Última revisión
06/01/2017
Sentencia Civil Nº 459/2016, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 697/2015 de 09 de Septiembre de 2016
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 12 min
Orden: Civil
Fecha: 09 de Septiembre de 2016
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 459/2016
Núm. Cendoj: 36057370062016100445
Núm. Ecli: ES:APPO:2016:1676
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00459/2016
CIVIL
Rolo: 697/2015
Procedemento de orixe: Ordinario 786/2014
Órgano de procedencia: Instancia núm. 1 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, PRESIDENTE, DÑA MAGDALENA FERNANDEZ SOTO e D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ TABARES,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA NUM.459/2016
Vigo, a nove de setembro de dous mil dezaseis.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de Xuízo Ordinario 786/2014 procedentes do Xulgado de Primeira Instancia núm. 1 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 697/2015 nos que aparece como parteapelante- demandante D. Romeo ,representada polo/a procurador/a D./D.ª Francisco M. Castro Vidal e asistida do/da letrado/a D./D. Sergio Silva Vila e comoparte contra da que se apela e demandado AXA SEGUROS GENERALES, S.A,representada polo/a procurador/a D./D.ª María José Toro Rodríguez e asistida do/da letrado/a D./D.ª Alberto Viejo Puga.
É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo, con data do 24/6/2015, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Desestimando íntegramente la acción promovida por la representación de Romeo contra Axa Seguros, debo absolver y absuelvo a la demandada de las pretensiones contra ella deducidas, con imposición a la actora de las csotas procesales causadas en esta instancia. '
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ªFrancisco J. Castro Vidal en representación de D./D.ª Romeo , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 8/9/2016.
Fundamentos
Primeiro.-Fundada a pretensión indemnizatoria na responsabilidade por culpa extracontractual ou aquiliana do artº. 1902 do Código Civil , resulta obrigado traer a colación a doutrina xurisprudencial que interpreta e aplica este precepto, partindo da relatividade propia de cada suposto, dada a multiplicidade de casos e actividades da vida humana na que pode manifestarse ese tipo de responsabilidade, e sempre partindo -claro é- de que a actividade na que movémonos (por decilo de xeito moi resumido, caída nunha obra protexida por un valado de arame ou enreixado) non é inicialmente xeradora de ningún tipo de risco significado e, conseguintemente, non poden establecerse presuncións de culpa contra a demandada, nin acudirse aos outros mecanismos tendentes a invertir a carga da proba ou a obxectivizar a responsabilidade.
Como proclamamos na recente sentenza de 8 de xullo deste ano 'di a sentenza do T. S. de data 22 de febreiro de 2007 que 'la jurisprudencia no ha llegado al extremo de erigir el riesgo como criterio de responsabilidad con fundamento en el art. 1902 del Código civil ( SSTS 6 de septiembre de 2005 17 de junio de 2003 , 10 de diciembre de 2002 , 6 de abril de 2000 y, entre las más recientes, 10 de junio de 2006 y 11 de septiembre de 2006 ). Es procedente prescindir de una supuesta objetivación de la responsabilidad civil que no se adecua a los principios que informan su regulación positiva. La jurisprudencia no ha aceptado una inversión de la carga de la prueba, que en realidad envuelve una aplicación del principio de la proximidad o facilidad probatoria o una inducción basada en la evidencia, más que en supuestos de riesgos extraordinarios, daño desproporcionado o falta de colaboración del causante del daño cuando está especialmente obligado a facilitar la explicación del daño por sus circunstancias profesionales o de otra índole ( STS de 2 marzo de 2006 ). Es un criterio de imputación del daño al que lo padece la asunción de los riesgos generales de la vida ( STS 21 de octubre de 2005 y 5 de enero de 2006 ), de los pequeños riesgos que la vida obliga a soportar ( SSTS de 11 de noviembre de 2005 y 2 de marzo de 2006 ) o de los riesgos no cualificados, pues riesgos hay en todas las actividades de la vida ( STS 17 de julio de 2003 ). En los supuestos en que la causa que provoca el daño no supone un riesgo extraordinario no procede una inversión de la carga de la prueba respecto de la culpabilidad en la producción de los daños ocasionados'. E engade aquela sentenza de 22-2-2007 que non pode apreciarse responsabilidade nos casos 'en los cuales la caida se debe a la distracción del perjudicado o se explica en el marco de los riesgos generales de la vida por tratarse de un obstáculo que se encuentra'.
E engadíamos que 'en moi semellantes termos se manifesta a sentenza de 17 de xullo de 2007 , da destacamos as seguintes consideracións de utilidade. A) Deben excluirse do ámbito do artº 1.902 'los pequeños riesgos que la vida obliga a soportar, el riesgo general de la vida o los riesgos no cualificados, pues riesgos hay en todas las actividades de la vida'. B) Nos supostos de caídas en edificios en réxime de propiedade horizontal ou acaecidas en establecimentos comerciais, de hostalería ou de ocio, a conclusión é que para declarar tal responsabilidade 'ha de concurrir necesariamente una culpa o negligencia identificable, que no se dará cuando por distracción del perjudicado éste tropiece con un obstáculo que se encuentre dentro de la normalidad'. C) Nos traballos preparatorios dos 'Principios de dereito europeo da responsabilidade civil', actualmente en curso, se define o 'Estándar de conducta exixíbel' como 'el de una persona razonable que se halle en las mismas circunstancias, y depende, en particular, de la naturaleza y el valor del interés protegido de que se trate, de la peligrosidad de la actividad, de la pericia exigible a la persona que la lleva a cabo, de la previsibilidad del daño, de la relación de proximidad o de especial confianza entre las personas implicadas, así como de la disponibilidad y del coste de las medidas de precaución y de los métodos alternativos' ( artículo 4: 102. -1-). D ) O artº 1.104 do Código Civil , cando alude tanto á 'dilixencia que exixa a natureza da obligación e corresponda ás circunstancias das persoas, do tempo e do lugar' como 'á que correspondería a un bo pai de familia', 'configura un modelo de conducta diligente válido para la mayoría de los casos'. E) Por último, a contemplación do caso fortuito no art. 1105 do mesmo código , configurándoo como suceso que non podera preverse, 'significa que no toda desgracia determina necesariamente que alguien deba responder de ella porque, como se señalaba al principio, la vida comporta riesgos'.
Finalmente reseñábamos que 'en fin, e tal como proclama a sentenza de 17 de xullo de 2003 'en relación al artículo 1902 del Código Civil invocado, la evolución de la jurisprudencia que da soluciones prácticas percibidas en los fallos y que denuncian una evidente tendencia tuitiva en favor de las víctimas, no puede alcanzar al abandono teórico de la doctrina de la culpa, considerando a ésta elemento justificativo de la responsabilidad civil, al menos en los supuestos puros de responsabilidad por actos propios'.
Segundo.-A parte actora, e hoxe recorrente, non deu satisfacción cumprida á carga probatoria que lle impón o artº 217 da Lei de axuizar.
Realmente, e deixando á marxe a proba documental médica, xustificativa, efectivamente, das lesións, sobre a etioloxía destas últimas, é dicir, verbo do xeito de producirse o sinistro, da precipitación do demandante, as probas que se achegan á causa non proporcionan datos dabondo para afirmar, coa precisa certeza, a culpabilidade da parte demandada, ou se estase preferir, non hai proba de que o valo de arame que circundaba o recinto carecera da solidez e fixación dabondo que se postula. E todo iso partindo, claro é, e por elementais postulados dispositivo e de congruencia das sentenzas, da afirmación ou único reproche do propio actor á demandada, no senso de que 'os valos non estaban en absoluto ancorados ó solo e ademáis estaban pegados ao enorme oco excavado na obra, razón pola que os valos de peche non opuxeron ningún tipo de resistencia ao apoio e os dous (D. Alexander e D. Cirilo ) precipitáronse hacia o interior da obra'.
Analizamos deseguido as probas.
Terceiro.-Primeiramente, non semella creible, precisamente, a versión ofrecida polo demandante, de que ao tropezar co seu compañeiro Alexander , cairon os dous á obra ao apoiarse no enreixado, ao que non atribúen, por outra banda, a existencia de oco ningún. O accidente sucedería ao 'apoiarse' no valo, o que implica que neste punto -nin ningún outro- non existía falta de valado. E un simple tropezón non debería desencadenar sen máis unha caida -dos dous- ao baleiro. Semella máis lóxico e verosímil como causa orixinaria da caída un empurrón ou outro acto, único ou mutuo, de maior forza que un mero tropezón.
A proba documental fotográfica, en segundo lugar, tomada o día inmeditamente posterior ao sinistro, que acurríu sobre as 23,30 horas do día precedente, non acredita precisamente que o enreixado carecera de solidez denunciada. Pola contra, se algo cabe colexir dela é que o enreixado,e máis concretamente os postes metálicos-, ora estaban sobre bloques de cemento, ora ancorados no chan de formigón. Por decilo doutro xeito, non vemos ningún poste no aire. E o entramado metálico parece que forma un todo sen solución de continuidade.
En terceiro lugar, as declaracións prestadas pola testemuña, D. Germán , son pouco espontáneas e incompletas, e ademáis manifesta que por ir diante non veu o momento da caída, descoñecendo entón se houbo o tropezón e a causa de caer dos seu dous acompañantes. A testemuña non resulta relevante.
Maior extrañeza causa a este tribunal, en cuarto termo, as declaracións da testemuña, D. Alexander , co que tropezou o demandante segundo a súa versión, de que non lembre por qué golpeáronse contra o enreixado. As lagoas que nela se observan non contribúen precisamente a súa credibilidade, nin serven de fundamento tampouco á tese do agora apelante.
En quinto lugar, tampouco o relato ofrecido polo actor no seu interrogatorio pode ser considerado, pois ademáis do limitado alcance probatorio deste instrumento de proba, o mesmo realiza un relato dos feitos impreciso, inseguro e como á defensiva.
A proba testemuñal representada polos axentes da Policía Local tampouco contribúen, en sexto lugar, a determinar as circunstancias e orixe da precipitación do demandante e compañeiro ao baleiro. Os mesmos, como persoados no lugar despois do suceso, non poden determinar loxicamente como aconteceu. E afirman, por outra banda, ainda que con dúbidas, que o enreixado tiña uns postes metálicos incrustados no solo ou sobre bloques de cemento. En ningún momento declaran sobre algunhas carencias observadas no valo.
Derradeiramente, as testemuñas propostas pola parte demandada -interviñentes na Dirección Facultativa da obra- descartan toda anomalía no valo. E ainda que as súas declaracións teñen que ser tomadas con especial cauterla e reserva, dada a súa relación coa parte, tales manifestacións non teñen porque ser sen máis descartadas.
En conclusión, indemostrados, tanto a maneira de producirse a caída dos dous como a causa da mesma, en unión da indemostración tamén dalgunha irregularidade no valo e, en fin, da violencia do suposto impacto dos mesmos contra ela, o recurso e a demanda non poden prosperare.
Cuarto.-Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artigo 398, en relación co artigo 394, ambos da L. A. C..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que desestimamos o recurso de apelación formulado por D. Romeo , representado polo procurador D. Francisco Manuel Castro Vidal contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 1 de Vigo o día 24/6/2015, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
NOTA INFORMATIVA: Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, Sucursal c/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012057715, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuita, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. De conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
