Sentencia Civil Nº 120/20...yo de 2015

Última revisión
14/07/2015

Sentencia Civil Nº 120/2015, Audiencia Provincial de A Coruña, Sección 6, Rec 382/2013 de 13 de Mayo de 2015

Relacionados:

Tiempo de lectura: 18 min

Orden: Civil

Fecha: 13 de Mayo de 2015

Tribunal: AP - A Coruña

Ponente: TALLON GARCIA, LORENA

Nº de sentencia: 120/2015

Núm. Cendoj: 15078370062015100274

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 (DESPL)

A CORUÑA

SENTENCIA: 00120/2015

ROLO: RECURSO DE APELACIÓN (LECN) 382/2013

Ilmo/s. Sr/es. Maxistrado/s:

D. JOSÉ GÓMEZ REY -PRESIDENTE-

D. JORGE CID CARBALLO

Dª LORENA TALLÓN GARCÍA

SENTENZA

NÚM. 120/15

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña, con Sede en Santiago de Compostela, os autos do procedemento ordinario núm. 265/2012, procedentes do Xulgado de Primeira instancia e instrución núm. 1 de Ribeira, aos que correspondeu o rolo recurso de apelación núm. 382/2013, nos que aparece como parte apelante dona Violeta , representada pola procuradora dona Marta Delgado Fontáns, como parte apelada Axa Seguros Generales SA,representada polo procurador don Ricardo García- Píccoli Atanes, permanecendo en situación de rebeldía procesual a codemandada Sidecu SLe sendo Xuíz Relator dona LORENA TALLÓN GARCÍA,quen expresa o parecer da Sala, formulando os seguintes antecedentes de feito, fundamentos xurídicos e parte dispositiva.

Antecedentes

PRIMEIRO.- Seguido o litixio en cuestión polos trámites legais ante o Xulgado de primeira instancia e instrución núm. 1 de Ribeira, ditouse Sentenza en cuxa parte dispositiva se estableceu: 'Que desestimando la pretensión de la demandante Dª Violeta contra los demandados Sidecu SL y Axa Seguros Generales debo declarar y declaro la absolución de las demandadas Sidecu SL y Axa Seguros Generales.

Procede la condena en costas de Dª Violeta de acuerdo con el art. 394.1 de la LEC .'

SEGUNDO.-Notificada dita resolución ás partes, a representación procesual de dona Violeta , presentou escrito de apelación que foi admitido e, cumpridos os trámites correspondentes, eleváronse as actuacións a este Tribunal, sinalándose para a súa deliberación, votación e dispoño, o 6 de maio de 2015, en que tivo lugar o acordado.

TERCEIRO.-Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais.


Fundamentos

PRIMEIRO.-A Sentenza apelada desestimou integramente a reclamación de cantidade derivada da responsabilidade extra contractual, deducida pola demandante, absolvendo aos demandados.

Fronte a dita Resolución alzouse en apelación a demandante aducindo erro na valoración da proba e na aplicación da doutrina xurisprudencial da teoría do risco e reproducindo os argumentos esgrimidos en primeira instancia en torno a procedencia da valoración dos danos reclamados.

A dita pretensión revogatoria opúxose a entidade aseguradora demandada interesando a confirmación da Resolución impugnada.

SEGUNDO.-Así delimitada a controversia sometida a consideración en alzada a revisión da proba practicada no xuízo permite afirmar os seguintes extremos:

1º.- O día 17 de novembro de 2010, sobre as 10:30 horas, Dona Violeta , atopábase nas instalacións do Complexo Deportivo da Cachada, concretamente na zona destinada a práctica da modalidade deportiva denominada GAP (extremo non cuestionado e confirmado tanto pola demandante como polas testemuñas dona Inocencia e don Nicolas ).

2º.- A devandita zona atopábase separada do lugar onde, derivado da condensación dunha tubería, sobre o chan había unha liña de auga; así se deriva da declaración de don Nicolas , monitor da clase que identificou tanto a zona como a liña de auga a zona nas fotografías que constan nos folios 96 e 97 das actuacións.

3º.- A existencia dun liña de auga na zona anteriormente indicada, concorrendo determinadas condicións climáticas, era frecuente e resultaba unha circunstancia coñecida tanto polos usuarios como polos monitores. Así o recoñeceu tanto a demandante como as testemuñas que depuxeron no acto do xuízo.

4º.- Estando na zona destinada a práctica da modalidade deportiva denominada GAP, sentada sobre unha maxi pelota das empregadas para dita actividade e antes de que a mesma comezase, dona Violeta , esbarrou e caeu ao chan, sufrindo unha fractura coxal.

Así o manifestou o monitor, don Nicolas , quen indicou no acto do xuízo que non vira como caera dona Violeta porque estaba a preparar o material para o comezo da clase aportando, neste punto, una versión máis xustificada dos feitos que a trasladada pola testemuña dona Inocencia .

5º.- Non consta que, en dito momento, o solo da zona onde se atopaba a demandante ou a maxi pelota estivesen mollados ou presentaran algún elemento que facilitara a perda de adhesión ou o deslizamento. Os referidos extremos non quedaron aclarados xa que, dunha parte a demandante manifestou que o solo estaba mollado mentres que a testemuña, dona Inocencia (alumna da mesma clase que a actora) referiu que a pelota se debera mollar cando dona Violeta a trouxo do almacén arrastrándoa polo chan. Ao anterior debe engadirse a declaración do monitor, don Nicolas , quen con maior precisión que dona Inocencia , con claridade e sen incorrer en contradicións declarou que a zona na que se atopaban non estaba mollada e a maxi pelota tampouco se podería ter mollado ao trasladala a demandante a zona da clase por canto no percorrido non había auga.

Así pois, a xuízo desta Sala, non cabe ter por acreditado cal foi a etioloxía da caída sufrida pola demandante. As actuacións so se achegaron as declaracións de dúas testemuñas, cando na clase de GAP había máis alumnos resultando máis coherente e preciso no relato dos feitos don Nicolas , monitor da clase de GAP, quen subliñou que non había auga na zona onde se ía a realizar dita actividade.

Sentado o anterior, a controversia recondúcese a determinar quen debe responder dos referidos feitos: a propia demandante, o non prestar a atención necesaria e adoptar as medidas de coidado que un usuario común de instalacións deportivas asume como consubstanciais ao disfrute das mesmas, ou, polo contrario, cabe trasladar dita responsabilidade, aos demandados ao non observar a dilixencia para minimizar a posibilidade dun esbarrón.

Dita cuestión debe examinarse a luz da doutrina sentado o interpretar e aplicar o art. 1902 do Código Civil .

TERCEIRO.-En relación cos requisitos esixidos no art. 1902 do Código Civil para declarar a existencia de responsabilidade extracontractual nos supostos de caídas en establecementos abertos ao público, a xurisprudencia ven declarando que non basta coa proba dunha acción ou omisión e dun dano, senón que é preciso demostrar a necesaria relación de causalidade entre aquela e este, ou dito doutra maneira, que o resultado sexa causalmente imputable a acción ou omisión, que han de aparecer tinguidas de de culpa ou neglixencia, sequera mínimas, como presuposto para atribuír ao autor a responsabilidade polo dano causado.

Neste sentido, a Sentenza do Tribunal Supremo de 31 de maio de 2011 recorda que 'C) Como declaran las SSTS de 31 de octubre de 2006 , de 29 de noviembre de 2006 , de 22 de febrero de 2007 y 17 de diciembre de 2007 en relación con caídas en edificios en régimen de propiedad horizontal o acaecidas en establecimientos comerciales, de hostelería o de ocio, muchas sentencias de esta Sala han declarado la existencia de responsabilidad de la comunidad de propietarios o de los titulares del negocio cuando es posible identificar un criterio de responsabilidad en el titular del mismo, por omisión de medidas de vigilancia, mantenimiento, señalización, cuidado o precaución que debían considerarse exigibles. Pueden citarse, en esta línea, las SSTS 21 de noviembre de 1997 ( caída por carencia de pasamanos en una escalera); 2 de octubre de 1997 ( caída en una discoteca sin personal de seguridad); 12 de febrero de 2002 (caída durante un banquete de bodas por la insuficiente protección de un desnivel considerable); 31 de marzo de 2003 y 20 de junio de 2003 ( caída en una zona recién fregada de una cafetería que no se había delimitado debidamente); 26 de mayo de 2004 ( caída en unos aseos que no habían sido limpiados de un vómito en el suelo); 10 de diciembre de 2004 ( caída en las escaleras de un gimnasio que no se encontraba en condiciones adecuadas); 25 de marzo de 2010 ( caída de una señora de 65 años, afectada de graves padecimientos óseos y articulares, al entrar en un restaurante y no advertir un escalón en zona de penumbra y sin señalización).

D) Por el contrario, no puede apreciarse responsabilidad en los casos en los cuales la caída se debe a la distracción del perjudicado o se explica en el marco de los riesgos generales de la vida por tratarse de un obstáculo que se encuentra dentro de la normalidad o tiene carácter previsible para la víctima. Así, SSTS 28 de abril de 1997 , 14 de noviembre de 1997 , 30 de marzo de 2006 ( caída en restaurante de un cliente que cayó al suelo cuando se dirigía a los aseos por escalón que debía ser conocido por la víctima); 6 de junio de 2002, 13 de marzo de 2002, 26 de julio de 2001, 17 de mayo de 2001, 7 de mayo de 2001 (caídas sin prueba de la culpa o negligencia de los respectivos demandados); 6 de febrero de 2003, 16 de febrero de 2003, 12 de febrero de 2003, 10 de diciembre de 2002 (caídas en la escalera de un centro comercial, en las escaleras de un hotel, en el terreno anejo a una obra y en una discoteca, respectivamente); 17 de junio de 2003 (daño en la mano por la puerta giratoria de un hotel que no podía calificarse de elemento agravatorio del riesgo); 2 de marzo de 2006 ( caída de una persona que tropezó con una manguera de los servicios municipales de limpieza que no suponía un riesgo extraordinario y era manejada por operarios con prendas identificables), 31 de octubre de 2006 ( caída en exposición de muebles por tropiezo con escalón de separación de nivel perfectamente visible) y 29 de noviembre de 2006 ( caída en un bar); 22 de febrero de 2007 ( caída en un mercado por hallarse el suelo mojado por agua de lluvia) y de 30 de mayo de 2007 ( caída a la salida de un supermercado); 11 de diciembre de 2009 ( caída de un ciclista en el desarrollo de una carrera por causa de la gravilla existente en la bajada de un puerto)'.

Así pois non basta con que se teña producido un feito danoso para que xurda a obrigación de indemnizar. Nin tan sequera é suficiente coa causalidade física senón que é preciso que conste unha acción ou omisión atribuíble ao que se pretende responsable (ou por quen se debe responder) determinante (en exclusiva, ou en unión doutras causas) con certeza, ou nun xuízo de probabilidade cualificada, segundo as circunstancias concorrentes do resultado danoso producido ( SSTS de 6 de novembro de 2001 , 17 de febreiro 2009 e 26 de outubro de 2011 ); acción ou omisión na que deberá detectarse algún grado de neglixencia, posto que, se ben a xurisprudencia non mantén unha posición unánime sobre os criterios de imputación, chegando en algunha ocasión a afirmar que, producido o dano, a súa existencia evidenciaría a omisión dalgún grao de dilixencia ( SSTS de 17 de xullo e 24 de setembro de 2002 , 13 de febreiro e 22 de abril de 2003 , e 18 de xuño de 2004), a tendencia máis recente esixe a proba tanto do nexo causal como da culpa do axente, limitando a aplicación da responsabilidade por risco as actividades que comporten un risco manifestamente anormal en relación cos estándares medios ( SSTS de 29 de setembro de 2005 e 30 de maio de 2007 ).

Na mesma liña a citada Sentenza do Tribunal Supremo de 31 de maio de 2011 reitera: 'La jurisprudencia de esta Sala no ha llegado al extremo de erigir el riesgo como criterio de responsabilidad con fundamento en el artículo 1902 CC ( SSTS 6 de abril de 2000 , 10 de diciembre de 2002 , 31 de diciembre de 2003 , 4 de julio de 2005 , 6 de septiembre de 2005 , 10 de junio de 2006 , 11 de septiembre de 2006 , 22 de febrero y 6 junio de 2007 ) y ha declarado que la objetivación de la responsabilidad civil no se adecua a los principios que informan su regulación positiva. La jurisprudencia no ha aceptado una inversión de la carga de la prueba, que en realidad envuelve una aplicación del principio de la proximidad o facilidad probatoria o una inducción basada en la evidencia, más que en supuestos de riesgos extraordinarios, daño desproporcionado o falta de colaboración del causante del daño, cuando este está especialmente obligado a facilitar la explicación del daño por sus circunstancias profesionales o de otra índole ( SSTS 16 de febrero , 4 de marzo de 2009 y 11 de diciembre de 2009 ). Es un criterio de imputación del daño al que lo padece la asunción de los riesgos generales de la vida ( SSTS 21 de octubre de 2005 y 5 de enero de 2006 ), de los pequeños riesgos que la vida obliga a soportar ( SSTS de 11 de noviembre de 2005 y 2 de marzo de 2006 ) o de los riesgos no cualificados, pues riesgos hay en todas las actividades de la vida ( STS 17 de julio de 2003 y 31 de octubre de 2006 ). En los supuestos en que la causa que provoca el daño no supone un riesgo extraordinario no procede una inversión de la carga de la prueba respecto de la culpabilidad en la producción de los daños ocasionados ( STS de 22 de febrero de 2007 )'.

Máis recentemente, a STS de 5 de novembro de 2014 , afonda nos elementos a ter en conta para graduar a dilixencia esixible no desenvolvemento da actividade no curso da cal se produce o dano ao indicar: '4. El «Estándar de conducta exigible» es definido en los «Principios de Derecho Europeo de la Responsabilidad Civil» (ya citados por la sentencia de esta Sala de 17 de julio de 2007 cuando estaban en preparación) como «el de una persona razonable que se halle en las mismas circunstancias, y depende, en particular, de la naturaleza y el valor del interés protegido de que se trate, de la peligrosidad de la actividad, de la pericia exigible a la persona que la lleva a cabo, de la previsibilidad del daño, de la relación de proximidad o de especial confianza entre las personas implicadas, así como de la disponibilidad y del coste de las medidas de precaución y de los métodos alternativos (artículo 4.102.1)».

5. Los anteriores criterios pueden tomarse como referencia para integrar la escueta formulación del artículo 1902 del Código Civil y, como indica la citada sentencia de 17 de julio de 2007 , completar el valor integrador generalmente aceptado de otros preceptos del propio Código encuadrados en el apartado relativo a la naturaleza y efectos de las obligaciones, como el artículo 1104 cuando alude tanto a la «diligencia que exija la naturaleza de la obligación y corresponda a las circunstancias de las personas, del tiempo y del lugar, como a la que correspondería a un buen padre de familia para así configurar un modelo de conducta diligente, válido para la mayoría de los casos».

6. De esos principios importa subrayar, de acuerdo con la doctrina, la naturaleza y el valor del interés protegido, de forma que se de una especial relación entre el valor y el esfuerzo que debe realizar la persona cuya conducta puede lesionarlo: cuanto mayor sea el valor, mayor debe ser el esfuerzo. También destaca la peligrosidad de la actividad, de suerte que la diligencia del que actúa debe ser adaptada a la naturaleza de la actividad que realiza. En tercer lugar, no puede desconocerse la previsibilidad del daño, entendida como apreciable antes de la producción del hecho dañoso. Por último, no puede pasarse por alto la disponibilidad y el coste de las medidas de precaución y de los métodos alternativos, que comporta una aplicación de los principios de la buena fe y proporcionalidad, de forma que cuando un resultado puede alcanzarse de distintos modos, el agente debe ser consciente de los peligros que su conducta puede comportar para terceros y escoger, en la medida de lo posible y razonable, la vía menos peligrosa para obtenerlo.'

Tendo en conta o exposto, esta Sala comparte as conclusións recollidas na resolución impugnada sobre a imposibilidade de ter por acreditada unha acción ou omisión neglixente imputable a demandada Sidecu SL. Certamente, a explotación dunhas instalacións deportivas constitúe unha actividade económica pola que se obtén un beneficio, en cuxo desenvolvemento, o empresario, está obrigado a adoptar as medidas axeitadas para garantir a seguridade e a integridade física dos usuarios. Agora ben, dita obrigación non pode acadar tal nivel que converta ao titular da exploración no responsable absoluto de canto aconteza no establecemento calquera que fose a causa.

Por tanto, sería imputable ao beneficiario da explotación calquera incidente danoso acontecido como consecuencia da omisión dalgunha medida que debera adoptar (existencia de auga no chan da zona destina a realización de actividades, emprego no can de produtos inadecuados, non ofrecer o material adecuado para a actividade de que se trate.

Pero no suposto axuizado non resultou acreditado que a lesión que padeceu a demandante fora ocasionada por unha acción ou omisión imputable á sociedade ou aos seus empregados.

Debe terse en conta que o incidente se produciu cando dona Violeta se atopaba sentada sobre a maxi pelota, pero sen que conste se a caída tivo lugar como consecuencia dun descoido desta ou por atoparse o chan ou a maxi pelota molladas.

En outras palabras, no existen datos para imputar unha acción ou omisión neglixente a demandada, sen que a progresiva obxectivización da responsabilidade extracontractual chegue, como se expuxo, ao extremo de inverter a carga da proba en actividades que, de por si, non introducen ou supoñen un risco distinto ao que rodea as actividades cotiás dunha persoa. O feito desencadeante tanto puido responder, efectivamente, a existencia de auga na zona destina as actividades de GAP como a unha distracción ou falta de coidado da propia usuaria.

Así pois, procede desestimar o recurso de apelación interposto e, conseguintemente, confirmar a Sentenza impugnada.

CUARTO.-A tenor do disposto no art. 398 en relación co art. 394, ambos da LAC, desestimado integramente o recurso de apelación interposto pola demandante procede a imposición a esta das custas derivadas desta segunda instancia.

Por todo o exposto, vistos os preceptos legais citados, os seus concordantes e demais de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

A Sala acorda desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de dona Violeta e, en consecuencia, confirmar a Sentenza de data 5 de setembro de 2013 ditada polo Xulgado de primeira instancia e instrución núm. 1 de Ribeira no

procedemento ordinario núm. 265/2012.

Todo elo con imposición das custas procesuais xeradas nesta instancia á parte apelante.

Notifíquese esta resolución, en legal forma, ás partes e fágaselles saber que, conforme preceptúa o artigo 248-4º da Lei Orgánica do Poder Xudicial , contra ela cabe recurso de casación por interese casacional que deberá ser interposto ante esta Sección, no prazo de 20 días a contar dende o seguinte a notificación da mesma.

Dentro do prazo legal, devólvanse as actuacións orixinais con testemuño desta resolución ao Xulgado de procedencia, para a súa execución e cumprimento.

Así por esta resolución da que se porá certificación literal no Rolo de Sala da súa razón, incluíndose o orixinal no Libro correspondente, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACIÓN.- Dada, lida e publicada foi a anterior Sentenza pola Xuíz que a ditou, estando celebrando audiencia pública nomesmo día da súa data, do que eu, o Secretario Xudicial, dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.