Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 45/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 427/2017 de 02 de Febrero de 2018
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 15 min
Orden: Civil
Fecha: 02 de Febrero de 2018
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 45/2018
Núm. Cendoj: 36057370062018100049
Núm. Ecli: ES:APPO:2018:190
Núm. Roj: SAP PO 190:2018
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00045/2018
N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO-
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
BN
N.I.G.36057 42 1 2016 0003463
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000427 /2017
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 6 de VIGO
Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000228 /2016
Recurrente: Amalia
Procurador: XOSE CARLOS CASTIÑEIRA GONZALEZ
Abogado: JOSE MANUEL SOLLEIRO RODRIGUEZ
Recurrido: LINEA DIRECTA ASEGURADORA, Anselmo , Dionisio
Procurador: PURIFICACION RODRIGUEZ GONZALEZ, PURIFICACION RODRIGUEZ GONZALEZ , XOSE CARLOS CASTIÑEIRA GONZALEZ
Abogado: JAIME CARRERA RAFAEL, JAIME CARRERA RAFAEL , JOSE MANUEL SOLLEIRO RODRIGUEZ
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 45/18
Vigo, dous de febreiro de dous mil dezaoito.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 228/16 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 6 de Vigo ós que correspondeu o rolo 427/17, nos que aparece como parteapelante e demandante D./D.ª Amalia , representada polo/a procurador/a D./D.ª XOSÉ CARLOS CASTIÑEIRA GONZÁLEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE MANUEL SOLLEIRO RODRÍGUEZ,e comoparte contra da que se apela e demandada D. Anselmo e LINE DIRECTA ASEGURADORA, representada polo/a procurador/a D./D.ª PURIFICACIÓN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª JAIMA CARRERA RAFAEL. E comoparte demandante D. Dionisio , representada polo/a procurador/a D./D.ª XOSÉ CARLOS CASTIÑEIRA GONZÁLEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE MANUEL SOLLEIRO RODRÍGUEZ.
É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 6 de Vigo, con data do 13 de marzo de 2017, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'ESTIMO PARCIALMENTEla demanda deducida por D. Dionisio y Dª. Amalia frente a D. Anselmo y LÍNEA DIRECTA ASEGURADORA, S.A. yCONDENOsolidariamente a los demandados a abonar a D. Dionisio la suma de 1.017,67 euros y a Dª. Amalia la suma de 1.798,65 euros, más los intereses legales que para la aseguradora demandada serán los determinados en el artículo 20 LCS devengados por tales cantidades desde la fecha del siniestro; desestimo la demanda en lo demás y sin hacer expresa imposición de las costas.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª XOSÉ CARLOS CASTIÑEIRA GONZÁLEZ, en representación de Dª Amalia , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 1 de febreiro de 2018.
Fundamentos
Primeiro: A actora recurrente impugna a sentenza ditada en primeira instancia, interesando: A) Trinta puntos polas secuelas, e que se computen os 87 días de curación todos eles como impeditivos. B) Que se lle indemnice polos prexuizos padecidos polo peche do negocio. C) Que se apliquen os xuros do artigo 20 da L. C. S . á totalidade da suma que socilita como indemnización. Motivos de impugnación que procedemos examinar coa debida separación.
Segundo: Ainda que non se discute realmente a relación causal entre o accidente e as lesións, consideradas estas en abstracto, pero sí o alcance real das mesmas, pois a parte demandada pon en tela de xuizo que a entidade e consecuencias das lesións da hoxe recurrente sexan ás que ela postula, cómpre realizar unhas reflexións sobre as regras da carga da proba, extraibles do artigo 217 da L. A. C., en relación coa causalidade, nos específicos contextos de circulación de vehículos a motor, como o presente, nos que o accidente debe ser considerado como leve ou menor.
Como xa tivo ocasión este tribunal de apelación (autos de 6 e 13 de novembro de 2015 e 14 de xullo de 2016 ), así como nos accidentes acaecidos no contexto de circulación de vehículos a motor é presumíbel a culpa do axente, dados os riscos que do fenómeno circulatorio se derivan para os usuarios da vía e, á postre, vítimas, operando, xa que logo, unha inversión da carga da proba, de tal xeito que incumbe entón ao causante do sinistro acreditar que actuou do dilixencia debida e concorde coas circunstancias concurrentes, a proba do nexo causal entre o sinistro e os resultados danosos nas persoas corresponde, pola contra, ao demandante. E ese esmero probatorio na demostración do nexo causal debe ser lóxicamente maior cando, como sucede neste caso, concurre a desfavorábel circunstancia para apreciar a causalidade, como é a ocurrencia dun sinistro entre os dous vehículos intervinientes no accidente, que merece calificarse de leve dado que, en fin, de ser así, resulta en principio pouco creible que de tal suceso menor se deriven resultados lesivos graves. Todo iso unido, derradeiramente, ás modernas e eficaces condicións de seguridade das que gozan hoxe os vehiculos (por exemplo, os materiais amortiguadores dos golpes, o cinto de seguridade ou os repousacabezas). Agora ben, ainda que a carga da proba da relación causal aparece atribuida á vítima, reiterámolo, por ser o presuposto fáctico no que a mesma alicerza a súa pretensión, e por razón, tamén, dos postulados de facilidade e dispoñibilidade probatorias, ex artigo 217 da L. A. C., en relación cos artigos 1902 do código civil e 1 da LRCSCVM , tal esixencia probatoria da causalidade non pode levarse sempre e necesariamente ao terreo da certeza absoluta, pois non estamos ante unha cuestión puramente científica, senón de destacada probabilidade, é dicir, afirmaremos que hai causalidade cando estimemos ponderadamente que hai boas e poderosas razóns para entender que as lesións teñen a súa orixe no suceso circulatorio.
En efecto, proclama a sentenza do Tribunal Supremo de 19 de febreiro de 2014 , no que aquí ten interese, que '... comenzando por el análisis del motivo quinto debe reiterarse que la necesaria vinculación causa-efecto entre la conducta negligente del agente y el daño cuya indemnización se reclama es un presupuesto de la responsabilidad civil, sea contractual o extracontractual, y cualquiera que sea el título de atribución. Al respecto, la jurisprudencia de esta Sala viene declarando (entre las más recientes, STS de 18 de mayo de 2012, rec. nº 2002/2009 ): (i) que la prueba del nexo causal resulta imprescindible, tanto si se opera en el campo de la responsabilidad subjetiva como en el de la objetiva ( SSTS 11 de febrero de 1998 ; 30 de junio de 2000 ; 20 de febrero de 2003 ), (ii) que ha de resultar de una certeza probatoria y no de meras conjeturas, deducciones o probabilidades ( SSTS 6 de febrero y 31 de julio de 1999 , 8 de febrero de 2000 ), aunque no siempre se requiera la absoluta certeza, por ser suficiente un juicio de probabilidad cualificada'. E no mesmo senso, di a sentenza de 22 de decembro de 2015 que 'esta Sala viene declarando que para la infracción del artículo 1902 del C. Civil es preciso que conste una acción u omisión atribuible al que se pretende responsable (o por quién se debe responder) determinante, -en exclusiva, o en unión de otras causas; con certeza, o en un juicio de probabilidad cualificada, según las circunstancias concurrentes (entre ellas la entidad del riesgo)-, del resultado dañoso producido ( sentencia de 17 de febrero del 2009 )'.
Terceiro: Malia que os días impeditivos e as secuelas son conceptos obviamente distintos, procedemos analizar os dous capítulos nun mesmo razoamento xurídico, dada a conexión destas dúas partidas cun mesmo accidente, e co resultado das probas que obran na lite (esencialmente, proba documental e pericias). E partindo da pauta reseñada no razoamento anterior, e de que en caso de dúbida non superada ten que estarse ao dano menor, rexeitamos -xa o adiantamos- os dous motivos de discrepancia da apelante coa sentenza de instancia, non apreciándose ningún erro na valoración da proba por parte da xulgadora a quo, tal como denuncia inconsistentemente a parte recurrente.
Cuarto: A apelante funda as súas pretensións -dias impeditivos e secuelas- nos informes dos doutores Alexis , Cosme e Victoriano . Máis con independencia de que o primeiro dos ditames non afirma realmente a existencia do nexo causal, agora posto en entredito, e os dous primeiros non foron sometidos ao postulado de contradicción, o terceiro deles non resulta convincente, e se contradí ademáis coas outras pericias practicadas a instancia da parte demandada.
En efecto, e en primeiro lugar, ante a falta de asistencia ao acto do xuizo dos doutores, D. Alexis e D. Cosme , estase privar ás partes litigantes e ao órgano xudicial de que poidan completarse eses ditames a través das oportunas aclaracións, trámite este que resulta moito máis necesario se cabe no caso axuizado se, como deseguido veremos, existe un salto cualitativo entre a sintomatoloxía inicial da paciente e a que aqueles peritos rematan por reseñar. En todo caso: A) O ditame do doutor Cosme é en demasía escueto -de apenas dúas rengleiras-, o que en unión da falta de ratificación fai que o descartemos. B) O ditame do outro doutor é de case tres meses despois do sinistro, e ignoramos a data ou datas nas que o mesmo examinou á lesionada. C) Este último doutor da de alta á apelante o día 1 de xullo de 2015 'por evolución satisfactoria e melloría progresiva da sintomatoloxía'. D) En ningún momento do informe o doutor Alexis refire a causalidade entre o accidente e as lesións. E) A sintomatoloxía que se reseña da pacente é tan diferente e maior que a reflictada inicialmente, ao día seguinte do accidente, que lévamos pensar que hai ruptura do nexo causal entre este sinistro e os últimos síntomas, por certo, de carácter subxectivo. F) En efecto, as proba de imaxe no seu día realizadas á recurrente (ecografía e RMN) deron resultados negativos e incompatibles co nexo causal, xa que o único que evidencian é a existencia de protusións discais, reveladoras dun cambio dexenerativo preexistente ao sinistro litixioso. G) As cefaleas e outra alxias, as parestesias en membros superiores, ou os mareos e sensacións de inestabilidade non aparecen obxectivamente contrastados, e pola súa diverxencia significativa cos síntomas primeiros, conduce a consideralos alleos ao sinistro.
En segundo termo, e en liña coas anteriores reflexións, o parte inicial de urxencias, do día seguinte ao accidente, expresa uns síntomas moito menores, tamén de orde subxectiva, consistentes en dores en rexións cervical e dorsal, non habendo alteracións nos movimentos da columna, nin evidencia de fracturas. Pois ben, ante tan modestos signos non nos explicamos a grave sintomatoloxóa postreira, reiterámolo, e o outro perito, D. Victoriano , non ofrece a debida explicación ao cambio operado.
Efectivamente, e en terceiro lugar, o ditame prestado, este por escrito e á postre completado oralmente, polo doutor Victoriano presenta certas lagoas e un discurso argumental que non nos convence. Pénsese a este respecto: A) Que o perito omite no seu informe escrito a patoloxía precendente da lesionada, que sufre un cambio dexenerativo óseo, omisión que non resulta explicable nunha pericia, pois estamos ante un dato de indubidable trascendencia -é unha obviedade- na averiguación da causalidade. B) Non se pode compartir a súa aseveración, de que a estabilización lesional non equivale á curación, dado que aquela marca o fito da segunda, ainda que con secuelas, claro, de habelas. C) Defire hacia o doutor Cosme a apreciación da patoloxía da ansiedade, reseñando como única causa da mesma as consecuencias do accidente, o que non resulta aceptábel para este tribunal de apelación, xa que estamos afirmar a levidade do cadro lesivo e, ademáis, existen outras alternativas causales sobre ese sedicente estado, como a mala marcha do negocio da demandante, ou estado patolóxico previo que estaría padecer. D) Ante a pregunta que se lle formula ,de cómo se pode explicar a apreciable diferencia de síntomas na asistencia primeira e as posteriores (parestesias, mareos...), ofrece unha alternativa, ora que estaría mentir a paciente, ora que existira un erro -ou 'despiste', en expresión do perito-, alternativa na que, fronte á elección do doutor, inclinámonos por aquela primeira, pois sería evidente o interese da actora en exaxerar a sintiomatoloxía, fronte aos coñecementos e experiencia que cabe esperar dos médicos, carecentes, en fin, de todo tipo de interese. En conclusión, observamos nesta pericia un discurso lineal, sempre tendente a favorecer a tese da demandante, e sen a indicación de ningún dato -que os hai tal como queda dito- en contra desa tese.
En cuarto lugar, e ao carón da febilidade desas probas, nas que a parte actora apoia as súas pretensións, as restantes pericias que obran na causa entran e aberta e irreconciliable contradicción con aquelas. En efecto, e ainda marxinando os outros dous ditames escritos -pois tampouco foron sometidos aos principios de contradicción e defensa-, o informe do doutor Apolonio é categórico ao negar os graves resultados lesivos que se pregonan. E sendo certo que este perito non examinou á paciente, dispoñendo como única fonte de información a proba documental unida á lite, ofrécenos maior credibilidade que o doutor Victoriano , pola coherencia do seu ditame e polas explicacións razoadas que ofrece. E é que non podemos menos que compartir o seu discurso, no senso de que -por resumilo-, se a sintomatoloxía inicial foi mínima, se a lesionada estaba padecer unha patoloxía dexenerativa previa ao sinistro, ou se a documentación médica reflictaba unha progresión hacia a melloría, en unión loxicamente coa levidade do sinistro, non resulta sostible o impedimento en todos os días de curación nin o gravísimo estado secuelar que se defende.
Existen, en quinto e derradeiro lugar, outros factores que se compadecen mal coa versión da parte apelante: A) As circunstancias que rodearon ao accidente, que ten lugar cando os dous vehículos estaban incorporados a unha rotonda, e se produce unha colisión con escasos danos materiais, tal como se colixe da elocuente proba documental fotográfica, e da valoración dos desperfectos dun dos coches, que non alcanza a suma de 150 euros. A máis que presumible reducida velocidade dos vehículos exclúe por lóxica lesións relevantes. B) Non nos consta que a lesionada estiver de baixa laboral. C) As sesións de fisioterapia, de sete sesións en maís de tres meses, parécenos escasas comparativamente coas lesións que se din. D) En fin, o estado dexenerativo da patoloxía non apoia os pedimentos da parte apelante.
Polo dito, os dous motivos da apelación se rexeitan.
Quinto: A demandante apelante reclama unha indemnización que procedería do investimento que fixo no seu negocio, que tería perdido ao ter que pechalo por non poder atendelo, a consecuencia das lesións derivadas do accidente. Motivo da apelación que está igualmente condenado ao fracaso pola falta de proba do feito. A proba pericial que ofrece nada determina sobre a causa do peche, limitándose facer unha valoración económica do investimento. Ningunha referencia faise neste ditame sobre a marcha da empresa nin sobre ganancias ou perdas. Por outra banda, ante a falta de reclamación por parte da actora de lucro cesante propiemante dito, é dicir, de ganancias deixadas de obter, resulta presumible que non as houbo, o que sería loxicamente un feito que podería levar ao peche negocial. En fin, a apertura dun negocio semellante noutra localidade, agora atendido pola filla, xera máis incerteza ainda sobre este capítulo indemnizatorio.
Sexto: A desestimación dos precedentes motivos do recurso conleva necesariamente a rexeitamento igualmente da petición dos xuros do artigo 20 da L.C.S ., verdo do total indemnizatorio solicitado.
Sétimo: Non atopamos que concurra algunha circunstancia de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artigo 398 da L. A. C..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamos o recurso de apelación promovido por Dª Amalia representada polo Procurador Sr. Castiñeira González contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 6 de Vigo o día 13 de marzo de 2017, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
