Última revisión
21/01/2011
Sentencia Civil Nº 36/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3172/2009 de 21 de Enero de 2011
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 16 min
Orden: Civil
Fecha: 21 de Enero de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 36/2011
Núm. Cendoj: 36057370062011100035
Núm. Ecli: ES:APPO:2011:113
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00036/2011
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCIÓN SEXTA
SEDE EN VIGO
CIVIL
Rolo: 3172/09
Procedemento de orixe: ORDINARIO 1031/07
Órgano de procedencia: 1ª Instancia nº 13 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. JULIO PICATOSTE BOBILLO, Presidente , D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS , pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº36/11
Vigo, vinte e ún de xaneiro de dous mil once.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 1031/07 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 13 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3172/09, nos que aparece como parte
apelantes-demandados URBECOM INVERSIONES representada polo/a procurador/a D./D.ª PAULA LLORDÉN FERNÁNDEZ
CERVERA e asistida do/da letrado/a D./D.ª MIGUEL LAMELA MÉNDEZ ; NOSPRA S.L. Y CARE ALFAC S.L. representada
polo/a procurador/a D./D.ª MARINA LAGARÓN GÓMEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª IGNACIO GARCÍA GARCÍA ; Dª Virtudes representada polo/a procurador/a D./D.ª PEDRO LANERO TÁBOAS, non persoado nesta
isntancia; CAJA DE AHORROS DE VALENCIA, CASTELLÓN Y ALICANTE (BANCAJA) representada polo/a procurador/a D./D.ª
BENITO ESCUDERO ESTÉVEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª ANTONIO ZAMORANO FERNÁNDEZ ; e como parte contra da
que se apela e demandantes D. Doroteo , Dª Gema representados
polo/a procurador/a D./D.ª JAVIER TOUCEDO REY e asistidos do/da letrado/a D./D.ª MARÍA TERESA FERNÁNDEZ ; COLEGIO
OFICIAL DE ARQUITECTOS DE ASTURIAS representada polo/a procurador/a D./D.ª PABLO ACOSTA PADÍN, non persoado
nesta instancia; e SERVICIOS TRIBUTARIOS DEL PRINCIPADO DE ASTURIAS.
É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 13 de Vigo, con data do 22 de novembro de 2009 , ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Se estima la demanda presentada por el procurador D. Javier Toucedo Rey en nombre y representación de D. Doroteo y Dña. Gema contra URBECON INVERSIONES INMOBILIARIAS S.L. representado por la Procuradora Dña. Paula Llordén Fernández; contra NOSPRA S.L y CARE ALFAC representada por la Procuradora Dña. marina Lagarón Gómez; contra Virtudes representada por D. Pedro Lanero Taboas; CARPINTERIA BENTRON S.L. representados por D. Jesús González Puelles; contra el COLEGIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE ASTURIAS representado por D. Pablo Acosta Padín; contra MAGISTER S.L representada por Dña. Gloria Quintas; contra el BANCO SABADELL representado por Dña. Gisela Álvarez Vázquez; contra LA CAJA DE AHORROS DE VALENCIA, CASTELLOS Y ALICANTE, BANCAJA representado por D. Benito Escudero y contra LOS SERVICIOS TRIBUTARIOS DEL PRINCIPADO DE ASTURIAS.
Se declara resuelto el contrato de permuta suscrito con fecha 11 de junio del dos mil cuatro entre la actora y URBECON INVERSIONES INMOBILIARIAS S.L. Se condena a ésta entidad a la entrega del inmueble que se describe de la siguiente forma: URBANA.- Parcela de terreno de la superficie de cuatrocientos sesenta y cuatro metros y sesenta y cinco decímetros cuadrados, aproximadamente, sita en la CALLE000 , número NUM000 de Vigo, sobre la que se emplaza una casa de PLANTA BAJA Y PISO, de derecha e izquierda, que ocupa una superficie de CIENTO CUARENTA METROS CUADRADOS. Limita: Derecha, camino; izquierda, de Benedicto ; Frente, Calle Romil; y Espalda, de los Seres. Imanol ". Dicha finca, está inscrita en el Registro de la Propiedad de Vigo número cinco, en el tomo NUM001 del Archivo General, Libro NUM001 de Vigo, finca NUM002 , folio 4, con referencia catastral NUM003 ,
Se acuerda la cancelación de las anotaciones de embargo que pesan sobre esa finca a favor de las codemandadas; librando para ellos los mandamientos necesarios.
Se imponen las costas a las demandadas; salvo a la entidad BANCO SABADELL quien se allana a la demanda en el momento procesal oportuno.
Llévese testimonio de la presente resolución a los procedimientos de medidas cautelares 291/08 y 1173/07, a los efectos previstos en el artículo 731 de la LEC ."
Segundo: Contra a dita sentenza os procuradores PAULA LLORDÉN FERNÁNDEZ-CERVERA, MARINA LAGARÓN GÓMEZ, PEDRO LANERO TÁBOAS e BENITO ESCUDERO ESTÉVEZ, en representación de URBECOM INVERSIONES, NOSPRA S.L. Y CARE ALFAC S.L., Virtudes , CAJA DE AHORROS DE VALENCIA, CASTELLÓN Y ALICANTE (BANCAJA), respectivamente, presentaron uns recursos de apelación, que foron admitidos en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 9 de decembro de 2010.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro : Por escritura notarial de data 11 de xuño de 2004 os litigantes celebraron un contrato de permuta de solar por obra futura, contrato do que salientamos neste intre a clásusula segunda, a que no seu penúltimo parágrafo, e baixo o rótulo de "prazo", establece que "a Entidade promotora obrígase á entrega de ditos bens, perfectamente rematados, preparados para habitar, no prazo de trinta e seis meses contados desde hoxe" (folio 50 volto). Transcorrido ese prazo sen que a Promotora entregase os bens comprometidos -nin comenzara a construcción- os cónxuxes donos do solar promoven o día 23 de outubro de 2007 a presente demanda, exercitando a acción resolutoria do contrato ex artº 1124 do Código Civil , por incumprimento contractual imputable á contraparte ou, en todo caso, por frustración do negocio. E oponse a esa acción resolutoria a Promotora alegando -dito de xeito simplificado-, por unha banda, que foron os impedimentos de orde urbanística e administrativa os que motivaron que non se dera comenzo á obra proxectada, e por outra, que o cómputo do prazo de trinta e seis meses para a realización das obras debe facerse desde a data da obtención da licenza municipal, ou subsidiariamente, desde o día 8 de novembro de 2006, data esta última na que o Concello de Vigo suspende a tramitación da licenza para a construcción litixiosa proxectada.
Segundo : Para resolver adecuadamente a controversia, nos termos expresados, semella necesario acodir á doutrina xurisprudencial que interpreta e aplica aquel artigo, doutrina xurisprudencial que veu evolucionar desde a esixencia, tradicionalmente, dun elemento subxectivo ou culpabilístico no incumprimento do contratante demandado, ata a orientación máis moderna hacia unha fundamentación obxectiva da norma, bastando entón para acordar a resolución contractual coa frustración do fin negocial concebido, independentemente de se o demandado contribuíu ou non co seu indilixente obrar ao fracaso do contrato.
En efecto, "a vontade deliberadamente rebelde" foi unha frase cuñada polo Tribunal Supremo para o xogo do artº 1124 . Neste senso, a sentenza de 13-7-95 declara que "la frustración no se produce cuando la causa que origina el incumplimiento no es atribuible directamente a las partes ( sentencia de 30-3-1992 ), y lo mismo sucede cuando inciden impedimentos urbanísticos y administrativos ( sentencias de 19-1-1990 y 24-2-1993 ), que en este caso no son definitivos". Pero este criterio xurisprudencial, non pacífico certamente, pois a sentenza de 29-4-91 senta que "esta Sala tiene reiteradamente declarado que basta para apreciar el incumplimiento que se haya producido una frustración de las legítimas expectativas de la parte que cumplió, ( S.S. 20 junio 1980, 10 octubre 1982, 7 marzo 1983, 31 mayo 1985, 28 febrero 1986 y 30 junio 1987 )", foi evolucionando ata un criterio puramente obxectivo.
Así, a sentenza. de 9-3-2005 proclama que "la doctrina jurisprudencial de esta Sala ha sufrido un cambio evolutivo progresivo en el sentido de abandonar el requisito subjetivista de la voluntad deliberadamente rebelde, sustituyéndole por el impago en el sentido objetivo, con lo que ya no se viene exigiendo una actitud dolosa del comprador para que la resolución por incumplimiento de pago pueda tener lugar ( Sentencias de 5-6-1989 y 11-3-1991 ) que es a lo que apunta la frase "actitud deliberadamente rebelde", bastando con que se frustre el fin del contrato para la contraparte, es decir que se produzca quiebra de la finalidad económica de la relación, imputable al comprador o sucesores que resulten obligados, y no satisfacen el precio que se había acordado para la transmisión dominical. Esta doctrina se presenta acomodada a los tiempos actuales para las situaciones de incumplimientos contractuales, ya que frente al vendedor que cumple el comprador incumplidor desequilibra la relación contractual al incurrir en impago voluntario ( Sentencias de 21-6-1990, 23-4-1992, 9-10-1993, 22-12-1993, 17-5, 4-7 y 10-10-1994, 16-3, 2-10 y 29-12-1995 y 7-2-1996, 23-3-1996, 24-10-1998 y 22-2-1999 , entre otras muy numerosas). Igualmente, as sentenzas de 31-5 e 17-7-2007, e 31-1-2008 .
Terceiro : As anteriores reflexións conducen, en conxunción co propio teor do contrato de permuta de 11 de xuño de 2004, a acoller a acción resolutoria promovida.
En efecto, e en primeiro lugar, o contrato establece que o prazo de trinta e seis meses para o remate definitivo da obra comenzará contarse "desde hoxe". A claridade e inequivocidade da expresión excusa de máis comentarios. E a alternativa interpretativa proposta pola Promotora demandada, e agora recorrente, de que o dies a quo é o da obtención da lincenza municipal, carece de apoio contractual e vulnera abertamente o postulado pacta sunt servanda. Se esa fora a vontade concorde das partes, así se indicaría naturalmente no documento como, polo demáis, é usual e acostumado neses casos.
En segundo lugar, a frustración da operación inmobiliaria, abstracción feita de culpabilidades, semella evidente. A propia parte demandada recoñece que en virtude de resolución do Concello de Vigo de data 8 de novembro de 2006 -realmente apórtase simplemente informe da Arquitecta municipal nese senso, ao folio 182- suspendeuse indefinidamente a tramitación da licenza de obras solicitada, suspensión que perdura á presentación da demanda, e debemos entender igualmente durante todo o proceso pois nada se manidfesta en sentido contrario. E non semella superábel o obstáculo que proclama a parte apelante, de que por mor das novas disposicións urbanísticas, se poda derrubar a casa -por catalogación- preexistente para efectuar a obra litixiosa. Por outra banda, as graves dificultades económicas que atravesa a Promotora demandada, dificultades que coleximos vehementemente dos embargos que pesan sobre o solar litixioso (ata seis embargos ao tempo da demanda, polo montante global que supera os 342.000 euros de principal, máis outros catro anotados durante o proceso, por máis de sesenta mil euros - en esencia, folios 570 e 571) constitúen unha coxuntura engadida que fai increible a consumación da obra pactada, e ainda non iniciada, o que levaría, de poder chegar a facerse, a unha demora de varios anos (¿cantos máis?), maís aló do prazo pactado de tres, non podendo esixirse, en fin, aos demandantes, cumpridores da súas obrigas, permanecer impasíbles ante o fracaso contractual consumado.
As consideracións anteriores son bastantes para rexeitar o recurso da Promotora demandada. Máis, a pesar diso, non queremos pechar o círculo argumental sen facer alusión ao comportamento, non todo o dilixente e pronto que sería de desexar, e esixíbel, observado pola demandada apelante. Comportamento indilixente que inferimos: A) De que a solicitude inicial de licenza interésase, non inmeditamente de outorgada a escritura notarial de permuta o día 11 de xuño de 2004, senón case oito meses despois, concretamente o 1 de febreiro do ano seguinte (folio 95). B) De que a solicitude de licenza faise prácticamente orfa de toda a documentación complementaria atinente ao caso, como así se colixe da contestación do Concello de data 7 dese mesmo mes e ano (folio 97). C) De que a Promotora demora novamente esa esixencia municipal ata arredor de sete meses máis, en concreto ata o día 18 de setembro de 2005, no que entrega a documentación completa (folios 99 e 113 e seguintes). En definitiva, ían xa transcorridos quince meses, dos trinta e seis pactados para o remate definitivo da obra. D) Por último, a actitude serodia da recorrente igualmente se manifesta na solicitude de cambio de aliñación e rasante e de superficie ante o Catastro, de data 18 de xullo de 2005 (folio 100).
A parte demandada fai fincapé, en defensa da súa postura, de que a demora non é da súa culpa, senón debida a feitos alleos (que en certo sentido achaca aos demandantes, ou en todo caso incardinables nos institutos do caso fortuito ou de forza maior), consistentes en que a aliñación e superficie escrituradas do fundo non se correspondían coas reais. Argumentación que carece de toda consistencia, e que non pode ter o efecto exculpatorio que a recorrente pretende dado que: A) O contrato de permuta comprende o solar como un corpo certo ou sen atender a un número concreto de metros cadrados de superficie. Ou por decilo doutra maneira, non se fai unha permuta do solar en atención a unidades de medida, non só porque a escritura pública ningunha indicación contén nese senso, senón tamén porque fala da superficie de catrocentos sesenta e catro metros cadrados e sesenta e cinco centímetros cadrados "aproximadamente" (folio 48). B) A demandada fixo ante a Administración, como recoñece na contestación á demanda, todas as xestións que estimou oportunas - e entre elas á relativa á fixación da aliñación e rasante do predio- antes do autorgamento da escritura notarial de permuta, e se houbo entón a discordancia que predica, a subsanación dese obstáculo pudo interesala antes dese outorgamento por atoparnos, en fin, ante unha circunstancia doadamente detectable dada a súa evidencia física, máxime por un profesional do eido inmobiliario, como é a Promotora demandada. En definitiva, e en expresión do Tribunal Supremo, contidas na sentenza de 8-10-2002 "las fincas eran aptas para la obtención de la licencia de obras, sin que la determinación de la exacta alineación de las calles y la plasmación del estudio de detalle constituyen excusas convincentes para salvar la patente incumplimiento del demandante, que se había comprometido a iniciar las obras antes del 15 Dic. 1988".
A xeito de recapitulación, o recurso da Promotora non pode estimarse, tanto porque rematou sobradamente o prazo estipulado para a realización da obra, como porque esta última estaba avocada a un fracaso non superado como, finalmente, porque houbo unha actitude indilixente e serodia da recorrente, tal como ficou sentado, incompatíbel co xogo do caso fortuito e da forza maior.
Cuarto : Formúlase nesta alzada polos demandados que gozan dunha anotación preventiva de embargo ao seu prol no Rexistro da Propiedade a cuestión do alcance da resolución contractual do contrato de permuta que se acorda respecto deses embargos que recaen sobre o fundo obxecto dese contrato, é dicir, se as respectivas anotacións preventivas deben levantarse ou non. Cuestión que aparece resolta pola xurisprudencia en sentido afirmativo ao non ostentar eses acredores -hipotéticos- da condición de terceiros adquirintes, disposta polo parágrafo último do artº 1124 do Código Civil . Efectivamente, advirte o T. S. na sentenza de data 19-11-92 que "quien embarga no altera la naturaleza de su crédito; sólo asegura que cobrará con la cosa embargada con preferencia a los que obtengan derechos reales posteriormente, es decir, que quien compra tras el embargo subordina su derecho al resultado del proceso de ejecución en que se practicó aquél. Pero en modo alguno tiene el titular del embargo la condición de tercero a los efectos del art. 34 LH , porque no ha adquirido en las condiciones por él definidas ningún derecho real sobre la cosa, y, en consecuencia, si la cosa demuestra que no pertenece al titular registral es posible, como en el caso de autos, que su propietario obtenga resolución judicial que le tenga por tal, aun con base en documento privado, pues todo documento privado es apto para, en unión de las demás pruebas, desvirtuar la presunción de legitimación registral de que goza el titular inscrito".
Sentan igual criterio as sentenzas de 30-12-93 , cando afirma que "el acreedor embargante no goza de la protección del art. 34 de la Ley Hipotecaria , porque nada adquiere del titular registral, al no modificar el embargo la naturaleza de su derecho convirtiéndolo en derecho real". E a de 10-5-94, ao precisar que "en modo alguno tiene el titular del embargo la condición de tercero a los efectos del artículo 34 de la Ley Hipotecaria , porque no ha adquirido en las condiciones en él definidas ningún derecho real sobre la cosa, y puede ocurrir en el caso "sub judice" que su propietario obtenga resolución judicial que le tenga por tal...".
A pauta xurisprudencial precedente non se contrapón coa mantida na sentenza de 21 de xuño de 2002 , pois o suposto contemplado nesta resolución é diverso daquelas outras sentenzas, así como do hoxe examinado, ao tratarse o daquela primeira dunha adquisición da propiedade por un terceiro de boa fe, e ao que por mor da ineficacia contractual proclamada se lle outorga - simplemente- un dereito indemnizatorio.
O recurso formulado neste senso non pode entón estimarse.
Quinto : A representación procesual das partes demandadas, Nostra, S. L. e Care Alfac, S. L., circunscriben o seu recurso de apelación ao capítulo relativo ás custas procesuais da primeira instancia, que entenden que non se lle deben impoñer. Argumentan, en definitiva, as recorrentes que cando interesaron a anotación preventiva de embargo actuaron de boa fe, confiando no Rexistro da Propiedade, e ignorando as condicións da permuta, as vicisitudes da mesma e, en fin, que se estiveran exercitar accións xudiciais polos hoxe actores contra a Promotora demandada. Pois ben, non son necesarias amplas e complexas reflexións de orde xurídica para desbotar a formulación das apelantes xa que, ainda que déramos por certas as súas invocacións, as mesmas non poden ter o efecto liberatorio das custas que se pregona, pois estas custas do proceso sonlle impostas, única a exclusivamente, pola postura adoptada por elas dentro dese proceso, de oposición á pretensión resolutoria dos actores cando, pola contra, podían optar pola conformidade, tal como polo demáis fixo outra codemandada.
Sexto : Non atopmos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artº 398 , en relación coa artº 394, ambos da L. A. C ..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que desestimamos os recursos de apelación formulados por Orbecón Inversiones Inmobiliarias, S. L., Nostra, S. L. e Care Alfac, S. L., Caja de Ahorros de Valencia, Castellón y Alicante (Bancaja) e Virtudes contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 13 de Vigo o día 22 de novembro de 2008 , con expresa imposición aos recorrerntes das custas procesuais desta alzada, derivadas dos seus respectivos recursos. Dada a veciñanza distinta da galega dalgúns dos contendentes tradúzase a presente resolución ao castelán.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
PUBLICACIÓN : En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.
DILIGENCIA : Seguidamente se procede a cumplimentar la no tificación de la anterior resolución. Doy fe.
