Última revisión
30/11/2000
Sentencia Civil Nº 360, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 286 de 30 de Noviembre de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Civil
Fecha: 30 de Noviembre de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 360
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCION SEGUNDA
PONTEVEDRA
Rolo: MENOR CUANTIA 286 /1999
Ilmos. Sres. Maxistrados:
Presidente:
D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
Maxistrados:
Dª ANGELA-IRENE DOMINGUEZ-VIGUERA FERNANDEZ
D. JAIME ESAIN MANRESA
S E N T E N C I A N° 360
En Pontevedra, trinta de novembro do 2000
No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 58/99, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NUM. 4 PONTEVEDRA, movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandada AGENCIA E, representado polo Avogado do Estado, e da outra como apelado e demandante MARIA DOLORES R, representado nesta instancia polo procurador dos Tribunais MARIA DEL CARMEN TORRES ALVAREZ, e baixo a dirección do avogado ALBERTO VIEJO LOPEZ, e como apelados e demandados, en rebeldía procesual, RAMON R y MARIA DE LA MERCED D, na Tercería de Dominio (derivado do xuízo de Menor Contía).
ANTECEDENTES DE FEITO
PRIMEIRO: Nos actos a que este rolo atinxe, na data 9 de setembro do 1999, o Xdo. 1 Inst e Instr. Pontevedra núm. 4, pronunciou sentencia, a resolución da cal rigorosamente di: "Que estimando la demanda interpuesta por la Procuradora Sra. Torres Alvarez en nombre y representación de Doña María Dolores R contra D. Ramón R, Doña Mª. de la Merced D y la Agente Estatal de la Administración Tributaria, debo declarar y declaro haber lugar a la misma y en consecuencia declarar que la finca Monte a tojo con algunos pinos, en el barrio de Buenevista, parroquia de Celeiros, municipio de Puenteareas que, ocupa una extensión superficial de dos hectáreas setenta y seis áreas aproximadamente, inscrita en el Registro de la Propiedad de Puenteareas con el n° 26.138-N, Libro 258, Tomo 979, se encuentra libre de la hipoteca constituida el día 12.9.1992 a favor de la Hacienda Pública en garantía del aplazamiento de una deuda que importaba 1.865.578 pts con n° de expediente de aplazamiento n° 10-1992/600.0140-01-04, hipoteca inscrita al Libro 258, Tomo 979, Folio 181, Inscripción 3ª de la Finca 26.138-N, al haber quedado extinguida. Todo ello con imposición de una tercera parte de las costas a la Administración demandada, no condenándose en costas por las otras dos terceras partes".
Fronte á devandita sentencia, a parte demandada AGENCIA ESTATAL E LA ADMINISTRACION TRIBUTARIA interpuxo recurso de apelación, e emprazadas que foron perante desta Audiencia, personáronse en tempo e forma ámbalas dúas partes e, logo de transcorrido o prazo dos artigos 705 e 707 da Lei de Axuizamento Civil, sen que as mesmas formularan alegación ningunha, forónlle entregados os autos ó Maxistrado Relator polo termo de seis días e, fixado día e hora para a celebración da vista, déuselle traslado ás partes polo prazo legal de catro días, para instrucción dos seus avogados defensores.
A vista de apelación tivo lugar o día 28 de noviembre de 2000, coa asistencia dos avogados defensores das partes .
SEGUNDO: Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais. Foi relator o Ilmo. Sr. Maxistrado DON JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.
FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO.- Son antecedentes fácticos da presente resolución os seguintes: a) A medio de escritura pública de data 20 de marzo de 1997, dona María Dolores R (a actora de litis) adquiriu de don Ramón R e dona María de la Merced D, o monte a toxo con algúns piñeiros, no barrio de Boavista, parroquia de Celeiros, concello de Ponteareas, cunha superficie aproximada de dúas hectáreas setenta e seis áreas, libre de cargas e arrendatarios, e convenientemente inscrita no rexistro da propiedade de Ponteareas; b) Con anterioridade á amentada compravenda, e por escritura notarial do 12 de setembro de 1992, os naquela vendedores e de quen a actora trae causa, don Ramón R e dona María de la Merced D, tiñan constituido hipoteca unilateral a prol da facenda pública por sobre o mesmo fundo que logo lle venderon á actora dona María Dolores R, en garantía da cantidade que o sr. R adebedaba á facenda, dos seus xuros ordinarios ó tipo legal por prazo de tres años, polos xuros de demora consonte á Lei Xeral Tributaria e Regulamento Xeral de Recadación, e da cantidade que se orixinase para custas e gastos máximo unha cantidade do 4% do importe adebedado, tal cal así consta na primeira das cláusulas da devandita escritura do año 1992; c) Obedecía o outorgamento da referida constitución de hipoteca unilateral ó feito de que ó sr. R se lle ofrecera o aprazamento do pago da débeda (importe de 1.865.578 pts.) ata en sete prazos abranguidos entre o 5 de marzo de 1993 e o 5 de marzo de 1996; d) A cláusula sexta da amentada escritura de constitución de hipoteca unilateral á letra dicía: "La hipoteca constituida caducará y podrá cancelarse de oficio por el Registrador, al amparo de una interpretación analógica del artículo 353.3 del Reglamento Hipotecario, además de en los supuestos del artículo 141 de la Ley, en el de que transcurran seis meses desde el último vencimiento, sin que en el Registro conste actuación judicial o extrajudicial de reclamación de la Hacienda Pública"; e) Na data 1 de marzo de 1993, don Pedro C, na súa cualidade de delegado en Pontevedra da axencia estatal da administración tributaria, en escrito por el mesmo asinado e dirixido ó rexistrador da propiedade de Ponteareas, explícitamente aceptaba a devandita hipoteca unilateral constituída a prol do Estado por don Ramón R e a súa dona; f) Tanto a hipoteca unilateral como a expresa aceptación da mesma polo amentado delegado da axencia estatal da administración tributaria accederon ó rexistro da propiedade; g) A administración tributaria seguiu vía de prema contra don Ramón R e no transcurso do expediente acordou sacar a subhasta o monte, a celebrar o día 26 de xaneiro de 1999, o que motivou a presentación do correspondente recurso de apelación por parte da actora dona María Dolores R en base a, en esencia, ela ser a titular do predio dende o 20 marzo 1997, sendo rexeitada tal impugnación, e acudindo agora á formulación da presente tercería de dominio; h) Por ningures consta no rexistro da propiedade no que o ben litixioso se atopa inscrito que dentro dos seis meses seguintes ó derradeiro vencemento da débeda aprazada (5 setembro 1996) se levase a cabo actuación xudicial ou extraxudicial por parte da facenda pública, nos termos ós que así se aludía na xa citada cláusula sexta da escritura de constitución de hipoteca unilateral.
SEGUNDO.- Como se desprende dos artigos 1857 e 1876 do Código Civil, e 104 da Lei Hipotecaria, a hipoteca é un dereito real de garantía que se constitúe sobre un inmoble propiedade do hipotecante para asegurar o cumprimento dunha obrigación. A hipoteca non resulta ser, pois, un contrato senón un dereito real, malia o erro do Código Civil de incluíla no seu Libro IV, dedicado ás obrigacións e contratos. E como segue a dicir a sentencia do Tribunal Supremo do 3 de xullo de 1997 "La hipoteca voluntaria, haciendo abstracción de las hipotecas legales, se constituye por negocio jurídico (art. 138 LH) que puede ser bilateral (contrato) o unilateral, prevista, esta última, en el art. 141 LH y 237 del Rgto. Hipotecario: se constituye válidamente por la voluntad unilateral (negocio jurídico unilateral) del dueño de la finca hipotecada y para su eficacia como derecho real requiere la "conditio iuris" de la aceptación del acreedor en cuyo beneficio, que es la garantía de su derecho de crédito, se ha constituido; en cuya aceptación no ha establecido la ley plazo general alguno, sino que el dueño de la finca (sea el hipotecante o un tercero adquirente) puede dirigirle un requerimiento, tras el cual, si no se verifica y hace constar (por nota marginal) en el Rgtro de la Propiedad, la aceptación, en el plazo de dos meses, queda definitivamente ineficaz la hipoteca y puede cancelarse, a instancia del dueño de la finca".
Dito doutro xeito: a hipoteca unilateral, como negocio xurídico, precisa da concorrencia dunha declaración de vontade, dun obxecto, e dunha causa; e esta última vén dada pola creación dun dereito real coa función de garantía dunha obrigación se ben, con carácter accesorio ó só subsistir se hai obrigación garantida.
A Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado ten sinalado (resolución do 17 de outubro de 1994) que "Como ya dijera Res. 31 julio 1989 de este Centro directivo, cuya doctrina confirmaron otras posteriores (vid. RR 6 febrero y 18 mayo 1992), es regla general de nuestro ordenamiento hipotecario la de que la rectificación del registro, de la que la cancelación no es sino una modalidad, precisa del consentimiento del titular registral o bien de resolución judicial firme dictada en el juicio declarativo correspondiente (arts. 1, 38 y 40 LH); la hipótesis contemplada en el pfo. 2° art. 82 LH, precisa, en consecuencia, para su operatividad, que la extinción del derecho inscrito, según la ley o el título, resulte de manera clara, precisa e indubitada. La hipoteca voluntaria, como fruto que es de la autonomía de la voluntad plasmada en un negocio jurídico, puede constituirse por plazo determinado al igual que puede quedar sujeta a una condición. Ahora bien, el plazo fijado para aquélla puede tener, según los casos, un distinto significado que habrá de analizarse atendiendo a los concretos términos en que aparezca constituida".
Pero de xeito máis nidio aínda se expresa ós efectos do axuizamento do caso que nos ocupa, a resolución da DXRN do 22 xuño 1995, segundo a cal "Nada se opone a que la hipoteca, como los demás derechos reales, pueda ser constituida por un plazo determinado (vid arts. 613,2, 529, 546,4 y 1843,3 CC), de modo que únicamente durante su vigencia puede ser ejercitada la acción hipotecaria, quedando totalmente extinguido el derecho real una vez vencido dicho plazo, salvo que en ese instante estuviera ya en trámite de ejecución hipotecaria, en cuyo caso, la hipoteca se extinguiría al concluir el procedimiento, ya por consumación de la ejecución, ya por cualquier otra causa. Lógicamente la accesoriedad del derecho real de la hipoteca respecto del crédito garantizado (1875 CC y 134 LH), exigirá que en estas hipótesis de constitución de la hipoteca por un plazo determinado, el vencimiento de ésta debe ser posterior al de la obligación asegurada y lo usual, aunque no inexcusable, es que esta exigencia se traduzca en que el día inicial del plazo de la hipoteca sea el del vencimiento de la obligación garantizada".
Así as cousas, se a administración mesma lle ofreceu a don Ramón R (vendedor xunto coa súa esposa á actora do fundo sobre o que versa a presente tercería de dominio) a posibilidade do aprazamento da débeda á facenda pública coa condición de que ofrecera unha garantía hipotecaria suficiente, se esta se outorgou nos termos ós que se deixan feito mención no primeiro dos fundamentos de dereito desta mesma resolución, e se expresa e explícitamente foi admitida tal garantía en tódolos seus termos e clausulado polo representante da administración acredora, mal pode agora argumentarse, de xeito xenérico e sen base algunha, que aquela constitución de hipoteca unilateral estaba viciada de nulidade, á marxe incluso de que, sen embargo, ben que se aproveitou de tal circunstancia a acredora para tentar sacar a subhasta o ben inmoble.
Á hipoteca fixóuselle de antemán un prazo determinado vinculado ó do último vencemento do pago aprazado (5 marzo 1996) e seis meses máis (5 setembro 1996), transcorrido o cal caducaría se no rexistro non constaba que a facenda pública formulase algunha actuación xudicial ou extraxudicial. E como queira que por ningures consta que a administración levase a cabo tal tipo de actuacións antes do 5 de setembro de 1996, a hipoteca unilateral atopábase caducada, e cando a actora dona María Dolores R a mercou no año 1997, por sobre a mesma xa non pesaba tal tipo de gravame.
Deste xeito, por todo o expresado, e con plena asunción dos atinados argumentos xurídicos expresados en idéntico sentido polo Maxistrado-Xuíz a quo na súa sentencia agora apelada, procede a confirmación desta en tódolos seus extremos.
TERCEIRO.- Impóñense as custas da presente alzada á parte recorrente en apelación (artigos 710 e 896 da Lei de Axuizamento Civil).
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación
D E C I D I M O S
Que debiamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación formulado por la A, fronte á sentencia dictada o 9 de xullo de 1999, polo Xulgado núm. 4 de PONTEVEDRA, nos autos de MENOR CONTÍA, número 58/99, e debemos confirmar e confirmamos a devandita resolución xudicial, con expresa imposición das custas da presente instancia á parte recorrente en apelación.
