Última revisión
03/02/2022
Sentencia Penal Nº 250/2021, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 23/2020 de 14 de Octubre de 2021
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 35 min
Orden: Penal
Fecha: 14 de Octubre de 2021
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 250/2021
Núm. Cendoj: 36038370022021100253
Núm. Ecli: ES:APPO:2021:2412
Núm. Roj: SAP PO 2412:2021
Encabezamiento
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal
Equipo/usuario: MM
Modelo: N85850
N.I.G.: 36039 41 2 2017 0002285
Órgano procedencia: XDO. 1ª INST. E INSTRUCCIÓN NÚM. 2 DE DIRECCION000
Delito: AGRESION SEXUAL A MENORES DE 16 AÑOS
ACUSACIÓN: MINISTERIO FISCAL, Adelaida, Adoracion (PERJUDICADAS/VICTIMAS)
Contra: Romeo
Procuradora: CAROLINA RIOBO PEREZ
Avbogada: PAULA DIEGUEZ PEREIRA
Pontevedra 14 de outubro de 2021
Foi vista en xuízo oral, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a
Romeo, con DNI núm. NUM000, nado o día NUM001 de 1964 en DIRECCION001, fillo de Pedro Jesús e de Flor, con domicilio no POLIGONO000, fase NUM002, bloque NUM003, piso NUM004 ( DIRECCION000), sen antecedentes penais computables, cuxa solvencia no consta, en liberdade por esta causa, representado pola procuradora dona Carolina Riobó Pérez e defendido pola avogada dona Paula Diéguez Pereira.
É parte acusadora o Ministerio Fiscal, en representación do cal interveu dona Lidia Labrador.
Actuou como relator
Antecedentes
Dous delitos de agresións sexuais continuadas a menores de 16 anos con introdución de membros corporais en vía vaxinal e acceso carnal por vía bucal, coa agravante de parentesco, previstos e penados no artigo 183.2, 3 e 4.d) do Código penal en relación co artigo 74 do mesmo texto, e solicitou a pena de 15 anos de prisión por cada un deles, coa accesoria de inhabilitación absoluta durante o tempo da condena, de conformidade co artigo 55 do Código penal.
Ademais, solicitou a pena accesoria de prohibición de achegarse a menos de 500 metros de Adelaida e Adoracion, do seu domicilio, ou de calquera outro lugar que frecuenten por un período de 17 anos, de acordo co artigo 57 en relación co artigo 48 do Código penal. Igualmente pediu a medida de liberdade vixiada durante cinco anos, que se executará con posterioridade ás penas privativas de liberdade impostas, consonte o artigo 192.1 do Código penal, así como a inhabilitación para o exercicio de oficio relacionado con menores de idade por un tempo superior en tres anos ao da duración da pena de prisión, tal e como establece o artigo 192.3 do Código penal.
En concepto de responsabilidade civil, solicitou que o acusado indemnice a Adelaida na cantidade de 6000 euros e a Adoracion na cantidade de 9000 euros polos danos morais derivados dos feitos. Serán aplicables os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.
Hechos
Yolanda vivía cos seus fillos, Adelaida (nada o NUM005 de 2001), Adoracion (nada o NUM006 de 2004) e Jeronimo, no seu domicilio situado no POLIGONO000, fase NUM002, bloque NUM003, NUM007, do DIRECCION000. E no ano 2015 mantiña unha relación sentimental co procesado, Romeo, cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais.
Nos últimos días de xaneiro de 2015, sobre as 20 horas, o acusado, Romeo, púxose a ver unha película con Adelaida, cando ambos os dous se encontraban sós na amentada vivenda e deitados na cama. Nun determinado momento, e con ánimo de satisfacer o seu instinto sexual, o acusado puxo unha das súas pernas por enriba das de Adelaida, inmobilizándoa, e realizoulle tocamentos por debaixo da roupa, tanto nos peitos como na zona vaxinal, malia o rexeitamento da menor, que nese momento contaba con trece anos de idade.
Ás dúas semanas, e encontrándose de novo sós na vivenda, o acusado, Romeo, sentou ao carón de Adelaida, que estaba no sofá do salón a ver a televisión. E, movido polo mesmo ánimo, ergueulle a camiseta e o suxeitador para tocarlle os peitos e, deseguido, baixoulle os pantalóns e a roupa interior para acariciarlle a zona vaxinal. Tal modo de proceder repetiuno o procesado con regularidade ata outubro de 2015, e chegou, nalgunha ocasión, a introducirlle os dedos na vaxina, lamberlle os peitos e intentar bicala, malia os rogos de que parase por parte da vítima.
Do mesmo xeito, na mesma vivenda, co mesmo ánimo, nas mesmas circunstancias e tamén aproveitando que se encontraban sós, a finais do verán de 2015, o acusado, Romeo, púxose de xeonllos enriba de Adoracion cando esta estaba sentada na cadeira de brazos do salón vendo a televisión. Agarrouna polos brazos cunha das súas mans para inmobilizala e realizoulle tocamentos nos peitos e a zona vaxinal, primeiro por enriba e logo por debaixo da roupa, malia o rexeitamento da nena. Tal comportamento -e, nalgunha ocasión, introducíndolle os dedos na vaxina e, noutro momento, forzándoa a facerlle unha felación, suxeitándoa do pelo e logrando que abrise a boca- tamén o repetiu o acusado con regularidade ata xuño de 2016, data en que Adoracion llo contou á súa nai, Yolanda.
Ao rematar os abusos, o acusado, Romeo, dicíalles ás nenas que non contasen nada, porque non as ían crer e destruirían a familia.
O 21 de marzo de 2018, Adoracion intentou suicidarse inxerindo unha cantidade excesiva de medicamentos (unha caixa de sertralina e 2,4 gramos de paracetamol). Presentaba unha sintomatoloxía postraumática e ansiosodepresiva por mor da súa situación vital, con múltiples estresores psicosociais que estaban contribuíndo a perpetuar e agravar os referidos síntomas, con recomendación entón da intervención psicoterapéutica preferente á alta.
O centro educativo IES DIRECCION002, durante o curso escolar 20172018, tivo que aplicar o Protocolo de prevención, detección e intervención do risco suicida no ámbito educativo e o 12 de decembro de 2018 Adoracion autolesionouse no colexio, deixando marcas de rabuñaduras nos pulsos. A súa exploración psicopatolóxica médicoforense amosouse compatible cun trastorno por DIRECCION003, cun nexo causal parcial entre os abusos sexuais e a secuela presentada.
As prexudicadas reclaman a indemnización que poida corresponderlles por estes feitos.
Fundamentos
Os feitos declarados probados son legalmente constitutivos de dous delitos de agresións sexuais continuadas a menores de 16 anos, con introdución de membros corporais na vía vaxinal e acceso carnal por vía bucal, coa agravante de parentesco, previstos e penados no artigo 183.2, 3 e 4.d, en relación co artigo 74, todos eles do Código penal.
A recente STS, Penal, Sección 1ª, do 23 de xullo de 2021 ROJ: STS 3151/2021 - ECLI:ES:TS:2021:3151 lembra que, aínda que o suxeito activo do delito non forme parte do círculo de parentes a que se alude no artigo 183.4.d do Código penal, abonda con que se demostre unha relación de superioridade por mor da idade do acusado fronte ás vítimas, a súa posición no núcleo sociofamiliar onde ocorreron os feitos, a situación de feito de gardador das menores na ausencia da súa nai, o aproveitamento de que as nenas quedaban soas con el, o lugar e modo de execución destes, etc. E deseguido razoa:
E abofé que, verbo das agresións sexuais ás dúas menores de dezaseis anos e da continuidade delituosa, coa mera remisión aos feitos que declaramos probados consideramos que, pola súa obviedade, non precisan de maiores argumentacións para a súa cualificación delituosa, tal e como xa reflectimos.
Responsable criminalmente en concepto de autor ( artigos 27 e 28 do Código penal) dos devanditos delitos é o procesado, Romeo.
A declaración das vítimas dos feitos foi a seguinte:
Adelaida relatou: nun principio a relación con Romeo era boa; mentres a súa nai traballaba fóra, quedaban sós con el ela e os seus irmáns máis pequenos e aí pasaban os feitos; non se acorda moi ben de todo, porque hai moito tempo e intenta esquecelo; ela tería daquela 13 ou 14 anos de idade, non lembra ben; el empezou con tocamentos e esas cousas e cada vez ía a máis e sempre lle dicía que non llo contase á nai, que esta estaba moi ben con el, estable e feliz; unha vez recorda que foi a máis, pediulle que parase, e el díxolle que estivese tranquila, que só a estaba a preparar para outros «chicos»; non era consciente da magnitude de todo, nin sabía daquela nada do da súa irmá; lembra que un día, dobrando a roupa nun cuarto da casa, sen saber como empezou, a irmá fixo un comentario de que a ela lle pasaba algo con el e aí foi cando se decatou da realidade dos feitos, e que non era posible que tamén á súa irmá lle estivese a facer o mesmo que a ela; púxose mal; decidiu comentarllo todo á nai e esta díxolle que en privado non, que tiña que estar el diante; contouno e el negouno todo, dicindo que era unha farsa, que o inventaran as dúas irmás para que o deixase a súa nai; a irmá non se levaba ben con el, pero ela si; a súa nai falou por separado con todos eles e díxolles que seguisen todos con normalidade, que ela agora non podía estar economicamente sen el, e que non permitiría que volvese a pasar, que non llo contasen a ninguén e que lle chamasen papá, e así estiveron un ano; non podía concretar cantas veces, pero el sempre o facía mentres a súa nai estaba fóra da casa; el tocáballe as tetas, facíalle dedos, metíallos na vaxina cando estaba deitada, agarrábaa e só podía moverse malamente; e lembra que un dos días que máis forcexou, el díxolle que estivese tranquila, que non ía penetrala, que só a estaba a preparar para outros «chicos»; unha vez fíxolle moito dano, cando lle meteu os dedos e acabou con sangue; respiráballe moi forte no oído; a primeira vez que comentou os feitos foi con Constancio, un noivo que tiña daquela e cre que foi por WhatsApp - se ben ela borrou as mensaxes- e en persoa; tamén llo contou a Carina, unha amiga, pero non moito, por enriba, sen entrar en detalles; soubo que o acusado coa súa irmá chegara a máis -que tivo que chuparlle o pene-, pero que non falou con ela explicando «a min fíxome isto e a ti isto»; parou cando empezou co referido noivo; non era consciente dos feitos, estaba mal, púxose fatal, foi ao psicólogo moito tempo e dixéronlle que tiña apatía; agora vai a outra psicóloga; cando lle chegou a carta do xuízo foi como volver a revivir; ten ansiedade e está con ansiolíticos; tivo problemas na súa relación con Constancio, como, por exemplo, cando el respiraba forte, ela non podía seguir; polo tema da ansiedade recomendáronlle facer exercicio polas mañás, antes das clases, e un día si que rifou coa nai, que lle chamou «puta»; a súa nai, durante un ano, non fixo nada; e un día, logo de discutir coa nai, dixo «pois denuncio», e dirixiuse a pé cara ao cuartel da Garda Civil preto do domicilio, coa súa nai detrás; a súa irmá non sabía que ía denunciar, porque ata ese momento non o sabía nin ela mesma; dende a denuncia ela e a súa irmá viven coa súa avoa Belen; sabe do intento de suicidio da súa irmá; esta é moi nerviosa por problemas de saúde, por calquera cousa salta e dálle ansiedade; a súa irmá estivo ingresada un par de días, logo tivo que ir ao psicólogo e quería morrer; ela toma Lexatin, 1,5 mg, dúas pílulas ao día; a súa nai fíxolle moito dano, non se comportou ben, pero quérea moito aínda hoxe, é a súa nai.
Adoracion manifestou: con Romeo levábase ben, tratábaa ben, ao principio era cariñoso; empezou tocándolle a perna, metíalle os dedos, non sabe durante canto tempo, xa que polas pílulas non se lembra moito, non recorda ben; que lle fixo chuparlla e lle dixo que «para ser unha nena pequena, como a chupas!»; daba igual que estivese sentada ou deitada, el agarrábaa forte polas mans, e facíalle dano; a felación só foi unha vez; outras veces tocáballe as tetas, a vaxina, e metíalle os dedos moitas veces; ameazábaa para que non o contase porque a súa nai era feliz e estaba ben con el; falouno coa irmá, se ben non se acorda de cal das dúas empezou a falar dos feitos; contáronllo á nai e ela púxose de parte del; seguiron a vivir na mesma casa; a nai falou con el; a súa nai ameazou con marchar se o contaban; dende que llo dixeron á súa nai el non fixo nada máis; cando foi a denuncia da súa irmá, ela non sabía nada, non estaba alí; ten depresións e intentou suicidarse, porque todos os días o recordaba, non o aguantaba; estivo a tratamento psicolóxico, con medicación, agora non toma o tratamento, pero segue estando mal; pensa que lle pode volver a pasar e está moi desconfiada; tivo dous intentos de suicidio; os feitos foron durante un ano, no salón da casa; non sabía cando llo facía á irmá, pero tivo que ser ao mesmo tempo; cando falaron as irmás dos feitos, non detallaron todo, ela dixo que lle tocaba, pero non entrou en pormenores; a súa relación coa nai ata a denuncia era normal, pero a nai maltratounas de pequenas, pasaba delas; e ela foi ao día seguinte ao cuartel.
Os criterios orientativos para que tan só coas declaracións das vítimas se poida desvirtuar a presunción de inocencia son, segundo a conteste e reiterada doutrina xurisprudencial (por todos, o recente ATS, Penal, Sección 1ª, do 22 de xullo de 2021 -ROJ: ATS 10962/2021 - ECLI:ES:TS:2021:10962A-), os seguintes: a) ausencia de incredibilidade subxectiva, derivada das relacións entre o declarante e o acusado que poidan conducir á existencia dun móbil de resentimento, inimizade, vinganza, enfrontamento, interese ou de calquera outra índole semellante, de forma que prive a esa declaración da aptitude necesaria para xerar certeza; b) verosimilitude, é dicir, constatación da concorrencia dalgunhas corroboracións periféricas de carácter obxectivo, que avalen o que non é propiamente un testemuño (declaración de coñecemento prestada por unha persoa allea ao proceso), senón unha declaración de parte, pois a vítima pode constituírse en parte como acusadora particular ou prexudicada civilmente no procedemento ( artigos 109 e 110 da Lei de axuizamento criminal), ou, cando menos, a inexistencia de datos de tal carácter obxectivo que contradigan a veracidade da versión da vítima; e c) persistencia na incriminación, que debe ser prolongada no tempo, plural, sen ambigüidades nin contradicións, xa que a única posibilidade de evitar a situación de indefensión do acusado que proclama a súa inocencia é a de permitirlle que cuestione eficazmente a declaración que o incrimina, poñendo de relevo aquelas contradicións que, avaliadas, permitan alcanzar a conclusión de non veracidade.
Hai que ter moi presente que a proba é única para todos os actos levados a cabo polo procesado, consistente na declaración das irmás Adelaida e Adoracion, e que isto é o habitual nos delitos contra a liberdade e indemnidade sexuais. Como reflicte a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 15 de setembro de 2021 ROJ: STS 3376/2021 -
A que pretendemos recta e imparcial interpretación e aplicación ao presente caso da anterior escolmada doutrina xurisprudencial amósanos que as declaracións de Adelaida e Adoracion reuniron todos os devanditos requisitos esixidos para poder ter por alzada a presunción de inocencia que nun principio amparaba o procesado, Romeo.
Respecto da incredibilidade subxectiva, resultou máis que evidente no caso das dúas irmás Adelaida e Adoracion, que se expresaron no xuízo oral cunha moi grande e especial afectación emocional ao ter que describir os feitos, dun xeito ben nidio, contundente e impactante para este Tribunal, e subministraron así unha versión dos feitos totalmente crible. Nin o máis mínimo móbil espurio albiscamos nas súas declaracións que permita abrigar dúbidas verbo de que as puidesen realizar por resentimento, vinganza ou inimizade. O desexo de xustiza derivado do sufrimento xerado polo propio feito delituoso non pode cualificarse en ningún caso de motivación espuria que poida viciar a credibilidade da declaración da vítima ( SSTS 964/2013, 609/2013, do 10 de xullo; 476/2014, do 4 de xuño; e a STS, Penal, Sección 1º, do 2 de decembro de 2020 -ROJ: STS 4048/2020 - ECLI:ES:TS:2020:4048 -).
Resulta lóxico que a vítima dunha agresión sexual teña un evidente reproche penal respecto das condutas que despregou con ela o autor de tales actos, pero isto non implica que por mor dese rexeitamento se deba dubidar da súa declaración incriminatoria. Tal sentimento é algo consubstancial á natureza humana e non pode determinar unha dúbida da veracidade do seu testemuño, porque sería tanto como esixir ás vítimas de delitos sexuais que non sintan rexeitamento cara aos seus agresores ou sentimentos evidentes que poderían cualificarse nun ou noutro grao, sen que isto faga dubidar de que narran a verdade do seu escenario de vitimización. Como lembra a STS, Penal, Sección 1ª, do 16 de decembro de 2020 ROJ: STS 4215/2020 - ECLI:ES:TS:2020:4215, mesmo non pode pedirse unha absoluta obxectividade a quen foi obxecto dende a súa infancia de actos tan deplorables e difíciles de asumir como os denunciados, sen que, aínda así, se advirta nas vítimas, menores daquela, unha especial animadversión cara ao procesado nin ánimo espurio.
Precisamente nestes casos, o aproveitamento da crenza por parte dos procesados de que os menores non van denunciar os feitos das agresións sexuais determina, como semella que aquí se pretendía, que, cando por fin as vítimas denuncian, os responsables deses feitos articulen a vía da animadversión como razón da reacción das menores vítimas, sen que, insistimos, no presente caso exista a máis mínima dúbida de que o que relataron as rapazas foi real e de que se tratou dunha experiencia vivida pola imposición do acusado. Mediante as ameazas, coaccións, intimidacións e forza física, o procesado despregaba toda unha metodoloxía atemorizante como medio para conseguir que as súas sempre noxentas agresións sexuais permanecesen en segredo durante moito tempo e así garantirse a súa continuidade. Mesmo aturaron a convivencia co procesado, por imposición da súa nai, ata que Adelaida decidiu presentar a denuncia orixe das presentes actuacións.
No relativo á persistencia na incriminación, Adelaida e Adoracion sempre mantiveron as súas declaracións sen fendas nin contradicións, sempre deron a mesma versión dos feitos, sen que exista o máis mínimo dato que permita concluír que se trata de persoas que fabulen ou inventen. En todo momento declararon o mesmo que no xuízo oral, relato que xa transcribimos, como se pode comprobar a partir dun sinxelo cotexo coas súas manifestacións anteriores.
E, no relativo á verosimilitude dos testemuños, a declaración das dúas irmás foi corroborada, cando menos en parte, polo seguinte:
A testemuña Constancio foi noivo de Adelaida, e declarou o seguinte: que ela unha vez empezou a chorar e logo por WhatsApp llo contou todo; lembra que lle dixo que, antes de eles dous empezar a súa relación, unha persoa lle fixera dano, que abusara dela; que só o sabía tamén a súa nai, e que a súa irmá pequena pasara polo mesmo; cando soubo do da súa irmá Adoracion enfadouse moito; Adelaida díxolle que borrase as mensaxes de WhatsApp que lle mandara, pero el gardounas e foi as que exhibiu no xulgado (as conversacións ben significativas dos días 25 de xuño, e 10 e 12 de setembro de 2017 que se reflicten nas follas 64 á 71 das actuacións); o día da denuncia, pola mañá, el e Adelaida foron correr e logo sabe que ela e a súa nai, Yolanda, rifaron moi forte; foi Adelaida quen tomou a decisión de denunciar; que o tiña calado, reprimido, pero estalou; mantiveron uns tres anos de relación e ela non era capaz de manter relacións sexuais e paraban e xa estaba; Adelaida chegou a detallarlle que a ela Romeo nunca lle introducira o pene, que a masturbaba, pero que a súa irmá si que tivera que facerlle unha felación.
A testemuña Carina, amiga daquela de Adelaida, e agora coñecidas, manifestou que Adelaida lle contara, en persoa e chorando, que había anos que sofrera agresións sexuais, aínda que non se lembra moi ben dos detalles, e que Adelaida coa nai non tiña unha boa relación, rifaban.
Yolanda, a nai de Adelaida e Jeronimo e esposa do procesado, declarou o seguinte: el segue sendo o seu marido legalmente, pero non convive con el dende a denuncia o 11 de outubro de 2017; el quedaba só cos seus tres fillos mentres ela traballaba; ás veces Adelaida quedaba soa con Romeo, porque os seus irmáns ían á casa dun primo; non sabía nada, sóuboo o mesmo día da denuncia; non mantivo ningunha conversación coas nenas nin con el polos feitos; nunca notou nada raro nelas e a convivencia de todos eles era normal; Adelaida non lle reprochou nada, pero deixou de falarlle; Adelaida quería solicitar a emancipación; o mesmo día da denuncia, pola mañá, rifou moi forte con Adelaida; agora, e dende a denuncia, as súas fillas viven coa súa nai, Belen; do intento de suicidio da súa filla Adoracion foi coñecedora un ano despois e, polo que sabe, foi debido a que lle rifaran por aparecer cun «chupón».
Belen, a avoa materna das irmás Adelaida e Adoracion, declarou que as nenas vivían con ela dende había catro anos, e que vive cun fillo seu e tío das rapazas; estas están ben con ela; estiveron a tratamento psicolóxico; nunca falou do tema coas nenas, preferían non contarllo.
Valentina manifestou que tiñan boa relación el e as nenas; que ían os nenos ao bar con Romeo, e a maior sentábase moito no seu colo; que a nai rifaba coa súa filla maior, pero como cada fillo coa súa nai.
María Virtudes, como psicóloga, tratou a Adoracion, de quen dixo que quería normalizar a súa vida e sentirse mellor emocionalmente, logo do trauma dos abusos; quería afastar do seu pensamento o do suicidio; e que, ao ter que revivir agora o sucedido, isto podía minorar a súa evolución terapéutica. No xuízo a amentada psicóloga engadiu que Adoracion normalizou a súa vida, se ben daquela lle afectaba calquera cousa que lle dixesen, e que os pensamentos suicidas xa os tiña antes.
Azucena e Camino, como, respectivamente, médica forense e psicóloga do Imelga, informaron de que Adoracion presentaba un trastorno por DIRECCION003; unha sintomatoloxía de tipo depresivo, que manifestaba características propias dun trastorno de DIRECCION003 e un estilo de personalidade con elevacións nas escalas de tendencia ao límite e autopunitivo; que esta sintomatoloxía se amosaba típica dos casos de menores abusados e que, porén, dada a complexidade do caso por mor da existencia de múltiples estresores subsidiarios susceptibles de xerar sintomatoloxía postraumática, unicamente se podía establecer un nexo causal parcial entre os abusos sexuais denunciados e a secuela presentada. Esta última conclusión tamén foi compartida por Elisenda (traballadora social do Imelga), quen chegou, xunto con Camino, a unha valoración final do grao de credibilidade en termos probabilísticos de «indeterminado». E no acto da vista oral non fixeron máis que ratificarse totalmente no anterior.
E, fronte a todo o anterior, o procesado, Romeo, negou os feitos que se lle imputaban, dos cales soubo cando se presentou a denuncia; confirmou que mantivera unha relación sentimental con Yolanda dende o 2014 ata o 2017, e que por tanto conviviu tamén cos tres fillos dela; indicou que a relación coas nenas era boa coa maior, e coa menor dependía do día e do momento; que quedaba a cargo dos tres nenos cando Yolanda tiña que traballar; con Adelaida quedou poucas veces, e con Adoracion só unha vez; e que Adelaida e a nai rifaban moito.
Xa que logo, a fundamental declaración incriminatoria das dúas vítimas e o cumprimento de todos os parámetros que dela se predican para poder ter por alzada a presunción de inocencia que amparaba o acusado determinan o pronunciamento condenatorio que xa reflectimos.
No seu escrito de conclusións provisionais, transformadas en definitivas, a defensa do procesado alegou a atenuante de dilacións indebidas do artigo 21.6ª do Código penal. E isto polo tempo pasado (case que catro anos) entre a presentación da denuncia orixe destas actuacións o día 11 de outubro de 2017 e a vista oral o 30 de setembro de 2021. Isto é, non se critican nin se sinalan lapsos de suposta paralización na tramitación da presente causa, senón simplemente o tempo transcorrido dende o comezo das actuacións ata o seu axuizamento por primeira vez nesta instancia.
En relación coa duración global do proceso, vénse insistindo en que a expresión constitucional
As penas dos dous delitos continuados de agresións sexuais, a teor dos preceptos legais que xa mencionamos para a previa tipificación delituosa dos feitos xulgados, son as de prisión correspondentes na súa metade superior. Isto é, prisión de doce a quince anos. E, dentro deste abano, lémbrese, ademais da consideración do carácter continuado da conduta tal e como reflectimos nos feitos probados, que mesmo, durante un tempo, coincidiron no sometemento ás agresións sexuais ambas as dúas irmás. Dentro do devandito abano penolóxico, a pena solicitada pola fiscala foi a de quince anos de prisión por cada un dos delitos de agresión sexual continuada, que consideramos totalmente acertada, axeitada e proporcionada aos noxentos, rexeitables e desprezables feitos cometidos polo procesado.
As penas de prisión iguais ou superiores a dez anos levan consigo a inhabilitación absoluta durante o tempo da condena ( artigo 55 do Código penal).
Ademais imponse, tamén por cada un dos dous delitos, a pena accesoria de prohibición de achegarse a menos de 500 metros de Adelaida e Adoracion, do seu domicilio, ou de calquera outro lugar que frecuenten por un período de dezasete anos ( artigo 57 en relación co artigo 48 do Código penal).
Tamén se impón, por cada un dos dous delitos, a inhabilitación especial para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuído, que comporte contacto regular e directo con menores de idade por un tempo superior en tres anos ao da duración da pena de prisión ( artigo 192.3 do Código penal).
Igualmente, cómpre aplicar a medida de liberdade vixiada durante cinco anos, que se executará con posterioridade ás penas privativas de liberdade impostas ( artigo 192.1 do Código penal).
Toda persoa criminalmente responsable dun delito tamén o é civilmente se do feito derivan danos ou perdas ( artigo 116.1 do Código penal).
Como reflicte a STS, Penal, Sección 1ª, do 22 de abril de 2015 ROJ: STS 1535/2015 - ECLI:ES:TS:2015:1535, con cita da STS 489/2014, do 10 de xuño:
Neste mesmo sentido tamén se expresa o ATS, Penal, Sección 1ª, do 15 de decembro de 2016 ROJ: ATS 12393/2016 - ECLI:ES:TS:2016:12393A, que reitera a doutrina anterior para concluír que a cuantificación da indemnización polo dano anímico, moral ou psicolóxico corresponde á prudente discrecionalidade do tribunal da instancia.
Máis recentemente aínda, o Tribunal Supremo, na STS, Penal, Sección 1ª, do 18 de decembro de 2020 ROJ: STS 4371/2020 - ECLI:ES:TS:2020:4371, lembra o seguinte:
O baremo introducido pola disposición adicional 8ª da Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados resulta obrigado cando se trata de accidentes de circulación. Mais ten un alcance meramente orientativo cando se trata de resultados lesivos producidos nos delitos alleos á circulación de vehículos de motor (por todas, as SSTS do 11 de xullo de 2011 -ROJ: STS 5131/2011- e do 7 de xullo de 2011 -ROJ: STS 5120/2011-). En casos como os de lesións, partindo dese carácter orientativo, coa finalidade de dar unha explicación cabal ás indemnizacións que se van conceder e proscribir toda arbitrariedade en tal sentido, o tribunal pode acudir ao baremo para cuantificar o importe da responsabilidade civil, con observancia do principio de rogación das partes e dentro da acreditación das causas xeradoras dos propios feitos indemnizatorios. Incluso se incrementan as cantidades que resulten da consulta do referido baremo cando, como neste caso, estamos en presenza dun delito doloso e non dun culposo, como sería o accidente de circulación ( ATS do 12 de abril de 2012, ROJ: ATS 4312/2012). A STS do 21 de maio de 2013 (ROJ: STS 3616/2013) sinalou que a responsabilidade civil por delito doloso é superior á do delito imprudente. E con cita da STS 47/2007, do 8 de xaneiro, di que:
Esta última sentenza tamén aparece citada na STS, Penal, Sección 1ª, do 29 de maio de 2017 ROJ: STS 2232/2017 - ECLI:ES:TS:2017:2232, segundo a cal a aplicación do baremo nos delitos dolosos é facultativa e orientativa e unicamente pode ser obrigatoria no caso de accidentes de tráfico, podendo considerarse, nos delitos dolosos, as cantidades que resulten das súas táboas como un cadro de mínimos, dado que a responsabilidade civil derivada dos amentados delitos é superior á dun delito imprudente (do mesmo xeito, o ATS, Penal, Sección 1ª, do 27 de abril de 2017 -ROJ: ATS 4890/2017 - ECLI:ES:TS:2017:4890A - e a STS, Penal, Sección 1ª, do 4 de abril de 2017 -ROJ: STS 1466/2017 - ECLI:ES:TS:2017:1466 -).
Como lembra a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 18 de decembro de 2020 ROJ: STS 4371/2020 - ECLI:ES:TS:2020:4371:
Xa que logo, e como semella que observou a acusación pública, tomando como base as contías das indemnizacións que por morte, lesións permanentes e incapacidades temporais publicou no momento dos feitos a Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, coa discrecionalidade indicada e dentro do que consideramos como prudente, ponderado e proporcionado para o caso, tendo en conta, ademais, as idades das vítimas e a proxección e permanencia no futuro que os feitos poderán producir nelas (no caso de Adoracion, ademais, os episodios suicidas e o trastorno por DIRECCION003), fixamos as cantidades de 6000 € para Adelaida e 9000 € para Adoracion polos prexuízos e danos morais padecidos, isto é, as mesmas solicitadas finalmente pola fiscala. E insistimos en que os danos morais non precisan concretarse en relación con alteracións patolóxicas ou psicolóxicas padecidas polas vítimas; abonda con que sexan froito dunha avaliación global da reparación debida a elas, do cal normalmente non se poderá contar con probas que faciliten a cuantificación económica para fixalas alén da expresión da gravidade dos feitos, a súa entidade real ou potencial relevancia e repulsa social, así como as circunstancias persoais das persoas ofendidas (por todas, a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 15 de setembro de 2021 -ROJ: STS 3376/2021 - ECLI:ES:TS:2021:3376 -).
En materia de custas, o artigo 123 do Código penal dispón que se entenderán impostas pola lei aos criminalmente responsables de todo delito ou falta. O artigo 239 da Lei de axuizamento criminal di que, nos autos ou nas sentenzas que poñan remate á causa ou a calquera dos incidentes, deberá resolverse sobre o pagamento das custas procesuais. E o artigo 240.2º da LACrim sinala que a resolución pode consistir en condenar os procesados ao pagamento das custas. Xa que logo, impoñemos as custas da presente instancia ao acusado.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Ademais impónselle a pena accesoria de
Tamén se impón, por cada dun dos dous delitos, a
Impómoslle igualmente a
Condenamos o acusado ao pagamento das custas ocasionadas na presente instancia.
Condenamos tamén o acusado ao
Notifíquese esta sentenza, da cal se unirá unha certificación ao correspondente rolo de Sala, ás partes e aos ofendidos e prexudicados, aínda que non se mostrasen parte no procedemento, instruíndoos de que contra ela cabe interpoñer un
Así, por esta nosa sentenza, da cal se levará unha certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso no que foi ditada só poderá levar a cabo previa disociación dos datos de carácter persoal que os mesmos contivesen e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexudicados, cando cumpra.
Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos, nin comunicados con fins contrarios ás leis.
