Sentencia Penal Nº 276/20...re de 2017

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Penal Nº 276/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 68/2016 de 07 de Noviembre de 2017

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 29 min

Orden: Penal

Fecha: 07 de Noviembre de 2017

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 276/2017

Núm. Cendoj: 36038370022017100261

Núm. Ecli: ES:APPO:2017:2268

Núm. Roj: SAP PO 2268:2017

Resumen:
LESIONES CUALIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00276/2017

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: MV

N.I.G.: 36038 43 2 2014 0007908

PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000068 /2016J

Juzgado de procedencia: Instrucción núm. 1 de Pontevedra

Procedimiento de origen: Diligencias previas núm. 2898/14

Delito/falta: LESIONES CUALIFICADAS

Acusación: MINISTERIO FISCAL, Modesto

Acusados: Victoriano , Juan Luis

Procurador: JAVIER ALMON CERDEIRA, CARLOS VILA CRESPO

Abogado/a: PABLO ESPINOSA DE SOTO, NOEMY EKPO-EKUERRE MENDEZ

SENTENZA NÚM. Nº 276

Presidente:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado

Maxistrada/o:

Ilma. Sra. Dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Pontevedra, sete de novembro de dous mil dezasete.

Vista en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída conúmero 68/16,procedente dasdilixencias previas núm. 2898/14,doXulgado de Instrución núm. 1 de Pontevedra, e seguida polo trámite deprocedemento abreviadopolo delito delesiones,contra:

- Victoriano , con DNI núm. NUM000 , natural de Pontevedra, nado o día NUM001 de 1990, fillo de Cirilo e Paloma , na actualidade no Centro penitenciario de A Lama por outra causa, en situación de liberdade pola presente causa, con antecedentes non computables a efectos de reincidencia, representado polo procurador JAVIER ALMON CERDERA e defendido polo letrado PABLO ESPINOSA DE SOTO.

- Juan Luis , con DNI núm. NUM002 , natural de Poio (Pontevedra), nado o día NUM003 de 1966, fillo de Geronimo e Adelina , con domicilio en DIRECCION000 núm. NUM004 , Campelo, Poio (Pontevedra), en situación de liberdade por esta causa, con antecedentes non computables a efectos de reincidencia, representado polo procurador CARLOS VILA CRESPO e defendido polo letrado NOEMY EKPO-EKUERRE.

Actúan como parte acusadora o Ministerio Fiscal, en nome do cal intervén don Servando Dasilva.

É relator o maxistrado donJosé Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.Estas actuacións foron tramitadas polo Xulgado de Instrución núm. 1 de Pontevedra e deron lugar ás dilixencias previas rexistradas co núm. 2898/14. Así mesmo, foron practicadas as dilixencias probatorias que se estimaron procedentes.

Segundo.Levadas a efecto as indicadas dilixencias probatorias e sendo acordada polo instrutor a prosecución do trámite establecido no artigo 779 da Lei de axuizamento criminal (LACrim ), deuse traslado das dilixencias ao Ministerio Fiscal e aos demais que se constituíron en parte para que solicitasen a apertura do xuízo oral ou o sobresemento da causa. O Ministerio Fiscal formulou o seguinte escrito de acusación:

'1º.- En torno a las cuatro horas del día veintitrés de agosto de dos mil catorce, Juan Luis nacido el NUM003 -66 y con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, y Victoriano , nacido el NUM001 -90 y con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, cuando se encontraban en la calle Benito Corbal de Pontevedra, en el exterior del establecimiento llamado Pub Tropicana, sostuvieron una fuerte discusión con Modesto , de nacionalidad marroquí, en el curso de la cual y movidos por la intención de causarle un menoscabo en su integridad física, comenzaron a golpearlo, propinándole patadas y puñetazos en diversas partes del cuerpo; en un momento dado, los dos acusados se quitaron los cinturones que llevaban puestos, que contaban ambos con grandes hebillas metálicas y movidos por idéntico ánimo, comenzaron a golpear con ellos a Modesto , alcanzándole en la cabeza y en la espalda. Como consecuencia de los golpes recibidos, Modesto resultó con diversas contusiones, traumatismo facial con fractura de los huesos propios de la nariz, herida inciso contusa en labio superior, herida inciso contusa en tórax y pérdida de un incisivo inferior central y movilidad del otro que terminó por perder. Para su curación precisó curas locales y sutura de la herida del labio superior La herida de la parte posterior del tórax tenía una profundidad de al menos cuatro centímetros pero no se suturó para evitar posibles infecciones y se aplicó vendaje compresivo. Tardó en curar ocho días de los cuales dos estuvo incapacitado para el desarrollo de sus ocupaciones habituales y le restan como secuelas una cicatriz de dos centímetros en surco nasogeniano derecho, cinco cicatrices de tres, dos, uno y medio, uno y medio y un centímetro respectivamente en pared toracica dorso-posterior derecha y la pérdida de los dos incisivos centrales inferiores.

Los gastos generados para el SERGAS por la atenciOn prestada a Modesto ascendieron a 877,73 euros.

2°.- Los referidos hechos constituyen un DELITO DE LES1ONES CAUSANTES DE DEFORMIDAD de los articulos 147 , y 150 del Código Penal en relación de concurso de normas del articulo 8.4° del mismo código con un DELITO DE LESIONES AGRAVAD POR EL EMPLEO DE INSTRUMENTO PELIGROSO de los articulos 147 y 148.1° del Código Penal .

3°.- Responden ambos acusados en concepto de autores directos, de conformidad con el articulo 28.1 C.P .

4°.- No concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad penal.

5°.- Procede imponer a cada uno de los acusados la pena de TRES AÑOS Y SEIS MESES DE PRISION con la accesoria de inhabilitacion especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena. Costas.

Decrétese el COMISO de los cinturones instrumentos intervenidos en poder de los acusados.

Como indemnización, ambos acusados, de forma conjunta y solidaria, deberan abonar a Modesto en las cantidades siguientes: 280 euros por los dias de incapacidad y curacion y 10.000 euros por el conjunto de las secuelas. Ademas, ambos acusados deberan indemnizar at SERGAS en la cantidad de 877,73 euros.

Todas las cantidades devengaran el interés legal'

Terceiro.Sinalada esta Audiencia como órgano competente para o coñecemento e a resolución da causa, deuse traslado das actuacións á defensa dos acusados quenes cumpriron o trámite presentando escritos de defensa. A continuación remitíronse os autos a esta Sala.

Cuarto.Tras seren recibidas as actuacións nesta Audiencia Provincial e unha vez examinadas as probas propostas, ditouse un auto que admitía todas as probas propostas polas partes e acordouse a súa práctica no mesmo acto do xuízo. Sinalouse para a vista oral o24 de outubro de 2017 ás 10:15 horas,que celebrouse co resultado que consta no acta.


Sobre as 4 horas do día 23 de agosto de 2014, no exterior do pub Tropicana, situado na rúa Benito Corbal de Pontevedra, os acusados, Victoriano e Juan Luis , cuxas circunstancias persoais xa constan e con antecedentes penais non computables, mantiveron unha discusión con Modesto , no transcurso da cal o agrediron mediante puñadas e patadas en diversas partes do corpo.

Por mor desta agresión, o lesionado resultou con diversas contusións, traumatismo facial con fractura dos ósos propios do nariz, ferida inciso-contusa no beizo superior, ferida inciso-contusa no tórax e a perda dun incisivo inferior central e a mobilidade doutro que rematou por perder. Para a súa curación precisou de curas locais e sutura da ferida do beizo superior. A ferida da parte posterior do tórax tiña unha profundidade de, cando menos, catro centímetros, pero non se suturou para evitar posibles infeccións e aplicouse unha vendaxe comprensiva. Tardou en curar oito días, dos cales dous estivo incapacitado para o desenvolvemento das súas ocupacións habituais e réstanlle como secuelas unha cicatriz de dous centímetros no suco nasoxeniano dereito, cinco cicatrices (respectivamente de tres centímetros, de dous centímetros, dúas dun centímetro e medio e outra dun centímetro) situadas na parede torácica dorsoposterior dereita, e a perda dos dous incisivos centrais inferiores.

Os gastos xerados ao Sergas pola atención prestada a Modesto foron de 877,73 €.


Fundamentos

Primeiro.- Aproveitaron as defensas dos acusados, Victoriano e Juan Luis , a quenda de intervencións prevista no artigo 786.2 da Lei de axuizamento criminal para insistir no que xa alegaran cando, ao abeiro dos artigos 650 e 784.1 do mesmo texto legal , presentaron os seus escritos de conclusións provisionais e para engadir outras cuestións. Estas alegacións foron rexeitadas en tal intre do xeito que consta na acta realizada ao abeiro do artigo 743 da Lei de axuizamento criminal e foi adiada unha delas para este mesmo momento do pronunciamento da presente sentenza.

Comezando por esta última, a defensa do acusado Victoriano denunciou a infracción do artigo 24 da Constitución española , por vulneración do dereito a un proceso con todas as garantías e pediu a conseguinte nulidade da proba pericial de cotexo de ADN achegada á causa. E a defensa do acusado Juan Luis alegou a mesma vulneración do dereito a un proceso con todas as garantías do artigo 24 da Constitución española e a infracción do disposto nos artigos 284.3 e 326 da Lei de axuizamento criminal , no relativo á recollida de efectos e mostras en poder do referido acusado, a falla de identidade e integridade destas e a conseguinte falla de control xurisdicional sobre elas, o que poñía en cuestión a cadea de custodia ata a emisión do informe de ADN que impugnaba.

A amentada proba pericial -que consta nas follas 123 a 127 destas actuacións e que foi ratificada pola súa autora, a axente da Policía Nacional con número de carné profesional NUM005 no acto da vista oral- estaba relacionada coa obtención dos perfís xenéticos que se puidesen encontrar nas mostras obtidas de dous cintos: un, de pel marrón, marca Dockers, coa fibela rota, con manchas de sangue, propiedade do acusado Victoriano ; e outro, de tea de cor beixe, marca Buckler, con dúas fibelas de metal, tamén con manchas de sangue, propiedade do acusado Juan Luis . E tan só nas mostras de sangue neste segundo cinto a perita encontrou un perfil xenético dun varón que coincidía co da vítima das lesións, Modesto . Xa que logo, a amentada proba pericial só afectaría o cinto propiedade dun dos referidos acusados, en concreto, o de Juan Luis .

Mais, con independencia disto e á marxe da posible toma de mostra indubitada da saliva da vítima, Modesto , o certo é que nada máis sabemos da obtención, custodia e envío das dúas caixas coas correspondentes torundas de algodón impregnadas no sangue que se tirara dos dous devanditos cintos nin do sobre cun cartón FTA da mostra de saliva da vítima. Así, os dous cintos constan entregados no Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra, en funcións de garda o día dos feitos (f. 17). No auto do 24 de agosto 2014 , de incoación das dilixencias previas non se reflicte nin se acorda nada verbo da entrega dos amentados cintos (fs. 38 e 39). O devandito informe pericial comeza (videasí o primeiro dos parágrafos dos seus antecedentes na folla 124) reflectindo que se reciben os efectos -as dúas caixas portatorundas e o sobre mencionados- procedentes da brigada provincial da Policía Científica de Pontevedra, sen que nas presentes actuacións conste actuación ningunha ao respecto, nin da amentada brigada nin moito menos do xulgado instrutor.

Por todo isto, abofé que, evidentemente, non podiamos ten en conta nin empregar todo o relacionado coa referida proba pericial, polo que nos feitos declarados probados xa obviamos toda posible consideración verbo da presunta utilización dos cintos na agresión por parte dos acusados, o que determina o rexeitamento da consideración da posibilidade de agravación do tipo básico de lesións do artigo 147.1 a través do artigo 148.1, ambos do Código penal .

Por maior abastanza, o acusado Victoriano , se ben recoñeceu que sacou o cinto, dixo que só foi para defenderse, pois só lle deu puñadas á vítima das lesións, e lémbrese que neste cinto non se encontraron restos de sangue de Modesto . E o acusado Juan Luis , que tamén recoñeceu que sacou o seu cinto, igualmente declarou que o fixo para defenderse poñéndoo diante de si do xeito que escenificou no xuízo oral, o que, dun xeito ou doutro, podería explicar que nel si que se encontrasen restos de sangue da vítima.

Alegaron tamén as defensas de ambos os dous acusados, ao comezo da vista oral, que non se lle ofreceron accións contra Modesto e que non foron recoñecidos polo médico forense. Pois ben, cando os acusados estaban detidos nas dependencias da Comisaría Provincial de Pontevedra foron informados, como non podía ser doutro xeito, de todos os dereitos inherentes a tal condición, e, entre eles, o de poder ser recoñecidos por un médico (fs. 22 e 27). E así se fixo tanto no caso do acusado Victoriano (fs. 30 a 33 e 68) como no caso do acusado Juan Luis (fs. 25 e 66). Xa perante o Xulgado de Instrucióna quovolveron a recibir cumprida información dos correspondentes dereitos agora como investigados (fs. 52 e 53, e 56 e 57) e unicamente o acusado Victoriano manifestou que desexaba ser recoñecido polo médico forense porque el tamén sufrira lesións. E, se ben é certo que non se atendeu a súa solicitude en tal sentido, non o é menos que tal feito non lle ocasionou a máis mínima indefensión material.

Así, das policontusións que entón se lle apreciaron -dor na base da pirámide nasal e rama mandibular, dor no hemitórax dereito- foi convenientemente atendido e rexeitou a realización das probas complementarias e a dispensación e administración da correspondente medicación -antiinflamatorio e antibiótico- (fs. 30 e 68). Logo, de volta nas dependencias policiais, foi cando el mesmo deu unha cabezada contra o marco da porta do calabozo que lle causou unha pequena ferida que sangrou (f. 6in fine), o que determinou unha segunda asistencia médica (fs. 32 e 33), evidentemente sen ningunha relación de causalidade cos feitos polos que se seguían as presentes actuacións. E, en todo caso, ambos os acusados sempre tiveron a oportunidade de constituírse en parte no presente procedemento e, dun xeito expreso, unicamente o fixo o acusado Victoriano na exclusiva calidade de defensa (fs. 87 e 88). Amais, tramitado todo o procedemento - transformación das dilixencias previas en procedemento abreviado, presentación do escrito da acusación pública, apertura do xuízo oral e escritos das defensas dos acusados-, a alegación por primeira vez de tal particular no acto da vista oral debe terse por evidentemente serodia tal e como informou o fiscal que se opuxo a aquela e resolvemos naquel momento inicial da vista oral.

Segundo.- Descartada, polos motivos indicados no anterior fundamento de dereito, a posibilidade de encadrar os feitos xulgados no artigo 148.1º do Código penal , só restaba acordar se podían ser subsumidos no artigo 150 do mesmo texto legal , como tamén solicitaba o fiscal, ou no devandito tipo básico de lesións do artigo 147.1 do Código penal , hipótese esta última pola que finalmente nos decantamos.

A vítima padeceu as lesións que reflectimos no segundo dos parágrafos dos feitos probados desta mesma sentenza. E como secuelas quedáronlle unha cicatriz de dous centímetros no suco nasoxeniano dereito, cinco cicatrices (respectivamente de tres centímetros, de dous centímetros, dúas dun centímetro e medio, e outra dun centímetro) situadas na parede torácica dorsoposterior dereita, e a perda dos dous incisivos centrais inferiores. No relativo aos dentes, a médica forense informou de que existía un estado anterior patolóxico, xa que o estado das pezas dentais era malo e puido favorecer a súa perda; e que non se tiña en conta o proceso apical con mobilidade do primeiro premolar superior dereito por considerarse anterior á agresión. Cómpre lembrar en tal sentido a doutrina xurisprudencial ao respecto. E así a STS, Penal, Sección 1ª, do 16 de xuño de 2016 ROJ:STS 2905/2016- ECLI:ES:TS:2016:2905 resulta ben significativa cando razoa o seguinte:

La STS 92/2013 mantiene la calificación de deformidad en un caso de pérdida de dos piezas dentarias que hubo que extraer con posterioridad y fueron sustituidas por dos prótesis fijas. Esta sentencia, citada en el recurso del Ministerio Fiscal, aplicando el Acuerdo, se ocupa de la relevancia de la afectación exponiendo: 'que no es lo mismo, por ejemplo, la mera rotura de una o varias piezas dentarias que su pérdida definitiva, ni tampoco es indiferente la situación de las piezas afectadas, por la mayor o menor visibilidad y consiguiente afeamiento producido por su pérdida, que hace necesario la sustitución por una prótesis. Es igualmente de suma importancia el estado anterior de las piezas dentarias afectadas, es decir, si las conservaba en buen estado o ya se hallaban deterioradas o recompuestas. Pues bien, en nuestro caso, se trataba de la pérdida de dos incisivos y no la simple rotura, y según el Tribunal, aspecto no atacado por el recurrente, no consta que con anterioridad a los hechos las piezas sustituidas por prótesis fijas estuvieran afectadas'. El Ministerio Fiscal extrae la conclusión, a la vista del hecho probado, que la sentencia considera irrelevante la reparación posterior de las piezas.

La 531/2014, aunque no se trataba de piezas dentarias, recuerda que 'es reiterada la jurisprudencia que advierte que la reparabilidad de la secuela, se haya llevado a cabo o no la reparación, y cualquiera que sean las razones en este caso, es algo posterior a la consumación del delito e intrascendente para su tipificación', añadiendo 'ciertamente este planteamiento ha tenido alguna matización en el caso de pérdida de piezas dentarias en virtud del acuerdo plenario de esta Sala Segunda del Tribunal Supremo de fecha 19 de abril de 2002, pero incluso en esa hipótesis la agravación solamente desaparece si cabe la reparación acudiendo a fórmulas 'habitualmente utilizada con carácter general, fácilmente accesible y sin necesidad de riesgo alguno' - STS nº 796/2013 de 31 de octubre y as allí citadas-. Pero con carácter general se afirma la intrascendencia de la reparabilidad de la secuela entre otras en la STS nº 880/2013 de 25 de noviembre y en las allí citadas, de 13 de febrero y 10 de setiembre de 1991 . Y lo mismo se recuerda en la STS 851/2013 de 14 de noviembre cuando se expone que 'el carácter permanente de la deformidad no se desvirtúa por la posibilidad de su corrección posterior, pues la restauración no puede ser obligatoria para el perjudicado y su posible corrección no elimina el resultado típico' - SSTS de 27 de Diciembre 2005 ; 6 de Octubre 2010 y 30 de Junio 2011 -. Tampoco elimina el resultado típico 'la posibilidad de cubrir con ropa el defecto corporal' - STS de 28 de Abril 2010 -, ni la posibilidad de recurrir a medios extraordinarios, como la cirugía reparadora' - STS de 28 de Junio 2011 -.

En la STS 359/2015 , donde se trataba de la mera movilidad de dos piezas dentarias y no de pérdida «valorando la posibilidad de reparación accesible sin riesgo para el lesionado, y las circunstancias en que se produjeron los hechos, 'en cuanto a la dinámica comisiva lleva a excluir su calificación como singularmente grave, pues se produce un único golpe por parte del agresor, y sin que conste concurso de medios peligrosos'», admite la calificación de la Audiencia conforme al artículo 147.1 CP , desestimando el recurso de la acusación particular.

La STS 421/2015 , también aplica el Acuerdo en un caso de pérdida de dos incisivos centrales que 'ocupan la posición más visible en la boca, por lo que la oquedad que provoca su ausencia es más que llamativa, e idónea para integrar el concepto de deformidad. Además, en este caso, el impacto que la víctima recibió determinó no sólo la pérdida de los dientes, sino también la de masa ósea, lo que inevitablemente complicó su reparación, y exigió el sometimiento a un previo proceso de regeneración ósea con aplicación de técnicas propias de la cirugía máxilo-facial'.

O la más reciente STS 388/2016 , en un caso de rotura de tres piezas dentarias, incisivos, además de hematomas, haciéndose constar que el estado actual de la dentadura es perfecto, donde se razona 'el recurrente discute la subsunción al entender que no estamos en el supuesto de la deformidad del art. 150 sino el de las lesiones del art. 147. Conviene hacer alguna referencia al estado actual de la jurisprudencia de esta Sala, la cual el 19 de abril de 2002 adoptó un acuerdo en Pleno no jurisdiccional, con pretensiones de unificación de criterios, y en él se decía: 'La pérdida de incisivos u otras piezas dentarias ocasionadas por dolo directo o eventual es ordinariamente subsumible en el art. 150 del C. penal . Este criterio admite modulaciones en supuestos de menor entidad en atención a la relevancia de la afectación o de las circunstancias de reparación accesible con carácter general sin riesgo ni especiales dificultades para el lesionado. En todo caso dicho resultado comportará valoración como delito y no como falta'.

Conforme a tal acuerdo hemos de dejar constancia, como dijimos en la Sentencia 92/2013 de 12 de febrero , que en cuanto a la relevancia de la afectación no es lo mismo, por ejemplo, la mera rotura de una o varias piezas dentarias que su pérdida definitiva, ni tampoco es indiferente la situación de las piezas afectadas, por la mayor o menor visibilidad y consiguiente afeamiento producido por su pérdida, que hace necesario la sustitución por una prótesis. Es igualmente de suma importancia el estado anterior de las piezas dentarias afectadas, es decir, si las conservaba en buen estado o ya se hallaban deterioradas o recompuestas.

Pues bien, en nuestro caso, se trataba de la rotura de tres piezas dentarias, incisivos, pero el relato fáctico nada refiere de la intensidad de la rotura. El examen de la causa nos indica que las roturas eran parciales y que tras el tratamiento realizado la boca ha quedado 'perfecta' dice el relato fáctico. En consecuencia, la falta de precisión del relato fáctico junto al dato conocido de la rotura y la perfecta reconstrucción de esa rótula hace que la lesión no alcance la agravación prevista en el art. 150 Cp la deformidad. En el sentido indicado procedemos a la modulación del criterio de subsunción que nos indica que la perdida de piezas dentarias, de ordinario se subsume en el art. 150 Código penal , supuesto que no es de aplicación toda vez que no se trata de pérdida de piezas dentarias sino de rotura y que la intervención médica la ha subsanado a la perfección, sin que del relato fáctico resulten otros criterios que permitan subsumir el relato en la deformidad'.

De esta doctrina se desprende, en primer lugar, que el número de piezas afectadas es relevante para determinar si existe o no deformidad, pues la relevancia de la afectación está en función, además del número, de la lesión producida en las piezas dentarias, no siendo lo mismo la mera rotura que su pérdida definitiva, y tampoco indiferente la situación de las mismas en función de su mayor o menor visibilidad y consiguiente afeamiento producido por su pérdida, que hace necesaria su sustitución por una prótesis. En segundo lugar, existe una línea jurisprudencial, desde luego posterior al Acuerdo, no desmentida jurisprudencialmente que afirma que la reparabilidad de la secuela carece de trascendencia puesto que el carácter permanente de la deformidad no se desvirtúa por la posibilidad de su corrección posterior, pues la restauración ni es obligatoria para el perjudicado y sobre todo su posible corrección no puede eliminar el resultado típico. Por lo tanto la menor entidad del supuesto debe considerarse en el momento de consumación del delito. Igualmente debemos añadir que la acción del agente tampoco es un hecho del que pueda prescindirse para valorar aquélla. No es lo mismo la concurrencia del dolo directo que la del eventual, es decir, querer el resultado que aceptarlo cuando con la acción se ha creado una situación de riesgo no permitida. Ello no obsta la calificación y la punibilidad pero sí puede considerarse porque expresamente se refiere a ambas clases de dolo el Acuerdo tantas veces citado, de forma que si ello fuese irrelevante para medir la entidad del supuesto habría sido innecesaria la doble mención.

De tan ampla escolma da máis recente doutrina xurisprudencial para o caso de perda de pezas dentarias podemos concluír, para o que agora nos interesa, que resulta de capital importancia o estado anterior das pezas dentarias afectadas, é dicir, se a vítima as conservaba en bo estado ou xa estaban deterioradas ou recompostas. Neste caso, e sempre segundo o informe de sanidade da médica forense, o estado da dentadura de Modesto estaba ben lonxe de ser perfecto, ata o punto de que tal estado ben puido favorecer a perda das dúas pezas dentarias. Xa que logo, e malia a perda destas e a pesar das cicatrices - cuxa extensión e localización xa mencionamos-, consideramos máis axustada a subsunción dos feitos xulgados no tipo básico do delito de lesións previsto no artigo 147.1 do Código penal e non no agravado da deformidade do artigo 150 do mesmo texto legal .

Terceiro.- Responsables en concepto de autores ( artigos 27 e 28 do Código penal ) do delito de lesións do artigo 147.1 do Código penal son os acusados, Victoriano e Juan Luis .

O primeiro recoñeceu na vista oral que só lle dera unhas puñadas a Modesto para defenderse, xa que se vira acurralado por estar este a agardalo con outras persoas, e que este lle tirara un vaso á cabeza que se esnaquizou e, ao caer ao chan Modesto , foi o obxecto co que se cortou nas costas. Outro tanto declarou o segundo dos acusados, quen mencionou, ademais, que lle tirara dun pé a Modesto e que caera ao chan. E este manifestou que fora agredido por aqueles cando se encontraba el só, sen compañía ningunha nese intre.

Pois ben, non quedou demostrado que a amentada vítima lle tirase ao acusado Victoriano un vaso de cristal á cabeza e si, pola contra, que as lesións que este último tivo en tal zona foron debidas á amentada cabezada que deu el mesmo contra o marco da porta do calabozo das dependencias policiais. E, en todo caso, aínda que se puidese pensar nunha situación de rifa mutuamente aceptada, esta situación en por si nunca xustificaría o proceder dos acusados nin os exoneraría de responsabilidade -como logo veremos-, cando, ademais, semella que posiblemente todo empezou cando o porteiro do local simplemente non deixaba entrar os acusados e si a vítima.

Cuarto.- Non concorren as atenuantes de lexítima defensa e de embriaguez alegadas polas defensas de ambos os acusados no momento de realizar as súas respectivas conclusións definitivas no acto do xuízo oral.

Sabido é que, aínda que se tratase dunha situación de rifa mutuamente aceptada -que non é o caso-, fallaría o imprescindible requisito da agresión ilexítima para poder estimar a circunstancia da lexítima defensa. Así, e por todas, a STS, Penal, Sección 1ª, do 30 de decembro de 2014 ROJ: STS 5526/2014 - ECLI:ES:TS:2014:5526 lembra que:

[...] la STS nº 363/2004, de 17 de marzo , ha estimado que 'no es posible apreciar la existencia de una agresión ilegítima en supuestos de riña mutuamente aceptada «porque en ese escenario de pelea recíprocamente consentida, los contendientes se sitúan al margen de la protección penal al ser actores provocadores cada uno de ellos del enfrentamiento, de suerte que cuando el resultado lesivo se produce como efecto de una pelea originada por un reto lanzado o aceptado que da lugar a las vías de hecho, no cabe apelar a la legítima defensa, plena o semiplena, ya que -como se dice- la base de la misma es la existencia de una agresión ilegítima, y ésta no es posible de admitir con tal carácter en una riña voluntariamente aceptada» ( STS núm. 149/2003, de 4 febrero )'. En sentido similar, la STS nº 64/2005, de 26 de enero .

E no relativo á embriaguez, agás as interesadas manifestacións en tal sentido por parte dos acusados, non se practicou a máis mínima proba en que poder sustentar a atenuante por tal motivo. Aínda que se partise da previa inxestión etílica por parte dos acusados, brilla pola súa ausencia toda mínima demostración da alteración ou afectación das súas respectivas facultades intelectivas e volitivas que puidese minorar a responsabilidade penal de que se fixeron acredores por mor dos feitos axuizados.

Noutra orde de cousas, e segundo a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 31 de xaneiro de 2017 ROJ: STS 278/2017 - ECLI:ES:TS:2017:278, a atenuante de dilacións indebidas esixe a concorrencia dunha serie de elementos constitutivos: a) que teña lugar unha dilación indebida no sentido de non xustificada; b) que sexa extraordinaria, no sentido de relevante; c) que ocorra durante a tramitación do procedemento; d) que esa demora ou atraso non sexa atribuíble ao imputado; e e) que a dilación non garde proporción coa complexidade do litixio, o que constitúe en último termo unha especificación concreta dun requisito anterior: que sexan indebidas. E si que consideramos que no presente caso concorre a atenuante simple de dilacións indebidas do artigo 21.6ª do Código penal , xa que a longa tramitación do procedemento dende os feitos -o 23 de agosto de 2014- ata a realización da vista oral -o 24 de outubro de 2017-, isto é, durante máis de tres anos, abofé que non garda proporcionalidade coa ben cativa complexidade da presente causa.

Quinto.- En canto á pena, o artigo 66.1.1ª do Código penal dispón que, cando concorra só unha circunstancia atenuante, se aplicará a pena na metade inferior da fixada pola lei para o delito. E no artigo 147.1 do Código penal prevense actualmente as penas de prisión de tres meses a tres anos ou multa de seis a doce meses. De entre ambas, optamos pola de prisión dada a natureza e gravidade dos feitos e as circunstancias relacionadas con eles, como son o número de agresores e a reiteración dos golpes padecidos pola vítima. E, por mor da aplicación da atenuante de dilacións indebidas, concretámola en dezaoito meses de prisión para cada un dos acusados.

Sexto.- Toda persoa criminalmente responsable dun delito tamén o é civilmente se do feito se derivan danos ou prexuízos ( artigo 116 do Código penal ).

O baremo introducido pola disposición adicional 8ª da Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados resulta obrigado cando se trata de accidentes de circulación. Mais ten un alcance meramente orientativo cando se trata de resultados lesivos producidos nos delitos alleos á circulación de vehículos de motor (por todas, as SSTS do 11 de xullo de 2011 -ROJ STS 5131/2011 -, e do 7 de xullo de 2011 -ROJ STS 5120/2011 -). En casos como os de lesións, partindo dese carácter orientativo, coa finalidade de dar unha cabal explicación ás indemnizacións que se van conceder e de proscribir toda arbitrariedade en tal sentido, o tribunal pode acudir ao baremo para cuantificar o importe da responsabilidade civil, con observancia do principio de rogación das partes e dentro da acreditación das causas xeradoras dos propios feitos indemnizatorios. Incluso se incrementan as cantidades que resulten da consulta do referido baremo cando, como é o caso, estamos en presenza dun delito doloso e non dun culposo, como sería o accidente de circulación ( ATS do 12 de abril de 2012, ROJ: ATS 4312/2012 ). Máis recentemente aínda, a STS do 21 de maio de 2013 (ROJ: STS 3616/2013 ) sinalou que a responsabilidade civil por delito doloso é superior á do delito imprudente. E con cita da STS 47/2007, do 8 de xaneiro , di que:

[...] no se puede establecer un paralelismo absoluto entre las indemnizaciones por daños físicos y materiales derivados del hecho de la circulación de vehículos de motor con el resultado de los delitos dolosos. Los primeros no se mueven por criterios de equivalencia o justicia, sino por los parámetros que se marcan por el sistema financiero de explotación del ramo del seguro en sus diversas modalidades. Estos criterios, puramente economicistas, obtenidos de un cálculo matemático, chocan frontalmente con los daños físicos, psíquicos y materiales originados por una conducta dolosa y con la multiplicidad de motivaciones que pueden impulsarla, sin descartar la intencionada y deliberada decisión de causar los mayores sufrimientos posibles.

En tal sentido, é mester reflectir que no rolo desta sala consta unha factura por unha prótese esquelética de 1 a 8 pezas superior e outra idéntica pero inferior, por unha cantidade, cada unha delas, de 532,51 € (total de 1065,02 €). Tamén figura un informe da médica forense en que se dá conta de que Modesto leva unha ponte provisional e está á espera da colocación de dous implantes (dente artificial osteointegrado) e que as amentadas próteses esqueléticas son removibles e que se suxeitan mediante uns dispositivos non ríxidos ('ganchos'), que serven para repoñer os dentes ausentes. E, deseguido, no mesmo rolo consta un presuposto polos implantes osteointegrados Microdent e polas próteses fixas Unidental 3D metal porcelana, por un total de 2889,40 €.

Polo tanto, por estes amentados conceptos no relativo ás pezas dentarias, e polas cicatrices que lle restan no corpo á vítima das lesións, consideramos prudente, ponderada e proporcionada a cantidade de 10 000 € solicitada polo fiscal. A estes deberán de sumarse 280 € polos días de incapacidade e curación. A suma destes dous importes é a cantidade con que os acusados deberán indemnizar, de xeito conxunto e solidario, a Modesto . Ademais, do mesmo xeito deberán indemnizar o Sergas na cantidade de 877,73 € polos gastos xerados por mor da atención prestada á amentada vítima.

Sétimo.- En materia de custas, o artigo 123 do Código penal dispón que se entenderán impostas pola lei aos criminalmente responsables de todo delito. O artigo 239 da Lei de axuizamento criminal di que, nos autos ou nas sentenzas que poñan remate á causa ou a calquera dos incidentes, deberá resolverse sobre o pagamento das custas procesuais. E o artigo 240.2º da LACrim sinala que a resolución pode consistir en condenar os acusados ao pagamento das custas.

A teor do anterior, impoñemos as custas da presente instancia aos acusados.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Condenaros acusados, Victoriano e Juan Luis , como autores responsables dun delito de lesións do artigo 147.1 do Código penal , coa concorrencia da circunstancia atenuante de dilacións indebidas, á pena dedezaoito meses de prisión para cada un deles, coa accesoria de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, coa expresa condena ao pagamento das custas xeradas na presente instancia.

Ambos os dous acusados deberán indemnizar, de xeito conxunto e solidario, a Modesto na cantidade total de10 280 €e o Sergas na cantidade de 877,73 €, cos correspondentes xuros legais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facendoselle saber que a mesma non é firme e contra ela caberecurso de casaciónno prazo de cinco días.

Así por esta nosa sentenza o pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Publicación.-Esta sentenza foi dada e pronunciada polo maxistrado e polas maxistradas que a asinan e lida polo/a maxistrado/a relator/anomesmo día da súa data. Dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.