Sentencia Civil Nº 574/20...re de 2014

Última revisión
06/12/2014

Sentencia Civil Nº 574/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 267/2013 de 10 de Octubre de 2014

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 12 min

Orden: Civil

Fecha: 10 de Octubre de 2014

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 574/2014

Núm. Cendoj: 36057370062014100574

Resumen:
OTRAS MATERIAS OBLIGACIONES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00574/2014

CIVIL

Rolo: 267/2013

Procedemento de orixe: Ordinario 963/2011

Órgano de procedencia: Instancia núm. 1 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, DÑA MAGDALENA FERNANDEZ SOTO e D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ TABARES,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM. 574/2014

En Vigo, a dez de outubro de dous mil catorce.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 963/2011 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 267/2013, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Trinidad , representada polo/a procurador/a D./D.ª Manuel Castells López e asistida do/da letrado/a D./D.ª Maria del Carmen Calvo Moya, e como parte contra da que se apela e demandado D./D.ª Leovigildo , representada polo/a procurador/a D./D.ª Paula Lima Casas e asistida do/da letrado/a D./D.ª Ana Fernández Alonso.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo, con data do 30/1/2013, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Desestimando íntegramente la demanda promovida por la representación de Trinidad contra Leovigildo , debo absolver y absuelvo al demandado de las pretensiones contra él deducidas, con imposición a la actora de las costas del procedimiento.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Manuel Castells López, en representación de D./D.ª Trinidad , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 2/10/2014.

Terceiro:Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.


Fundamentos

Primeiro:O verdadeiro e único problema que se suscita nesta segunda instancia é de natureza puramente probatoria, e ven referido a se a ruptura da convivencia que se ten producido nunha relación more uxorio, produxo para a demandante o desequilibrio e o prexuizo económicos que esta postula, comparativamente, tanto coa situación existente durante ese estado convivencial non matrimonial, con vocación de estabilidade e permanencia, como coa posición na que queda a súa exparella, agora demandada.

Contrariamente, a outra cuestión que presentábase na primeira instancia, da existencia ou non da relación more uxorio, aparece superada, tanto pola pronuncia que en sentido afirmativo fai a sentenza de primeira instancia, nunha decisión que realmente non aparece impugnada polos contendentes, como, mesmamente, porque aquel estado aparece acreditado e ata admitida polo demandado. En efecto: A) O feito obxectivo da convivencia, durante tantos anos -máis de vinte-, e de xeito ininterrumpido, dos litigantes, en unión dos fillos da actora habidos dun matrimonio anterior, xa fai pensar razoablemente en que loxe de ser unha relación puramente de conveniencia e aos efectos exclusivamente económicos, constituía unha verdadeira e máis ampla convivencia, comprensiva dos ámbitos afectivos, sentimentais e, en fin, dun proxecto de vida en común en todos os aspectos. B) O propio demandado veu admitir esa relación análoga á matrimonial cando, no seu interrogatorio, e ao ser preguntado se viviron xuntos como matrimonio, encolle os ombreiros. C) Derradeiramente, a conta bancaria común que se achega, e as declaracións do demandado para que a asistencia sanitaria se fixer extensiva á demandante, conceptuándoa como esposa, non veñen ser máis que outros dous feitos que refrendarían a relación de parella de feito.

Segundo:Seguindo a doutrina xurisprudencial, facemos agora unha serie de reflexións de orde xurídica, necesarias para resolver axeitadamente a problemática, sobre a natureza das unións non matrimoniais, e as súas consecuencias económicas, especialmente no transo da ruptura da parella.

Primeiramente, o Tribunal Supremo declara de forma reiterada que as unións de feito son situacións non equiparables ao matrimonio. Precisamente, cando dúas persoas optan por unha convivencia estable sen vencello conxugal, semella que están excluindo os efectos típicos do matrimonio e os seus rexímenes matriminiais. En expresións do Tribunal Supremo, 'non pode aplicarse por analoxía a regulación establecida para o réxime económico matrimonial porque ao non haber matrimonioo non hai réxime',ou 'a consecuencia da exclusición do matrimonio é, precisamente, a excluisión do réxime' ( sentenzas de 27-5-1998 , 12-9-2005 , 8-5-2008 e 7-7-2010 ).

En segundo lugar, esa unión de feito rexírase, preferentemente, por lóxica, polos pactos, que de conformidade co artigo 1255 do código civil , poidesen alcanzar os convivintes.

En terceiro lugar, e a falta de pacto, o Tribunal Supremo, en atención á diversidade casuística, acude a distintos estatutos para aplicalos supletoria e analóxicamente. Como proclama a sentenza de 17-6-2003 'la falta de una normativa positiva concreta para los casos de extinción de la unión «more uxorio» ha dado lugar a una jurisprudencia disímil, salvo en la admisibilidad general de los pactos expresos, o tácitos («falta concludentia»), con acogimiento de soluciones de comunidad de bienes (ad ex. Sentencia de 4 de junio de 1998 ) o de sociedad irregular (ad ex. Sentencis de 18 de mayo de 1992, 18 de febrero de 1993, y 18 de marzo de 1995), que ha efectuado un notorio esfuerzo para proporcionar remedio jurídico a las peculiaridades casuísticas, lo que ha dado lugar a diversas soluciones, no necesariamente reñidas entre sí. Y en tal sentido ... son de destacar las Sentencias de 13 Jun. 1986, que aplica el principio de la buena fe y la sanción del abuso del derecho en sintonía con una interpretación acorde con la realidad social; 11 de diciembre de 1992, que aplicó la doctrina del enriquecimiento injusto ; 16 de diciembre de 1996 , indemnización de daños y perjuicios del art. 1902 CC en atención a que hubo promesa de matrimonio; y aplicación analógica del art. 96 en relación con el 41 ambos del Código Civil por lo que respecta al uso de la vivienda familiar; 10 de marzo de 1998, principio de protección del conviviente más débil, que también se menciona en la de 27 de marzo de 2001, y se ratifica en la de 17 de enero de 2003'.

Por último, o Tribunal Supremo, sen optar entón de xeito exclusivo por algunha desas técnicas, acude na maior parte dos casos á doutrina do enriquecimentio inxusto. E dentro desta solución, considera como partida a tomar en consideración, no intre da liquidación da unión non matrimonial, a contribución, no senso máis amplo e abarcante, do convivinte ao fogar familiar. Así a sentenza de 17 de xuño de 2003, nunha longa relación convivencial, de cincueta e tres anos, dando por acreditado que a convivinte ' se dedicó en exclusiva a la atención del mismo y del hogar familiar prestándole total ayuda moral y material, lo que repercutió positiva y significativamente en la formación del patrimonio de aquél, al tiempo que acarreó un desentendimiento de su propio patrimonio, pues tal dedicación no sólo no le supuso ninguna retribución o compensación económica, sino que le impidió obtener beneficios privativos mediante el desarrollo de otra actividad en provecho propio', aprecia unha situación de enriquecimento inxusto, situación que ten lugar -advirte esaresolución- 'cuando se ha producido un resultado por virtud del cual una persona se enriquece a expensas de otra que, correlativamente, se empobrece careciendo de justificación o de causa (base) que lo legitime, de tal manera que surge una obligación cuya prestación tiende a eliminar el beneficio del enriquecimiento indebido («in quantum locupletiores sunt»). El enriquecimiento, como ya advierte la mejor doctrina, se produce, no solo cuando hay un aumento del patrimonio, o la recepción de un desplazamiento patrimonial, sino también por una no disminución del patrimonio («damnum cessans»). El empobrecimiento no tiene por qué consistir siempre en el desprendimiento de valores patrimoniales, pues lo puede constituir la pérdida de expectativas y el abandono de la actividad en beneficio propio por la dedicación en beneficio de otro. La correlación entre ambos es la medida en que uno determina el otro, y la falta de causa no es otra cosa que la carencia de razón jurídica que fundamente la situación...la comunidad de vida, o el haber gozado de una consideración social y material equiparada a la de su compañero (a que se hace referencia en la resolución de la instancia), no constituyen justificación del desequilibrio patrimonial producido en virtud de las respectivas actividades y circunstancias específicas del caso'.

Terceiro:Para determinar que houbo ou non o prexuizo económico que se discute, damos por sentadas as seguintes premisas fácticas: A) Os litigantes viñan vivindo xuntos dende hai máis de vinte anos, compartindo unha vivenda en aluguer. B) Coa parella viviron igualmente os fillos da actora, froito dun anterior matrimonio, algúns deles xa maiores de idade ao tempo de iniciarse a convivencia. Ignorando realmente a Sala tanto o número exacto de fillos -probablemente cinco ou seis- como as concretas idades dos mesmos. C) Descoñecemos igualmente se os fillos contribuiron nalgún momento, cos seus ingresos, ao sostemento do nucleo familiar. D) O demandado tivo sempre un traballo estable, percibindo actualmente unha retribucións netas de arredor de 1.120 euros ao mes (en esencia, folio 153). E) A demandante gozou igualmente de traballo habitual como cociñeira (confesa sobre uns vinte anos), máis sen cotizar nunca á Seguridade Social, descoñecéndose os seus ingresos reais. F) Actualmente, a demandante non traballa por mor da enfermidae que padece. G) Percibe a actora unha pensión da Seguridade Social portuguesa de 220 euros ao mes (por ela confesados). H) Polo aluguer da vivenda na que convivían os litigantes -e na que permanece a demandante- se pagan arredor de 300 euros ao mes. I) O demandado satisface polo aluguer doutra vivenda 400 euros mensuais. K) A parella non acumulou diñeiro nin fortuna significativos durante a relación, de tal xeito, xa que logo, que non hai patrimonio común a considerar, e a repartir entre eles.

Cuarto:Se aplicamos á doutrina xurisprudencial antes reseñada ao suposto litixioso non podemos estimar a pretensión indemnizatoria da demandante, a hoxe apelante, ao non acreditar a mesma, como lle incumbía, ex artigo 217 da L. A. C., o prexuizo económico que invoca, e que concreta nunha pensión vitalicia de trescentos cincuenta euros ao mes por catorce pagas. En efecto: A) Primeiramente, os dous litigantes viñeron desenvolver de xeito regular e durante a relación convivencial os seus respectivos traballos, ou o que é o mesmo, e dito sinmplificadamente, a actora non tivo que deixar de traballar por conta allea nin de percibir retribucións por mor da unión de feito. B) En segundo lugar, ningunha dedicación especial tivo que prestar a demandante á familia, dado que non houbo descendencia desa unión non matrimonial senón que, moi contrariamente, a convivencia abarcou á prole -numerosa- que a recurrente tiña doutra relación anterior, entre a que se atopaban tanto fillos maiores de idade, que poidesen contribuir, xa que logo, ao sostemento da familia, como menores, que se viron beneficiados, precisamente, todos eles dos ingresos aportados polo recurrido. C) En terceiro lugar, e en fonda relación coas anteriores consideracións, a apelante, nese contexto, lonxe de verse prexudicada polo estado de parella de feito constituido de consuno co recurrido, resultou a beneficiada, ao soportar este último uns gastos a maiores, derivados do sostemento dos fillos da demandante. D) En último termo, e a xeito de recapitulación, non dase nin un empobrecimento da actora pola súa contribución familiar -para coa súa parella-, nin un enriquecimento desta última por mor daquela dedicación.

O recurso non pode prosperare.

Quinto:Non hai circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artigo 398, en relación coa artigo 394, ambos da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamos o recurso de apelación promovido por Dña Trinidad , representada polo procurador D. Manuel Castells López contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 1 de Vigo o día 30/1/2013, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguirntes a súa notifiacción na forma establecido no artº 479 da LAC.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.