Última revisión
06/12/2014
Sentencia Civil Nº 575/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 273/2013 de 10 de Octubre de 2014
Relacionados:
Tiempo de lectura: 14 min
Orden: Civil
Fecha: 10 de Octubre de 2014
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 575/2014
Núm. Cendoj: 36057370062014100576
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00575/2014
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA
SEDE VIGO
N01250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
N.I.G. 36057 42 1 2012 0005533
ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0000273 /2013B
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 2 de VIGO
Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000330 /2012
Recurrente: Amanda
Procurador: EMILIO JOSE ALVAREZ PAZOS
Abogado: JOSE LUIS BIANCHI VALCARCE
Recurrido: Gines
Procurador: GEMMA ALONSO FERNANDEZ
Abogado: MARIA LOURDES CARBALLO FIDALGO
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, Dª Magdalena Fernández Soto e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés,pronunciou
NONOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 575/14
Vigo, dez de outubro de dous mil catorce.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 330/12 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Vigo ós que correspondeu o rolo 273/13, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Amanda , representada polo/a procurador/a D./D.ª EMILIO ÁLVAREZ PAZOS e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE LUIS BIANCHI VALCARCE, e como parte contra da que se apela e demandada D./D.ª Gines , representada polo/a procurador/a D./D.ª GEMMA ALONSO FERNÁNDEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª LOURDES CARBALLO FIDALGO .
É o maxistrado relatorD. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de Vigo, con data do 24 de xaneiro de 2013, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Que DESESTIMANDO la demanda formulada por el Procurador D. Emilio Álvarez Pazos en representación de Dª Amanda contra D. Gines , le debo absolver y absuelvo de los pedimentos contenidos en la demanda, con imposición a la demandante de las costas del procedimiento.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Emilio Álvarez Pazos, en representación de D./D.ª Amanda , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 2 de outubro de 2014.
Terceiro:Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro: Como antecedentes dignos de mención, necesarios para resolver a presente controversia cómpre reseñar os seguintes: 1) Resulta feito non discutido que os litigantes formaron parella de feito entre os anos 1997 e 2004, habendo mesmo desa unión un fillo. 2) A través de escritura notarial de 17 de marzo de 2000 os convivintes adquiriron 'por iguais partes proindiviso' -di literalmente esa escritura- unha vivenda, que veu constituir o domicilio da parella. 3) Producida a ruptura da parella, reclama a demandante do demandado por medio da presente demanda a suma de 45.075,91 euros, que ao seu xuizo ten dereito a percibir deste segundo, ao ter contribuido a primeira á compra da vivenda con diñeiro propio -procedente da venda de bens hereditarios- co doble desa suma (máis do doble, realmente, proclama a actora, que renuncia ao resto). 4) Oponse á pretensión da demandante o demandado, por estimar, dito en resumo: A) Que as aportacións económicas da demandante foron de 25.843 euros tan só. B) Que, pola contra, foron de conta del todas as amortizacións do préstamo hipotecario contraido en garantía da operación de compra, ata maio de 2005, satisfacendo por este capítulo 25.166 euros. C) Que ademáis da cifra anterior, debe tomarse en consideración, que como o demandado era o único de percibía un salario, carecendo sempre a súa exparella de traballo remunerado, foi el o que se fixo cargo de todos os habituais, inexcusables e consabidos gastos xerados pola parella e fillo. En definitiva, sostén o demandado que as sumas por el achegadas e soportadas durante a relación convivencial foron superiores ás da actora.
Segundo: Seguindo a doutrina xurisprudencial, facemos agora unha serie de reflexións de orde xurídica, tamén necesarias para resolver axeitadamente a problemática, sobre a natureza das unións non matrimoniais, e as súas consecuencias económicas, especialmente no transo da ruptura da parella.
Primeiramente, o Tribunal Supremo declara de forma reiterada que as unións de feito son situacións non equiparables ao matrimonio. Precisamente, cando dúas persoas optan por unha convivencia estable sen vencello conxugal, semella que están excluindo os efectos típicos do matrimonio e os seus rexímenes matrimoniais. En expresións do Tribunal Supremo, 'non pode aplicarse por analoxía a regulación establecida para o réxime económico matrimonial porque ao non haber matrimonio non hai réxime', ou 'a consecuencia da exclusión do matrimonio é, precisamente, a exclusión do réxime' ( sentenzas de 27-5-1998 , 12- 9-2005, 8-5-2008 e 7-7-2010 ).
En segundo lugar, esa unión de feito rexírase, preferentemente, por lóxica, polos pactos, que de conformidade co artigo 1255 do código civil , poidesen alcanzar os convivintes.
En terceiro lugar, e a falta de pacto, o Tribunal Supremo, en atención á diversidade casuística, acude a distintos estatutos para aplicalos supletoria e analóxicamente. Como proclama a sentenza de 17-6-2003 'la falta de una normativa positiva concreta para los casos de extinción de la unión «more uxorio» ha dado lugar a una jurisprudencia disímil, salvo en la admisibilidad general de los pactos expresos, o tácitos («falta concludentia»), con acogimiento de soluciones de comunidad de bienes (ad ex. Sentencia de 4 de junio de 1998 ) o de sociedad irregular (ad ex. Sentencis de 18 de mayo de 1992, 18 de febrero de 1993, y 18 de marzo de 1995), que ha efectuado un notorio esfuerzo para proporcionar remedio jurídico a las peculiaridades casuísticas, lo que ha dado lugar a diversas soluciones, no necesariamente reñidas entre sí. Y en tal sentido ... son de destacar las Sentencias de 13 Jun. 1986, que aplica el principio de la buena fe y la sanción del abuso del derecho en sintonía con una interpretación acorde con la realidad social; 11 de diciembre de 1992, que aplicó la doctrina del enriquecimiento injusto ; 16 de diciembre de 1996 , indemnización de daños y perjuicios del art. 1902 CC en atención a que hubo promesa de matrimonio; y aplicación analógica del art. 96 en relación con el 4.º1 ambos del Código Civil por lo que respecta al uso de la vivienda familiar; 10 de marzo de 1998, principio de protección del conviviente más débil, que también se menciona en la de 27 de marzo de 2001, y se ratifica en la de 17 de enero de 2003'.
Por último, o Tribunal Supremo, sen optar entón de xeito exclusivo por algunha desas técnicas, acude na maior parte dos casos á doutrina do enriquecimentio inxusto. E dentro desta solución, considera como partida a tomar en consideración, no intre da liquidación da unión non matrimonial, a contribución, no senso máis amplo e abarcante, do convivinte ao fogar familiar. Así a sentenza de 17 de xuño de 2003, nunha longa relación convivencial, de cincuenta e tres anos, dando por acreditado que a convivinte ' se dedicó en exclusiva a la atención del mismo y del hogar familiar prestándole total ayuda moral y material, lo que repercutió positiva y significativamente en la formación del patrimonio de aquél, al tiempo que acarreó un desentendimiento de su propio patrimonio, pues tal dedicación no sólo no le supuso ninguna retribución o compensación económica, sino que le impidió obtener beneficios privativos mediante el desarrollo de otra actividad en provecho propio', aprecia unha situación de enriquecimento inxusto, situación que ten lugar -advirte esa resolución- 'cuando se ha producido un resultado por virtud del cual una persona se enriquece a expensas de otra que, correlativamente, se empobrece careciendo de justificación o de causa (base) que lo legitime, de tal manera que surge una obligación cuya prestación tiende a eliminar el beneficio del enriquecimiento indebido («in quantum locupletiores sunt»). El enriquecimiento, como ya advierte la mejor doctrina, se produce, no solo cuando hay un aumento del patrimonio, o la recepción de un desplazamiento patrimonial, sino también por una no disminución del patrimonio («damnum cessans»). El empobrecimiento no tiene por qué consistir siempre en el desprendimiento de valores patrimoniales, pues lo puede constituir la pérdida de expectativas y el abandono de la actividad en beneficio propio por la dedicación en beneficio de otro. La correlación entre ambos es la medida en que uno determina el otro, y la falta de causa no es otra cosa que la carencia de razón jurídica que fundamente la situación...la comunidad de vida, o el haber gozado de una consideración social y material equiparada a la de su compañero (a que se hace referencia en la resolución de la instancia), no constituyen justificación del desequilibrio patrimonial producido en virtud de las respectivas actividades y circunstancias específicas del caso, sumamente significativas'.
Terceiro: Se tomamos como punto de partida as anteriores coordenadas o recurso e a demanda non poden prosperaren, non porque descoñezamos realmente as contribucións económicas da actora á unión de feito, senón porque non se acredita que esas aportacións, ainda considerando a súa dedicación á familia, foran superiores ás da súa parella. Analizamos ás probas.
Cuarto: Resultando indubidable que a hoxe apelante fixo aportacións económicas procedentes dos seus bens privativos -por herdanza-, aportacións que o demandado recoñece, malia que as circunscriba soamente a 25.843 euros, existe un documento que esta Sala non pode obviar, como é o que figura co número oito dos achegados co escrito de demanda, manuscrito polo demandado, e no que despois de reseñar 'lo que Amanda no ha puesto' e 'lo que Amanda ha puesto', fixa un saldo a prol desta última de 7.000.000 das antiguas pesetas, saldo que reitérase na outra páxina do documento. E fronte a esa realidade documental, a parte demandada pretende minimizar o seu valor, decindo que é 'unha máis das contas' que fixo. Pero esta afirmación, ademáis de improbada, non pode levar a descartar en absoluto o documento (agás que se demostrasen -o que tampouco faise- os erros significativos que se poidesen cometer nel), en canto que supón palmaria e inequivocamente a admisión das aportacións e do seu montante económico. Por outra banda, ese documento aparece corroborado en grande medida, tanto pola proba testemuñal practicada, como pola restante documental, consistente nos extractos bancarios traidos pola demandante á causa. En efecto, e por referirmos simplemente ás distintas libretas de aforro, no que figura como titular o demandado, constan ingresos, que se contar os inferiores a 100.000 pesetas, alcanzan a cifra de 12.772.000 pesetas(1.500.000 +222.000+100.000+250.000+4.300.000+6.000.000+400.000)
En definitiva, toda esa documental conduce á tese da parte actora, sen que a súa manifestación, por outra banda, de que 'a maior parte' dos seus cartos destinouse á compra da vivenda, praza de garaxe, e dos móveis, así como ás obras de reforma, constitúa un atranco insuperable, nin poida ter o valor significante que o demandado atribúelle, verbo do quantum destinado a eses fins particulares, dado que esa declaración, considerada no senso inmportante que á parte apelada pretende darlle, contradise coa anterior e categórica proba documental, da que resulta que ás sumas foron ingresadas nas contas bancarias para o seu destino a pagar aqueles gastos comúns, o que aparece corroborado, derradeiramente, tanto porque o demandado non concreta en qué consistiron eses aproveitamentos particulares da recurrente, como porque non se atopa explicación a cómo se fixo fronte, entón, ao prezo da vivenda, praza de garaxe, móveis e obras de reforma, dado que o capital prestado era certamente insuficiente para sufragar eses capítulos, ainda contando cos cartos prestados polos familiares, e os que tiveron, en fin, que pagarse.
Quinto: Ao carón das anteriores aportacións, atoparíamos coa dedicación á familia da agora apelante durante a convivencia, como outro dos pilares para decidir sobre se houbo un enriquecimento inxusto da súa exparella dado que, efectivamente, houbo tal dedicación. Sen embargo, resulta imposible contificar ese concepto, e a demandante non o fai, ao deixar de sinalar unha cifra, nin concreta nin aproximativa por este capítulo. E se a iso engadimos que a convivencia non foi moi longa -sobre sete anos-, a imposibilidade de considerar a valorar esta partida é ainda máis notoria.
Máis é que, ainda que contificasemos hipoteticamente esa dedicación (cincocentos euros ao mes?), que conduciríamos á cifra de arredor de 42.000 euros nos sete anos de relación, non podemos descoñecer evidentemente as aportacións da parte demandada. E chegados a este punto do discurso cómpre lembrar: A) Que o demandado fixo fronte, exclusivamente (a demandante careceu de traballo remunerado durante toda a relación, conforme ao deixado sentado como probado) ás amortizacións do préstamo hipotecario, que eleváronse a 25.166 euros. B) Que, por iguais razóns, foi o demandado o que soportou todos os consabidos gastos que unha familia de tres membros comporta durante eses sete anos de convivencia. C) Que as percepcións salariais do demandado -hoxe sobre uns 1.900 euros mensuais segundo as nóminas e declaracións tributarias achegadas- estiveron destinadas esencialmente a facer fronte a eses gastos, dado que ningunha afirmación en sentido contrario realiza a demandante, nin temos constancia de que parte desas retribucións destinasense a outros menesteres, a excepción -claro é-, tanto da cifra desembolsadas polas amortización do préstamo (en caso contrario estaríamos incurrir nunha inaceptábel duplicidade), como da pensión alimenticia para a filla habida doutra relación anterior do demandado, por importe de douscentos setenta euros ao mes. Ciframos así ponderadamente estes dous últimos capítulos nuns setecentos euros mensuais, o que lévanos á cantidade de 1.200 euros como a que quedaba para o sostemento da familia.
Pois ben, e a xeito de recapitulación, se as aportacións da demandante foron sobre 120.000 euros, é dicir, uns 42.000 euros por dedicación á familia, máis outros 78.000 euros (sobre 13.000.000 de pesetas) por aportacións procedentes da herdanza, as do demandado alcanzaron unha cifra -sempre e igualmente aproximativa, ante a insuficiencia probatoria observada- moi parella, cando non superior. En efecto, aos 25.166 euros pagados polo préstamo, hai que sumar 100.800 euros (1.200 euros ao mes, por sete anos), o que nós da a cantidade de 125.966 euros.
Por todo o dito a demanda non se estima.
Sexto: As dúbidas de feito e xurídicas xurxidas -estas últimas, ante a carencia dunha regulación legal da materia e a fluctuación observada na doutrina xurisprudencial-, fainos non realizar unha declaración especial sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias (artigos 394 e 398 da L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que desestimando en esencia o recurso de apelación promovido por Dª Amanda representada polo procurador Sr. Alvarez Pazos contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Vigo o día 24 de xaneiro de 2013, rexeitamos a demanda reitora deste preito, sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguirntes a súa notifiacción na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

