Última revisión
06/01/2017
Sentencia Civil Nº 383/2016, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 663/2015 de 08 de Julio de 2016
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Civil
Fecha: 08 de Julio de 2016
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 383/2016
Núm. Cendoj: 36057370062016100378
Núm. Ecli: ES:APPO:2016:1545
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00383/2016
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA
N01250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
N.I.G. 36057 42 1 2015 0001395
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000663 /2015
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 6 de VIGO
Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000081 /2015
Recurrente: Estibaliz
Procurador: SARA DACAL RUIZ
Abogado: ANGEL DACAL JARDON
Recurrido: AXA SEGUROS GENERALES, SOCIEDAD ANONIMA DE SEGUROS Y REASEGUROS
Procurador: MARIA JOSE TORO RODRIGUEZ
Abogado: ALBERTO RICARDO VIEJO PUGA
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 383/16
Vigo, oito de xullo de dous mil dezaseis.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 81/15 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 6 de Vigo ós que correspondeu o rolo 663/15, nos que aparece como parteapelante e demandante D./D.ª Estibaliz , representada polo/a procurador/a D./D.ª SARA DACAL RUIZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª ANGEL DACAL JARDÓN,e comoparte contra da que se apela e demandada AXA SEGUROS GENERALES S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª JOSÉ TORO RODRÍGUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª ALBERTO VIEJO PUGA.
É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 6 de Vigo, con data do 10 de xullo de 2015, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'DESESTIMOíntegramente la demanda interpuesta por Dª. Estibaliz contra AXA SEGUROS GENERALES, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS, y absuelvo a la demandada de los pedimentos de contrario, imponiendo las costas a la actora.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª SARA DACAL RUIZ, en representación de D./D.ª Estibaliz , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 7 de xullo de 2016.
Fundamentos
Primeiro: Fundada a pretensión indemnizatoria na responsabilidade por culpa extracontractual ou aquiliana do artº. 1902 do Código Civil , resulta obrigado traer a colación a doutrina xurisprudencial que interpreta e aplica este precepto, partindo da relatividade propia de cada suposto, dada a multiplicidade de casos e actividades da vida humana nos que pode manifestarse ese tipo de responsabilidade, e sempre partindo -claro é- de que a actividade na que movémonos (por decilo de xeito moi resumido, caída no interior dun establecimento comercial) non é en absoluto xeradora de ningún tipo de risco significado e, conseguintemente, non poden establecerse presuncións de culpa contra a demandada, nin acudirse aos outros mecanismos tendentes a invertir a carga da proba ou a obxectivizar a responsabilidade.
Nese senso, di a sentenza do T. S. de data 22 de febreiro de 2007 que 'la jurisprudencia no ha llegado al extremo de erigir el riesgo como criterio de responsabilidad con fundamento en el art. 1902 del Código civil ( SSTS 6 de septiembre de 2005 17 de junio de 2003 , 10 de diciembre de 2002 , 6 de abril de 2000 y, entre las más recientes, 10 de junio de 2006 y 11 de septiembre de 2006 ). Es procedente prescindir de una supuesta objetivación de la responsabilidad civil que no se adecua a los principios que informan su regulación positiva. La jurisprudencia no ha aceptado una inversión de la carga de la prueba, que en realidad envuelve una aplicación del principio de la proximidad o facilidad probatoria o una inducción basada en la evidencia, más que en supuestos de riesgos extraordinarios, daño desproporcionado o falta de colaboración del causante del daño cuando está especialmente obligado a facilitar la explicación del daño por sus circunstancias profesionales o de otra índole ( STS de 2 marzo de 2006 ). Es un criterio de imputación del daño al que lo padece la asunción de los riesgos generales de la vida ( STS 21 de octubre de 2005 y 5 de enero de 2006 ), de los pequeños riesgos que la vida obliga a soportar ( SSTS de 11 de noviembre de 2005 y 2 de marzo de 2006 ) o de los riesgos no cualificados, pues riesgos hay en todas las actividades de la vida ( STS 17 de julio de 2003 ). En los supuestos en que la causa que provoca el daño no supone un riesgo extraordinario no procede una inversión de la carga de la prueba respecto de la culpabilidad en la producción de los daños ocasionados'. E engade aquela sentenza de 22-2-2007 que non pode apreciarse responsabilidade nos casos 'en los cuales la caida se debe a la distracción del perjudicado o se explica en el marco de los riesgos generales de la vida por tratarse de un obstáculo que se encuentra'.
En moi semellantes termos se manifesta a sentenza de 17 de xullo de 2007 , da destacamos as seguintes consideracións de utilidade. A) Deben excluirse do ámbito do artº 1.902 'los pequeños riesgos que la vida obliga a soportar, el riesgo general de la vida o los riesgos no cualificados, pues riesgos hay en todas las actividades de la vida'. B) Nos supostos de caídas en edificios en réxime de propiedade horizontal ou acaecidas en establecimentos comerciais, de hostalería ou de ocio, a conclusión é que para declarar tal responsabilidade 'ha de concurrir necesariamente una culpa o negligencia identificable, que no se dará cuando por distracción del perjudicado éste tropiece con un obstáculo que se encuentre dentro de la normalidad'. C) Nos traballos preparatorios dos 'Principios de dereito europeo da responsabilidade civil', actualmente en curso, se define o 'Estándar de conducta exixíbel' como 'el de una persona razonable que se halle en las mismas circunstancias, y depende, en particular, de la naturaleza y el valor del interés protegido de que se trate, de la peligrosidad de la actividad, de la pericia exigible a la persona que la lleva a cabo, de la previsibilidad del daño, de la relación de proximidad o de especial confianza entre las personas implicadas, así como de la disponibilidad y del coste de las medidas de precaución y de los métodos alternativos' ( artículo 4: 102. -1-). CH ) O artº 1.104 do Código Civil , cando alude tanto á 'dilixencia que exixa a natureza da obligación e corresponda ás circunstancias das persoas, do tempo e do lugar' como 'á que correspondería a un bo pai de familia', 'configura un modelo de conducta diligente válido para la mayoría de los casos'. D) Por último, a contemplación do caso fortuito no art. 1105 do mesmo código , configurándoo como suceso que non podera preverse, 'significa que no toda desgracia determina necesariamente que alguien deba responder de ella porque, como se señalaba al principio, la vida comporta riesgos'.
En fin, e tal como proclama a sentenza de 17 de xullo de 2003 'en relación al artículo 1902 del Código Civil invocado, la evolución de la jurisprudencia que da soluciones prácticas percibidas en los fallos y que denuncian una evidente tendencia tuitiva en favor de las víctimas, no puede alcanzar al abandono teórico de la doctrina de la culpa, considerando a ésta elemento justificativo de la responsabilidad civil, al menos en los supuestos puros de responsabilidad por actos propios'.
Segundo: A parte actora, e hoxe recorrente, non deu satisfacción cumprida á carga probatoria que lle impón o artº 217 da Lei de axuizar.
Ante todo cómpre reseñar que o relato dos feitos que a actora fai na demanda resulta demasiado pobre e escueto, impedindo entón ao órgano xudicial facerse unha cabal e acabada composición de lugar. En todo caso, do relato de feitos infírese que circunscribe o comportamento culposo da asegurada -cuxa compañía de seguros resulta ser a única demandada- a un extremo moi concreto: a transparencia do valo de metacrilato que delimitaba unha das zonas de xogo infantil do centro comercial, elemento separador transparente que impediría loxicamente á demandante, na súa tese, percibilo e evitar tropezar con el. Pois ben, o certo que de conformidade coas abundantes probas que existen sobre este punto, o valo non era transparente.
En efecto, e primeiramente, se examinamos a proba documental fotográfica -elocuente- que se achegou á lite coleximos que o valo de metacrilato non é en absoluto transparente senón traslúcido, ao presentar unha especie de dibuxo areado con formas circulares imitando unhas olas, ou unha formas de peixes, segundo se mire. Estamos, en definitiva, ante un obxecto que polas súas dimensións e composición era perfectamente observable.
En segundo termo, a proba testemuñal, ainda que ten que ser tomada cunha certa cautela, dados os vencellos laborais das testemuñas coa asegurada (xerente e dous vixiantes de seguridade), este instrumento de proba é de considerar pois as tres testemuñas son contextes entre si, e coincidentes, en fin, co resultado da proba documental fotográfica sobre aquelas características do valo de metacrilato.
E en terceiro lugar, a pericia proposta pola compañía de seguros demandada, en unión do soporte visual comprensivo dunha panorámica xeral do centro e do punto concreto do sinistro -ao que aproxímase o zoom da cámara inmediatamente de ocurrido-, non fan máis que corroborar a realidade do valo, no que se observa como remata por tropezar a demandante, caindo seguidamente ao chan.
En conclusión, e recapitulando sobre o acervo probatorio que existe na causa, cabe sentar dúas conclusións: A) A primeira, que fronte ao afirmado - inexactamente- pola actora, e hoxe apelante, como fundamento da imputación culposa da contraparte, o valo non era transparente, senón traslúcido -insistimos- e, conseguintemente, perfectamente apreciable. B) Que o tropezón da demandante contra o valo ten a única orixe acreditada nun actuar da mesma que debe calificarse de imprevisor, esquecedizo, irreflexivo e deixadizo, moi probablemente debido á prestación exclusiva de atención á cativa neta que ía con ela.
Por todo o dito, o recurso non pódese estimar.
Terceiro: Non observamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do critero xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artigo 398, en relación co artigo 394, ambos da L. A. C..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por Dª Estibaliz contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 6 de Vigo o día 10 de xullo de 2015, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012066315, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado
