría profesional.

-Orde de antigüidade na categoría.

-Antigüidade na categoría inmediata inferior.

-Antigüidade no grupo laboral.

-Antigüidade na empresa.

-Data de nacemento.

2. Cada centro de traballo terá a súa escala.

3. A dirección da empresa publicará anualmente a escala para o coñecemento do persoal e o traballador que se considere prexudicado poderá reclamar ante a ela sobre o lugar que lle fose asignado.

4. Caso de ser denegada a súa petición pola dirección da empresa, poderá exerce-las accións legais oportunas de acordo co disposto na lexislación laboral vixente.

Artigo 42º.-Funcións superiores. O persoal poderá realizar traballos de categoría profesional superior á súa se existisen razóns técnicas ou organizativas que as xustificasen e polo tempo imprescindible para a súa atención cunha duración

máxima de seis meses durante un ano ou oito durante dous anos, percibindo durante o tempo de duración dos seus servicios a remuneración correspondente á categoría á que circunstancialmente resulta adscrito. A empresa comunicará ós representantes dos traballadores, cunha periodicidade trimestral, polo menos, do persoal que está percibindo remuneración correspondente á categoría superior.

Transcorrido o prazo a que se refire o número anterior, e en caso de existir vacante, a dirección da empresa cubriraa de acordo co establecido no artigo 35º. Non existirá praza vacante nos supostos de incapacidade temporal do titular da praza, vacacións, licencias, excedencia forzosa ou calquera outro suposto que implique a reincorporación do titular á súa praza.

O traballador unicamente poderá reclama-lo ascenso se a praza se encontra vacante.

Artigo 43º.-Funcións inferiores. Se por razóns perentorias ou imprevisibles da actividade productiva se encomendasen ó traballador funcións inferiores, estas deberán ser polo tempo imprescindible para a súa atención, conservando o traballador a retribución correspondente á súa propia categoría.

Se o cambio de destino tivese a súa orixe a petición do traballador ou como consecuencia da imposición dunha sanción moi grave, asignaráselle a este a retribución correspondente á nova categoría.

A empresa comunicará ós representantes dos traballadores, cunha periodicidade trimestral, polo menos, o persoal que realiza funcións inferiores.

Capítulo VII Xornada, horario de traballo, vacacións e licencias

Sección primeira Xornada e horario de traballo

Artigo 44º.-Xornada.

1. A duración máxima da xornada ordinaria de traballo será de trinta e nove horas e trinta minutos semanais de traballo efectivo.

2. Tendo en conta que a industria cervexeira ten unha marcada intensificación do traballo en determinadas

épocas do ano, no período comprendido desde o 15 de maioó 15 de setembro de cada ano, ambos inclusive, a duración máxima da xornada ordinaria semanal de traballo pactada no parágrafo que antecede, poderá ser ampliada, sen exceder en ningún caso de nove horas ordinarias diarias de traballo efectivo, nin de 1.800 horas de traballo efectivo, en cómputo anual, é dicir, sen que, no dito cómputo anual a media semanal supere as trinta e nove horas e trinta minutos de traballo efectivo.

3. O persoal de distribución e repartición, inspectores, promotores e prevendedores comerciais, así como o persoal destinado a instalación e mantemento de aparellos arrefriadores de cervexa quedan excluídos do réxime de xornada normal, en canto subsistan as comisións e compensacións por repartición, primas de venda e incentivos para compensa-las posibles prolongacións de xornada.

Artigo 45º.-Horario de traballo.

1. O horario de traballo efectivo do persoal da empresa é o que a seguir se determinan para as distintas seccións e quendas:

* Sección de cocemento e posto de arrefriador.

-Luns: Quenda 1: de 0.00 a 6.00 horas. Quenda 2: de 6.00 a 14.00 horas. Quenda 3: de 14.00 a 22.00 horas.

-Martes, mércores e xoves: Quenda 1: de 22.00 a 6.00 horas. Quenda 2: de 6.00 a 14.00 horas. Quenda 3: de 14.00 a 22.00 horas.

-Venres: Quenda 1: de 22.00 a 6.00 horas. Quenda 2: de 6.00 a 13.30 horas. Quenda 3: de 13.30 a 21.00 horas.

* Sección de máquinas:

-Luns: Quenda 1: de 0.00 a 6.00 horas. Quenda 2: de 6.00 a 14.00 horas. Quenda 3: de 14.00 a 22.00 horas.

-Martes, mércores e xoves: Quenda 1: de 22.00 a 6.00 horas. Quenda 2: de 6.00 a 14.00 horas. Quenda 3: de 14.00 a 22.00 horas.

-Venres: Quenda 1: de 22.00 a 6.00 horas. Quenda 2: de 6.00 a 13.30 horas. Quenda 3: de 13.30 a 21.00 horas. Coa incorporación de correquendas completaranse as necesarias xornadas de traballo desta sección.

* Sección de adegas: Para o persoal desta sección de adegas que viña desfrutando dunha xornada laboral de seis horas diarias de traballo efectivo, establécese a título individual e como dereito adquirido o seguinte horario:

-Luns, martes, mércores e xoves: Quenda 1: de 0.00 a 6.30 horas. Quenda 2: de 6.00 a 12.30 horas. Quenda 3: de 12.30 a 19.00 horas. Quenda 4: de 18.00 a 24.30 horas.

-Venres: Quenda 1: de 0.00 a 6.00 horas. Quenda 2: de 6.00 a 12.00 horas. Quenda 3: de 12.00 a 18.00 horas. Quenda 4: de 18.00 a 24.00 horas.

* Seccións de envasado, adegas (salvo arrefriadores) carga e descarga, laboratorio, garaxe e servicios de mantemento:

A) O persoal destas seccións no período comprendido do 15 de maio ó venres da última semana iniciada no mes de agosto de cada ano, ambos inclusive, traballará unha xornada ordinaria semanal máxima de corenta horas de traballo efectivo, de acordo cos seguintes horarios:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

En compensación, o persoal destas seccións, no período comprendido entre o primeiro luns de setembro ó 14 de maio de cada ano, ambos inclusive, traballará unha xornada ordinaria semanal máxima de trinta e sete horas trinta minutos de traballo efectivo, de acordo cos seguintes horarios:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

A xornada ordinaria semanal máxima de corenta horas prevista desde o 15 de maio ó venres da última semana iniciada no mes de agosto de cada ano, poderase variar a xuízo da empresa, segundo necesidades de producción, respectando en todo caso os días de traballo de cada un dos dous períodos.

B) Se por imperativos da producción ou períodos extraordinarios, a xuízo da dirección se tivese que traballar algún sábado non festivo do ano, a empresa queda facultada para dispor do persoal destas seccións que estime necesario para da-lo servicio adecuado, logo de comunicación ó comité de empresa.

Para tales efectos establécense dous tipos de xornada para os ditos sábados, á escolla da empresa, en cada caso:

a) Xornada de 4 horas.

b) Xornada de 8 horas. A xornada de 4 horas encontrarase comprendida dentro do período das 6.00 ás 14.00 horas, a conveniencia da empresa, e cada traballador, sen distinción de categoría nin antigüidade, percibirá un complemento cun importe por xornada traballada que se fixa en 44,96 euros.

A xornada de 8 horas terá lugar necesariamente desde as 6.00 ás 14.00 horas e cada traballador, sen distinción de categoría nin antigüidade, percibirá un complemento cun importe de 77,08 euros.

Nos importes anteriores non se encontra incluído o complemento de asistencia, que se pagará na súa totalidade por cada sábado traballado, sexa cal for a xornada realizada.

C) As cantidades antes citadas como complemento de xornada en sábados non festivos veranse incrementadas na mesma porcentaxe que o que se pacte para o salario base en cada convenio colectivo.

*Depósitos e delegacións comerciais: Nos depósitos e delegacións comerciais, a xornada e horario estableceranse en función das necesidades particulares de servicio de cada centro, logo de acordo cos representantes dos traballadores.

Na falta de acordo, para este persoal establécese unha xornada semanal de luns a venres no período do 1 de setembro ó 14 de xuño de cada ano, e unha xornada de luns a sábado para o período comprendido entre o 15 de xuño e o 31 de agosto , ambos inclusive, de acordo cos seguintes horarios:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

(1) O persoal de distribución e repartición, inspectores, promotores e prevendedores comerciais, así como o persoal técnico do servicio posvenda, quedan excluídos do réxime de xornada normal en canto subsistan as comisións e compensacións por repartición, primas de venda e incentivos para compensa-las posibles prolongacións de xornada.

2. As quendas de traballo ó longo do ano poderán ser nun mesmo día e sección dun, dous ou tres (en bodegas catro) , de acordo coa producción e aíndole do traballo.

3. Os días 24 e 31 de decembro de cada ano, tódalas quendas se farán pola mañá. Estes días só traballará a quenda de mañá, librando a quenda de tarde, salvo que por necesidades de servicio ou polo desenvolvemento de cursos programados en materia de seguranza e saúde laboral, sexa necesaria a súa asistencia. Os traballadores da quenda de tarde que tivesen por necesidades de servicio que asistir na quenda de mañá, percibirán a contía correspondente ós complementos de sábado e de asistencia.

4. Se por disposición legal obrigatoria for necesario reduci-la xornada laboral establecida neste convenio colectivo, o presente artigo será obxecto de revisión, se procede, para adaptalo ás novas normas nesta materia.

Sección segunda Vacacións e licencias

Artigo 46º.-Vacacións.

1. Establécese para todo o persoal fixo de cadro, trinta días naturais de vacacións anuais.

2. O calendario de desfrute das vacacións organizarase por quendas ó longo dos 12 meses do ano e será rotativo entre os traballadores da empresa. Do mesmo se dará coñecemento ó comité de empresa.

Para que os traballadores poidan coñece-las datas que lles corresponde desfruta-las súas vacacións, exporase no taboleiro de anuncios, con dous meses de anticipación polo menos, cada quenda de saída.

3. Para todo o persoal que chegue a un acordo coa empresa, canto á época de desfrute do seu período de vacacións, establécese unha bolsa de 358,38 euros

íntegros, que se fará efectiva o 18 de marzo ou o seguinte hábil se este coincide en festivo. Esta cantidade actualizarase cada ano conforme o establecido no artigo 6º.

4. O persoal que por motivo de cubri-lo baixa dun compañeiro por IT, por solicitude da dirección atrase as súas vacacións, se con posterioridade causase baixa por IT, poderá desfrutalas dentro do primeiro trimestre do ano seguinte.

Artigo 47º.-Licencias. Os traballadores, logo de aviso e mediante xustificación a requirimento da empresa, poderanse ausentar do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio. b) 4 días naturais por falecemento do cónxuxe ou de fillos. Dous días ó menos serán laborables.

c) 3 días naturais por falecemento de pais e dous días naturais en caso de falecemento de pais políticos. No caso de falecemento dos pais do traballador, un día polo menos será laborable.

d) 2 días naturais por falecemento de avós, irmáns, irmáns políticos e netos.

e) 1 día por falecemento de tíos e sobriños dun ou outro cónxuxe.

f) 3 días naturais por accidente ou enfermidade graves ou hospitalización de cónxuxe e fillos.

g) 2 días naturais por accidente ou enfermidade graves ou hospitalización de pais, avós e irmáns dun ou outro cónxuxe, e netos.

h) 3 días naturais por nacemento de fillos. i) 1 día por traslado do domicilio habitual.

j) Polo tempo indispensable para acudir a consulta médica, con posterior xustificación.

k) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos legalmente establecidos.

l) En todos aqueles supostos non previstos neste artigo e recollidos no Estatuto dos traballadores e demais leis vixentes.

Nos casos previstos nas alíneas b) , c) , d) , f) e g) , cando o traballador necesite facer un desprazamento fóra da provincia, o permiso será de 4 días.

As licencias especificadas nas alíneas b) , c) , d) , f) e g) deste artigo enténdense, así mesmo, referidas ós que acrediten debidamente a convivencia conxugal de feito.

Capítulo VIII Réxime disciplinario

Artigo 48º.-Principio de ordenación.

1. As presentes normas de réxime disciplinario perseguen o mantemento da disciplina laboral, que é un aspecto fundamental para a normal convivencia, ordenación técnica e organización da empresa, así como a garantía e defensa dos dereitos e intereses lexítimos de traballadores e empresarios.

2. As faltas, sempre que sexan constitutivas de incumprimento contractual e culpa do traballador, poderán ser sancionadas pola dirección da empresa de acordo coa graduación que se establece no presente capítulo

3. Toda falta cometida polos traballadores clasificarase en leve, grave ou moi grave.

4. A falta, sexa cal for a súa cualificación, requirirá comunicación escrita e motivada da empresa ó traballador.

5. A imposición de sancións por faltas graves e moi graves será notificada ós representantes legais dos traballadores, se os houber.

Artigo 49º.-Graduación das faltas.

1. Consideraranse como faltas leves:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ó ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes por un tempo total inferior a vinte minutos.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo dun día durante o período dun mes.

c) A non comunicación coa anticipación previa debida da inasistencia ó traballo por causa xustificada, salvo que se acreditase a imposibilidade da notificación.

d) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada por breves períodos de tempo e sempre que isto non causase risco á integridade das persoas ou das cousas, neste caso poderá ser cualificado, segundo a gravidade, como falta grave ou moi grave.

e) A desatención e falta de corrección no trato co público cando non prexudiquen gravemente a imaxe da empresa.

f) Os descoidos na conservación do material que se tiver a cargo ou que for responsable e que produzan deterioracións leves do mesmo.

2. Considéranse como faltas graves:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata en tres ocasións nun mes por un tempo total de ata corenta minutos.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo de dous a catro días durante o período dun mes.

c) O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos que tiveren incidencia na Seguridade Social.

d) A simulación de enfermidade ou accidente, sen prexuízo do establedio na alínea e) do seguinte número.

e) A suplantación doutro traballador, alterando os rexistros e controis de entrada e saída ó traballo.

f) A desobediencia ás ordes e instruccións de traballo, incluídas as relativas ás normas de seguranza e hixiene, así como a imprudencia ou neglixencia no traballo, salvo que delas derivasen prexuízos graves á empresa, causaren avarías ás instalacións, maquinarias e, en xeral, bens da empresa ou comportasen risco de accidente para as persoas, caso en que serán consideradas como faltas moi graves.

g) A falta de comunicación á empresa dos desperfectos ou anormalidades observados nos útiles, ferramentas, vehículos e obras ó seu cargo, cando disto tiver derivado un prexuízo grave á empresa.

h) A realización sen o oportuno permiso de traballos particulares durante a xornada, así como o emprego de utensilios, ferramentas, maquinaria, vehículos e, en xeral, bens da empresa para os que non estiver autorizado ou para usos alleos ós do traballo encomendado, mesmo fóra da xornada laboral.

i) O quebrantamento ou a violación de segredos de obrigada reserva que non produza grave prexuízo para a empresa.

j) A embriaguez non habitual no traballo.

k) A falta de aseo e limpeza persoal cando poida afecta-lo proceso productivo ou a prestación do servicio e sempre que, previamente, mediase a oportuna advertencia da empresa.

l) A execución deficiente dos traballos encomendados, sempre que disto non derive prexuízo grave para as persoas ou as cousas.

ll) A diminución do rendemento normal no traballo de maneira non repetida.

m) As ofensas de palabra proferidas ou de obra cometidas contra as persoas, dentro do centro de traballo, cando non revistan acusada gravidade.

n) As derivadas do establecido nas alíneas 1.

d) e e) do presente artigo.

o) A reincidencia na comisión de cinco faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza e sempre que tivese mediado sanción distinta da amoestación verbal, dentro dun trimestre.

3. Consideraranse como faltas moi graves:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en dez ocasións durante seis meses ou en vinte durante un ano.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas ou a apropiación, furto ou roubo de bens propiedade da empresa, de compañeiros ou de calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante a xornada de traballo noutro lugar.

d) A simulación de enfermidade ou accidente ou a prolongación da baixa por enfermidade ou accidente coa finalidade de realizar calquera traballo por conta propia ou allea.

e) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada reserva que produza grave prexuízo para a empresa.

f) A embriaguez e a drogodependencia durante o traballo, sempre que afecte negativamente o rendemento.

g) A realización de actividades que impliquen competencia desleal coa empresa.

h) As derivadas dos números 1 d) e 2 f) , l) e m) do presente artigo.

i) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal ou pactado.

j) A inobservancia dos servicios de mantemento en caso de folga.

k) O abuso de autoridade exercido polos que desempeñan funcións de mando.

l) O acoso sexual.

ll) A reiterada non utilización dos elementos de protección en materia de seguranza e hixiene.

m) A reincidencia ou reiteración na comisión de faltas graves, considerando como tal aquela situación na que, con anterioridade ó momento da comisión do feito, o traballador tivese sido sancionado dúas ou máis veces por faltas graves, aínda de distinta natureza, durante o período dun ano.

Artigo 50º.-Sancións.

1. As sancións máximas que poderán imporse pola comisión das faltas enumeradas no artigo anterior son as seguintes:

a) Por falta leve: amoestación verbal ou escrita e suspensión de emprego e soldo de ata dous días.

b) Por falta grave: suspensión de emprego e soldo de tres a catorce días. Inhabilitación para o ascenso polo prazo de seis meses.

c) Por falta moi grave: suspensión de emprego e soldo de catorce días a un mes, traslado a centro de traballo de localidade distinta durante un período de ata un ano, inhabilitación para o ascenso polo prazo de 12 meses e despedimento disciplinario.

2. As anotacións desfavorables que, como consecuencia das sancións impostas, se puidesen facer constar nos expedientes persoais quedarán canceladas ó cumprirse os prazos de dous, catro ou oito meses segundo se trate de falta leve, grave ou moi grave.

Capítulo IX Compensación e garantía

Artigo 51º.-Compensación e absorción. Os aumentos de retribución que se poidan producir con posterioridade á data de entrada en vigor deste convenio por disposicións legais de xeral aplicación unicamente terán eficacia práctica cando, consideradas globalmente e en cómputo anual, as novas retribucións superen ás actualmente pactadas. En caso contrario, aqueles aumentos serán absorbidos por estas últimas.

Artigo 52º.-Garantía ad personam. As retribucións que se fixan neste convenio, enténdense mínimas, debendo respectarse as condicións máis beneficiosas que con anterioridade ó presente convenio se tiveren establecido ou se puderen establecer durante o seu período de vixencia, manténdose con carácter estrictamente persoal e soamente para os traballadores a que afecte, en canto non sexan absorbidas ou superadas pola aplicación de futuras normas laborais.

ANEXO I

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)