Sentencia CIVIL Nº 445/20...re de 2021

Última revisión
03/02/2022

Sentencia CIVIL Nº 445/2021, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 63/2021 de 28 de Octubre de 2021

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 31 min

Orden: Civil

Fecha: 28 de Octubre de 2021

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 445/2021

Núm. Cendoj: 36057370062021100453

Núm. Ecli: ES:APPO:2021:2457

Núm. Roj: SAP PO 2457:2021

Resumen:

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00445/2021

Modelo: N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Teléfono:986817388-986817389 Fax:986817387

Correo electrónico:

Equipo/usuario: BN

N.I.G.36057 42 1 2020 0008199

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000063 /2021

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 12 de VIGO

Procedimiento de origen:ICP INCAPACITACION 0000523 /2020

Recurrente: Aurora

Procurador: MARIA TAMARA UCHA GROBA

Abogado: GUILLERMO PRESA SUAREZ

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados Dª BEGOÑA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Presidenta, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JOSÉ FERRER GONZÁLEZ,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 445/21

Vigo, vinte e nove de outubro de dous mil vinte e un.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo INCPACITACIÓN 523/20 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 12 de Vigo ós que correspondeu o rolo 63/21, nos que aparece como parte apelante e demandada D./D.ª Aurora, representada polo/a procurador/a D./D.ª TAMARA UCHA GROBA e asistida do/da letrado/a D./D.ª GUILLERMO PRESA SUÁREZ,e como parte contra da que se apela e demandante MINISTERIO FISCAL.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 12 de Vigo, con data do 7 de outubro de 2020, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Que estimando la demanda formulada por el Ministerio Fiscal, declaro, a todos los efectos legales, que Aurora es total y absolutamente incapaz para gobernarse por sí misma y para administrar sus bienes.

Se acuerda la constitución de la tutela de Aurora y para que la ejerza, bajo control judicial, se nombra tutor a Juan Ramón, a quien se releva de prestar fianza.

No se realiza pronunciamiento sobre costas'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª TAMARA UCHA GROBA, en representación de D./D.ª Aurora, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a celebración da Vista do presente recurso o día 16 de setembro de 2021 as 10:30 horas, co resultado que obra no rolo.

Fundamentos

Primeiro: Malia que podería estimarse que a parte recurrente non mantén agora xa a pretensión de nulidade de actuacións, pois a razón do pedimento estribaba nas carencias probatorias que postulaba, e que á postre foron salvadas mediante a práctica nesta alzada das probas propostas -agás do informe pericial de Neuroloxía e o oficio ao Colexio notarial-, a improcedencia da petición resulta en todo caso palmaria dado que: A) Se oiron aos parentes máis próximos da discapaz (nunha concepción totalmente extensa e abarcante dos termos, pois tratábase da madrastra e do afillado da interesada), e ata ás persoas máis achegadas a ela, dandose así cumprimento ao mandato do artigo 759. 1 da LAC. B) Se libraron os correspondentes oficios ás Entidades bancarias, que foron debidamente cumprimentados. C) As outras dúas probas, pericial e oficio ao colexio notarial, foron rexeitadas por esta Sala, pola motivación oportunamente expresada, en resumo, a carencia de utilidade das mesmas, nunha pronuncia natural e derivada, tanto de que nada de proveito significado pode efectivamente obterse -nin a parte recurrente remata por concretala- dun posible testamento da demandada, como que se postula unha proba pericial na que carecemos da indentidade do perito, e o que, segundo consta nos autos, tería unha única intervención, sen un seguimento postreiro da paciente por mor da pandemia e da inasistencia hospitalaria voluntaria da mesma ao centro médico, circunstancias adversas que non aparecen superadas, precisamente, pola incuria probatoria da apelante, que deixa de propor en forma esta proba, que requería, en fin e obviamente, dun novo exame da discapaz, que inexplicablemente non se propugna. D) Consta nos autos un informe pericial prestado con todas as garantías de contradicción e defensa pola Médico Forense, quen someteuse ao debate dialéctico dos

contendentes ata en dúas ocasións. E) Este imparcial ditame, en unión da proba documental médica, testemuñas, manifestacións dos parentes e achegados da demandada, e a exploración da mesma efectuada polos órganos de primeira e segunda instancia constitúan probas dabondo para resolver a controversia.

Segundo: Das probas documental médica, informes da Médico Forense e as dúas exploracións levadas a cabo, a primeira, pola xulgadora a quo, e a segunda, por este tribunal de apelación, se infire que Dona Aurora -no sucesivo Dona Aurora-, solteira, hoxe oitenta anos de idade, e que vive soa coa súa madrastra, Dona Silvia, de 96 anos, na RUA000, nº NUM000- NUM001 desta cidade de Vigo, foi diagnosticada en xullo de 2018 de

deterioro cognitivo amnésico, e posteriormente, en febreiro de 2020, de enfermidade de Alzheimer leve GDS4, nuha escala de 1 a 7. Este padecimento, irreversible e progresivo, unido a súa idade, soidade e a que non ten conciencia da súa enfermidade nin dos seus déficits e perda de habilidades, a convirten nunha persoa especialmente vulnerable, confiada, e susceptíbel de ser fácilmente manipulable. Precisa da supervisión e axuda de terceiras persoas para o seu autocoidado, a realización das tarefas diarias de compras, preparar comidas ou limpar a casa, ou para o seguimento efectivo das súas contas bancarias. Carece de capacidade para contratar e para tomar en xeral decisións económicas, e precisa de asistencia e control para que acuda regularmente aos centros de saúde ou para a toma de

medicamentos. Non é capaz de sumar incluso cantidades pequenas. Sufre esquecimentos de cousas cotidiás e ten graves problemas de concentración. A ausencia de medidas asistenciais e de apoio podería supor un grave risco para a súa saúde e vida.

Terceiro: A lei 8/2021, de 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, pretende superar o noso actual sistema de incapacitación e tutela de autoridade, modificando os seus cimentos para que, agora, a vontade da persoa sexa o criterio primario

ou preferente de aplicación. Con iso se trata de lograr o adecuado exercicio da súa capacidade xurídica.

Como advirte a sentenza do TS de 6 de maio de 2021 'está

absolutamente superado el tratamiento jurídico que se le venía

dispensando a la discapacidad, basado en la adopción de decisiones maximalistas que optaban, de forma indiscriminada, por mecanismos de sustitución a través de la generalización de la tutela, como modelo de representación absoluta y permanente. Se partía entonces de la falaz consideración de que la sentencia de incapacitación total no perjudicaba a la persona declarada incapaz, pues tal mecanismo tuitivo

tarde o temprano debería desplegar sus efectos, por lo que era mejor prevenir cuanto antes necesidades futuras. En definitiva, si simplemente se pretendía proteger cuanta más protección mejor, por lo que ningún daño colateral se podría causar'.

'Según esta concepción, durante mucho tiempo dominante, personas que adolecían de ciertas deficiencias en la esfera personal o patrimonial eran totalmente inhabilitadas para la vida social, con la correlativa anulación de sus capacidades de autodeterminación, equivalentes a su muerte civil. Situación que se producía dado que, los entonces denominados procesos de incapacitación, se dirimían bajo la dicotomía

capaz/incapaz, blanco/negro, cuando las deficiencias de las personas con discapacidad se reconducen, en la mayoría de los casos, a distintos matices del gris. Se imponía una talla única, sin que, por lo tanto, la resolución judicial adoptada respondiese al paradigma del 'traje a medida', mediante la determinación de los concretos apoyos necesarios para que la persona, proporcionalmente a sus deficiencias, pudiera ejercer su autonomía conservando su dignidad como ser humano'.

Por outra banda, devandita resolución senta como 'principios

xurisprudenciais -derivados da subscrición do Convenio de Nueva York-', os seguintes:

A) Principio de presunción de capacidade das persoas. 'Conforme a tal regla a toda persona se le debe presumir capaz para autogobernarse, en tanto en cuanto no se demuestre, cumplidamente, que carece de las facultades para determinarse de forma autónoma ( sentencias 421/2013, de 24 de junio; 235/2015, de 29 de abril; 557/2015, de 20 de octubre y 145/2018, de 15 de marzo)'. E engade que 'en cualquier caso, hemos de partir de la indiscutible base de que una

conducta extravagante, inusual o desviada no es sinónima de

enajenación ( STEDH dictada en el caso Winterwerp, de 24 de octubre de 1979)'.

B) Principio de flexibilidade. 'El sistema de protección no ha de ser rígido, ni estándar, sino que se debe adaptar a las conveniencias y necesidades de protección de la persona afectada y, además, constituir una situación revisable ( sentencia 282/2009, de 29 de abril). 'Debe ser un traje a medida' ( entencias 341/2014, de 1 de julio y 244/2015, de 13 de mayo). Responder a una 'valoración concreta y particularizada de cada persona' ( sentencias 557/2015, de 20 de octubre y 373/2016, de 3 de junio). En definitiva, a situaciones diversas medidas individualizadas diferentes'.

C) Principio de aplicación restriciva.

'La incapacitación de una persona, total o parcial, debe hacerse siguiendo siempre un criterio restrictivo por las limitaciones de los derechos fundamentales que comporta ( sentencias 421/2013, de 24 de

junio y 544/2014, de 20 de octubre)'.

D) Principio da non alteración da titularidade dos dereitos fundamentais.

'La modificación de la capacidad, al igual que la minoría de edad, no cambia para nada la titularidad de los derechos fundamentales, aunque sí que determina su forma de ejercicio ( sentencias 617/2012, de 11 de octubre; 421/2013, de 24 de junio; 341/2014, 1 de julio, 544/2014, de 20 de octubre; 244/2015, de 13 de mayo; 216/2017, de 4 de abril y 118/2018, de 6 de marzo)'.

E) Principio do interese superior da persoa con discapacidade.

'El interés superior del discapacitado se configura como un principio axiológico básico en la interpretación y aplicación de las normas reguladoras de las medidas de apoyo, que recaigan sobre las personas afectadas. Se configura como un auténtico concepto jurídico indeterminado o cláusula general de concreción, sometida a ponderación judicial según las concretas circunstancias de cada caso. La finalidad de tal principio radica en velar preferentemente por el bienestar de

la persona afectada, adoptándose las medidas que sean más acordes a sus intereses, que son los que han de prevalecer en colisión con otros concurrentes de terceros'.

'A dicho principio se refiere la sentencia 458/2018, de 18 de julio, cuando señala: 'El interés superior del discapaz - sentencias 635/2015, 19 de noviembre 2015; 403/2018, de 27 de junio-, es rector de la actuación de los poderes públicos y está enunciado expresamente en el artículo 12.4 de la Convención de Nueva York sobre derecho de las personas con

discapacidad. Este interés no es más que la suma de distintos factores que tienen en común el esfuerzo por mantener al discapaz en su entorno social, económico y familiar en el que se desenvuelve y como corolario lógico su protección como persona especialmente vulnerable en el ejercicio de los derechos fundamentales a la vida, salud e integridad, a partir de un modelo adecuado de supervisión para lo que es determinante un doble compromiso, social e individual por parte de quien asume su cuidado'.

F) Principio de consideración dos propios desexos e sentimintos da persoa con discapacidade.

'No deja de ser una manifestación del derecho de autodeterminación que, en la medida de lo posible, ha de ser respetado, lo que exige para su operatividad la consulta de la persona afectada. En cualquier caso, es necesario determinar que la voluntad manifestada no esté mediatizada por el propio curso de la enfermedad que se padece, fuente de la necesidad de apoyos'.

En definitiva, e á hora de dilucidar sobre a procedencia de apoio e os seus respectivos contidos, o órgano xudicial deberá atender en todo caso, e en machacona expresión lexislativa, 'a sua vontade, desexos e preferencias».

G) Principio de fixación de apoios.

'Es resultado de la evolución del sistema de sustitución en la

adopción de decisiones por otro basado en la determinación de apoyos para tomarlas, que puede abarcar todos los ámbitos de la vida tanto personales, económicos y patrimoniales, que recibe una consagración normativa en la Convención de Nueva York ( sentencias 698/2014, de 27 de noviembre; 553/2015, de 14 de octubre y 373/2016, de 3 de junio)'.

Como consecuencia da derogación do sistema de tutela deautoridade, e coa supresión da declaración xudicial de incapacidade:

A Norma se centra na provisión dos apoios necesarios que unha persoa con discapacidade poida precisar «para o adecuado exercicio da súa capacidade xurídica», coa «finalidad (de) permitir o desenvolvimento pleno da súa persoalidade e o seu desenvolvimiento xurídico en condicións de igualdade» ( art. 249CC). B) A provisión de apoios xudiciais deixa de ter un carácter preferente e se supedita á ausencia ou insuficiencia das medidas previstas polo propio interesado. C) En todo caso, como dispón o art. 269CC, «as medidas tomadas pola autoridade xudicial no procedimento de provisión de apoios serán proporcionadas ás necesidades da persoa que as precise, respectarán siempre a máxima autonomía desta no exercicio da súa capacidade xurídica e atenderán en todo caso -reiterámolo- a sua vontade, desexos e preferencias». Os postulados de necesidade e proporcionalidade das medidas de apoio son outros novos eixos do sistema. D) Sen embargo, e malia que a vontade propia é o criterio inicial e prioritario para atopar o apoio preciso, poden existir excepcións derivadas do propio padecimento do discapaz e da consideración do seu interese como o Norte a seguir na adopción das medidas que van afectarlle. Analizamos este extremo de xeito separado pola utilidade que representa para resolver a presente lite.

Cuarto: A vontade, desexos e preferencias do presunto discapaz resultan inicialmente determinantes na toma de medidas de apoio, pero iso non exclúe que poidan e deban establecerse as salvaguardas, voluntarias e xudiciais (artigo 269) precisas para evitar ou impedir os abusos, as influencias indebidas ou os conflictos de interese ou, en fin, o aproveitamento por terceiros da vulnerabilidade da persoa necesitada do apoio. Incluso, engade a xusrisprudencia, o apoio debido para o

exercicio da capacidad xurídica pode ser imposto, en cuxo caso debe extremarse o xuizo de necesidade e proporcionalidade.

En calquer caso, é necesario determinar que a vontade manifestada non estea mediatizada polo propio curso da enfermidade que se padece. Neste senso, a sentenza do TS de 8 de setembro de 2021, despois de cuestionarse se poden acordarse medidas xudiciais de apoio en contra da vontade do interesado reseña que ' la propia ley ( art. 42. Bis b).

5 LJV ) da respuesta a la cuestión cuando al regular el procedimiento común de provisión de apoyos a través de un expediente de jurisdicción voluntaria dispone que cuando surja oposición de la persona con discapacidad a cualquier tipo de apoyo provocará que se ponga fin al expediente y que haya que acudir a un procedimiento contradictorio (juicio verbal especial ). Lo que presupone que este juicio pueda concluir con la adopción de las medidas, aun en contra de la voluntad

del interesado '. E segue dicir que 'en realidad, el art. 268CC lo que prescribe es que en la provisión de apoyos judiciales hay que atender en todo caso a la voluntad, deseos y preferencias del afectado. El empleo del verbo 'atender', seguido de 'en todo caso', subraya que el juzgado no puede dejar de recabar y tener en cuenta (siempre y en la medida que sea posible) la voluntad de la persona con discapacidad destinataria de los apoyos, así como sus deseos y preferencias, pero no determina que haya que seguir siempre el dictado de la voluntad, deseos y preferencias manifestados por el afectado. El texto legal emplea un término polisémico que comprende, en lo que ahora interesa, un doble significado, el de 'tener en cuenta o en consideración algo' y no solo el de 'satisfacer un deseo, ruego o mandato'.

En literal expresión xurisprudencial '... la voluntad contraria del interesado, como ocurre con frecuencia en algunos trastornos psíquicos y mentales, es consecuencia del propio trastorno que lleva asociado la falta de conciencia de enfermedad. En casos como el presente, en que existe una clara necesidad asistencial cuya ausencia está provocando un grave deterioro personal, una degradación que le impide el

ejercicio de sus derechos y las necesarias relaciones con las personas de su entorno, principalmente sus vecinos, está justificada la adopción de las medidas asistenciales (proporcionadas a las necesidades y respetando la máxima autonomía de la persona), aun en contra de la voluntad del interesado, porque se entiende que el trastorno que provoca la situación de necesidad impide que esa persona tenga una conciencia clara de su situación. El trastorno no sólo le provoca esa situación clara y objetivamente degradante, como persona, sino que además le impide advertir su carácter patológico y la necesidad de ayuda. No intervenir en estos casos, bajo la excusa del respeto a la voluntad manifestada en contra de la persona afectada, sería una crueldad social, abandonar a su desgracia a quien por efecto directo de un trastorno (mental) no es consciente del proceso de

degradación personal que sufre'.

En resumo, o Tribunal Supremo reseña que 'de la propia regulación legal, contenida en los arts. 249 y ss. CC, así como del reseñado art. 12 de la Convención, se extraen los elementos caracterizadores del nuevo régimen legal de provisión de apoyos: i) es aplicable a personas mayores de edad o menores emancipadas que precisen una medida de apoyo

para el adecuado ejercicio de su capacidad jurídica; ii) la finalidad de estas medidas de apoyo es «permitir el desarrollo pleno de su personalidad y su desenvolvimiento jurídico en condiciones de igualdad» y han de estar «inspiradas en el respeto a la dignidad de la persona y en la tutela de sus derechos fundamentales»; iii) las medidas judiciales de apoyo tienen un carácter subsidiario respecto de las medidas voluntarias de apoyo, por lo que sólo se acordaran en

defecto o insuficiencia de estas últimas; iv) no se precisa ningún previo pronunciamiento sobre la capacidad de la persona; y v) la provisión judicial de apoyos debe ajustarse a los principios de necesidad y proporcionalidad, ha de respetar la máxima autonomía de la persona con discapacidad en el ejercicio de su capacidad jurídica y debe atenderse en todo caso a su voluntad, deseos y preferencias'.

Quinto: Atopándonos ante unha persoa, que por razón da súa enfermidade, incurable, irreversible e progresiva, precisa dun apoio continuado, a solución xurídica é a da curatela ( artigo 250 do CC). Pois ben, como características desta institución cómpre sinalar as seguintes.

Primeiramente, estamos ante unha medida de apoio, non eral e

indiscriminada, para o conxunto dos actos da vida civil dunha ersoa, senón soamente para os que determine a sentenza que a acorde, dentro dos estrictos límites derivados da necesidade, da proporcionalidade e, en fin, do criterio da intervención mínima.

En segundo termo, e en palabras do Preámbulo da lei 8/2021 la

finalidad esencial de la institución -como el propio significado de la palabra curatela ( cuidado )- es la de prestar asistencia, apoyo, ayuda en el ejercicio de la capacidad jurídica. Antes ya se indicaba en el art. 249CC que la labor del curador consistía en procurar que

el apoyado pueda desarrollar su propio proceso de toma de decisiones, informándole, ayudándole en su comprensión y razonamiento, y que el juez podrá dictar las salvaguardas oportunas para asegurar los criterios legales y, en particular, que se ajustan a su voluntad, deseos y preferencias.

En terceiro lugar, o curador 'no suple la voluntad del afectado, sino que la refuerza, controla y encauza, complementando su deficiente capacidad, por lo que su función no viene a ser de representación, sino más bien de asistencia y protección en el concurso que presta su apoyo e intervención para aquellos actos que haya de realizar el

incapaz y estén especificados en la sentencia, los que no tienen que ser específicamente de naturaleza patrimonial' ( sentencias del Tribunal Supremo 341/2014, de 1 de julio, y 698/2014, de 27 de noviembre)'.

En cuarto lugar, e en fonda relación coas anteriores reflexións, coa curatela se logra con carácter xeral, e 'al contrario de la sustitución en la capacidad, el complemento en su ejercicio mediante la asistencia ( arts. 269 y 282CC ) de la persona necesitada del apoyo -pero ya dotada de una mayor autonomía personal- en aquellos actos patrimoniales o personales ( entre otros, como indica el art. 271CC, para la autocuratela, sobre el cuidado de la persona o los que

afecten a la administración y disposición de sus bienes ) que indique el juez en su resolución ( art. 250 ). Incluso, podemos hablar de la supervisión y del complemento de la deficiente capacidad como realidades más amplias que la mera asistencia. Su ejercicio implicará el cumplimiento de las funciones-deberes del art. 282: mantener contacto con el curatelado, desempeñar sus funciones con la diligencia

debida, asistirle y respetar su voluntad, deseos y preferencias, procurar que pueda desarrollar su propio proceso de toma de decisiones y fomentar sus aptitudes para que pueda ejercer su capacidad con menos apoyo. Nótese que ha desaparecido cualquier mención a la obligación del curador, siquiera representativo, de velar por la persona afectada o de procurarle alimentos'.

En quinto lugar, 'si, de acuerdo a la reforma legal, el apoyo del curador se conforma con la asistencia, existirán supuestos en los que resulta imprescindible acordar una curatela representativa ( art. 269CC). El curador representante actuará cuando exista una imposibilidad real de conocer la voluntad de la persona con discapacidad porque carezca de un discernimiento suficiente que implique la inexistencia o grave limitación de su capacidad de decidir, aunque reciba el apoyo

adecuado. Constituirá la forma de apoyo más intensa...'.

En sexto lugar, 'el juez no debe perder de vista que bajo el

reseñado principio de intervención mínima y de respeto al máximo de la autonomía de la persona con discapacidad, la ley presenta como regla general que el contenido de la curatela consista en las medidas de asistencia que fueran necesarias en ese caso. Consecuentemente, el párrafo segundo del art. 269 CC prescribe que el juez debe precisar «los actos para los que la persona requiere asistencia del curador en el ejercicio de su capacidad jurídica atendiendo a sus concretas necesidades de apoyo». No obstante, cuando sea necesario, al resultar insuficientes las medidas asistenciales, cabría dotar a la curatela de funciones de representación. Ordinariamente, cuando la discapacidad afecte directamente a la capacidad de tomar decisiones y de autodeterminación, con frecuencia por haber quedado afectada gravemente la propia consciencia, presupuesto de cualquier juicio prudencial ínsito al autogobierno, o, incluso, en otros casos, a la voluntad. En estos casos, la necesidad se impone y puede resultar precisa la constitución de una curatela con funciones representativas

para que el afectado pueda ejercitar sus derechos por medio de su curador. El párrafo tercero del art. 269CC, al preverlo, remarca su carácter excepcional y la exigencia de precisar el alcance de la representación, esto es, los actos para los que se precise esa representación: «sólo en los casos excepcionales en los que resulte imprescindible por las circunstancias de la persona con discapacidad, la autoridad judicial determinará en resolución motivada los actos concretos en los que el curador habrá de asumir la representación de la persona con discapacidad».

Finalmente, o artigo 269 do CC establece como límite ao contido da curatela, 'que no podrá incluir la mera privación de derechos. 'Con ello la ley quiere evitar que la discapacidad pueda justificar directamente una privación de derechos, sin perjuicio de las limitaciones que puede conllevar la medida de apoyo acordada, por eso habla de «mera privación de derechos».

Sexto: Partindo das pautas anteriores, resulta patente que a

institución da curatela é o traxe á medida máis apropiado para a demandada, atendendo aos graves padecimentos, limitacións e perda de habilidades que presenta. O Alzheimer, enfermidade definitiva e en constante progreso co paso do tempo, en unión da idade e soidade da demandada, así como de que non ten conciencia da súa enfermidade, fanna especialmente vulnerable e fácilmente manipulable. Precisa, xa que logo, da supervisión, control e axuda de terceiras persoas tanto na vertente persoal como patrimonial. E é que carece de discernimento para tomar decisións económicas ou para coidar da sua saúde, mediante a asistencia normalizada aos centros médicos e toma puntual dos medicamentos pautados. Resulta unha persoa que carece de capacidade para autogobernarse, para a realización dos labores cotidiás e ordinarios da vida, e non digamos para actos de disposición xurídica e económica dun certo calado. Ou o que é o mesmo, non reúne as capacidades mínimas necesarias para poder levar unha vida autónoma e independente, necesitando inexcusablemente da asistencia doutras persoas para moitísimas actividades dende as maís simples ata ás tarefas máis complexas.

Procede, en consecuencia, a constitución da curatela para a

demandada, o que, polo demáis, resulta postulado por ela mesma como petición subsidiaria no escrito de recurso.

Sétimo: O artigo 276 do CC dispón que a autoridade xudicial nomeará curador á persoa que sexa proposta pola persoa que precise apoio. Máis esta norma xeral admite excepcións, que se derivarán precisa e esencialmente das propias carencias de capacidade, de discernimento, da discapaz. Neste senso, o precepto se remite ao parágrafo segundo do artigo 272, que autoriza ao órgano xudicial para prescindir total ou parcialmente desas disposicións voluntarias, sempre mediante

resolución motivada, e se existen circunstancias graves descoñecidas pola persoa que estableceunas.

Nunha interpretación lóxica e finalística da norma, hai que seguir inicialmente á vontade, desexos e preferencias do que precise da curatela, pero como o benestar deste último é a inexcusable directriz a seguir, a autoridade xudicial poderá prescindir da designación voluntaria, e optar por outra que resulte máis beneficiosa para a persoa curatelada.

Por outra banda, o artigo 276 establece unha orde para o

nomeamento do curador, cargo que recaerá, a falta dos parientes e demáis persoas enumeradas no precepto, no que estiver actuando como gardador de feito (nº 5).

Oitavo: A apelante solicita que o cargo de curador fágase recaer sobre D. Calixto, opoñéndose ao nomeamento como tal de Dona Felicisima e D. Juan Ramón.

Pois ben, a proposta da recurrente non pode aceptarse, considerando a Sala que o cargo debe recaer nestes dous últimos.

Primeiramente, o acerto da demandada na elección de D. Calixto como a solución máis idónea para exercer a curatela, ten que porse seriamente en cuestión se, como sucede neste caso, a apelante é unha persoa que carece de capacidade para gobernarse no que atinxe a súa persoa, saúde e patrimonio, non toma conciencia da súa enfermidade e, en fin, é unha persoa moi facilmemte manipulable.

En segundo termo, Dona Felicisima e D. Juan Ramón, amiga de oda a vida e afillado, respectivamente, da curatelada, son as persoas que teñen prestado ininterrumpidamente apoio á demandada, nun comportamento asistencial das vertentes persoal e económica, de anos, e que nunca mereceu o reproche da demandada, agás dos últimos tempos, nos que entrou na súa vida D. Calixto.

Ningunha proba, nin directa nin indiciaria, existe, en terceiro termo, que poida levarmos a considerar que aqueles gardadores de feito actuan ou estiveron actuar en prexuizo da demandada, e facendo primar os seus propios intereses. As afirmacións, veladas, que neste senso se observan en determinados intres do discurso da demandada, carecen do máis mínimo respaldo probatorio, sendo precisamente Dona Felicisima a que denunciou o comportamento da demandada, tan anómalo como inxustificado, realizando compras compulsivas e retiradas de cartos das súas contas para obxectivos alonxados das súas propias necesidades.

En cuarto lugar, é a raíz da relación entablada entre a demandada e D. Calixto cando se produce un inexplicado distanciamento, reiterámolo, entre Dona Aurora e Dona Felicisima e D. Juan Ramón, negándose a demandada, por exemplo, a recibir na súa casa a aqueles. E é cando Dona Aurora revoga o poder amplo e xeral que tiña outorgado a favor de Felicisima o día 19 de setembro de 2019.

En quinto termo, e tal como se colixe das declaración testemuñais e dos informes da Médico Forense, con independencia do voluntarismo de D. Calixto, este aparece obxectivamente como un elemento perturbador da relación, sempre normalizada e satisfactoria, que mantiñan dona Aurora e Felicisima e D. Juan Ramón, quen asistían asiduamente á demandada nos eidos persoal e económico. A demandada procede marxinalos, e a raíz dese alonxamento -e da falta de asistencia-, entra nun estado de deixación xeralizado da súa persoa e necesidades, tanto de orde persoal, deixando de acudir ao centro médico e deixando de seguir o tratamento medico- farmacolóxico pautado, como da súa situación económica, que manifesta descoñecer.

Por último, D. Calixto confesa descoñecer feitos relevantes da

demandada, tales como a existencia de citas médicas e, en xeral, todo o relativo a súa saúde, que remata por calificala de boa, e que é plenamente capaz para valerse por se mesma, cando son doadamente observables e notorias as súas carencias pola enfermidade, que aquel parece obviar.

Ante todas esas circunstancias, sería moi aventurado atribuir a curatela a D. Calixto, debendo optarse como curadores por Dona Felicisima e D. Juan Ramón, tal como viñeron facer de feito e, á postre, en virtude de designación xudicial como gardadores.

A pluralidade e gravidade das carencias da demandada aconsellan a separación de cargos distintos, de curador da persoa e de curador de bens, tal como dispón o artigo 277 do CC.

Noveno: Como consecuencia de todo o que se ven reseñando, e deixando sen efecto as pronuncias da sentenza de instancia, de declaración de incapaz de Dona Aurora, e de constitución da tutela, acordamos para o pleno exercicio da capacidade xurídica de Dona Aurora o nomeamento de dous curadores, tanto na faceta persoal como na patrimonial. Os curadores serán Dona Felicisima e D. Juan Ramón, qune deberán actuar de xeito solidario para a vertente persoal, e mancomunado no que atinxe ao económico.

A decisión deste tribunal obedece a proporcionar unha mellor asistencia á discapaz, distinguindo entre aqueles asuntos que precisan de pronta e máis inmediata resposta, os de carácter persoal, daqueles outros de natureza económica onde a reflexión e o consenso son os criterios que deben presidir a súa adopción.

Polo que fai ao aspecto persoal a extensión da curatela comprende a asistencia nos actos relativos ao coidado da súa persoa, tanto no ámbito de hixiene e alimentación como do médico-sanitario en todo o afectante ao control da medicación, ou seguimento do tratamento, e a asistencia ás citas médicas e ingresos hospitalarios. Os curadores deberán recabar a autorización xudicial nos actos de transcendencia persoal ou familiar cando a persoa afectada non poida valerse por se mesma ( art. 287.1º CC ).

No plano patrimonial, a curatela comprende o exercicio das funcións de asistencia obrigatoria da persoa necesitada do apoio nos actos de administración, ordinaria ou extraordinaria, e de disposición ou gravame, dos seus ben e dereitos, agás da dispoñibilidade de trescentos euros mensuais, e sen prexuízo, en todo caso, de necesidade recabar a autorización xudicial para os actos previstos no art. 26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>7499513__h6_0289art>287 do CC.

Os curadores, de conformidade co artigo 282 do CC, deberán manter contacto persoal coa curatelada, desempeñarán as súas funcións coa dilixencia debida, e asistirán e respectarán na medida do posible, a súa vontade, desexos e preferencias, procurando que poida desenrolar o seu propio proceso de toma de decisión e fomentando as súas aptitudes para que poida exercer a súa capacidade con menos apoio no futuro.

Décimo: Ante a estimación en parte do recurso non facemos unha especial pronuncia sobre as custas procesuais desta alzada (artigo 398 da LAC).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con estimación parcial do recurso de apelación promovido

por D./D.ª Aurora, representada polo/a procurador/a D./D.ª TAMARA UCHA GROBA contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 12 de Vigo, con data do 7 de outubro de 2020, e deixando en efecto a declaración de incapacidade e a constitución da tutela, acordamos para o pleno exercicio da capacidade xurídica de Dona Aurora o nomeamento de dous curadores asistenciais, tanto para a vertente persoal como patrimonial. No primeiro aspecto actuarán de xeito solidario, e no segundo mancomunadamente. Os cargos recaen en Dona Felicisima e D. Juan Ramón.

No que atinxe ao aspecto persoal a extensión da curatela comprende a asistencia nos actos relativos ao coidado da súa persoa, tanto no ámbito de hixiene e alimentos, como no médico-sanitario en todo o afectante ao control da medicación, o seguimento do tratamento, e a asistencia ás citas médicas e ingresos hospitalarios. Os curadores deberán recabar a autorización xudicial nos actos de trascendencia persoal ou familiar cando a persoa afectada non poida valerse por se mesma ( art. 287.1º CC). Poderán igualmente recabar o auxilio

imprescindible de terceiros para asegurar a efectiva realización das tarefas da vida ordinaria da curatelada, tales como no afectante á limpeza, alimentación, hixiene e semellantes, así como o tratamento médico e asistencial de Dona Aurora.

No plano patrimonial, a curatela comprende o exercicio das

funcións de asistencia obrigatoria da persoa necesitada del apoio nos actos de administración, ordinaria ou extraordinaria, e de disposición ou gravame, dos seus bens e dereitos, agás da dispoñibilidade de trescentos euros mensuais e sen prexuizo, en todo caso, da necesidade recabar a autorización xudicial nos actos previstos no art. 26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>26723263_rel>7499513__h6_0289art>287 do CC.

Os curadores, de conformidade co artigo 282 do CC, deberán manter contacto persoal coa curatelada, desempeñarán as súas funcións coa dilixencia debida, e asistirán e respectarán na medida do posible, a súa vontade, desexos e preferencias, procurando que poida desenrolar o seu propio proceso de toma de decisións e fomentando as súas aptitudes para que poida exercer a súa capacidade.

Non exiximos que os curadores presten fianza para asegurar o

cumprimento das súas obrigas. Os curadores deberán facer inventario de bens dentro do prazo de sesenta días a partir do seguinte da súa toma de posesión ( art. 285 CC), e deberán render anualmente contas da súa xestión e representación ( art. 292CC).

As medidas de apoio serán revisadas nun prazo de dous anos, sen prexuizo de que proceda igualmente a revisión ante calquer cambio na situación da persoa que poida requerir unha modificación de devanditas medidas.

Inscríbase a presente resolución no Rexistro Civil, librándose a tal efecto a correspondente certificación.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012006321, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado

La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.

Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.